Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141201 - Organización e Xestión do Centro Escolar (Formación Básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Crespo Comesaña, Julia María.NON
PORTO UCHA, ANGEL SERAFIN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01 (G-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (A-F)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01 (G-Lor)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (Los-Pe)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03 (Pi-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04 (A-Ca)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_05 (Ce-F)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Esta asignatura pertence ao segundo curso (terceiro semestre) do Plano de Estudos do Grao de Mestre/a de Educación Primaria da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, con carácter de Formación Básica, na materia de Procesos e Contextos Educativos.

    Os obxectivos principais da asignatura son:

    - Capacitarse para o exercicio de actividades profesionais.
    - Aproximarse ao funcionamento dos centros escolares de forma reflexiva e crítica.
    - Utilizar con precisión os conceptos e a terminoloxía desta asignatura.
    - Analizar e valorar a vida organizativa dos centros escolares de educación primaria e a natureza do traballo dos docentes, tendo en conta o seu marco normativo.
    - Comprender o alcance dos problemas organizativos e de xestión dos centros escolares.
    - Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social.
    - Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e responsabilidade, así como actitudes de confianza, sentido crítico e iniciativa persoal.
    - Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro escolar.
    - Desenvolver habilidades e actitudes e adquirir coñecementos básicos para participar en procesos de traballo en grupo.
    - Empregar metodoloxías de traballo útiles.

    Contidos
    1. A escola como organización: características y dimensións.

    2. Marco normativo, estruturas e mecanismos de funcionamento dos centros escolares.

    3. Características específicas dos centros de Educación Primaria.

    4. Proxectos de Centro: Estrutura e procesos.

    5. Colaboración, participación e democracia nos centros escolares.

    6. Xestión e calidade nos centros de Educación Primaria.

    Bibliografía básica e complementaria
    Básica:

    Bernal, J. L. (2006). Comprender nuestros centros educativos. Perspectiva micropolítica. Zaragoza: Mira Editores.
    Carda, R. M. y Larrosa, F. (2004). La organización del centro educativo. Manual para maestros. Alicante: Club Universitario.
    GONZÁLEZ, M. T. (coord., 2003): Organización y Gestión de Centros Escolares. Madrid: Pearson.
    Santos, M. A. (2007). Arte y Parte. Desarrollar la democracia en la escuela. Sevilla: Homo Sapiens, MAD.

    Complementaria:

    Antúnez, S. (1993). Claves para la organización de centros escolares. Barcelona: ICE-HORSORI.
    Bolívar, A. (2000). Los centros educativos como organizaciones que aprenden. Promesa y realidades. Madrid: La Muralla.
    Bolívar, A. (2007): Cómo mejorar los centros educativos. Madrid: Síntesis.
    Cano, E. (2003). Organización, calidad y diversidad. Madrid: La Muralla.
    Cantón, I. (1996). Manual de organización de centros educativos. Barcelona: Oikos-tau.
    Cardona, J. (2001). Elementos de teoría organizativa del centro escolar. Madrid: Sanz y Torres.
    Domínguez Fernández, G. Y Mesanza, J. (1996). Manual de instituciones educativas. Madrid: Escuela Española.
    Gather, M. (2004): Innovar en el seno de la institución escolar. Barcelona, GRAÓ.
    Gather, M. y Maulini, O. (2010). La organización del trabajo escolar. Una oportunidad para repensar la escuela. Barcelona: GRAÓ.
    García Requena, F. (1997). Organización y Gestión de centros educativos. Málaga: Aljibe.
    Gento, S. (2002). Participación en la gestión educativa. Madrid: Santillana.
    Gento, S. (2002). Instituciones educativas para la calidad total (configuración de un modelo organizativo). Madrid: La Muralla.
    Gomez Dacal, G. (1996). Curso de organización escolar y general. Madrid: Escuela Española.
    López Yáñez, J., Sánchez Moreno, M. et al. (2003). Dirección de centros educativos. Madrid: Síntesis.
    Lorenzo, M. (coord., 1997): La organización y gestión del centro educativo: Análisis de Casos Prácticos. Madrid: Universitas.
    Martín-Moreno C, (2007). Organización y dirección de centros educativos innovadores. El Centro Educativo Versátil. Madrid: McGraw-Hill.
    Martín-Moreno, Q. (2010). Contextualización de los centros educativos en su entorno. Madrid: Sanz y Torres.
    Montero, A. (1998). Educación y referencia normativa. Otra aproximación a las organizaciones escolares. Málaga: Aljibe.
    Moreno, J. (coord., 2004). Organización y gestión de centros educativos. Madrid: UNED.
    Vera, J.; Mora, V.; Lapeña, A. (2006). Dirección y gestión de centros docentes. Guía práctica para el trabajo diario del equipo directivo. Barcelona: GRAÓ.
    REVISTAS
    Cuadernos de Pedagogía, Escuela Española, Innovación Educativa, Organización y Gestión Educativa, Revista de Educación, Revista Galega de Educación, Revista Galega do Ensino, entre outras.

    WEBGRAFÍA

    Competencias
    a) Competencias da titulación ás que contribúe a asignatura

    -Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e o respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá (G.4).
    -Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina y contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes (G.5).
    -Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo ás singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao largo da vida (G.6).
    -Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa (G.7).
    -Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas (G.8).
    -Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos (G.12).

    b) Competencias específicas da asignatura
    -Analizar e comprender os procesos educativos na aula fóra dela relativos ao período 6-12 anos (E.7).
    -Analizar a práctica docente e as condicións institucionais que a enmarcan (E.9).
    -Promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individuais (E.13).
    -Coñecer e abordar situacións escolares en contextos multiculturais (E.15).
    -Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria (E.17).
    -Participar na definición do proxecto educativo e na actividade xeral do centro atendendo a criterios de xestión de calidade (E.18).

    c) Competencias básicas
    -Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo (B.2).
    -Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científico ou ética (B.3).
    -Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problema se solucións a un público tanto especializado coma non especializado (B.4).
    -Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores dun alto grado de autonomía (B.5).

    d) Competencias transversais
    -Coñecemento instrumental da lingua galega (T.2).
    -Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación (T.3).

    Metodoloxía da ensinanza
    A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria, tal como se especifica para os graos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a exención oficial de docencia. Os alumnos que obteñan a exención de docencia deberán presentar o documento ao/á profesor/a de forma inmediata para poder establecer un plan de traballo alternativo.
    A metodoloxía tratará de favorecer a máxima congruencia posible na explicación e comprensión da materia, nos planos individual e colectivo. As clases expositivas permitirán a presentación docente das claves informativas e dos contidos básicos en relación cos descritores sinalados, así como prover dunha primeira orientación sobre as posibles liñas de indagación e profundidade a desenvolver polos/as estudantes. Os demais tempos formativos (clases interactivas e a titoría individual) permitirán sintetizar e clarificar a información básica, seleccionar conceptos e tópicos relevantes, responder a preocupacións de formación e contribuír á construción dun coñecemento crítico e comprensivo da organización e xestión dos centros escolares.
    As actividades formativas en gran grupo centraranse na adquisición de coñecementos básicos cun peso relevante de actividades expositivas. Desenvolveranse actividades para analizar e valorar a escola como organización nas súas diferentes dimensións, analizar e valorar o marco normativo e aspectos teóricos e experiencias, desenvolvendo as competencias sinaladas anteriormente.
    Entre as actividades de grupo interactivo, destacamos a importancia de aquelas ligadas a estudos de caso, analizando situacións nos centros escolares, e de proxectos de traballo centrados en aspectos de deseño e avaliación de proxectos de centro, así como xogos de roles sobre situacións da vida do centro, cun importante traballo autónomo por parte do alumnado sen presenza do profesor, tanto individual como no marco dos grupos que se formen na aula. Desta maneira, desenvolveranse as competencias diversas anotadas, varias relacionadas co traballo en colaboración nos centros, coa participación, coordinación, animación e xestión de grupos e procesos. As actividades en pequeno grupo e as titorías permitirán orientar ao alumnado de forma máis personalizada, e analizar o traballo realizado, desenvolvendo as competencias citadas.

    Sistema de evaluación
    Todas as actividades propostas, individuais e/ou colectivas, serán avaliadas, de forma que o sistema de avaliación da aprendizaxe poida ser definido en función do seu carácter formativo, continuo, cooperativo e integral. Concédeselle moita importancia ao desenvolvemento de hábitos de estudo e traballo, á utilización correcta do vocabulario, á participación activa, ao traballo feito e á reflexión. Todas estas consideracións serán tidas en conta na valoración final.
    En correspondencia coas actividades programadas e co plan de traballo proposto, e en harmonía coas competencias sinaladas, os obxectivos, os contidos e a metodoloxía consignada, a avaliación dos/as estudantes terá como base as cualificacións que obteñan nas contribucións escritas que realicen, na asistencia, participación e calidade das achegas nas sesións de clases expositivas e interactivas que se programen.
    O alumnado ao que se lle conceda a exención oficial de docencia terá a obrigación de achegar o documento oficial de exención ó docente e de entregar todos os traballos no prazo establecido.
    A proba específica de carácter presencial e obrigatoria terá un valor máximo do 60% na nota final é será necesario acadar un 4 sobre 10 para que faga media coas outras cualificacións. O exame ao final do semestre versará sobre o contido do Programa, podendo constar dunha proba obxectiva e/ou de varias cuestións breves. Duración: 2 horas.
    As probas obxectivas teñen por obxecto comprobar a precisión en datos esenciais ou en conceptos de importancia para a comprensión dos feitos relacionados coa Organización e Xestión do Centro Escolar. Se se trata de cuestións breves, esíxese precisión e brevidade nas respostas.

    Nesta perspectiva, contémplase:
    - A elaboración e entrega de traballos escritos que terán unha formulación diversificada, segundo a dinámica de clase que os propicie ou a temática que aborden. Poderán realizarse individualmente e/ou en pequenos grupos.
    - Para obter unha valoración positiva na asignatura (desde aprobado ata matrícula de honra) deberán estar realizadas y entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha das de carácter obrigatorio. Poderá haber tamén traballos optativos e outros de carácter voluntario. Todos eles concretaranse a principios de curso.
    - Os traballos individuais ou en grupo deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá un suspenso e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
    - A efectos avaliativos, un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias ou asignaturas, agás en aquelas actividades programadas de forma coordinada.
    - Nas primeiras sesións de clase, tendo en conta o calendario de realización de traballos, estableceranse as datas límite para a recollida de actividades individuais e de grupo.
    Porcentaxe de cualificación:
    -(Asistencia) e Participación na aula: 15 % (máx.: 1.5 puntos)
    -Probas específicas: 60% (máx. 6 puntos)
    -Informes escritos, presentacións e outras producións: 25 % (máx. 2.5 puntos)




    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades formativas en horas:

    Actividades presenciais:
    24 Horas de actividades de grupo expositivo
    24 Horas de actividades de grupo interactivo
    03 Horas de titorías
    51 Horas totais de actividades presenciais

    Actividades de traballo autónomo:
    35 Horas para preparar actividades derivadas do grupo expositivo
    45 Horas para prepara actividades do grupo interactivo
    19 Horas de titorías
    99 Horas totais de traballo autónomo

    Total: 150 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    A complexidade terminolóxica, conceptual, teórica e aplicada que caracteriza a asignatura, en función dos seus obxectivos e contidos, aconsella un traballo continuado na mesma, procurando desde o inicio unha implicación e participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan.
    Estímase que, ao ser a clase teórica e práctica, os/as estudantes deberán dedicar un tempo para realizar fóra da clase determinadas tarefas e estudo, para afianzar os coñecementos adquiridos.
    Nese sentido, deberán revisar os contidos abordados en la clase para unha comprensión máis profunda dos mesmos e poder seguir puntualmente a secuencia de actividades.
    Deberán familiarizarse coa linguaxe normativa (BOE e DOGA), consultando as correspondentes disposicións legais. Os cambios importantes que se producen en relación coa organización e xestión dos centros escolares (a nivel estatal e autonómico) esixen estar ao día no desenvolvemento institucional a nivel normativo.
    Recoméndase acudir regularmente ás sesións de titoría para resolver e aclarar as dúbidas que se presenten, tanto para o estudo da asignatura como para a realización das actividades propostas, que deberán axustarse aos criterios de redacción e expresión escrita.
    En particular, recoméndase:
    -Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da asignatura nos seus diversos apartados.
    -Realizar e presentar nos prazos que se establezan as actividades asociadas á dinámica de clase, de modo individual e/ou en grupo.
    -Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha adecuada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta asignatura cos das demais.
    -Realizar lecturas complementarias de libros e revistas especializadas, recomendadas polo profesorado, que posibiliten unha comprensión globalizada dos contidos da asignatura.
    -Facer uso das titorías -a nivel individual ou colectivo, en pequenos grupos- que posibiliten a mellora significativa da aprendizaxe, personalizar as opcións metodolóxicas e pedagóxicas, segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.

    -Responsabilidade medioambiental:
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.