Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141121 - Ensinanza e Aprendizaxe da Aritmética (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica das Ciencias Experimentais
  • Áreas: Didáctica da Matemática
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
RODRIGUEZ MAYO, FRANCISCO MANUEL.NON
RODRIGUEZ MAYO, FRANCISCO MANUEL.NON
SALINAS PORTUGAL, MARIA JESUS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01 (A-Pardo G)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (Pardo H-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01 (A-Durán G)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02 (Durán H-G)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03 (H-Pardo G)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_04 (Pardo H-Ramos A)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_05 (Ramos B-Sa)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_06 (Se-Z)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer o tratamento curricular da matemática na Educación Primaria e as implicacións cara á súa ensinanza e aprendizaxe.

    - Adquirir unha formación matemática básica que capacite aos estudantes para levar a cabo o seu labor docente, con énfase nos contidos que atinxen á numeración e ao cálculo.

    - Coñecer elementos necesarios para intervir no proceso de ensinanza/aprendizaxe da aritmética: dificultades e erros, estratexias, recursos e métodos didácticos.

    - Interrelacionar as nocións matemáticas con situacións reais, tentando fomentar no futuro docente de Primaria unha idea positiva sobre a ensinanza da matemática e a matemática en xeral.

    Contidos
    Temas a desenvolver:

    1. A matemática na Educación Primaria
    - Especificidade do saber matemático
    - Teorías sobre a aprendizaxe da matemática
    - A importancia da resolución de problemas na ensinanza/aprendizaxe da matemática
    - O currículo de matemáticas en Educación Primaria

    2. Números naturais e sistemas de numeración
    - O concepto de número natural
    - Formas de representar os números: Sistemas de numeración. Bases de numeración
    - O Sistema Decimal

    3. Tratamento didáctico do cálculo aritmético
    - As operacións aritméticas elementais
    - Os algoritmos
    - Cálculo mental

    4. Fraccións e números decimais
    - Distintas interpretacións da noción de fracción
    - Fraccións equivalentes e operacións con fraccións
    - Expresión decimal dunha fracción. Números decimais
    - Erros e obstáculos frecuentes en relación coa noción de número decimal

    5. Problemas aritméticos escolares. Estratexias para o seu tratamento

    Contidos recorrentes:

    Resolución de problemas
    Materiais e recursos
    Currículo escolar de matemáticas

    Bibliografía básica e complementaria
    Dentro da colección "MATEMÁTICAS: CULTURA Y APRENDIZAJE" da editorial Síntesis, os libros que tratan os contidos do programa constitúen un recurso básico, estes son:
    - CASTRO, E. et al. (1987). Números y operaciones.
    - CENTENO, J. (1988). Números decimales. ¿Por qué? ¿Para qué?.
    - GÓMEZ AFONSO, B. (1993). Numeración y Cálculo.
    - LLINARES, S. Y SÁNCHEZ, M.V. (1988) Fracciones.
    - MAZA, C. (1991a). Enseñanza de la suma y de la resta.
    - MAZA, C. (1991b). Enseñanza de la multiplicación y división.
    - PUIG,L. Y CERDÁ,, F. (1988). Problemas aritméticos escolares.
    - SEGOVIA, I. et al. (1989). Estimación en cálculo y medida
    Outro material bibliográfico orientador dos contidos:

    - ALSINA, A. (2004). Desarrollo de competencias matemáticas con recursos lúdico-manipulativos para niños y niñas de 6 a 12 años. Madrid: Narcea.
    - BINIÉS, P. (2008). Conversaciones matemáticas con María Antonia Canals. Barcelona: Graó.
    - CANALS, Mª. A. (2009). Fracciones. Los dossiers de María Antonia Canals, 102. Barcelona: Associació de Mestres Rosa Sensat.
    - CASCALLANA, Mª T. (1988). Iniciación a la matemática. Materiales y recursos didácticos. Madrid: Aula XXI/Santillana.
    - CASTRO, E. (Ed.) (2001). Didáctica de la matemática en la educación primaria. Madrid: Síntesis.
    - CHAMORRO, M.ª C. (2003). Didáctica de las matemáticas para primaria. Madrid: Pearson.
    - DICKSON, L. et al. (1991). El aprendizaje de las Matemáticas. Barcelona: Labor.
    - GIMÉNEZ, J. Y GIRONDO, L. (1993). Cálculo en la escuela. Reflexiones y propuestas. Barcelona: Graó.
    - GODINO, J. (2003). Sistemas numéricos y su didáctica para maestros. Proyecto Edumat-¬Maestros. Recuperado de http://www.ugr.es/local/jgodino/edumat-¬maestros/
    - GOÑI, J. M. (Coord.) (2000). El curriculum de Matemáticas en los inicios del siglo XXI, Biblioteca UNO. Barcelona: Graó.
    - HERNÁN, F. e CARRILLO, E. (1988). Recursos en el aula de matemáticas. Madrid: Síntesis.
    - KAMII, C. (1986). El Niño reinventa la aritmética: implicaciones de la teoría de Piaget. Madrid: Visor
    - LUCEÑO, J. L. (1999). La resolución de problemas aritméticos en el aula. Archidona (Málaga): Aljibe.
    - MARTÍNEZ, J. (2000). Una nueva didáctica del cálculo para el siglo XXI. Barcelona: Cisspraxis.
    - MEC. (2006). RD 1513/2006, de 7 de diciembre, por el que se establecenlas enseñanzas mínimas de la Educación Primaria. BOE, 8 de diciembre de 2006, núm. 293.
    - NCTM (2003). Principios y Estándares para la Educación Matemática. Sevilla: SAEM Thales.
    - POLYA, G. (1968). Let Us Teach Guessing. Washington, DC: MAA Video.
    - XUNTA DE GALICIA (2007). Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Diario Oficial de Galicia, 9 de xullo de 2007, núm. 132.
    Revistas españolas de investigación e experiencias en Educación Matemática:

    - "EPSILON", publicada pola Sociedad Andaluza de Profesores de Matemáticas THALES.
    - "GAMMA", publicada pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática.
    - "NÚMEROS", da Sociedad Canaria de P. de M. ISAAC NEWTON.
    - "SUMA", editada pola Federación Española de Profesores de Matemáticas.
    - "UNO", editada por GRAÓ.

    No desenvolvemento do programa farase uso doutros documentos que salientaremos no momento oportuno.

    Competencias
    Competencias e resultados da aprendizaxe que o/a estudante debe adquirir:

    Competencias xerais (G):

    G1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
    G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
    G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
    G8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
    G11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.

    Competencias específicas (E) da materia:

    E38. Adquirir competencias matemáticas básicas (numéricas e de cálculo).
    E39. Coñecer o currículo escolar de matemáticas.
    E40. Analizar, razoar e comunicar propostas matemáticas.
    E41. Expor e resolver problemas vinculados coa vida cotiá.
    E42. Valorar a relación entre matemáticas e ciencias como un dos alicerces do pensamento científico.
    E43. Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.

    Competencias transversais(T):

    T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.

    Metodoloxía da ensinanza
    A distribución semanal das clases constará dunha sesión de 1,5 horas en grupo expositivo e unha de 1,5 horas en grupo interactivo. Cada estudante contará así mesmo con 3 horas de titorías programadas, distribuídas ao longo do transcurso da materia en dúas sesións de 1,5 horas debidamente fixadas no horario.

    As actividades formativas en grupo expositivo están concebidas para desenvolver, aclarar e comentar os contidos que ofrecen maior dificultade de comprensión, incidindo nos aspectos básicos e máis relevantes, ao tempo que se resolven os problemas de aprendizaxe iniciais que poida presentar o alumnado. O profesorado utilizará a exposición, e o alumnado resolverá determinados supostos de acordo cos contidos abordados. Permiten desenvolver fundamentalmente as seguintes competencias: G1, G8, G11; E38, E39, E40, E41, E43; B1, B4; T3. Tamén servirán para que os/as estudantes presenten traballos oralmente ante os seus compañeiros, e para o debate en grupo clase.

    As actividades en grupo interactivo desenvolveranse no marco de métodos de resolución de problemas matemáticos e didácticos, preferentemente, implicando tamén un importante traballo autónomo individual e en grupo. Isto propiciará o desenvolvemento das competencias máis ligadas ao pensamento crítico, ao uso das tecnoloxías da información e a comunicación e en xeral a boa parte das competencias citadas (G1, G2, G11; E38, E39, E40, E42; B2; T3). O debate, a lectura e comentario de documentos e a exposición de traballos, requerirá unha porcentaxe elevada de horas de traballo persoal do alumnado, co fin de propiciar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que desenvolva a capacidade de expoñer publicamente os resultados do traballo realizado.

    Nas sesiones de titorías programadas o alumnado será atendido en grupos moi reducidos, tratarase de orientar o seu traballo e de dirixir a súa aprendizaxe, co fin de desenvolver as competencias citadas.

    Así mesmo, o alumnado disporá de aula virtual de apoio á materia.


    Sistema de evaluación
    - A avaliación levarase a cabo en función do seguinte esquema:

    Parte 1:
    A) PARTICIPACIÓN NAS SESIÓNS PRESENCIAIS (G8, G11, E38, E39, E40, E41, E42, E43, B1, B2, B3, T3): 10%
    B) INFORMES E OUTRAS PRODUCIÓNS ESCRITAS OU ORAIS (G1, G2, G4, G8, E38, E39, E40, E41, E43, B1, B2, B3, T3): 30%
    C) PRESENTACIÓNS ORAIS (G1, G2, G8, G11, E38, E39, E40, E41, E43, B1, B2, B3, B4, T3): 10%

    Parte 2:
    D) PROBAS ESPECÍFICAS (G1, G8, E38, E39, E40, E41, B1, B2, B3): 50%

    - Para superar a materia será necesario superar as dúas partes, 1 e 2.
    - Así mesmo, para obter cualificación positiva no apartado (A) será necesaria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais. O profesorado da materia informará oportunamente ao alumnado con dispensa de asistencia da alternativa de avaliación correspondente no seu caso.
    - A PROBA ESPECÍFICA, parte 2, consistirá nun exame ou exames escritos sobre os coñecementos de matemáticas e da súa didáctica reflectidos no programa.

    - Convocatoria de xullo:
    O alumnado que precisase acudir á convocatoria de xullo só terá dereito a realizar a proba final, e manteránselle as cualificacións obtidas nos restantes apartados. Polo tanto, salvo causas excepcionais, non se admitirán traballos ou exposicións para a convocatoria de xullo.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    HORAS PRESENCIAIS: 51 horas en función de

    - ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (24 horas)
    Actividade expositiva
    Práctica en grupo clase
    Presentación dun plan de traballo
    Realización de proba escrita

    - ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (24 horas)
    Resolución de problemas
    Estudo de casos
    Debates
    Proxectos e traballos

    - ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (3 horas)
    Reflexión traballo grupo
    Discusión de proxectos

    HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO: 99 horas en función de

    - ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (35 horas)
    Lectura de documentos
    Estudo
    Preparación de proba escrita

    - ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (45 horas)
    Lectura de documentos
    Preparación de presentacións
    Búsqueda de información complementaria
    Reflexión en pequenos grupos

    - ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (19 horas)
    Resolución de dúbidas
    Discusión de proxectos e traballo en pequeno grupo
    Actividades de autoavaliación

    HORAS TOTAIS: 150

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase a inmersión na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe


    Observacións
    A USC é unha Universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase.
    O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas deberá respectar os prazos de entrega de traballos e demais requisitos establecidos, e será recomendable e necesario que manteña contacto co profesorado da materia a través das titorías e a plataforma virtual, para garantir o óptimo
    desenvolvemento da materia e a superación da mesma.