Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141221 - Prácticum I. Vida de Aula e Tarefas do Profesorado (Practicum ) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 12.00
  • Total: 12.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 489.00
  • Total: 489.0

Outros Datos

  • Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega, Filoloxía Francesa e Italiana, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Filosofía e Antropoloxía Social, Filosofía e Antropoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Historia da Arte, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Experimentais, Lingua Española, Socioloxía, Filoloxía Inglesa e Alemá, Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Filoloxía Francesa, Literatura Española, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Filosofía, Antropoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Música, Didáctica da Lingua e a Literatura , Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica da Matemática, Lingua Española, Socioloxía, Filoloxía Inglesa, Filoloxía Alemá
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ALVAREZ NUÑEZ, QUINTIN.NON
BARREIRO FERNANDEZ, FELICIDAD.NON
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN.NON
CARBALLO VICENTE, MARIA LUZ.NON
COUCE SANTALLA, ANA ISABEL.NON
GARCIA MARIN, JORGE.NON
Guisande Couñago, María Adelina.NON
Marco Lopez, Aurora.NON
NEIRA GARCIA, DOMINGO.NON
PORTO UCHA, ANGEL SERAFIN.SI
Rio Corbacho, Maria Pilar.NON
Sanmartin Pazos, Juan.NON
Taboada Ares, Eva María.NON
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA.NON
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O sentido xeral deste Practicum I é centrarse na observación arredor da vida da aula e das tarefas do profesorado, e no proceso de aprendizaxe da tarefa docente. Máis en concreto:
    - Coñecer e analizar criticamente a vida nas aulas de Educación Primaria e noutros espazos nas súas dimensións académica e social.
    - Coñecer na práctica cotiá como se desenvolven as funcións e tarefas propias do profesorado de Educación Primaria, como vivencian a súa profesión os docentes desta etapa e resolven os problemas e dilemas que xurden, e analizar o modelo didáctico posto en práctica polos profesionais da Educación Primaria observados.
    - Colaborar na realización das funcións e tarefas concretas propias do profesorado de Educación Primariae reflexionar sobre o desenvolvemento das mesmas.
    - Valorar con sentido crítico o proceso de “aprender a ensinar” a partir da experiencia vivida no centro de prácticas
    Contidos
    Aula: Actividades, tarefas e grupo-clase:
    - Tarefas e vivencias do profesorado en Educación Primaria e documentos de planificación curricular.
    - Secuencias de actividades, interaccións, materiais, recursos e tarefas na aula de Educación Primaria.
    - O alumno de Educación Primaria: observación e análise.
    - Modelos didácticos e estilos docentes do profesorado de Educación Primaria e o seu reflexo na práctica cotiá.
    -Coñecemento profesional e resolución de problemas prácticos do profesorado de Educación Primaria.
    -A organización da xornada escolar e o ambiente nas aulas de Educación Primaria.
    - Historia, estrutura, funcionamento e convivencia do grupo-clase.
    - Procesos e dinámicas de ensino-aprendizaxe en diferentes espazos en Educación Primaria.

    Proceso de “aprendizaxe da ensinanza”
    - Tarefas do aprendiz de profesor e proceso de socialización profesional nas aulas de Educación Primaria.
    - A relación aprendiz-titor e aprendiz-alumnado de Educación Primaria e o desenvolvemento do coñecemento profesional.
    - A influencia da biografía, do coñecemento académico e das experiencias de prácticas nas teorías persoais, as expectativas afectivas e sociais, na interpretación da realidade observada e nas accións docentes emprendidas na aula.
    - Condicionamentos, evolución e valoración da experiencia vivida nos centros de Educación Primaria.
    Bibliografía básica e complementaria
    Básica:
    CABRERIZO, J., RUBIO ROLDÁN, M. J. e CASTILLO, S. (2010). El Prácticum en los Grados de Pedagogía, de Magisterio y de Educación Social. Madrid: Pearson.
    FUENTES ABELEDO, E. (2009). “Formación de maestros y Practicum en el contexto de cambio curricular desde la perspectiva de la convergencia europea”. En Raposo Rivas, M. et al. (Coord.). El Practicum más allá del empleo. Formación vs. Training. Actas del X Symposium Internacional sobre Practicum y Prácticas en empresas en la formación universitaria. Santiago de Compostela, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Santiago de Compostela, pp. 103-124.
    FUENTES ABELEDO, E. (2011): Documento Marco para o desenvolvemento do Practicum das titulacións de Mestre. Comisión de Practicum da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Documento policopiado.
    ZABALZA, M. (2006): “El Practicum y la formación del profesorado: balance y propuestas para las nuevas titulaciones”. En ESCUDERO, J.M. y LUIS GÓMEZ, A. (Ed.): La formación del profesorado y la mejora de la educación. Barcelona, Octaedro, pp. 311-334.

    Complementaria:
    Actas dos dez Congresos Internacionais sobre o Practicum organizadas polo Departamento de Didáctica e Organización Escolar. Tamén:
    CONTRERAS, J. (1987): “De estudiante a profesor. Socialización y aprendizaje en las prácticas de enseñanza”. En Revista de Educación, 282, pp. 203-231.
    FUENTES ABELEDO, E. (2003a) : "El diario escolar: un recurso para la investigación del profesorado". En Padres y Maestros, 275, pp. 33-40.
    FUENTES ABELEDO, E. (2003b): "Recogida e información en el aula e investigación del profesorado". En Padres y Maestros, 276, pp. 34-39.
    FUENTES ABELEDO, E., "El análisis del curriculum en el aula". En Padres y Maestros 283, pp. 35-39.
    FUENTES ABELEDO, E. (2004): “Supervisión clínica y colaboración entre profesores”. En Padres y Maestros, 280, pp. 35-39.
    FUENTES ABELEDO, E. e GONZÁLEZ SANMAMED, M. (1997): “Influencia de los tutores en el desarrollo de las prácticas escolares”. En Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado. 1(0). Disponible en http://www.uva.es/aufop/publica/actas/viii/practica.htm.
    GONZÁLEZ SANMAMED, M. e FUENTES ABELEDO, E. (1998): Las Prácticas Escolares en la formación del profesorado: análisis y propuestas. Lugo, Servicio de Publicacións da Diputación Provincial de Lugo.
    GONZÁLEZ SANMAMED, M. y FUENTES ABELEDO, E. (2011): “El Practicum en el aprendizaje de la profesión docente”. En Revista de Educación, 354, pp. 47-70.
    DÍEZ NAVARRO, C. (1998): Proyectando otra escuela. Madrid, Ediciones de la Torre.
    GIMENO SACRISTÁN, J. (1988) "El currículo en la acción. La arquitectura de la práctica". En GIMENO, J. : El currículum: una reflexión sobre la práctica. Madrid, Morata, pp. 240-338.
    KHORTAGEN, F.A. ; LOUGHRAN, J. y RUSSELL, T. (2006): “Developing fundamental principles for teacher education programs and practices”. Teaching and Teacher Education, 22(8), pp. 1020-1041.

    Competencias
    Xerais: Todas. Preferentemente neste Practicum I:
    - Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
    - Fomentar a convivencia na aula, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
    - Manter unha actitude crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
    Específicas: Todas as da Materia.
    1. Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión da mesma (E62).
    2. Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima de aula que facilite a aprendizaxe e a convivencia (E63).
    3. Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e en particular o do ensino-aprendizaxe mediante o dominio das técnicas e estratexias necesarias (E64).
    4. Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula (E65).
    5. Participar na actividade docente e aprender a saber facer, reflexionando sobre a práctica (E66).
    6. Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro (E67).
    7. Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes 6-12 anos (E68).
    8. Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social (E69).
    Preferentemente neste Practicum I: 1, 4, e iniciándose en 2, colaborando co titor do colexio.
    Básicas (de acordo co Marco Español de Cualificaciones para la Educación Superior (MECES). Todas:
    - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
    - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
    - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público, tanto especializado como non especializado.
    - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
    Transversais. Todas:
    T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
    T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
    T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
    T.4.- Competencia informacional.
    Metodoloxía da ensinanza
    No desenvolvemento desta asignatura, podemos distinguir entre actividades presenciais no centro universitario que serán coordinadas polo profesor universitario (“supervisor”) e actividades presenciais no centro escolar que serán orientadas polo profesor ou profesora responsable da aula (“titor”).
    Actividades presenciais no centro universitario
    Desenvolveranse en tres fases: fase preparatoria, fase de seguimento e fase de avaliación final. Os agrupamentos do alumnado nestas fases poden ser diversos.
    - Actividades en gran grupo
    Na fase de preparación están destinadas á presentación do programa de prácticas e a adscrición do alumnado aos centros. Tamén poden ter lugar actividades de proxección de documentos individuais e/ou encontros con profesionais en exercicio. Na fase de seguimento este tipo de agrupamento non ten cabida. Na fase de reflexión e avaliación este agrupamento pode utilizarse para a presentación de experiencias por parte do alumnado a todo o grupo.
    - As actividades en grupo mediano
    A fase de preparación con varias horas de traballo presencial e autónomo abordará a presentación detallada dos contidos en relación co itinerario formativo que os futuros mestres e mestras deberán desenvolver no centro de prácticas. Ofreceranse pautas e exemplos concretos para o desenvolvemento das actividades, seguindo o documento-guía que o alumnado lerá previamente nas súas horas de traballo autónomo. Proporcionaranse instrumentos, orientacións e información detallada para realizar as observacións e outras actividades arredor da vida da aula e tarefas do profesorado. Nesta fase desenvolveranse tanto actividades expositivas como estudo de casos e/ou incidentes críticos, debate, práctica guiada, etc. nas horas presenciais, acompañadas de actividades de traballo autónomo (lectura e análise de documentos, práctica independente, etc.). As actividades citadas terán un valor importante para o desenvolvemento da competencia específica 4, centrada en potenciar que o alumnado sexa capaz de “relacionar teoría e práctica coa realidade da aula” e favorecer a “reflexión sobre a práctica”, á que fai referencia a competencia específica sinalada en 5º lugar.
    - Actividades en pequeno grupo e titorías individualizadas
    Este agrupamento cobra sentido tanto na fase de seguimento durante a estancia nos centros como na fase final.
    Na fase de seguimento o supervisor universitario realizará o seguimento e apoio en relación co proceso de aprendizaxe da ensinanza, tanto en sesións de seguimento en titorías individualizadas como en sesións de seminario en pequeno grupo. Con estas actividades de seguimento preténdese potenciar a actividade reflexiva en torno ao desenvolvemento das competencias anteriores e da competencia específica nº 1, relacionando teoría e práctica.
    A fase final e de reflexión integra sesións de apoio para a elaboración da memoria final, discusión da mesma e a reflexión sobre o proceso de aprender a ensinar e o traballo nos centros. O supervisor universitario terá aquí un papel fundamental, axudando ao proceso de reflexión e concreción do informe final, favorecendo fundamentalmente o desenvolvemento da competencia nº 4, relacionar a teoría e a práctica coa realidade da aula,.e a análise da adquisición das demais competencias, favorecendo a reflexión do futuro profesor en canto ao seu nivel de competencia, lagoas e estratexias de superación das mesmas.
    -Actividades nos centros de prácticas
    A fase de estancia desenvolverase en centros públicos ou privados, seguindo a xornada habitual dun profesor/a, permanecendo nos mesmos o tempo sinalado. As actividades durante esta fase centraranse na observación e recollida de datos en torno á vida da aula, as tarefas do profesor/a así como sobre as características, contextos de socialización na aprendizaxe dos nenos e nenas. Realizará unha recollida de datos desta parte da realidade educativa a través de diferentes técnicas e colaborará no desenvolvemento de tarefas docentes. Nas horas de traballo autónomo centrarase na análise e interpretación desa realidade e do seu propio proceso de aprendizaxe e en actividades ligadas á colaboración co titor/a para a realización de tarefas docentes.
    O titor/a do centro realiza unha función fundamental, axudando ao alumnado nas actividades citadas. Estas actividades son fundamentais para o desenvolvemento das competencias ligadas ao Practicum I, sobre todo ao observar e analizar como as desenvolve un profesor/a con experiencia. Permite apoiar o desenvolvemento, sobre todo das competencias 1, 2, 3, 5 e 7.
    Sistema de evaluación
    Realización de tarefas en relación coa aprendizaxe da profesión, segundo valoración do titor/a do centro escolar e/ou do supervisor universitario: 30%
    Avalíanse todas as competencias, con preferencia das xa citadas para este apartado da disciplina: E62, E63, E64, E66, E67, E68.

    Participación nas actividades de preparación, seguimento e reflexión: 10%
    Avalíanse todas as competencias, con preferencia das xa citadas para este apartado da disciplina: E62, E63, E64, E66, E 67, E68.

    Informes escritos e outras producións, segundo valoración do supervisor universitario: 60%
    Avalíanse todas as competencias, con preferencia E65 e E66 (actuar e reflexionar dende a práctica; relacionar teoría e práctica) e E62 (adquisición de coñecemento práctico da aula e da xestión da mesma)

    PERIODO DE ESTADIA. Atendendo ao contemplado no artigo 3.5 da "Resolución do 15 de xuño de 2011, pola que se publica a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións", o alumnado que tendo asistido ás sesións expositivas e titorías obrigatorias, desenvolto adecuadamente o seu periodo na institución, e tendo un informe favorable do titor/a da institución, non entregue a memoria na data fixada para a oportunidade de maio nin de xullo, ou esta non se avalíe positivamente, no curso 14-15 non terá que volver a desenvolver o seu practicum na mesma ou noutra institución, manténdose a cualificación correspondente aos apartados 1, 2 e 3, debendo só elaborar a memoria de practicum para ser avaliado/a

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades presenciais:
    Actividades en Gran Grupo: 3 horas
    Actividades en Grupo Mediano: 10 horas
    Actividades en Grupo Pequeno ou Titorías: 7 horas
    Actividades en Centros: 175 horas
    TOTAL: 195 horas
    Actividades de traballo autónomo:
    Actividades en Grupo Mediano: 10 horas
    Actividades en Grupo Pequeno ou Titorías: 25 horas
    Actividades en Centros: 70 horas
    TOTAL: 105 horas
    SUMA TOTAL: 300 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    Ter adquiridas competencias mínimas relacionadas con materias ligadas máis directamente coa observación e comprensión da vida da aula e das tarefas do profesorado.
    As Prácticas desenvólvense nun contexto laboral onde é preciso comportarse axeitadamente, mostrar espírito de iniciativa e dispoñibilidade para colaborar cos profesionais do centro, reflexionar sobre o que acontece, e rigor e compromiso ético tanto na recollida de datos sobre a realidade e na súa análise e interpretación, como no desenvolvemento de tarefas docentes colaborando cos titores. As sesións co supervisor universitario son tamén de gran importancia para axudar na reflexión e establecer pontes entre a teoría e a práctica.
    A estancia nos centros preséntase como unha oportunidade para crecer como persoa e profesional, analizando fortalezas e debilidades. Para isto é preciso mostrarse aberto e disposto á realización das tarefas pertinentes, establecer un plan de traballo dende o comezo da fase de preparación das prácticas, e cumprir os prazos establecidos para a realización das actividades e a entrega da Memoria final.