Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141224 - Ensino e Aprendizaxe de Competencias Comunicativas (Francés) (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Francesa e Italiana, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
  • Áreas: Filoloxía Francesa, Didáctica da Lingua e a Literatura
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Conde Tarrio, German.NON
Rio Corbacho, Maria Pilar.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Francés


  • Obxectivos da materia

    - Acadar un nivel de competencia comunicativa na lingua francesa equivalente ao nivel B2 do MCER.

    - Dominio das catro destrezas lingüísticas (expresión oral e escrita, comprensión oral e escrita) nivel B2.

    - Ter coñecementos socioculturais sobre a sociedade francesa e a súa lingua.Uso de documentos auténticos.

    - Saber organizar unha unidade didáctica e utilizar materiais e recursos didácticos (recursos virtuais e TICs).

    - Coñecer os principais métodos de ensino-aprendizaxe do francés e saber utilizalos.

    Contidos

    Os contidos da asignatura distribúense en dous bloques, que se desenvolven simultáneamente: bloque lingüístico e bloque didáctico.

    Dentro do bloque lingüístico procurárase capacitar ao alumnado para o manexo das principais estruturas e funcións da lingua estranxeira, así como o vocabulario básico relacionado con contextos da vida cotiá e profesional. Como obxectivo preténdese o desenvolvemento das destrezas para a comunicación oral e escrita ata acadar un nivel de competencia, alomenos, B1 do MCER(nivel intermedio), que permita ao alumnado poder afrontar con confianza situacións correntes no manexo dunha lingua estranxeira introducindo conceptos básicos de tipo lingüístico e sociocultural, e proporcionar un modelo axeitado de produción lingüística aos estudantes.

    Como resultado do desenvolvemento das destrezas de comprensión e expresión oral e escrita, o alumnado deberá ser capaz de:
    1. Intercambiar información sobre temas cotiáns e resolver problemas.
    2. Utilizar vocabulario básico relacionado co ensino de linguas e con situacións cotiáns (educación, tempo libre, traballo, relación humanas...)
    3. Empregar estruturas morfosintácticas básicas (tempos verbais, boa utilización de determinantes, concordancias, proposicións subordinadas, etc.)
    4. Usar de forma efectiva os compoñentes fonéticos da lingua (sóns, ritmo, entoación)
    5. Comprender textos orais e escritos breves sobre temas familiares ou de interés profesional, e extraer deles información xeral e específica.
    6. Expresar oralmente razóns ou opinións, narrar acontecementos e describir situacións ou experencias de forma clara e organizada.
    7. Redactar textos narrativos, descriptivos ou argumentativos sinxelos sobre temas de interés persoal ou relacionados co ensino da lingua estranxeira.
    8. Recoñecer semellanzas e diferencias socioculturais con paises onde se fala a lingua estranxeira estudada e introducir aspectos socioculturais na aula.

    Dentro do bloque didáctico, procurárase familiarizar ao alumnado con coñecementos básicos de tipo teórico e práctico sobre o ensino da lingua estranxeira(francés) na etapa da educación primaria, coa finalidade de capacitalo para afrontar situacións de ensino-aprendizaxe. Os contidos organizáranse en cinco unidades:
    a. Enfoques e métodos para o ensino da lingua estranxeira.
    b. O ensino das catro destrezas.
    c. Materiais e recursos didácticos (prestando atención aos recursos virtuais e ás TICs).
    d. Programación anual e avaliación.
    e. Elaboración de unidades didácticas para a súa exposición na aula.

    Bibliografía básica e complementaria

    Bibliografía básica:
    Carlo, C. ; Causa, M. (2003) : Civilisation progressive du français, avec 400 activités (niveau débutant). Paris : CLE International.

    Cuq, J.-P. ; Gruca, I. : Cours de didactique du français langue étrangère et seconde. Grenoble : Presses Universitaires de Grenoble.

    Grand-Clément, O. (2007) : Civilisation en dialogues (niveau débutant) [+ CD]. Paris : CLE International.

    Miquel, Cl. (2009) : Vite et Bien 1 : méthode rapide pour adultes (A1, A2) [+CD]. Paris : CLE International.

    Miquel, Cl. (2004) : Communication progressive du français. Niveau debutant : [avec 270 activites]. Corriges [+ CD]. Paris : CLE international.

    Miquel, Cl. (2005) : Grammaire en dialogues. Niveau débutant [+CD]. Paris : CLE International.

    Steele, R. (2000) : Civilisation progressive du français : avec 300 activités. Paris : CLE International.

    Bibliografía complementaria:
    Chnane-Davin, F. ; Cuq, J.-P. (2008) : Du discours de l'enseignant aux pratiques de l'apprenant. Paris : Clé Internacional.

    Defays, J.M.; Delcominette, B.; Dumortier, J.L. ; Louis, V. [Ed.] (2003) : Didactique du français, langue maternelle, langue étrangère et langue seconde : vers un nouveau partage ? Cortil-Wodon: Editions Modulaires Européenes & Intercommunication.

    Grand-Clement, O. (2008) : Civilisation en dialogues (niveau intermédiaire) [+CD]. Paris : CLE International.

    Grégoire, M.; Thiévenaz, O. (2003) : Grammaire progressive du français avec 500 exercices (niveau intermédiaire). Paris : CLE International ; 2 vols

    Miquel, Cl. (2004) : Communication progressive du français. Niveau intermédiaire (avec 365 activités) [+ CD]. Paris : CLE International.

    Miquel Cl. (2007) : Grammaire en dialogues, niveau intermédiaire [+ CD]. Paris : CLE International.

    Miquel, Cl. (2011) : Vite et Bien 2 : méthode rapide pour adultes (B1) [+ CD]. Paris : CLE International.

    Referencias Webs:
    - http://www.larousse.com/fr/dictionnaires/francais-monolingue (Dictionnaire Larousse).
    - http://www.synonymes.com/ (Dictionnaire des synonymes).
    - http://www.vatefaireconjuguer.com/ - www.leconjugueur.com (Conjugaison de verbes).
    - http://www.onyva.es/ (Outils pour l’apprentissage de la langue française).
    - http://www.ccdmd.qc.ca/fr/ (Amélioration du français).
    - http://platea.pntic.mec.es/~cvera/ressources/recursosfrances.htm(Ressources didactiques sur internet).
    - http://www.lepointdufle.net/ (Apprendre le français).
    - http://www3.unileon.es/dp/dfm/flenet/ (Français langue étrangère et Internet).
    - http://grammaire.reverso.net/ (Grammaire française interactive).

    Competencias

    Competencias e resultados da aprendizaxe que o/a estudante debe adquirir:

    Competencias xerais (G):
    - G1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.

    - G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.

    - G3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais do currículo escolar.

    - G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.

    Competencias específicas (E) da materia:
    - E51. Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.

    - E52. Expresarse, oralmente e por escrito nunha lingua estranxeira.

    - E53. Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos axeitados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.

    Competencias transversais (T):
    - T1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
    Metodoloxía da ensinanza

    Nas clases presenciais combínanse a exposición teórica por parte dos profesores coas actividades prácticas desenvolvidas por estes e o alumnado; ademais, todos os alumnos e alumnas deberán expoñer unha programación de Unidade Didáctica de Lingua Francesa para a Educación Primaria.

    As actividades en grupo expositivo constarán de:
    - Actividade expositiva.

    - Práctica en grupo clase.

    - Presentación dun plan de traballo.

    - Realización de proba escrita.


    As actividades en grupo interactivo serán realizadas en base a:
    - Resolución de problemas.

    - Exposicións na aula.

    - Debates.

    - Proxectos e traballos.

    As actividades en pequeno grupo consistirán en:
    - Reflexión traballo grupo.

    - Discusión de proxectos.

    Sistema de evaluación

    A avaliación levarase a cabo en función do seguinte esquema:

    - Participación na aula (G3, G11, E50, E51, E52, E53, B1, B2, B3, T1): 10%

    - Probas específicas (G1, G3, G11, E51, E52, E53, B1, B2, B3, T1): 50%

    - Informes escritos e outras producións (G1, G3, E50, E51, E52, E53, B1, B2, B3, T1): 30%

    - Presentacións orais (G1, G3, G11, E51, E52, E53, B1, B2, B3, B4, T1): 10%

    A asistencia ás sesións de clase nos diferentes grupos, a implicación nas actividades programadas, así como a entrega en tempo e forma dos traballos propostos, será polo tanto condición necesaria para a superación da materia.

    Tempo de estudo e traballo persoal

    1. HORAS PRESENCIAIS: 51 horas.

    1.1. Actividades en grupo expositivo (24 horas):

    1.1.1. Actividade expositiva.

    1.1.2. Práctica en grupo clase.

    1.1.3. Presentación dun plan de traballo.

    1.1.4. Realización de proba oral e escrita.

    1.2. Actividades en grupo interactivo (24 horas):

    1.2.1. Resolución de problemas.

    1.2.2. Estudo de casos.

    1.2.3. Debates.

    1.2.4. Proxectos e traballos.

    1.3. Actividades en pequeno grupo ou individuais (3 horas):

    1.3.1. Reflexión traballo grupo.

    1.3.2. Discusión de proxectos.

    2. HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO: 99 horas.

    2.1. Actividades en grupo expositivo (35 horas):

    2.1.1. Lectura de documentos.

    2.1.2. Estudo.

    2.1.3. Preparación de probas orais e escritas.

    2.2. Actividades en grupo interactivo (45 horas):

    2.2.1. Lectura de documentos.

    2.2.2. Preparación de presentacións.

    2.2.3. Búsqueda de información complementaria.

    2.2.4. Reflexión en pequenos grupos.

    2.3. Actividades en pequeno grupo ou individuais (19 horas):

    2.3.1. Resolución de dúbidas.

    2.3.2. Discusión de proxectos e traballo en pequeno grupo.

    2.3.3. Actividades de autoavaliación

    HORAS TOTAIS: 150.

    Recomendacións para o estudo da materia


    • Estar interesado/a pola lingua e a cultura francesa ou francófona.

    • Mostrar disposición e interés cara outras linguas e sistemas culturais.
    Observacións

    O obxectivo desta materia é acadar o nivel B2 do MCERL, polo que é conveniente ter o nivel B1; sen embargo, admitiráse alumnado con nivel A2.
    Para a superación desta materia, o alumnado deberá asistir, polo menos, a un 80% das clases presenciais (salvo aqueles alumnos con exención de docencia concedida polo Centro).
    Por outra parte, tamén se esixirá a entrega e/ou presentación, en tempo e forma, dos traballos e informes que se determinen na aula, así como a realización das probas orais e/ou escritas que se fixen no seu momento.
    O alumnado con exención de docencia terá que presentar os mesmos traballos e/ou informes esixidos ao grupo clase. Así mesmo deberá realizar unha proba oral e/ou escrita sobre diferentes cuestións do programa na data que o Centro determine.
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.