Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141322 - Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Experimentais II (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica das Ciencias Experimentais
  • Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CRUJEIRAS PÉREZ, BEATRIZ.NON
CRUJEIRAS PÉREZ, BEATRIZ.NON
DIAZ DE BUSTAMANTE, JOAQUIN MARIA.NON
JIMENEZ ALEIXANDRE, MARIA PILAR.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01 (A-Mi)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (Mo-Z e alumnado Curso Ponte)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01 (A-Casti)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02 (Casto-Fr)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03 (Fu-Mi)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_04 (Mo-Ra e alumnado Curso Ponte)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_05 (Re-Ta e alumnado Curso Ponte)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_06 (Te-Z e alumnado Curso Ponte)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo central é responder á cuestión ¿Como ensinar ciencias naturais de forma
    que se favoreza unha aprendizaxe significativa? Pode desglosarse no desenvolvemento destas capacidades:
    -formular problemas para traballar en clase, relativos aos seres humanos e a saúde, aos seres vivos, ao medio físico e ás paisaxes do mundo.
    -actualizar e analizar contidos das ciencias naturais, asociados ao coñecemento do medio natural, obxecto de aprendizaxe na educación primaria.
    -propoñer obxectivos susceptibles de ser avaliados, e relativos aos distintos tipos de contidos.
    -deseñar actividades de ensino e aprendizaxe, que teñan en conta os problemas que se presentan nas clases, nas que se integren destrezas e técnicas relacionadas co traballo no laboratorio
    -analizar criticamente materiais curriculares, textos e proxectos de ciencias en primaria, e propoñer modificacións para o seu uso en clase.
    -aplicar diferentes criterios para a selección e secuenciación de contidos.
    -identificar distintos problemas de aprendizaxe en situacións reais ou simuladas.
    -utilizar diferentes fenómenos, sucesos, seres vivos ou obxectos naturais do contorno como recurso e motivación para o traballo na aula.

    Contidos
    1- Natureza e estrutura das Ciencias da Vida e da Terra. Prácticas científicas.
    2- As ciencias naturais no currículo de educación primaria. O desenvolvemento das competencias científicas. Os bloques de contido no currículo de Educación Primaria: Os seres humanos e a saúde. As plantas e os animais. O medio físico: espazo e materiais.
    3- O ensino e a aprendizaxe das ciencias da vida e da terra. Obxectivos de aprendizaxe das ciencias naturais en primaria: aprendizaxe e uso de modelos; ideas do alumnado; destrezas de indagación; desenvolvemento de actitudes e valores. Coherencia entre obxectivos e avaliación nas propostas didácticas.
    4- Estratexias e recursos para o ensino das Ciencias da Vida e da Terra na Educación Primaria.


    Interactivas
    -Realizaranse sesións de laboratorio e unha ou máis saídas de campo; a título de exemplo:
    – Análise de casos da Historia da ciencia
    – Análise de etiquetas de alimentos e de dietas
    – Taller de olores e sabores
    – Construción de explicacións causais a partir de datos
    – Interpretación de datos
    – Deseño de investigacións de laboratorio en primaria
    – Construción de modelos en primaria
    – Minerais e rochas: uso de claves, rochas de Galicia
    – Clasificación e identificación: Actividades abertas con plantas e animais.
    – Traballo de campo: realización dun itinerario didáctico
    – Análise e deseño de propostas didácticas

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    - Carmen L. del 1996 El análisis y secuenciación de los contenidos educativos. ICE Universidad de Barcelona / Horsori. Barcelona
    - Claxton G. 1994 Educar mentes curiosas. El reto de la Ciencia en la Escuela. Visor, Madrid.
    - Harlen W. 1989 Enseñanza y Aprendizaje de las Ciencias. Morata /MEC, Madrid.
    - Jiménez Aleixandre M.P. 1996 Dubidar para aprender. Xerais, Vigo.
    - Jiménez Aleixandre, M. P. 2010 10 Ideas clave: Competencias en argumentación y uso de pruebas. Barcelona: Graó.
    - Jiménez Aleixandre M.P., Caamaño, A. Oñorbe, A., Pedrinaci, E. e de Pro, A. 2003 Enseñar Ciencias. Barcelona: Graó.
    - Martí, J. 2012 Aprender ciencias en la educación primaria. Barcelona: Graó.
    - Osborne R. y Freyberg P. 1991 El aprendizaje de las Ciencias. Las implicaciones de la Ciencia infantil. Narcea, Madrid.
    - Pujol, R. M. 2003 Didáctica de las Ciencias en la Educación Primaria. Madrid: Síntesis.
    - Sanmartí, N. 2007. Evaluar para aprender. Barcelona: Graó
    - Shores, E. F. y Grace, C. (2004) El Portafolio paso a paso. Infantil y Primaria. Barcelona: Graó.
    - Tann C. 1990 Diseño y desarrollo de unidades didácticas en la Escuela Primaria. Morata / MEC, Madrid.
    - Xunta de Galicia 2007. Currículo da Educación Primaria. DOG, 9 xullo 2007.
    - Zembal-Saul, C., McNeill, K. L. y Hershberger, K. (2013). What's your evidence? Engaging k-5 students in constructing explanations in science. Boston, MA: Pearson.

    Bibliografía complementaria
    - Revistas ALAMBIQUE, AULA de Innovación Educativa, Boletín ENCIGA
    - Gutiérrez R. et al 1990 La Enseñanza de las Ciencias en la Educación intermedia. Rialp, Madrid.
    - M.E.C. 1994 Curso de Actualización Científica y Didáctica. Educación Primaria.
    - Pozo J.I., P. Echeverría M.P., Domínguez J., Gómez M.A. e Postigo Y. 1994 La solución de problemas. Santillana, Aula siglo XXI, Madrid.
    Competencias
    Competencias Xerais
    G.1.- Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
    G.2.- Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
    G.8.- Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
    G.9.- Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sostible.
    G.10.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
    G.11.- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
    Competencias Específicas
    E.25.- Comprender os principios básicos e as leis fundamentais das ciencias experimentais (Bioloxía e Xeoloxía).
    E.26.- Coñecer o currículo escolar destas ciencias.
    E.27.- Formular e resolver problemas asociados coas ciencias á vida cotiá.
    E.28.- Valorar as ciencias como un feito cultural.
    E.29.- Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sostible.
    E.30.- Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes.
    Competencias Básicas
    B.1.- Demostrar que se posúen e comprenden os coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
    B.2.- Aplicar os coñecementos ao traballo ou vocación dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da área de estudo.
    B.3.- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    B.4.- Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
    B.5.- Ter desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
    Competencias Transversais
    T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras
    T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
    T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.

    Metodoloxía da ensinanza
    Tanto nas sesións expositivas como nas interactivas traballaranse de forma integrada os contidos conceptuais e didácticos.
    A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e no seu protagonismo na aprendizaxe.
    As clases expositivas consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da asignatura por parte do profesorado. As clases interactivas procurarán a implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada no estudo de casos, a resolución de problemas e as experiencias de laboratorio e co contorno. Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polos profesores tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas sesión se atenderá aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación con as súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa asignatura.
    Úsase a aula virtual como ferramenta de comunicación.
    Ao ser una metodoloxía participativa é indispensable a asistencia a clase.
    Sistema de evaluación
    Na avaliación terase en conta:
    Parte 1:
    a. Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula, no laboratorio e na saída de campo, incluíndo presentacións orais.
    b. Elaboración dun portfolio individual que comprenda unha reflexión didáctica sobre as actividades realizadas nas sesións interactivas.

    Para superar a materia será necesaria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais.
    O alumnado repetidor e con exención de docencia deberá falar cos docentes en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre no primeiro caso e na mesma semana da solicitude da exención no segundo, a fin de concretar o plan de traballo a seguir e as tarefas necesarias para superar a materia.

    Parte 2:
    c. Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes expositiva e interactiva

    A contribución de cada un dos apartados á cualificación final será:
    - Apartado a: 15%
    - Apartado b: 35%
    - Apartado c: 50%

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Esta é unha materia de 6 ECTS (150 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva de 24 horas expositivas, 24 horas interactivas de laboratorio e 3 horas de titorías.
    Considérase que as 99 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado do seguinte xeito:
    -Estudo autónomo, lecturas recomendadas e actividades en biblioteca ou similares, preparación de debates e preparación de probas: 35 horas
    -Lecturas sobre a parte práctica, programación de traballos prácticos, escritura de traballos e conclusións, e preparación de presentacións orais: 45 horas.
    -Preparación individual de probas escritas e de presentacións orais, revisións de probas de avaliación, e orientación e seguimento de traballos prácticos: 19 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    A metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso, supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, recoméndase a asistencia a clase e a participación activa nas actividades propostas.
    A análise da problemática de aprendizaxe, así como a análise e a actualización dos contidos científicos, implican a busca de información nas fontes correspondentes e a súa atenta lectura.