G3141107 - Dificultades de Aprendizaxe e Trastornos do Desenvolvemento (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA materia ten por finalidade proporcionar aos alumnos/as coñecementos teórico-prácticos acerca das dificultades da aprendizaxe e dos trastornos do desenvolvemento, que os capaciten para o exercicio profesional no ámbito educativo. Para iso deberán:
•Coñecer as principais dificultades de aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento, na etapa da educación primaria, e identificar as súas características diferenciais.
•Comprender as diferentes clasificacións das dificultades de aprendizaxe e dos trastornos do desenvolvemento.
•Adquirir un coñecemento comprensivo da etioloxía e a problemática, que entorno a ela se plantexa, en relación ás dificultades de aprendizaxe e os trastornos do desenvolvemento.
•Desenvolver unha actitude analítica e reflexiva no ámbito da avaliación e intervención educativa das dificultades de aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento.
•Desenvolver ferramentas de avaliación e pautas de intervención educativa.
•Obter coñecementos mediante o manexo (búsqueda, organización e análise crítico) de bibliografía e fontes documentais relacionadas cos contidos da materia.
•Habituarse á metodoloxía do traballo en equipo a través da participación, a colaboración cos compañeiros/as e a exposición correcta das propias ideas e plantexamentos.
ContidosBLOQUE I. MARCO TEÓRICO-CONCEPTUAL
1. Introdución ao estudo das dificultades da aprendizaxe e aos trastornos do desenvolvemento.
BLOQUE II. PRINCIPAIS DIFICULTADES DE APRENDIZAXE E TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO
2. Discapacidade intelectual.
3. Trastornos xeralizados do desenvolvemento.
4. Déficits nos procesos cognitivos e lingüísticos.
5. Déficits socio-afectivos, motivacionais e comportamentais.
6. Dificultades de Aprendizaxe da Linguaxe Escrita.
7. Dificultades de Aprendizaxe en Matemáticas.
8. Déficits vinculados a factores escolares e socioculturais.
BLOQUE III. OUTRAS DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ASOCIADAS A ALTERACIÓNS NO DESENVOLVEMENTO.
9. Discapacidade Sensorial.
10. Discapacidade Motórica.
Bibliografía básica e complementariaBÁSICA:
Aguilera, A. (2004). Introducción a las Dificultades del Aprendizaje. Madrid: McGraw-Hill.
García Sánchez, J. N. (1999). Intervención psicopedagógica en los trastornos del desarrollo. Madrid: Pirámide.
Marchesi, A., Coll, C., y Palacios, J. (2007). Desarrollo Psicológico y educación. 3. Trastornos del desarrollo y necesidades educativas especiales. Madrid: Alianza Editorial.
Ortiz González, Mª R. (2004). Manual de Dificultades de Aprendizaje. Madrid: Pirámide.
Suárez Yáñez, A. (2004). Dificultades en el aprendizaje. En C. Jiménez Fernández (coord.) Pedagogía diferencial. Diversidad y equidad. Madrid: Pearson / Prentice Hall, pp.289-313.
COMPLEMENTARIA:
Cidad Maestro, E. (1990). Modificación de conducta en el aula e integración escolar. Madrid: UNED.
Fernández Baroja, F., Llopis, A.M., Pablo, C. (1991). Matemáticas básicas: dificultades en el aprendizaje y recuperación. Madrid: Santillana/Aula XXI.
Jiménez González, J. E. (1999). Psicología de las Dificultades de Aprendizaje. Madrid: Síntesis.
Miranda Casas, A., Vidal Albarca, E. y Soriano Ferrer, M. (2000). Evaluación e intervención psicoeducativa en dificultades de aprendizaje. Madrid: Pirámide.
Outón, P. (2004). Programas de intervención con disléxicos. Madrid: CEPE.
Rivas, R. Mª. y Fernández, P. (2010). Dislexia, disortografía y disgrafía. Madrid: Pirámide.
Suárez Yáñez, A. (2000). Iniciación escolar a la escritura y la lectura. Diseño de programas adaptados a la diversidad. Madrid: Pirámide.
Secadas, F., Rodríguez, Mª. T., Alfaro, I. (1994) Escribir es fácil, I-II. Madrid: TEA Ediciones.
CompetenciasEspecíficas da titulación ás que contribúe a materia:
-Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
-Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudiantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
Específicas da materia:
-Saber identificar as características e necesidades dos nenos/as con trastornos do desenvolvemento e dificultades de aprendizaxe.
-Ser capaz de definir obxectivos e elaborar unha proposta educativa acorde coas necesidades e competencias dos alumnos/as con trastornos do desenvolvemento e dificultades de aprendizaxe na etapa de primaria.
-Saber xestionar a información vinculada coa problemática dos trastornos e as dificultades de aprendizaxe.
-Saber elaborar, analizar e sintetizar información propia da materia.
-Adquirir hábitos de traballo en equipo.
-Desenvolver a autonomía persoal, a aprendizaxe autónoma e o pensamento crítico.
-Adquirir un compromiso coa optimización do desenvolvemento e da aprendizaxe no marco dunha educación de calidade.
Metodoloxía da ensinanza Tratarase de estimular a participación activa dos alumnos e alumnas por medio de actividades que posibiliten a reflexión (individual ou colectiva) e o traballo en equipo, así como a análise e aplicación dos temas tratados a través da realización de diferentes actividades.
As actividades presenciais en grupo completo inclúen clases expositivas que teñen como obxecto introducir, fundamentar e desenvolver os contidos básicos de cada tema.
As actividades presenciais nas clases interactivas incluíran actividades prácticas, dirixidas á profundización de contidos específicos e a súa aplicación a problemas, realidades e situacións concretas da práctica docente. Ademais preténdese dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para a realización dun traballo autónomo (búsqueda e manexo da información, comparacións a nivel teórico-explicativo elaboración de mapas conceptuais, propiciar a transferencia da teoría á práctica, elaboración e presentación de informes,...), fomentar a súa implicación en debates e tarefas grupais e promover o pensamento crítico e a toma de decisións.
Na atención titorial, se atenderán as necesidades específicas de cada alumno/a e se realizarán as orientacións pertinentes para guiar o seu proceso de ensino-aprendizaxe así como se realizará un seguimento e avaliación continuada tanto no referente ao ámbito dos coñecementos como das competencias.
Sistema de evaluación•Participación nas distintas actividades de clase (10%).
•Realización e presentación dos traballos solicitados polas profesoras (30%).
•Proba individual escrita na que se valoran os contidos da materia (60%).
Para superar a materia será necesario que, na proba escrita, a suma das súas dúas partes sexa, cando menos, de 6 puntos. Non se fará media cando unha delas sexa inferior a 2´5 puntos.
Para obter unha valoración positiva da materia será preciso ter realizadas, en prazo, todas as actividades de avaliación.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Tempo de estudo e traballo persoal-Actividades presenciais: 51 horas repartidas en:
•Actividades en gran grupo: 24
•Actividades en grupo mediano: 24
•Titorías: 3
-Actividades de traballo autónomo: 99 horas repartidas en:
Estudo, búsqueda de información, análise de documentos, preparacion de materiais previos, exposición de traballos, participación en debates, lectura e elaboración de traballos, elaboración de esquemas e mapas conceptuais, elaboración de estratexias para a búsqueda de información, preparación de presentacións orais, resolución de casos prácticos…
-Tempo estimado total: 150 horas
Recomendacións para o estudo da materia•Asistencia regular ás clases expositivas e interactivas.
•Consulta e estudo dos materiais recomendados polas profesoras da materia.
•Realización e participación activa nas actividades prácticas.
•Traballo do alumno/a dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia.
ObservaciónsASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
O alumnado con exención de docencia terá que comunicalo en tempo e forma ao profesorado. O sistema de avaliación da aprendizaxe para o devandito alumnado será o mesmo que para o resto do alumnado matriculado na materia.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos