G3141120 - Ensino e Aprendizaxe de Linguas en contextos Multilingües (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
- Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia-Comprender o valor que teñen os códigos lingüísticos como instrumentos de comunicación, como construcións sociais e como símbolos comunitarios.
-Coñecer os fundamentos psicopedagóxicos e socioculturais da aprendizaxe das linguas, a súa materialización nos enfoques comunicativos e o valor de instrumentos como o Marco europeo de referencia e o Portfolio europeo das linguas.
-Adquirir unha visión panorámica do plurilingüismo a nivel europeo e mundial, comprender as consecuencias lingüísticas e culturais da globalización e considerar a diversidade lingüística como un valor que se debe defender.
-Coñecer indicadores básicos da situación lingüística de Galicia a nivel social e escolar, e tomar conciencia da responsabilidade do sistema educativo no desenvolvemento de competencias plurilingües e na defensa da lingua galega como patrimonio colectivo.
-Coñecer distintos programas de ensino bilingüe no sistema educativo español, e valorar de maneira específica os resultados e a adecuación do modelo lingüístico galego.
-Comprender a importancia do traballo colaborativo nas áreas lingüísticas, coñecer os
fundamentos do tratamento integrado de linguas e elaborar propostas didácticas guiadas por eses principios.
Contidos- Principios básicos das ciencias da linguaxe e da comunicación. As linguas como instrumentos de comunicación, elementos simbólicos e construtos sociais.
- As relacións de poder entre as linguas. A tensión entre uniformidade e diversidade lingüística. O multilingüismo en perspectiva global e europea.
- Ensinar e aprender linguas. Enfoques didácticos. Factores lingüísticos, psicopedagóxicos e sociais na adquisición e aprendizaxe de linguas. 'Saber', 'saber facer' e 'saber ser' en relación coas linguas.
- A competencia plurilingüe. Instrumentos para o ensino das linguas desde unha perspectiva comunicativa e plurilingüe. O Marco Europeo Común de Referencia e o Portfolio Europeo das linguas.
- A organización escolar do plurilingüismo. Programas de ensino bilingüe ou plurilingüe. Modelos lingüísticos escolares nas comunidades bilingües do Estado español.
- Situación social e escolar das linguas en Galicia. Lexislación e modelo lingüístico no sistema educativo galego. Criterios e referentes para a planificación escolar do plurilingüismo en Galicia.
- O traballo interlingüístico a nivel escolar. Xustificación, requisitos e fundamentación do tratamento integrado das linguas. Elaboración de propostas interlingüísticas para a educación primaria.
Bibliografía básica e complementariaAppel, R. & Muysken, P. (1987/1996). Bilingüismo y contacto de lenguas. Barcelona. Ariel
Arnau, J. (et al.) (1992): La Educación Bilngüe. Barcelona, ICE-Univ. de Barcelona.
Atienza, J.L. (2002): “La enseñanza y el aprendizaje de lenguas en la educación: referencias e implicaciones. En C. Guillén (coord.), Lenguas para abrir camino, Madrid, MECD-ISFP, pp. 13-40.
Baker, C. (1997): Fundamentos de Educación Bilingüe y Bilingüismo. Madrid. Cátedra
Cassany, D. (2006): El Portfolio Europeo de las Lenguas y sus aplicaciones en el aula. Madrid. MEC.
Council of Europe (1992). European Charter for Regional or Minority Languages. Strasbourg. ETS nº 148. Tradución: Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias.
http:// www.galego.org/lexislacion/europea/carta.html
Council of Europe (2000). European Language Portfolio (PEL): Principles and Guidelines. Strasbourg: Council of Europe. (Document DGIV/EDU/LANG (2000) 33) http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/Source/Guidelines_EN.pdf; http://www.edu.xunta.es/web/portfolio
Council of Europe (2001). Common European Framework for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Tradución: Xunta de Galicia (2005). Marco común europeo de referencia para as linguas. http://www.edu.xunta.es/contidos/rede_linguas/?q=node/156
Crystal, D. (1987). Enciclopedia del lenguaje de la universidad de Cambridge, Madrid, Taurus,.
Díaz Corralejo, J. (2002): “El marco común europeo de referencia: una herramienta transversal, multicultural y modular para un cambio de paradigma”, en Salaberri, S. (coord.) La lengua, vehículo cultural multidisciplinar, Madrid, MECD-ISFP, pp. 49-60.
Díaz, M. T.; Mas, I., Zas, L. (2009): Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas. A Coruña. TresCtres.
González, M., Guillén, C. e Vez, J.M. (2010): Didáctica de las lenguas modernas: competencia plurilingüe e intercultural, Madrid, Síntesis.
Llobera, M. (et al..) (1995): Competencia comunicativa. Documentos básicos en la enseñanza de lenguas extranjeras, Madrid, Edelsa.
Lomas, C. (1999): Cómo enseñar a hacer cosas con las palabras. Teoría y práctica de la educación lingüística, Barcelona, Paidós.
Lorenzo, F. (2005). “Políticas lingüísticas europeas: claves de la planificación y aprendizaje de lenguas en la UE”. En Cultura y Educación, 17 (3), pp. 253-263.
Lorenzo, F., Trujillo, F., Vez, J. M. ((2011): Educación bilingüe, Madrid, Síntesis.
Monteagudo, H. (coord.) (2010): Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega.
http://www.consellodacultura.org/mediateca/extras/sociedades_plurilingues.pdf
Monteagudo, H. (coord.) (2012): Linguas, sociedade e política, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega.
Perera, J. (ed.) (2003). Plurilingüisme i educació: els reptes del segle XXI, Barcelona, ICE Univ. Barcelona.
Richards, Jack C., John Platt e Heidi Platt (1992). Diccionario de lingüística aplicada y enseñanza de lenguas, Barcelona, Ariel, 1997.
Siguán, M. (2004). Bilingüismo y lenguas en contacto, Madrid, Alianza Editorial.
Silva, B., Rodríguez, X. e Vaquero, I. (coords.) (2010): Educación e linguas en Galicia, Univ. de Santiago de Compostela. http://dspace.usc.es/handle/10347/2247
Xunta de Galicia (2004). Plan xeral de normalización da lingua galega. Santiago de Compostela, http://www.xunta.es/linguagalega/plan_xeral_de_normalizacion
Xunta de Galicia (2010). Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
CompetenciasA) Competencias xerais
- Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
- Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
B) Competencias específicas
- Comprender os principios básicos das ciencias da linguaxe e a comunicación.
- Coñecer as dificultades para a aprendizaxe das linguas oficiais de estudantes doutras linguas.
- Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
C) Competencias básicas
- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
D) Competencias transversais
- Coñecememento instrumental da lingua galega.
- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
- Competencia informacional
Metodoloxía da ensinanza Nas sesións de gran grupo trataranse os contidos de carácter máis xeral, partindo dos conceptos máis básicos e facilitando as informacións fundamentais. A aprendizaxe apoiarase inicialmente na exposición do profesor, completada con interaccións para aclarar conceptos e para contrastar opinións, así como con actividades prácticas puntuais.
As actividades de grupo reducido orientaranse a afondar nos contidos do programa a través de estratexias como a revisión de documentos, o estudo de casos, a exposición e o debate, de modo que se estimule a participación activa do alumnado. Con isto, búscase favorecer o desenvolvemento de competencias de análise e síntese, de pensamento crítico, de comunicación oral e escrita, así como de aprendizaxe autónoma e de traballo cooperativo.
O alumnado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido co obxecto de orientar a súa aprendizaxe e o traballo persoal ou grupal relacionado coas tarefas das sesións interactivas.
Sistema de evaluaciónINSTRUMENTOS E PONDERACIÓN:
O traballo relacionado coas sesións expositivas avaliarase fundamentalmente a partir dunha proba final orientada a comprobar a asimilación de conceptos e informacións básicas, así como a capacidade para analizar e interpretar textos ou casos prácticos. A nota da proba poderase completar con actividades ou traballos relacionados coas sesións de clase.
O traballo relacionado coas sesións interactivas avaliarase a partir de:
a) A asistencia e participación nas mesmas (cunha ponderación do 25%)
b) As presentacións individuais ou grupais que se realicen (cunha ponderación do 25%)
c) Os traballos escritos que se encarguen (cunha ponderación do 50%).
Non se admitirán traballos de alumnos que, sen unha xustificación razoable, non asistan con regularidade ás sesións de clase.
A nota das partes expositiva e interactiva computarán na cualificación final ao 50%. Non se realizará media entre os dous compoñentes da avaliación se non se obtén, como mínimo, un 4 sobre 10 en cada un deles. Neste caso reflectirase na acta a cualificación da parte que non acade este nivel.
Na convocatoria de xullo os estudantes poderán recuperar a parte ou partes suspensas de acordo cos seguintes criterios:
a) A cualificación da parte expositiva, a través dunha proba de características similares á de xuño. No que se refire aos traballos ou actividades relacionados coas sesións de clase, se os houbese, manterase a nota de xuño.
b) A cualificación da parte interactiva, pero só no que se refire aos traballos escritos e sempre que se reúnan os requisitos de asistencia indicados con anterioridade. No tocante á valoración da participación e das presentacións na aula, conservarase a de xuño.
Nesta convocatoria a cualificación final será tamén a resultante da media entre as partes expositiva e interactiva, coa mesma condición de que as dúas estean por riba de 4 sobre 10. De non se cumprir este requisito ou non acadar a media de 5, a materia considerarase suspensa na súa totalidade para futuras convocatorias.
CRITERIOS:
En coherencia co dito con anterioridade, e á parte das indicacións específicas sobre avaliación que se indiquen no desenvolvemento da materia, os principais criterios para avaliar o rendemento académico do alumnado serán:
1. A actitude aberta e receptiva para adquirir novos saberes e incorporalos á súa formación como futuro docente de E. Primaria.
2. A participación activa nas clases en relación cos contidos do programa e a realización puntual das tarefas encomendadas.
3. O dominio dos principais contidos da materia (conceptos, teorías, datos...) e a capacidade para aplicalos na resolución e interpretación de casos reais ou hipotéticos.
4. A calidade dos traballos escritos, tanto no que se refire ao contido, como ao respecto de formalismos académicos (citas, etc.), ao nivel de elaboración e á presentación.
5. A competencia lingüística oral e escrita, manifestada na coherencia e cohesión discursivas, e na propiedade e corrección expresivas.
Os traballos deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da parte correspondente da materia nesa convocatoria. Un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás que se programasen de forma coordinada.
Tempo de estudo e traballo persoala)Actividades en gran grupo: actividades presenciais, 24 horas; actividades de traballo autónomo, 35 horas.
b)Actividades en grupo mediano: actividades presenciais, 24 horas; actividades de traballo autónomo, 45 horas.
c)Actividades en pequeno grupo ou individuais: actividades presenciais, 3 horas; actividades de traballo autónomo, 19 horas.
Total: actividades presenciais, 51 horas; actividades de traballo autónomo, 99 horas.
Recomendacións para o estudo da materia• Asistir asidua e participativamente ás clases e ás titorías.
• Atender as orientacións específicas do profesorado da materia canto a temporalización, realización de informes, manexo de fontes e recursos, metodoloxía de traballo, …
• Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. Non confiar a preparación da asignatura a unha dedicación intensiva e puntual no final de curso.
• Facer lecturas sosegadas dos documentos que se faciliten e doutras consultas persoais, completándoas coa realización de sínteses e coa formulación de opinións propias.
• Esforzarse por mellorar a competencia lingüística oral e escrita. Prestar atención ao discurso e expresarse con propiedade e de forma clara.
ObservaciónsEn aplicación da normativa da USC, é obrigatoria a asistencia con carácter xeral ao 80% das sesións de clase como mínimo. As situacións de exención de docencia serán tratadas, aos efectos de avaliación, cos criterios establecidos neste programa.