G3141321 - Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Sociais II (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
- Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo central da materia responde á cuestión: Como ensinar ciencias sociais de forma que se favoreza o desenvolvemento das competencias básicas, en particular da competencia social e cidadá? Noutras palabras: como ensinar contidos de ciencias sociais (de historia, xeografía ou economía) no ensino primario de forma que se promova a construción de coñecementos, destrezas e actitudes, e a competencia de poñelos en práctica de forma integrada, aplicándoos en contextos e situacións diversos para contribuír á formación de futuros cidadáns desde idades temperás.
Este obxectivo xeral pode concretarse no desenvolvemento das seguintes competencias profesionais:
1. Competencia de deseñar actividades de aprendizaxe que supoñan a participación do alumnado de primaria en prácticas específicas das ciencias sociais.
2. Competencia de deseñar e pór en práctica actividades para traballar nas clases de Coñecemento do Medio Natural e Social (Educación Primaria) como, por exemplo, aprender a utilizar os recursos específicos da contorna e diversos tipos de instrumentos que contribúan ao desenvolvemento das competencias básicas e doutras máis específicas: espaciais, temporais e sociais.
3. Competencia de identificar problemas de aprendizaxe relevantes en situacións reais ou simuladas (problemas sociais), e seleccionar as estratexias docentes que pretenden resolvelos. Analizar os conflictos sociais como unha dimensión da convivencia. Aprender a xestionalos e utilizalos nas aulas para contribuír a desenvolver a empatía e a capacidade de argumentación.
4. Competencia de modificar prácticas e actividades convencionais e reformulalas como programas de actividades que demanden participación activa do alumnado, e que favorezan o desenvolvemento de destrezas traballadas na aula e nas saídas didácticas.
5. Competencia de utilizar os recursos variados para promover a reflexión crítica sobre o medio social.
6. Competencia de identificar dimensións do traballo dos científicos sociais (por exemplo dos arqueólogos ou dos cartógrafos) e incorporar ao ensino aspectos metodolóxicos e teóricos que contribúan a espertar o interese pola investigación específica das ciencias sociais.
7. Competencia de desenvolver competencias comunicativas propias do coñecemento académico universitario e a súa aplicación didáctica nas aulas de ensino primario cun rexistro diferenciado. Estas competencias inclúen o tratamento da información (busca, selección, avaliación, síntese, reformulación, utilizando diversos soportes) así como a comunicación oral e escrita , utilizando os recursos e soportes variados en cada caso
8. Competencia de analizar e formular criterios de avaliación dos coñecementos sociais. Deseñar e aplicar diversos instrumentos de avaliación e autoavaliación.
ContidosContidos xerais
Na Memoria de Grao da USC contémplanse os seguintes contidos xerais para ao materia Ensino das Ciencias Sociais II
• Currículo de Ciencias Sociais na educación primaria: elementos e desenvolvemento.
• Os estudantes de educación primaria e as dificultades da aprendizaxe das ciencias sociais.
• Materiais e recursos para o ensino-aprendizaxe das ciencias sociais.
Organización dos contidos
En relación e correspondencia coas orientacións xerais, os contidos organizáronse en tres bloques:
BLOQUE I: O ENSINO DAS CIENCIAS SOCIAIS NA EDUCACIÓN PRIMARIA: UN COÑECEMENTO INTEGRADO
• Coñecementos sociais e currículum: o alumnado de primaria e o coñecemento do medio. A contribución das ciencias sociais ao desenvolvemento das competencias básicas na educación primaria
o O currículo oficial de Coñecemento do Medio de Galicia
o As competencias básicas
o Avaliación das competencias básicas: programas nacioanis e internacionais, modelos e implicacións educativas
o Coñecementos sociais relevantes e competencias básicas
• Poboación recursos e territorio: As desigualdades sociais
o As desigualdades ante a vida e a morte: problemas demográficos
o A distribución das riquezas e benestar: principios de economía
o Coñecementos sobre economía e organización social na educación primaria
• Sustentabilidade: educar cidadáns responsables en tempos de crise
o Crecemento económico e sustentabilidade: os límites do desenvolvemento
o Prácticas e modelos sustentables en Galicia e no resto do mundo
o Educar en tempos de crise para un futuro mellor
BLOQUE II. PROBLEMAS DE APRENDIZAXE DAS CIENCIAS SOCIAIS EN EDUCACIÓN PRIMARIA: ESTRATEXIAS E RECURSOS PARA FACERLLES FRONTE
• As representacións e os estereotipos sociais. A importancia da diversidade
o Que son as representacións sociais e a súa importancia na educación
o Estereotipos e prexuízos: racismo, chovinismo e exclusión social
o Educar para un mundo mestizo e plural
o O traballo cooperativo
o Recursos para traballar sobre diversidade e solidariedade en primaria
• Deseñar estratexias educativas para educar en valores ao alumnado de primaria. Aprender e ensinar a argumentar
o Conflitos sociais e temas conflitivos
o Debatir na aula: aprender a argumentar
o A empatía: xogos de rol, drramatizacións e outros recursos
BLOQUE III. DESEÑO DE PROXECTOS E ACTIVIDADES PARA A EDUCACIÓN PRIMARIA
• Deseño curricular en ciencias sociais: análise de materiais curriculares, criterios e pautas para a programación e deseño de actividades educativas
o Os libros de texto e outros materiais curriculares
o Programación e deseño curricular: deseño de un programa de actividades en Primaria
o Saídas escolares
• A avaliación dos coñecementos sociais no ensino primario
o Modelos de avaliación aplicados aos coñecementos sociais en primaria
o Criterios de avaliación: como avaliar as competencias básicas?
o Técnicas e recursos para a avaliación
Bibliografía básica e complementariaBásica
COOPER, H. (2002) Didáctica de la historia en la educación infantil y primaria. Madrid, MECD/Morata.
DE PRO, A.; MIRALLES, P. (2009) El currículo de Conocimiento del Medio Natural, Social y Cultural en la Educación Primaria. Educatio siglo XXI, 27, 59-96: http://revistas.um.es/educatio/article/view/71101/68641
DOMÍNGUEZ, Mª C. (Coord.). (2004) Didáctica de Ciencias Sociales para Primaria. Madrid, Prentice Hall.
FELIÚ, M.; HERNÁNXEZ, F. X. (2011) 12 ideas clave. Enseñar y aprender historia. Barcelona, Graó.
MURPHY, J. (2011) Más de 100 ideas para la enseñanza de la historia. Barcelona, Graó
O’HARA, L.; O’HARA, M. (2001). Teaching history 3-11: the essential guide. Londres: Continuum.
ROZADA MARTÍNEZ, J. M. (1997) Formarse como profesor. Ciencias Sociales Primeria y Secundaria. Madrid, Akal.
SOUTO, X. M. (1998) Didáctica de la Geografía. Problemas sociales y conocimiento del medio. Barcelona, Ediciones del Serbal
Complementaria
AA.VV. (2002) La Geografía y la Historia, elementos del Medio. Madrid, Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
ALBACETE, C.; CÁRDENAS, I. y DELGADO, C. (2000). Enseñar y aprender la democracia. Madrid, Síntesis.
BALE, J. (1989) Didáctica de la Geografía en la Escuela Primaria. Madrid, MEC/Morata.
DOMÍNGUEZ CASTILLO, J. (1986) Enseñar a comprender el pasado histórico: Conceptos y «empatía». Infancia y aprendizaje, 34, 1-21. Texto disponible en formato .pdf en: dialnet.unirioja.es/servlet/dcfichero_articulo?codigo=2926292
FERNÁNDEZ ENGUITA, M., MENA, L. y RIVIERE, J. (2010). Fracaso y abandono escolar en España. Barcelona: Fundación "La Caixa", Colección Estudios Sociales nº 29, 220 pp.
HERNÀNDEZ CARDONA, F. X. (2002) Didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia. Barcelona, Graó.
JIMÉNEZ ALEIXANDRE, M. P. (2010) 10 ideas clave. Competencias en argumentación y uso de pruebas. Barcelona, Graó
LEGARDEZ, A. y SIMMONEAX, L. (2006) L’ecole à l’èpreuve de l’actualité. Enseigner les questions vives. Paris, ESF.
LUC, Jean Noel. (1985) La enseñanza de la Historia a través del medio. Madrid, Cincel.
LURI, G.(2010) La escuela contra el mundo. Barcelona, CEAC.
MURPHY, J. (2007) + 100 ideas for Teaching History. London-New York, Continuum..
PAGÈS, J. (1998) Los valores y la Didáctica de las Ciencias Sociales. IX Simpósium de Didáctica de las Ciencias Sociales. Lleida,.
PÉREZ SERRANO, G. (1997) Cómo educar para la democracia. Madrid, Popular,.
PLUCKROSE, Henri. (1993) Enseñanza y aprendizaje de la historia. Madrid, MEC/Morata.
POZO, I. (1985) El niño y la historia. Madrid, M.E.C.
PRATS, J. (Coord.) (2011) Didáctica de la historia, la geografía y otras ciencias sociales. Barcelona, Graó.
PRATS, J. (Coord.) (2011) Geografía e Historia. Investigación, innovación y buenas prácticas. Barcelona, Graó.
PRATS, J. (Coord.) (2010) Materiales y recursos para enseñar historia, geografía y otras ciencias sociales. Barcelona, Graó.
PUJOLÀS MASET, P. (2008) 9 ideas clave. El aprendizaje cooperativo. Barcelona, Graó
SARRAMONA, J. (1993) Cómo entender y aplicar la democracia en la escuela. Barcelona, CEAC.
TOURAINE, A. (1997) ¿Podemos vivir juntos? Iguales y diferentes. Madrid, PPC.
TRAVÉ, G. (1999) La economía y su didáctica en la educación obligatoria. Sevilla, Díada.
TREPAT, C. A. y COMES, P. (2000, 3ª ed.) El tiempo y el espacio en la didáctica de las ciencias sociales. Barcelona, Graó.
VICENT, J. et al. (1994) Espacio subjetivo y geografía, orientación teórica y praxis didáctica. Valencia, Nau Llibres.
CompetenciasCompetencias (recollidas na Memoria de Grao da USC)
COMPETENCIAS E RESULTADOS DE APRENDIZAXE QUE O/A ESTUDANTE DEBE ADQUIRIR COA MATERIA ENSINO E APRENDIZAXE DAS CIENCIAS SOCIAIS II
Xerais
G1: Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos
G4: Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá
G7: Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa
G8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas
G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativo e promovelo entre os estudantes
G11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural
Específicas
E32: Coñecer o currículo escolar das ciencias sociais
E34. Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico
E35. Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os pobos
Básicas
B.1.- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B.2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B.5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Transversais
T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación
T4.- Competencia relacionada co tratamento da información
Metodoloxía da ensinanza Non se realizará unha división ríxida entre teoría e práctica, senón que se tratará de integrar ambas as dimensións tanto nas chamadas clases expositivas como nas interactivas, aínda que nestas últimas, ao traballar con grupos medianos promoverase con maior eficiencia o traballo en pequenos grupos, mentres que nas expositivas, sen excluír o traballo en grupos reducidos ou en parellas, desenvolveranse as presentacións de cada tema por parte do profesor e realizaranse as postas en común.
Principios metodolóxicos
O ensino que se propón fundaméntase:
a) Nos principios constructivistas de actividade e participación, o que orientará aos estudantes na súa futura actividade docente.
b) Na capacidade de reflexión e interacción por medio do traballo individual e colectivo.
c) Na capacidade dos alumnos de aprender por si mesmos.
d) Na incentivación da innovación didáctica utilizando recursos próximos e ocasionais.
e) No desenvolvemento de técnicas de comunicación utilizando diversos recursos e ferramentas.
Técnicas de ensino
a) As sesións teóricas, ou clases expositivas, dirixidas ao gran grupo impartiranse combinando o método expositivo, o método interrogativo, a resolución de problemas e o estudo de casos, utilizando textos, gráficos, mapas, recursos en rede e outras fontes de información. En determinadas actividades recorrerase a formar grupos pequenos de traballo dentro delas.
O profesor debe sistematizar, orientar, significar e sintetizar os temas do programa. As sesións expositivas non consistirían en leccións maxistrais (aínda que non se exclúen nalgún caso, sobre todo no momento de presentar un tema) senón que se trata de combinar a interacción entre grupos pequenos e a exposición e debate en gran grupo, coordinados polo profesor.
b) Nas sesións prácticas, ou clases interactivas, o profesor guiará as reflexións e análises dos alumnos sobre materiais curriculares, situacións de aula e actividades de aprendizaxe. O traballo cun menor número de estudantes neste tipo de sesións facilita unha orientación máis específica en cada caso, pero se incardinarán nas actividades regulares que se realicen nas chamadas clases en gran grupo.
Incluirase alguna saída didáctica. Os traballos elaboraranse individualmente, en parellas ou, preferentemente, en grupo; programaranse a exposición dalgún deles seguida do correspondente debate.
c) Nas titorías procurarase un ensino máis personalizado e manterase unha relación individualizada co obxectivo de orientar e apoiar ao estudante. Así mesmo, revisaranse as tarefas levadas a cabo polo alumnado. Programaranse dúas entrevistas ao longo do curso, aínda que a asistencia é voluntaria para o alumnado.
d) O traballo de seminarios dedicarase ao estudo intensivo dalgúns temas, mediante a lectura de material escrito e a utilización de documentos audiovisuais. O alumnado desempeña un papel activo e participativo; o profesor é un mediador, orientador e guía. A USC non contempla neste momento docencia en seminarios (grupos pequenos) polo que se suplirá por unha actividade similar dividindo o grupo mediano en varios subgrupos aínda que teña que realizarse na mesma aula
Sistema de evaluaciónAvaliación das competencias do alumnado
A asistencia é obrigatoria, polo menos ao 80% do conxunto das horas previstas como presenciais.
A avaliación das aprendizaxes dos estudantes realizarase baseada no desenvolvemento de competencias.
A avaliación incluirá a totalidade das actividades que se realicen durante o período lectivo, tanto na aula como fóra, incluíndo a recensión obrigatoria de polo menos un dos seguintes libros:
• APPLE, M. W.; BEANE, J. A. (Comps.) (2005) Escuelas democráticas. Madrid, Morata (recoméndase a última edición actualizada).
• ASKASIBAR, I. et al. (2006) La sostenibilidad, un compromiso de la escuela. Barcelona, Graó.
• BEANE, J. A. (2005). La integración del currículum. El diseño del núcleo de la educación democrática. Madrid: Morata (edición orixinal en inglés, 1997)
• FERNÁNDEZ ENGUITA, M., MENA, L. y RIVIERE, J. (2010). Fracaso y abandono escolar en España. Barcelona: Fundación "La Caixa", Colección Estudios Sociales nº 29, 220 pp. (Puede consultarse en: http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/estudiossociales/ volumenes10_es.html#vol29)Morín, E. (1999) Los siete saberes necesarios para la educación del futuro. París, Organización de las Naciones Unidas para la Educación, la Ciencia y la Cultura. Pode consultarse o texto íntegro en: http://www.complejidad.org/27-7sabesp.pdf
• LURI, G.(2010) La escuela contra el mundo. Barcelona, CEAC.
• PENNAC, D. (2008). Mal de escuela. Barcelona: Mondadori,
• PERRENAUD, Ph. (2012) Cundo la escuela pretende preparar para la vida ¿Desarrollar competencias o enseñar otros saberes?. Barcelona, Graó.
• TONUCCI, F. (1991) La ciudad de los niños. Madrid, Fundación Germán Sánchez Ruipérez (5ª ed., 2004).
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Os instrumentos que se utilizarán, os criterios de calidade aplicados a cada un deles e a ponderación dos mesmos, expóñenese na táboa que se presenta a continuación:
Avaliación das aprendizaxes do alumnado
ASPECTOS
Asistencia e participación.Clases interactivas e expositivas: 1 punto (10%)
Dominio de contidos: 4 puntos (40%)
Participación en pequenos grupos 1 punto (10%)
Titorías: 0,5 punros (5%)
Contidos prácticos (incluída a recensión obrigatoria): 3,5 puntos (35%)
CRITERIOS
Asistencia: O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES 80% das sesión: (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
Participación activa: Individual e en Grupo
Dominio dos coñecementos teóricos e prácticos
Participación
Entrega de prácticas e traballos nos que se valoran:
Estrutura e sistematización
Reflexión persoal
Orixinalidade
Claridade expositiva
Dominio da linguaxe
Presentación
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Os traballos deben entregarse preferiblemente en formato dixital, e non impresos en papel, pero coas normas de presentación habitual dos traballos académicos impresos.
- Os arquivos dixitais deben estar identificados sempre cos apelidos da alumna ou alumno, seguido do tema do traballo, separado cun guión. Por exemplo: perezlopez-recension-beane.doc
- Cando o traballo se entregue impreso (o que debe ser algo excepcional) deben seguirse as seguintes recomendacións:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
INSTRUMENTOS
Lista de control
Observación e notas do profesor
Actividades específicas e exame final
Notas do profesor
Portafolios
Avaliación da práctica docente
Cuestionario para a avaliación da materia polos estudantes a final do periodo lectivo
Diario-caderno de notas do profesor (autoavaliación)
Portafolio docente (autoavaliación)
Unidade para a calidade da USC
Tempo de estudo e traballo persoalACTIVIDADES FORMATIVAS
I. ACTIVIDADES EN GRAN GRUPO (expositivas, coordinación, avaliación en gran grupo…)
I.1. ACTIVIDADES PRESENCIAIS : 24 h.
Expositivas: 10 h.
Saídas de estudo: 4 h
Desenvolvemento de actividades e debates: 8 h.
Avaliación: 2 h.
1.2. ACTIVIDADES DE TRABALLO AUTÓNOMO: 35 h.
Estudo individual ou en grupo: 12 h.
Lecturas relacionadas co Bloque I dos contidos: 8 h.
Preparación de debates: 9 h.
Preparación de probas: 6 h.
II. ACTIVIDADES EN GRUPO MEDIANO
II.1 ACTIVIDADES PRESENCIAIS: 24 h.
Seminarios. (actividades non previstas na actual planificación académica da USC; contémplanse/realízanse en clases interactivas 4 h.
Desenvolvemento de actividades prácticas. Discusión de documentos e materiais: 20 h.
II.2 ACTIVIDADES DE TRABALLO AUTÓNOMO: 45 h.
Lecturas (relacionadas cos Bloques II e III dos contidos): 29 h.
Procura e selección de información: 10 h.
III. ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (titorías…)
Titorías (actividade voluntaria para o alumnado: non se contabiliza na distribución horaria)
ACTIVIDADES DE TRABALLO AUTÓNOMO (20 h.)
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similares (relacionadas cos tres bloques de contidos): 10 h.
Preparación de presentacións orais, debates ou similares: 10 h.
TOTAL HORAS: 100
Recomendacións para o estudo da materiaRequisitos previos
Coñecementos mínimos: Coñecementos da materia Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Sociais I e os específicos das materias de ciencias sociais (Historia, Xeografía, Historia da Arte, Economía, Educación Política e para a Cidadanía) a nivel de Bacharelato.
Coñecementos básicos e xerais sobre Didáctica Xeneral, Historia da Educación e Psicoloxía Evolutiva e da Educación.
Orientación profesional inequívoca.
Requírese que o alumnado de Maxisterio teña un dominio das linguas galega e castelá de nivel B2, equivalente a 4º da Escola Oficial de Idiomas e aconséllase un nivel B2 de inglés como mínimo, equivalente ao 2º curso da EOI. Tamén é moi recomendable un coñecemento básico de ferramentas informáticas a nivel de usuario medio (procesador de textos, programa de presentacións, folla de cálculo, algún programa sinxelo de debuxo e de fotografía dixital, bases de datos).
ObservaciónsA materia de Ensino das Ciencias Sociais II, é unha materia de carácter obrigatorio que se imparte no terceiro curso dos estudos de Grao de Mestre e Mestra en Educación Primaria (5º cuadrimestre).
Para a elaboración desta Guía Docente partiuse do deseño establecido na Memoria de Grao aprobado pola USC e ratificado pola ANECA, tanto na orientación dos contidos como, sobre todo, no desenvolvemento das Competencias. Correspóndenlle 6 créditos ECTS.
O alumnado de maxisterio matriculado nesta materia ten que superar no curso precedente (4º cuadrimestre dos estudos de Grao) a materia homónima (Ensino das Ciencias Sociais I), estando xa que logo familiarizado cun coñecemento básico das Ciencias Sociais, principais liñas teóricas e metodolóxicas, os grandes núcleos conceptuais das ciencias sociais e problemas socio-culturais relevantes e coa dimensión cívica do ensino das Ciencias Sociais (educación para a cidadanía).
A Memoria de Grao establece que os contidos desta materia de terceiro curso debe ocuparse de tres aspectos básicos, que se tiveron en conta para estruturar os contidos teóricos e prácticos:
• Currículo de Ciencias Sociais na educación primaria: elementos e desenvolvemento.
• Os estudantes de educación primaria e as dificultades da aprendizaxe das ciencias sociais.
• Materiais e recursos para o ensino-aprendizaxe das ciencias sociais.
Tendo en conta o carácter máis teórico da materia do curso precedente, neste caso deseñouse un programa de actividades de ensino-aprendizaxe orientada fundamentalmente cara á práctica docente e a capacitación para o deseño e desenvolvemento de actividades innovadoras nas aulas de Ensino Primario. Sen embargo, considerando que un requisito previo para ensinar unha materia é dispoñer de coñecementos suficientes, actualizados e rigorosos sobre aquelo que se pretende ensinar, as propostas prácticas implicarán tamén de coñecementos básicos das ciencias sociais de referencia (historia, xeografía, economía, etc.).
As relacións entre teoría e práctica deben estar estreita e dialécticamente relacionadas: As reflexións teóricas en educación ten que ser reflexións en, desde, sobre e para a práctica educativa; pero as actividades educativas prácticas máis relevantes son aquelas que parten dunha sólida fundamentación teórica. En coherencia con esta formulación trátase de realizar unha programación docente na que non se establecen límites ríxidos entre clases teóricas (expositivas) e prácticas (interactivas), senón unicamente funcionais (traballo en gran grupo ou en grupos medianos) nos que se promoverá a participación do alumnado, traballando en grupos reducidos dentro da mesma aula xunto ás explicacións e aclaracións do profesor e as exposicións e debates dos resultados dos diferentes grupos.
Descritores
Xerais: (BOE-MEC, 1991):
Coñecemento das Ciencias Sociais.
Contidos, recursos didácticos e materiais para o ensino das Ciencias Sociais.
Específicos: Memoria para a verificación do Título de Grao en Mestre/a en Educación Primaria, aprobado polo Consello de Goberno da USC o 19 de novembro de 2009:
• currículo de Ciencias Sociais na educación primaria: elementos e desenvolvemento
• dificultades da aprendizaxe das ciencias sociais en educación primaria
• materiais e recursos para o ensino-aprendizaxe das ciencias sociais
Presentación da materia
A materia de Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Sociais II ten como obxectivo principal dotar ao alumnado de Maxisterio de coñecementos básicos, metodoloxía e recursos para o ensino de contidos específicos das ciencias sociais na educación primaria, dotándoo das competencias prefesionais para, por unha banda, poder exercer o maxisterio en educación primaria, e por outra, coñecer cales son as liñas de innovación e investigación que poden desenvolverse no ensino e a aprendizaxe das ciencias sociais neste nivel educativo co fin de poder exercer a súa futura actividade como profesoras e profesores de Coñecemento do Medio Natural e Social de modo reflexivo.
Promoverase a implicación participativa dos estudantes no seu proceso de aprendizaxe mediante o uso de metodoloxías activas de traballo en equipo e a utilización de recursos variados. Esta orientación centrada no alumnado pretende que os e as estudantes de maxisterio asuman que tamén o alumnado de primaria debe ser protagonista da súa propia aprendizaxe.
A división formal entre sesións expositivas e interactivas, que derivan da actual regulación académica dos estudos de grao, afectarán fundamentalmente ao tamaño dos grupos de estudantes, e en moita menor medida á metodoloxía docente ou ao tipo de contidos, xa que en ambos os dous tipos de sesións realizarase unha docencia orientada cara á práctica e a participación colectiva, con exposicións teóricas puntuais por parte do profesor.