Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141223 - Ensino e Aprendizaxe de Competencias Comunicativas (Inglés) (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura , Filoloxía Inglesa
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GONZALEZ ALVAREZ, ELSA MARIA.SI
SALVADO LOPEZ, AMALIA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1. Xerais
    Proporcionar coñecementos e recursos, e desenvolver destrezas que contribúan á capacitación do alumnado para levar a cabo a súa actividade profesional no eido do ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras. A devandita capacitación implica a combinación do adestramento específico na lingua estranxeira obxecto de especialización coa adquisición de coñecementos teóricos e adestramento práctico nas técnicas e recursos didácticos máis axeitados para o seu ensino.

    2. ESPECÍFICOS
    Os objetivos específicos de la asignatura comprenden o desenvolvemento das competencias específicas mencionadas no apartado de competencias. Nesta asignatura vanse traballar dous tipos de contidos: lingüísticos e didácticos. Con respecto aos primeiros, o alumnado consolidará e actualizará os seus coñecementos do idioma estranxeiro por medio do estudo da gramática, a adquisición de vocabulario e a práctica das catro destrezas comunicativas (listening, speaking, reading e writing), consolidando o nivel de competencia intermedio (nivel europeo B1, ou Cambridge PET) e encamiñándose a acadar o nivel B2.1 ao final do cuadrimestre. En canto aos contidos didácticos, procurarase que o alumnado adquira coñecementos e destrezas básicas sobre aspectos relativos ao ensino da lingua inglesa na educación primaria (ver apartado seguinte).

    Contidos
    1. Contidos relativos á lingua inglesa (conceptuais, procedimentais, actitudinais):
    Procurarase o desenvolvemento integral da competencia comunicativa do alumnado. En canto a contidos conceptuais, prestarase atención á introdución, revisión e consolidación de estruturas e nocións gramaticais básicas (tempos verbais, adverbios de frecuencia, cláusulas de relativo, preguntas, voz pasiva, estilo indirecto, condicionais, etc.) co fin de capacitar ao alumnado para facer cousas coa lingua dentro do nivel requerido (describir e narrar, pedir e transmitir información, expresar opinións e preferencias etc.). Asimesmo, procurarase incrementar o vocabulario introducindo variados campos semánticos (turismo e tiempo libre, traballo e educación, relacións humanas, etc.). Traballarase tamén a adquisición de fórmulas para a interacción cotiá e de estratexias para favorecer a comunicación verbal e non verbal, e o alumnado aprenderá a construír e conectar o seu discurso oral e escrito de xeito coherente e organizado. Con respecto aos contidos procedimentais ou destrezas, o alumnado desenvolverá tanto as destrezas productivas (escribir e falar) como receptivas (ler e escoitar) dun xeito integrado, co fin de acadar o nivel previsto de competencia comunicativa. Para rematar, en canto aos contidos actitudinais, o alumnado desenvolverá a capacidade para apreciar a diversidade lingüística de xeito tolerante e respetuoso, confiar nas súas posibilidades de autoaprendizaxe, e aprender dos seus erros.
    2. Contidos relativos á didáctica da lingua inglesa:
    Procurarase a adquisición de coñecementos, métodos e recursos básicos para o ensino da lingua inglesa na aula de primaria, tratando, por exemplo, cuestións como o ensino das catro destrezas, a dinámica e o manexo da aula, a planificación e a avaliación, ou o emprego de recursos e materiais didácticos.
    O alumnado disporá dos temarios específicos dos dous módulos como parte do material de traballo para a asignatura.

    Bibliografía básica e complementaria
    1. Bloque lingüístico
    Eastwood, J. 2006. Oxford Practice Grammar (Intermediate) with Kee and CD Rom. Oxford: O.U.P.
    Murphy, R. 2004. English Grammar in Use (with Answers and CD Rom). Cambridge: C.U.P.
    Swan, M. e C. Walter. 1997. How English Works. A Grammar Practice Book with Answers. Oxford: O.U.P.
    Redman, S. 1997. English Vocabulare in Use (Pre-intermediate and Intermediate). Cambridge: C.U.P.
    Collie, J. e S. Slater. 1994. Cambridge Skills for Fluency. Speaking 2, inc. cassette. Cambridge: C.U.P.
    Doff, A. e C. Becket. 1999. Cambridge Skills for Fluency. Listening 2, inc. cassettes. Cambridge: C.U.P.

    2. Bloque didáctico
    Harmer, J. 1998. How to Teach English. Harlow: Longman.
    Phillips, S. 1994. Young Learners. Oxford: OUP.
    Vale, D. e A. Feunteun. 1998. Enseñanza de inglés para niños. Guía de formación para profesores. Cambridge: C.U.P.
    Slattery, M. e J. Willis. 2001. English for Primare Teachers. A Handbook of Activities and Classroom Language. Oxford: OUP.
    Cant, A. e W. Superfine. 1997. Developing Resources for Primary. London: Richmond.

    3. Recursos electrónicos
    3.1.Bloque lingüístico:
    http://esl.about.com/home (Gramática, vocabulario e todas las destrezas)
    http://www.englishclub.com/ (Gramática, vocabulario e todas las destrezas)
    http://www.mansioningles.com/index.htm (Gramática, vocabulario e todas las destrezas)
    http://www.esl-lab.com (listening)
    http://www.elllo.org (listening)
    http://www.learnenglish.de/englishchat.htm (speaking)

    3.2.Bloque didáctico:
    http://www.teachingenglish.org.uk
    http://www.bbc.co.uk/worldservice/learningenglish/teachingenglish/
    http://www.topenglishteaching.com
    http://www.onestopenglish.com/
    http://britishcouncil.org/kids.htm
    http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/CADRE_EN.asp

    Competencias
    XERAIS
    G.1. Capacidade para amosar coñecementos sobre as áreas curriculares da Educación Primaria, as súas relacións, criterios de avaliación, e didáctica do seu ensino e aprendizaxe.
    G.2. Capacidade para deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, individualmente ou en equipo.
    G.3. Capacidade para abordar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües.
    G.4. Capacidade para deseñar e manexar espazos de aprendizaxe baixo os principios de igualdade e respecto á diversidade.
    G.11. Capacidade para coñecer, seleccionar e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación.

    ESPECÍFICAS
    E.52. Competencia lingüística: capacidade para expresarse, oralmente e por escrito, nunha lingua estranxeira.
    E.53. Competencia didáctica: capacidade para desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e fomentar as competencias correspondentes nos estudantes.

    BÁSICAS
    B.1. Capacidade para amosar adquisición e comprensión de coñecementos, especialmente relativos á área de estudo.
    B.2. Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos ao eido profesional, cc fin de elaborar argumentos e resolver problemas.
    B.3. Capacidade para recoller, interpretar e valorar información, especialmente relativa á área de estudo.
    B.4. Capacidade para transmitir información en eidos especializados e non especializados.
    B.5. Capacidade para levar a cabo a aprendizaxe autónoma.

    TRANSVERSAIS
    T.1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
    T.3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e a comunicación

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases impartiranse na lingua estranxeira. Polo que respecta aos agrupamentos para a realización de actividades presenciais, contémplase a realización de actividades en gran grupo, en grupo mediano e en grupo pequeno o individuais. As sesións expositivas (en gran grupo) estarán adicadas, por unha parte, ao desenvolvemento das competencias relacionadas co proceso de adquisición e aprendizaxe da lingua estranxeira na etapa da educación primaria, esencialmente por medio da exposición de contidos por parte do profesor, o comentario e debate de textos escritos (ou orais), e a realización de presentacións orais polo alumnado. Por outra banda, procurarase o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado e a adquisición de contidos de tipo léxico e morfosintáctico: isto levarase a cabo por medio de actividades de distintos formatos (exercicios de repetición ou drills, exercicios de elección múltiple, de verdadeiro-falso, de reescritura, de encher ocos, etc.). As sesións interactivas (en grupo mediano) destinaranse tamén ao desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado, fundamentalmente en canto ás destrezas de comprensión e expresión oral, mediante a realización, por exemplo, de actividades para a explotación de textos orais, debates e role-plays, ou dictados. Asimesmo, levaranse a cabo tarefas prácticas relacionadas coa expresión escrita, corrección de exercicios, e actividades de aprendizaxe cooperativa. Nas actividades de avaliación (tanto grupal como individual) verificaranse tanto a adquisición de coñecementos de tipo lingüístico e didáctico como o grao de desenvolvemento das competencias traballadas durante as sesións. As titorías (en grupo pequeno ou individuais) prantexaranse como sesións de orientación encamiñadas á resolución de problemas e á supervisión e asesoramento do alumnado para a potenciación do traballo autónomo. Para rematar, as actividades non presenciais orientaranse cara ao desenvolvemento tanto das destrezas comunicativas como das didácticas. Nas devanditas actividades o alumnado aplicará e consolidará os coñecementos adquiridos nas sesións presenciais, e exercitará a aprendizaxe autónoma
    Sistema de evaluación
    Especifícase a continuación o proceso de avaliación previsto para a asignatura (sistema, porcentaxe na cualificación, actividades e competencias avaliadas):

    1. Probas específicas: 50%
    2. Informes escritos e outras produccións (orais ou escritas): 30%
    3. Presentacións orais: 15%
    4. Participación: 5%


    Aos alumnos con exención de docencia daránselle facilidades con respecto as datas de presentación de traballos, manténdose as porcentaxes indicadas arriba.

    O sistema de avaliación para as convocatorias extraordinarias será o mesmo que para a ordinaria.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Como figura na Memoria da titulación, para o correcto desenvolvemento desta asignatura está previsto que o alumnado adique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula, e 99 a traballo autónomo e preparatorio. Para máis información sobre o traballo do alumnado, ver os apartados “Avaliación” e "Recomendacións para o estudo da asignatura".
    Recomendacións para o estudo da materia
    Non existen prerrequisitos oficiais para esta asignatura, aínda que é recomendable posuír un nivel inicial de competencia comunicativa na lengua extranxeira B1 do MCER (nivel intermedio, ou PET de Cambridge). Asimesmo, é aconsellable ter un dominio instrumental avanzado da L1 (castelán/galego), así como coñecementos avanzados da gramática da L1.

    Co fin de aproveitar ao máximo a asignatura, é aconsellable que os alumnos asistan regularmente ás clases e ás titorías grupais e individuais, de xeito que o profesor poida monitorizar o seu traballo e solventar posibles problemas. Tamén se recomenda levar a cabo puntualmente todas as tarefas propostas dentro e fora da aula, planificar o traballo autónomo e distribuír o estudo e as tarefas de xeito continuado ao longo do curso, consultar a bibliografía proporcionada para revisar, consolidar ou ampliar coñecementos, empregar os recursos de aprendizaxe do Centro, e participar activa e razoadamente nas actividades da aula.