Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141108 - Escola, Comunidade e TIC (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
PERNAS MORADO, EULOGIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01 (A-Pardo G)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (Pardo H-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01 (A-Corr)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02 (Cors-F)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03 (G-Lon)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_04 (Loñ-Pardo G)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_05 (Pardo H-Ra)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_06 (Re-Sa)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_07 (Se-Z)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos propostos son unha guía orientadora do proceso de ensino-aprendizaxe. Ao longo do devandito proceso poden aparecer outros resultados non previstos, pero igualmente valiosos, que deben ser tidos en conta e que complementarán esta guía.

    Propoñemos que os alumnos ao final de curso poidan:

    - Comprender as posibilidades de integración das TIC na escola, como produto dunha análise das súas funcións actuais, da organización que impera, do seu deseño curricular e das condicións culturais, sociais e económicas que impoñen estas tecnoloxías, así como tamén as necesidades de transformación na propia institución que esta integración suporía.

    - Construír un marco teórico para comprender a toma de decisións sobre as TIC nos procesos de ensino e aprendizaxe.

    - Desenvolver unha actitude crítica fronte ao uso e á práctica cotiá das tecnoloxías da información e a comunicación, así como fronte ao efecto formativo que producen sobre todo os medios de comunicación social, comprendendo a necesidade dunha alfabetización ampliada a diversas formas discursivas (icónica, audiovisual, informática).

    - Desenvolver habilidades para a análise da propia práctica (como alumnos/as e como profesores/as en prácticas), co recoñecemento do valor da teoría como elemento iluminador desta e coa incorporación na análise das propias crenzas, actitudes e prexuízos en relación coas TIC e as súas posibilidades de integración na escola.

    - Desenvolver habilidades para o traballo grupal, a través da confrontación de marcos de referencia, nun traballo de cooperación que integre as achegas dos compañeiros nas estruturas conceptuais propias.

    Contidos
    BLOQUE I. AS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN: MARCO CONCEPTUAL

    1.1. A sociedade da información e do coñecemento como marco global.

    1.2. Impacto social e educativo da tecnoloxía: das TIC ás TAC (Tecnoloxías para a Aprendizaxe e o Coñecemento).


    BLOQUE II. AS TIC NA ESCOLA PRIMARIA

    2.1. As TIC na escola primaria. O plan TIC de centro. A organización escolar e o rol do profesorado ante a sociedade do coñecemento.

    2.2. Competencia dixital e alfabetizacións múltiples. Usos e aplicacións.

    2.3. Contornos virtuais de Aprendizaxe. Criterios de selección.

    2.4. Deseño e avaliación de propostas de ensinanza con software educativo.


    BLOQUE III. COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL, SOFTWARE EDUCATIVO E MEDIOS DE COMUNICACIÓN DE MASAS

    3.1. Medios de comunicación de masas e a influencia das pantallas: de Twitter ás apps educativas

    3.2. A Web social e educación primaria. Posibilidades de uso das redes sociais.


    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

    Area, M. e Ribeiro, Mª T. (2012). De lo sólido a lo líquido, las nuevas alfabetizaciones ante los cambios culturales de la Web 2.0. Comunicar: Revista científica iberoamericana de comunicación y educación, nº 38, pp. 13-20. Dispoñible en: http://www.revistacomunicar.com/verpdf.php?numero=38&articulo=38-2012-03 [Consulta: 21-01-2013].

    Cabero, J. (2007). Nuevas tecnologías aplicadas a la educación. Madrid: McGrawHill.

    ITE (2011). Competencia digital. Madrid: Instituto de Tecnologías Educativas-MEC. Dispoñible en: http://recursostic.educacion.es/blogs/europa/media/blogs/europa/informes/Competencia_Digital_Europa_ITE_marzo_2011.pdf [Consultado 21-01-2013].

    Montero, L. et al. (2007). O valor do envoltorio. Un estudo da influencia das TIC nos centros educativos. Vigo: Xerais.

    Sancho Gil, J. M. (2008). De TIC a TAC, el difícil tránsito de una vocal. Revista Investigación en la escuela, nº 64, pp. 19-30. Dispoñible en: http://www.investigacionenlaescuela.es/articulos/64/R64_2.pdf [Consultado 15-o2-2013]



    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA

    Alonso, M. y Matilla, L. (1990). Imágenes en acción. Madrid: Akal.

    Cassany, D. y Ayala, G. (2008). Nativos e inmigrantes digitales en la escuela, Participación educativa. Revista cuatrimestral del Consejo Escolar del Estado, nº 9, noviembre, 53-71. Disponible en: https://sede.educacion.gob.es/publiventa/detalle.action?cod=14202 [Consulta: 14-06-2011].

    Castells, M. (1997). La era de la información. Economía, sociedad y cultura. La sociedad en red. I, II y III. Madrid: Alianza.

    Cebrián, M. e Ríos Ariza, J. M. (Coord.) (2000). Nuevas tecnologías aplicadas a las didácticas especiales. Madrid: Pirámide.

    Cid Fernández, X. M. e Rodríguez Rodríguez, J. (Coords.) (2007). A fenda dixital e as súas implicacións educativas. Santiago de Compostela: Nova Escola Galega.

    De Pablos, J. (Coord.) (2009). Tecnología educativa: la formación del profesorado de la era de internet. Málaga: Aljibe.

    Hargreaves, A. (2003). Enseñar en la sociedad del conocimiento. Barcelona: Octaedro.

    Mominó, J. M.; Sigalés, C. e Meneses, J. (2008). La escuela en la sociedad red. Barcelona: Ariel.

    MEC (2007). Introducción temprana a las TIC: estrategias para educar en un uso responsable en educación infantil y primaria. Madrid: Secretaría General de Educación.

    Pernas, E., Doval, M. (2002). Novas Tecnoloxías e innovación educativa en Galicia. Átomos e bits na mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe. Santiago de Compostela: ICE-USC.

    Postman, N. (1994). Tecnópolis. La rendición de la cultura a la tecnología. Barcelona: Círculo de Lectores.

    Prensky, M. (2001). Digital Natives, Digital Immigrants. On the Horizon, October, 9 (5). Lincoln: NCB University Press. Dispoñible en: http://www.marcprensky.com /writing/Prensky%20-%20Digital%20Natives,%20Digital%20Immigrants%20-%20Part1.pdf [Consulta: 2-06-2011]

    Revista Galega de Educación (2007). Monográfico “Competencia dixital e ferramentas TIC”, nº 38, maio. Dispoñible en: http://www.nova-escola-galega.org/almacen/documentos/RGE%2038%20contidos.pdf [Consulta: 1-06-2011].

    Revista Innovación Educativa (2009). Monográfico: “Usos innovadores de las TIC”, número 19. En: http://dspace.usc.es/handle/10347/4343/browse?type=dateissued&submit_browse=Data+de+publicaci%C3%B3n [Consultado o 10-06-2011].

    Servicio de Formación del Prof., Innovación y Tecnologías Educativas (2007). Web 2.0 y Educación. Consejería de Ed. y Ciencia de Asturias. Vídeo dispoñible en: http://blog.educastur.es
    Competencias
    XERAIS(priorizarase a G11):

    G2: Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro
    G.8: Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
    G.10: Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
    G11: Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
    G.12: Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.


    ESPECÍFICAS (priorizarase a E23 no referido ao impacto das linguaxes AV e das pantallas):

    E.20: Mostrar habilidades sociais para entender ás familias y facerse entender por elas.
    E22: Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade.
    E.23: Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sostible.


    BÁSICAS (priorizarase a B3, en aspectos relativos á "honestidade intelectual", citado de obras e elaboración de bibliografía):

    B1: Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nun área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e sólese atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
    B2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de unha forma profesional e posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
    B3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    B4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
    B5: Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.


    TRANSVERSAIS (priorizarase a T3):

    T3: Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
    T4: Competencia informacional

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia ten un carácter teórico-práctico que debe capacitar ao alumno para comprender, de forma crítica, o impacto que as TIC teñen na sociedade actual e as consecuencias para a educación e o traballo docente nas escolas de primaria.

    Para o desenvolvemento das competencias que o estudante debe adquirir, proponse:

    - A combinación de experiencias individuais e grupais, tanto na aula con todo o grupo clase, como en grupos máis reducidos na aula de medios audiovisuais e informáticos, mediante a realización de actividades que supoñen a análise e uso de diferentes recursos TIC.

    - A combinación de ensinanza presencial e on-line (utilizando o Campus Virtual da USC e, no seu caso, outros posibles contornos virtuais de ensino e aprendizaxe e/ou redes sociais).

    Sistema de evaluación
    Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas en prazo TODAS as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas.

    Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.

    A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.

    A ponderación para a cualificación final será a seguinte:

    - Proba específica: 50%

    - Outros: 50% (participación na aula: 5%, portafolios de aprendizaxe e actividades propostas: 10%, participación en foros da materia: 5%, deseño e presentación de proxectos de traballo: 30%).

    O alumnado non asistente (por exemplo, por ter concedido a exención de docencia), reunirase a primeira quincena co profesorado da materia e establecerán un plan de traballo individual. Neste plan será preciso seguir o ritmo das clases teóricas e prácticas e realizar as tarefas e actividades propostas na aula virtual (dende a que tamén disporán de titoría virtual).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    ACTIVIDADES EN GRAN GRUPO

    Actividades presenciais:
    - Presentación da materia
    - Exposicións temáticas
    - Discusión / foros gran grupo
    Total: 15 h.

    Actividades de traballo autónomo:
    - Lectura e análise documentos
    - Estudo
    - Proxecto de traballo
    - Elaboración conclusións clases presenciais
    Total: 35 h.



    ACTIVIDADES EN GRUPO MEDIANO

    Actividades presenciais:
    - Prácticas uso medios AV, informáticos e virtuais
    - Exposición traballos alumnos
    - Elaboración informes e comentarios
    - Participación foros virtuais
    - Avaliación recursos TIC
    - Deseño recursos TIC para educación primaria
    - Proxecto de traballo
    Total: 30 h.

    Actividades de traballo autónomo:
    - Lectura e análise documentos
    - Preparación e ensaio exposición traballo
    - Realización exercicios prácticos manexo TIC
    - Elaboración informes
    - Preparación e elaboración aportación foros
    - Revisión recursos TIC existentes
    - Deseño recursos TIC
    - Buscas bibliográficas
    Total: 45 h.



    ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS

    Actividades presenciais:
    - Comentario documentos
    - Formulación de dúbidas
    - Revisión de tarefas
    Total: 5 h.

    Actividades de traballo autónomo:
    - Lectura e análise documentos
    - Revisión de tarefas,
    - Reelaboración actividades tras feedback
    - Deseño dun blog como ferramenta de traballo
    Total: 20 h.

    Total horas presenciais: 50
    Total horas de traballo autónomo: 100

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Ter acreditado o dominio de competencias transversais en TIC recoñecidas na USC e que poden acreditarse como créditos de libre elección.

    - Asistencia ás clases presenciais teóricas e prácticas.

    - Autodisciplina e constancia no acceso e traballo no campus virtual.

    - Manter ao día os traballos que se solicitan.

    Observacións
    ASISTENCIA A CLASE

    A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar a exención oficial de docencia.

    Recoméndase especialmente ao alumnado que, por diferentes causas, teña problemas coa asistencia, se poña en contacto co profesorado da materia axiña dende o comezo do cuadrimestre para abordar conxuntamente posibles alternativas metodolóxicas e/ou de avaliación.


    RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL

    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:

    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.