Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141324 - Ensino e Aprendizaxe de Competencias Comunicativas:Lingua e Literatura Galegas (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Didáctica da Lingua e a Literatura
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
HERMIDA GULIAS, MARIA DO CARME.NON
ROIG RECHOU, BLANCA ANA.NON
SANCHEZ RODRIGUEZ, MARIA HELENA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01 (A-Mi)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (Mo-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01 (A-Fernández B)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (Fernández C-Mi)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03 (Mo-Sánchez C)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04 (Sánchez D-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Concienciar e coñecer enfoques e métodos de ensino e aprendizaxe da lingua e a literatura infantil.

    -Capacitar no uso adecuado das destrezas comunicativas, comprensivas e expresivas en situacións de comunicación lingüístico-literario.

    -Promover, desenvolver e adquirir actitudes, hábitos e destrezas de cara a unha aprendizaxe cooperativa e autónoma.

    -Favorecer e poñer en práctica procesos de interacción e comunicación na aula, e dominar destrezas e habilidades sociais para fomentar un ambiente que facilite a aprendizaxe da lingua e literatura infantil galegas e a boa relación.

    -Desenvolver a curiosidade, a iniciativa persoal, a creatividade e o sentido crítico.


    Contidos
    BLOQUES TEMÁTICOS

    I. Teorías sobre a educación lingüística e literaria e sobre a súa aprendizaxe. Enfoque e métodos máis representativos no ensino e na aprendizaxe.

    II. Competencias comunicativas. O uso da lingua e literatura infantil galegas. Axentes que interveñen.

    III. Principios teóricos e metodolóxicos que apuntalan a aprendizaxe da lingua e literatura infantil galegas, a cooperación e o logro da autonomía persoal.

    IV. Modelos de planificación para afrontar a aprendizaxe da comunicación lingüística e literaria e a práctica profesional en situacións reais ou hipotéticas.

    V. Avaliación e a súa importancia na aprendizaxe da lingua e literatura infantil galega.

    Bibliografía básica e complementaria
    ABASCAL, M. D. et al. (2011). Didáctica de la lengua castellana y la literatura. Barcelona: Graó.
    ABRIL, M. (2004). Enseñar lengua literatura: comprensión producción de textos. Málaga: Aljibe.
    CASSANY, D. (2007). Enseñar lengua. Barcelona: Graó.
    CERRILLO, P.C.,(2010) Sobre Lectura, Literatura y educación, México: Porrúa
    ESCANDELL, M. V. (2005). La comunicación. Madrid: Gredos.
    GARCÍA, G. (1995). Didáctica de la literatura para la enseñanza primaria y secundaria. Madrid: Akal.
    LÓPEZ, A.; ENCABO, E. (2004). Estrategias didácticas para la enseñanza de la lengua y la literatura. Murcia: DM.
    MARTÍN, E.; MORENO, A. (2007). Competencia para aprender a aprender. Madrid: Alianza Editorial
    MENDOZA, A. et al. (1996). Didáctica de la lengua para la Enseñanza Primaria Secundaria. Madrid: Akal.
    Mendoza Fillola, A.(2002:21-38). “La Renovación del canon escolar. La integración de la Literatura infantil y juvenil en la formación literaria”. In Mª C. Hoyos Ragel e outros. El reto de la lectura en el siglo XXI, Granada: Grupo editorial Universitario, Universidad de Granada, CD-ROM.
    Mendoza Fillola, A. (2005). “La educación literaria desde la Literatura Infantil y Juvenil”. In Mª C. Utanda Higueras, P. C. Cerrillo Torremocha, J. García Padrino, Literatura infantil y educación literaria, Cuenca: Ediciones de la Universidad de Castilla la Mancha, col. Estudios, pp. 35-65.
    OWENS, R. E. (2001). Desarrollo del lenguaje. Madrid: Pearson.
    PÉREZ, P. (2007). Competencia en comunicación lingüística. Madrid: Alianza.
    ROIG RECHOU, Blanca-Ana, Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez (coords.) (2011), O álbum na literatura infantil e xuvenil (2000-2010), Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 440 pp.
    _____,(2002), “La literatura infantil y juvenil en Galicia”/ “A literatura infantil e xuvenil en Galicia”, cap. 8, en Anxo Tarrío Varela (coords.), La Literatura desde 1936 hasta principios del siglo XXI: Narrativa y traducción/A literatura dende 1936 ata principios do século XXI: Narrativa e traducción, A Coruña: Hércules Ediciones, pp. 382-501.
    _____, (2008), A Literatura Infantil e Xuvenil galega no século XXI. Seis chaves para entendela mellor/La Literatura Infantil y Juvenil gallega en el siglo XXI. Seis llaves para entenderla mejor, Santiago de Compostela/Xunta de Galicia. Páxina web persoal de Blanca-Ana Roig (htpp://webspersoais.usc.es/persoais/blanca.roig/).
    _____, e Gemma Lluch (coords.) (2005), Para entenderte mellor. As literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico. Monográfico do Boletín Galego de Literatura, nº 32, Universidade de Santiago de Compostela, 337 pp.
    _____ José António Gómes (2007), Grandes Autores para Pequenos Leitores. Literatura para a infância e a juventude: Elementos para a construção de um cânone, Porto: Deriva Editores, 143 pp.
    SANMARTÍ, N. (2007). 10 ideas clave: evaluar para aprender. Barcelona: Graó.
    SUÁREZ RIVEIRO, J. M. (2004). El aprendizaje autorregulado. Madrid: UNED.
    OUTRAS FONTES BIBLIOGRÁFICAS: historias literarias, monografías específicas, revistas, dicionario,webs, etc. daranse na aula.

    Competencias
    XERAIS

    G1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, los criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.

    G3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.

    G5. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.

    G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.


    ESPECÍFICAS

    E44. Comprender os principios básicos das ciencias da linguaxe e a comunicación.

    E45. Adquirir formación literaria (e coñecer a literatura infantil). E46. Coñecer o currículo escolar das linguas e a literatura.
    E48. Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino. E49. Fomentar a lectura e animar a escribir.

    E53. Desenrolar e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.


    BÁSICAS

    B.2. Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e que posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.

    B.3. Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.

    B.5.- Que os/as estudantes atinxan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.


    TRANSVERSAIS

    T.4. Capacidade da procura de información en distintos soportes e con distintas finalidades.

    Metodoloxía da ensinanza
    A distribución oficial dos créditos desta materia repartirase nas clases expositivas e clases interactivas necesarias, dependendo da matrícula.

    A clases expositivas serán de contido teórico, nas que o profesorado presentará os temas do programa incidindo nos aspectos que considere máis relevantes.

    Nas sesións interactivas de carácter práctico, levaranse a cabo actividades diversas relacionadas coas exposicións teóricas e comentarios pertinentes. Empregaranse ademais recursos variados prestándolle protagonismo especial a situacións educativas simuladas ou reais. Potenciarase unha metodoloxía didáctica e integradora, centrada na acción e orientada á reflexión crítica e ao traballo cooperativo. Estas aulas son de asistencia obrigatoria.

    O profesorado promoverá diversas actividades en relación coa temática da materia. Poderase utilizar a plataforma virtual tanto para a distribución de material e recursos coma para a comunicación co alumnado.





    Sistema de evaluación
    1. A proba teórico práctica marcada polo centro acadará un 50%.
    2. As actividades derivadas do proceso de ensino-aprendizaxe na aula acadarán o 50% restante. Este 50% tamén se pode acdar por medio de traballos para os que non poidan asistir ás aulas por circunstancias especiais.

    3. Na convocatoria de xullo o alumnado será avaliado, segundo as porcentaxes sinaladas anteriormente no punto 1 e 2.

    4. Para o alumnado que por circunstancias persoais xustificadas non poida asistir sistematicamente ás aulas, a súa avaliación realizarase a partir do punto 1 e 2, sempre que estabelezan contacto coa profesora para chegar a acordos sobre as actividades de obrigado cumprimento.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Segundo o estipulado oficialmente, ademais das horas expositivas, interactivas e titoriais, o alumnado deberá dedicarlle á materia 75 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    - Seguir as directrices marcadas a comezo do curso.

    - Traballar de continuo para non acumular tarefas.

    - Realizar as actividades en tempo e forma.


    Observacións
    Debido a que a materia a imparten varios profesores e profesoras, recoméndase unha especial atención a cada unha das guías que o profesorado presente na aula presencial e virtual, de habela.