G3141226 - Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Experimentais I (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica das Ciencias Experimentais
- Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaQue o alumnado adquira un marco referencial teórico-práctico que lle permita deseñar propostas de ensinanza-aprendizaxe adecuadas para a ensinanza das Ciencias Físicas e Químicas na Educación Primaria en Galicia.
- Formular obxectivos relativos aos distintos tipos de contidos susceptibles de ser avaliados.
- Aplicar diferentes criterios para a selección e secuenciación de contidos.
- Actualizar e analizar contidos das Ciencias Físicas e Químicas, asociados ao coñecemento do medio natural, obxecto de aprendizaxe na Educación Primaria.
- Identificar distintos problemas de aprendizaxe en situacións reais ou simuladas.
- Selecionar e utilizar diferentes fenómenos, acontecementos ou obxectos do entorno como recursos e como motivación para o traballo na aula.
- Formular problemas para traballar na clase, relativos aos bloques de contidos analizados.
- Analizar materiais curriculares, textos e proxectos, e realizar propostas de modificación para o seu uso na clase.
- Deseñar actividades de aprendizaxe que teñan en conta os problemas que se presentan nas clases de ciencias na Educación Primaria, nas que se integren destrezas e técnicas relacionadas co traballo no laboratorio.
ContidosClases expositivas
- Natureza e estrutura da Ciencia. Principios básicos e leis fundamentais das Ciencias Físicas e Químicas.
- As Ciencias Físicas e Químicas no currículo de Educación Primaria. Contribución á adquisición de competencias básicas. O medio físico. Os materiais e as súas propiedades. As máquinas e os aparellos. A Humanidade e a Enerxía. Os transportes e as comunicacións.
- A ensinanza e a aprendizaxe das Ciencias Físicas e Químicas. Dificultades de aprendizaxe, estratexias de instrución e estratexias de avaliación.
- Análise de modelos de ensinanza. Análise e deseño de propostas didácticas en Física e Química.
- Contidos básicos de Física e Química pra o ensino do coñecemento do Coñecemento do Medio, Natural, Social e Cultural (O universo, materia, enerxía, aire, auga, ...).
- Recursos para a ensinanza das Ciencias Físicas e Químicas na Educación Primaria: libros, proxectos, museos e industrias, medio natural e urbano, o laboratorio, as TIC.
Clases interactivas
Realizaranse 24 horas interactivas nas que se inclúen 12 clases interactivas de laboratorio e unha saída de campo. Realizaranse actividades experimentais, de lápiz e papel, análise e lectura crítica de textos, etc, sobre contidos traballados nas clases expositivas, ou como complemento dos mesmos.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
- AA.VV., Competencia en el conocimiento e interacción con el mundo físico: la comprensión del entorno próximo, MEC-IFIIE (serie principios, DVD), Madrid, 2010.
- AA.VV., El desarrollo del pensamiento científico-técnico en Educación Primaria, MEC, Madrid, 2010.
- AA.VV., Perspectivas para las ciencias en la educación primaria. MEC, Madrid, 2004.
- Bermejo, D., En las Fronteras de la Ciencia, Arthropos, Barcelona, 2008.
- Charpak, G. Manos a la obra: Las Ciencias en la Escuela Primaria, Siglo XXI Editores, Madrid, 2006.
- Charpak, G. y Lena, P., Los Niños y la Ciencia: La aventura de la mano en la masa, Siglo XXI Editores, Madrid, 2006.
- Meinardi, E., Galli, L. G., Revel Chion, A. y Plaza, M. V. , Educar en Ciencias, Ed. Paidós, 2010.
- Friedl, A. E., Enseñar Ciencias a los Niños, Gedisa, Barcelona, 2006.
- Harlen, W., Enseñanza y Aprendizaje de las Ciencias, MEC-Morata, Madrid, 1999.
- Jiménez Aleixandre, M. P. Xerais, Vigo, 1996.
- Martín del Pozo, R., Aprender para enseñar Ciencias en Primaria: una propuesta para la formación del profesorado, Diada, Sevilla, 2007.
- Pujol, R. M., Didáctica de las Ciencias en la Educación Primaria, Síntesis, Madrid, 2003.
- Sanmartí, N. 10 Ideas clave: evaluar para aprender.Graó, Barcelona, 2007.
- Tann, C., Diseño y desarrollo de unidades didácticas en la Escuela Primaria, Morata, Madrid, 1990.
Bibliografía complementaria:
- Arends, R.I. Aprender a Enseñar, McGraw-Hill: México, 2007.
- Carmen, L. del, El análisis y secuenciación de los contenidos educativos, ICE/Horsori, Barcelona, 1996.
- Claxton, G., Educar mentes curiosas. El reto de la Ciencia en la Escuela, Visor, Madrid, 1994.
- Chalmers, A. F., ¿Qué es esa cosa llamada Ciencia?: Una valoración de la Naturaleza y el Estatuto de la Ciencia y sus Métodos, Siglo XXI, Madrid, 2010.
- Driver, R. et al., Ideas Científicas en la Infancia y en la Adolescencia, MEC, Madrid, 1989.
- Garrido, J.M., Perales, F.J., Galdón, M., Ciencia para Educadores, Pearson/Prentice Hall, Madrid, 2007.
- Giordan, A., La Enseñanza de las Ciencias, Siglo XXI, Madrid, 1982.
- Jiménez Aleixandre, M. P. (coord.), Enseñar Ciencias, Graó, Barcelona, 2003.
- Lahera, J. e Forteza, A., Ciencias Físicas en Primaria y Secundaria, CCS, Madrid, 2003.
- Osborne, R. e Freyberg, P., El Aprendizaje de las Ciencias. Las implicaciones de las ideas de los alumnos, Narcea, Madrid, 1995.
- Pozo, J. I. e Gómez Crespo, M. A., Aprender y enseñar ciencia, Morata, Madrid, 1998.
- Poole, L., La Ciencia Moderna. En las Fronteras de la Ciencia, MEC, Madrid, 1965.
- Tejada, J., Chudnovsky, E. y Punset, E., El Templo de la Ciencia: Los Científicos y sus Creencias, Destino, Barcelona, 2008.
Textos de Física y Química.
Revistas: Adaxe, Alambique, Aula de Innovación Educativa, Boletín das Ciencias (ENCIGA), Cuadernos de Pedagogía, Enseñanza de las Ciencias. Revista Eureka sobre enseñanza y divulgación de las ciencias. Revista electrónica de enseñanza de las ciencias.
CompetenciasCompetencias Xerais
- Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avalición e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensinanza e aprendizaxe respetivos.
- Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
- Manter unha relación crítica e autónoma respeto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
- Valorar a responsabilidade individual e coletiva na consecución dun futuro sostible.
- Reflexionar sobre as práticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes.
- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir seletivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Competencias Específicas
- Comprender os principios básicos e as leis fundamentais das ciencias experimentais (Física e Química).
- Coñecer o currículo escolar destas ciencias.
- Plantexar e resolver problemas asociados coas ciencias á vida cotiá.
- Valorar as ciencias como un feito cultural.
- Recoñecer a mutua influenza entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para percurar un futuro sustentable.
- Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didáticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes.
Competencias Básicas
- Demostrar que se posúen e comprenden os coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar a un nivel que, si ben se apoia nos libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspetos que implican coñecementos procedentes da vanguarda do seu campo de estudo.
- Aplicar os coñecementos ao traballo ou vocación dunha forma profesional e posuir as competencias que adoitan amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da área de estudo.
- Ter a capacidade de xuntar e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
- Desenvolver aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias Transversais
- Coñecemento instrumental da lingua galega.
- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Metodoloxía da ensinanza Metodoloxía utilizada nas clases expositivas.
A explicación do profesor convírtese nun dos elementos que se integran no proceso de construción de coñecementos dos estudantes, adquirindo relevancia no traballo do alumnado. O profesor xoga o papel de mediador e guía no proceso de comunicación, interación e creación de significados, estratexias, destrezas e atitudes na aula.
As actividades, deseñadas e proporcionadas polo profesor, realizaranse en pequenos grupos, como estratexia intermedia cara a comunicación co grupo de clase.
Serán de varios tipos:
- Análise das concepcións dos estudantes, sobre os problemas de ensinanza e aprendizaxe das Ciencias Físicas e Químicas na Educación Primaria.
- Actualización e análise dos contidos das Ciencias Físicas e Químicas, asociados ao coñecemento do medio natural obxecto de aprendizaxe na Educación Primaria.
- Análise de diferentes modelos didácticos, estratexias de intervención e avalición en ciencias, adecuados á Educación Primaria.
- Análise de recursos e técnicas didácticas en ciencias, adecuadas á Educación Primaria.
- Análise e deseño de propostas didácticas para a ensinanza das Ciencias Físicas e Químicas na Educación Primaria.
Metodoloxía utilizada nas clases interativas de laboratorio.
A metodoloxía utilizada nas actividades de laboratorio, que se realizarán en pequeno grupo, inclúe cuatro fases:
1. Espertarase o interese e a curiosidade dos estudantes, axudándolles a facer explícito e a clarificar o que pensan, diante dunha situación problemática.
2. Animaráselles a probar as súas ideas e a recoñecer o significado do que percibiron e de como o interpretaron. Informaráselles sobre as ideas clave e sobre os modelos da ciencia escolar, ensinándolles a utilizalos como fundamento das súas percecións e das súas explicacións.
3. Realizarase a análise didáctica da actividade realizada: cales son as intencións educativas, as posibles dificultades de aprendizaxe, a análise dos contidos obxecto de aprendizaxe e a elaboración dos criterios de avaliación que se consideran máis adecuados. Preténdese que os estudantes integren os coñecementos adquiridos nas clases expositivas e no laboratorio.
4. Animaráselles a que reflexionen e busquen información, para relacionar o aprendido con outros feitos, situacións, acontecementos e experiencias adquiridas na vida cotiá.
Metodoloxía utilizada na prática de campo
A partir do módulo selecionado, elaborarase unha actividade de ensinanza, na que se deberá especificar: o ciclo ao que vai dirixida, a unidade didáctica na que se incluiría e as competencias que se pretenden desenvolver. Indicarase como se levaría a cabo, sinalando as distintas partes que tería a actividade e o papel do alumnado e do mestre nelas. Utilizaranse os aspectos teóricos necesarios.
Sistema de evaluaciónParte1:
a. Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen nas clases expositivas e interactivas, incluíndo as presentacións orais.
b. Portfolio individual escrito cunha reflexión didáctica sobre actividades realizadas nas sesións interactivas.
Parte 2:
c. Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes teórica e prática.
Contribución de cada un dos sistemas de avaliación á cualificación final:
Parte 1:
- Apartado a: 15%
- Apartado b: 35%
Parte 2:
- Apartado c: 50%
Para superar a materia será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 80% das clases.
Na convocatoria de maio é necesario obter, como mínimo, un 40% (4 sobre 10) na Parte 2 (apartado c) para que se lle poda sumar a puntuación de interactividade, Parte 1 (apartados a, b).
A cualificación acadada na Parte 1, terase en conta na convocatoria de xullo.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
En caso de que os traballos persoais ou de grupo se entreguen en papel deberanse ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Tempo de estudo e traballo persoalEsta é unha materia de 6 ECTS (150 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva de 24 horas expositivas, 24 horas interativas de laboratorio e 3 horas de titorías.
Considérase que as 99 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado da seguinte maneira:
- Estudo autónomo, leturas recomendadas e actividades na biblioteca ou similares, preparación de debates e preparación de probas: 35 horas
- Leturas sobre a parte práctica, programación de traballos práticos, escritura de traballos e conclusións, e preparación de presentacións orais: 45 horas.
- Preparación individual de probas escritas e de presentacións orais, revisións de probas de avaliación, orientación e seguimento de traballos práticos: 19 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaA metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso, supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, é necesario asistir a clase e participar activamente nas actividades propostas.
A análise da problemática de aprendizaxe, así como a análise e a actualización dos contenidos científicos, implican a busca de información nas fontes correspondentes e a súa atenta letura.
ObservaciónsO programa da materia desenvolverase na Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte, durante o segundo cuadrimestre.
As titorías atenderanse no despacho dos profesores: cuarta planta da Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte.
Correo electrónico dos profesores: josemanuel.dominguez@usc.es / ramon.cid@usc.es
Extensión telefónica dos profesores: 12007.