G3141228 - Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Sociais I (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
- Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaOs obxectivos a acadar nesta materia son:
1. Coñecer os trazos definitorios e os grandes ámbitos temáticos das ciencias sociais, así como a súa proxección didáctica na Área de Coñecemento do Medio.
2. Analizar problemas sociais relevantes da actualidade e do pasado utilizando diferentes escalas (local, nacional, global), e formular propostas didácticas pertinentes.
3. Utilizar diferentes métodos e técnicas de traballo das ciencias sociais (análise de textos, saídas de estudo, enquisas, traballo con mapas, liñas de tempo, debates, xogos e simulacións...) para analizar distintas temáticas sociais e exemplificar os seus usos didácticos.
4. Familiarizarse co uso das TIC para a busca, selección e tratamento da información, e utilizar diferentes sitios web con recursos educativos de ciencias sociais.
5. Apreciar a diversidade de pobos e culturas do mundo, respectar os dereitos humanos, e promover unha cidadanía democrática.
6. Coñecer, valorar e preservar o patrimonio natural e cultural herdado das diferentes épocas históricas e familiarizarse cos seus usos didácticos, prestando especial atención ao patrimonio histórico-cultural de Galicia.
ContidosOs contidos da materia organízanse en catro unidades didácticas:
1. As ciencias sociais. Coñecemento científico e coñecemento escolar
2. Galicia. Espazo e medio ambiente
3. Desenvolvemento histórico, territorio e cidade
4. Diversidade cultural, dereitos humanos e educación para a cidadanía
Ao longo destas unidades desenvolveranse diferentes técnicas de traballo propias das ciencias sociais e a súa didáctica, como:
- Análise e interpretación de mapas, imaxes e gráficos
- Busca, selección e presentación de informacións sobre contidos sociais
- Debates sociais e didácticos
- Saídas didácticas
- Traballo en museos
- Aproveitamento didáctico do patrimonio
- Itinerarios urbanos
- Xogos e simulacións, etc.
Bibliografía básica e complementariaa) Bibliografía básica:
- Hernández Cardona, F. X. (2002). Didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia. Barcelona: Graó.
- Murphy, J. (2011). Más de 100 ideas para enseñar historia. Primaria y secundaria. Barcelona: Graó
- Decreto 130/2007 de 28 de xuño polo que se establece o currículo de educación primaria da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Bibliografía complementaria
- Albacete, C., Cárdenas, I., Delgado, C. (2000). Enseñar y aprender la democracia. Madrid: Síntesis.
- Benejam, P. e outros (2002). Las ciencias sociales, concepciones y procedimientos. Barcelona: Graó
- Benejam, P., Pagés, J. (1997). Enseñar y aprender ciencias sociales, geografía e historia en la Educación Secundaria. Barcelona: ICE/ Horsori.
- Bolivar, A. (2007). Educación para la ciudadanía. Algo más que una asignatura. Barcelona: Graó
- Carr. R. (ed.) (2007). Historia de España. Barcelona: Península.
- Corberó. M. V. et al (1993). Trabajar mapas. Madrid: Alhambra
- Cooper, H. (2002): Didáctica de la historia en la educación infantil y primaria. Madrid: Morata.
- Domínguez, M. C. (2004). Didáctica de las Ciencias Sociales para Primaria. Madrid: Pearson Educación.
- Estepa, J., Domínguez, C., Cuenca, J. M. (2001). Museo y patrimonio en la didáctica de las ciencias sociales. Huelva: Universidad de Huelva.
- Kymlicka, W. (2003). La política vernácula. Nacionalismo, multiculturalismo, y ciudadanía. Barcelona: Paidós,
- Liceras, A. (2003). Observar e interpretar el paisaje. Granada: Grupo Editorial Universitario.
- Míguez Macho, A. (2011). Historia breve de Galicia. Madrid: Silex.
- Pérez Alberti, A. (1982). Xeografía de Galicia. A Coruña: Sálvora.
- Piñeira, M. J. e Santos, X. M. (coords.). Xeografía de Galicia. Vigo: Xerais, 2011.
- Rodríguez Lestegás, F. (2000). La actividad humana y el espacio geográfico. Madrid: Síntesis.
- Rodrigo, P., Rodrigo, A. (2000). El espacio urbano. Madrid: Síntesis.
- Rozada, J. M. (1997). Formarse como profesor. Ciencias sociales, Primaria y Secundaria Obligatoira. Madrid: Akal.
- Santisteban, A., Pagès, J. (2011). Didáctica del conocimiento del medio social y cultural en educación primaria. Madrid: Síntesis.
- Torruella, M. F., Hernández, F. X. (2011). Enseñar y aprender historia. 12 ideas clave Barcelona: Graó.
- Touraine, A. (1994). ¿Qué es la democracia?. Madrid: Temas de Hoy.
- Trepat, C. A., Comes, P. (1998). El tiempo y el espacio en la didáctica de las ciencias sociales. Barcelona: ICE Universitat de Barcelona/Graó.
- Villares, R. (2004). Historia de Galicia. Vigo: Galaxia
- VV. AA. (1998). Los museos en la didáctica. Iber, 15.
- VV. AA. (2001). El juego, recurso didáctico para la enseñanza de las cienicas sociales. Iber, 30.
- VV. AA. (2003). Salir del aula. Iber, 36.
- VV. AA. (2010). Ciudadanía. Iber, 64.
CompetenciasEsta materia debe contribuir ao desenvolvemento das seguintes competencias do Grao de Mestre de Educación Primaria:
a) Competencias xerais:
G4. Diseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdad de xénero, á equidade e ao respecto dos dereitos humanos
G7. Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa
G8. Mantener unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións
sociais públicas e privadas
G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa
G11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discriminar
a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural
b) Competencias específicas:
E31. Comprender os principios básicos das ciencias sociais
E32. Conocer el currículo escolar de las ciencias sociales.
E33. Integrar o estudo histórico e xeográfico desde unha orientación instrutiva e cultural
E34. Promover a educación democrática da cudadanía e a práctica do pensamento social crítico
E35. Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica
E36. Coñecer o feito relixioso ao longo da historia e a súa relación cao cultura
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía de traballo que utilizaremos na materia inspírase nas ideas construtivistas da aprendizaxe e nos métodos dialóxicos de ensinanza.
Partindo destes supostos, o traballo cotiá da materia seguirá un esquema no que se combinan as exposicións do profesor, o traballo individual e en pequenos grupos dos estudantes e a posta en común no grupo clase. Todo isto seguindo unha estratexia de resolución de problemas na que o coñecemento teórico e práctico debe mobilizarse para dar respostas a problemas de ensinanza.
O material e as lecturas recomendadas estarán dispoñibles na aula virtual da USC e as sesións de aula dedicaranse a actualizar información, formular problemas, organizar o traballo individual e grupal e a facer presentacións do profesor e dos estudantes.
Ademais das lecturas recomendadas en cada unidade, todos os estudantes deben ler E explotar didácticamente UN CAPÍTULO dun destes libros:
- Murphy, J. (2011). Más de 100 ideas para enseñar historia. Primaria y secundaria. Barcelona: Graó
- Hernández Cardona, F. X. (2002). Didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia. Barcelona: Graó.
As sesións expositivas (en gran grupo) estarán destinadas a realizar presentacións da información básica por parte do profesor, para realizar debates e discusións previamente preparados, para proxeccións audiovisuais, para saídas de estudo, para presentacións orais por parte dos estudantes e para as actividades de avaliación grupal. Realizaranse arredor de 15 sesións expositivas. Entre as actividades de gran grupo, realizarase, como mínimo, unha saída de estudo na que se desenvolverán técnicas de traballo de campo, ao mesmo tempo que se promoven as relacións personais e o traballo cooperativo.
As sesións interactivas (en grupos medianos) destinaranse á lectura e discusión de textos, á preparación de informes, presentacións orais, debates, traballo con ordenadores, axudas para a realización das tarefas encomendadas, etc. Realizaranse arredor de 15 sesións interactivas con cada grupo mediano.
As sesións titoriais (grupos pequenos e individuais) destinaranse a prestar axudas na realización de tarefas, presentar sínteses de lecturas, presentar informes de avance dos traballos de grupo, analizar e discutir textos, resolver dúbidas persoais, etc.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia non debe limitarse á avaliar os resultados da aprendizaxe dos estudantes; debe ocuparse tamén do proceso de ensino e do nivel de satisfacción dos estudantes, coa finalidade de introducir melloras e innovacións.
Utilizaremos unha serie de instrumentos para obter información sobre o desenvolvemento da materia: cuestionario inicial spbre expectativas e intereses dos estudantes, opinións dos estudantes sobre o plan xeral e as diferentes actividades, cuestionario final para valorar o nivel de satisfacción, observacións do profesor na aula, etc.
A avaliación das aprendizaxes dos estudantes farase tendo en conta catro elementos:
a) A asistencia e participación nas actividades de aula. É obrigatoria a asistencia a clase, e o alumnado deberá asistir a un mínimo do 80% das sesións. O control da asistencia realizarase a través de diferentes instrumentos de rexistro. A asistencia e participación terlá un peso do 20% na cualificación final
b) Informes, traballos, producións escritas e presentacións orais dos estudantes. Terán un peso do 40% na cualificación final
c) Proba escrita específica. Terá un peso do 40% na cualificación final. O alumnado deberá obter nesta proba (apartado c) un mínimo do 40% da cualificación máxima posible, do contrario non contabilizará na cualificación final da materia.
O alumnado que dispoña de exención de docencia deberá acordar un plan específico de traballo co profesor, que incluirá a asistencia a un mínimo de 4 sesións de titoría. A avalición destes estudantes realizarase da seguinte forma:
a) Asistencia a sesións de titoría. Terá un peso do 10% na cualificacón final
b) Informes, traballos, producións escritas e presentacións orais. Terán un peso do 40% na cualificación final
c) Proba escrita específica. Terá un peso do 50% na cualificación final.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia computa como 6 créditos ECTS, que equivalen a unhas 100 horas de traballo dos estudantes.
De forma orientativa indicamos que:
- As sesións expositivas (arredor de 14) equivalen a 35 horas de traballo dos estudantes
- As sesións interactivas (arredor de 14) equivalen a 45 horas de traballo dos estudantes
- As sesións de titoría (un mínimo de 3) equivalen a 19 horas de traballo dos estudantes
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase aos estudantes que realicen e sigan, baixo a supervisión do profesor e desde o comezo do semestre, un plan de lecturas e traballo. Non é recomendable pretender resolver a materia nas últimas semanas do semestre nin presentar traballos que non teñan sido orientados e supervisados polo profesor.