G3141326 - Practicum II. O Centro Escolar e o seu Contexto: Proxectos e Prácticas (Practicum ) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 18.00
- Total: 18.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 417.00
- Total: 417.0
Outros Datos
- Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega, Filoloxía Francesa e Italiana, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Filosofía e Antropoloxía Social, Filosofía e Antropoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Historia da Arte, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Experimentais, Lingua Española, Socioloxía, Filoloxía Inglesa e Alemá, Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Filoloxía Francesa, Literatura Española, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Filosofía, Antropoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Música, Didáctica da Lingua e a Literatura , Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica da Matemática, Lingua Española, Socioloxía, Filoloxía Inglesa, Filoloxía Alemá
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
| Nome | Coordinador |
|---|
| CACHAFEIRO CHAMOSA, LUIS CARLOS. | NON |
| CARBALLO VICENTE, MARIA LUZ. | NON |
| Fernández Blanco, María Teresa. | NON |
| FERNANDEZ TILVE, Ma DOLORES. | NON |
| Ferradas Blanco, Rodolfo Luis. | SI |
| GARCIA MARIN, JORGE. | NON |
| GARCIA MURIAS, REBECA. | NON |
| Guisande Couñago, María Adelina. | NON |
| JIMENEZ ALEIXANDRE, MARIA PILAR. | NON |
| Marco Lopez, Aurora. | NON |
| MUÑOZ CADAVID, MARIA AMALIA. | NON |
| Rio Corbacho, Maria Pilar. | NON |
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | NON | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaTen o obxectivo de inserir as ensinanzas e contidos do Grao na realidade das aulas. Por iso, o seu sentido xeral orientase cara ao coñecemento do currículo de educación primaria e ao desenvolvemento de estratexias de traballo. Ao contextualizar as prácticas do docente nun centro e nunha localidade, trátase de deseñar, desenvolver e avaliar proxectos de centro e de aula e de comprender que los límites da función do profesor non están delimitados polo espazo físico inmediato no que se traballa habitualmente cos alumnos e que forma parte dun equipo docente, polo que debe estar atento ao conxunto da Comunidade Educativa, sempre dende unha actitude crítica e reflexiva.
ContidosAULA: PROXECTOS E ACCIÓN DOCENTE DOMINGO APRENDIZ DE PROFESOR.
- Modelos didácticos, e desenvolvemento dá docencia polo futuro profesor de Educación Primaria: desexos e realidades.
- Planificación das unidades didácticas e proxectos adaptados ás características do alumnado e do contexto.
- Problemas e dilemas na posta en práctica de proxectos, unidades didácticas e actividades polos futuros profesores de Educación Primaria.
- Xestión de aula e convivencia nas aulas de Educación Primaria.
O CENTRO E O SEU CONTEXTO: OBSERVACIÓN, PARTICIPACIÓN E ANÁLISE DE PROXECTOS E PRÁCTICAS.
- Proxectos de Centro, Etapa y Ciclo: proposta normativa, procesos de elaboración, documentos institucionais e realidade cotiá do centro de Prácticas.
- A estructura organizativa do centro e os seus mecanismos de funcionamento.
- As relacións formais e informais e a súa relación co clima e as culturas do centro.
- La convivencia nas escolas de Educación Primaria. Conflictos no contexto do centro.
- Calidade e escolas de Educación Primaria.
PROCESO DE “APRENDIZAXE DE DA ENSINANZA”.
- Tarefas do aprendiz de profesor, proceso de socialización e construcción de coñecemento profesional nas escolas de Educación Primaria.
- A relación aprendiz-titor, aprendiz-profesorado do centro, aprendiz-alumnado e outros membros da comunidade e do contexto do centro.
- A influencia da biografía, do coñecemento académico e das experiencias de prácticas, nas teorías personais, as expectativas sociais e afectivas, na interpretación da realidade observada e nas accións docentes emprendidas na aula e nas accións relacionadas co rol institucional do profesorado no funcionamento do centro.
- Condicións, evolución valoración da experiencia vivida nas escolas de Educación Primaria.
Bibliografía básica e complementariaA bibliografía será orientada polo titor ou titora do estudante.
CompetenciasXerais
Todas. Preferentemente neste Practicum II: G.1, G.2, G.3, G.4, G.5, G.6, G.7, G.10, G.11, G.12
G1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de evaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente coma en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G5. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G6. Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G7. Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do ámbito social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
G8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G9. Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sostible.
G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
G11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
G12. Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
Específicas
Todas as da Materia (E.62, E.63, E.64, E.65, E.66, E. 67, E.68, E.69), desenvolvendo máis exhaustivamente neste Practicum II: E.64 e E.65 (incorporando a realidade do centro como organización); e iniciándose en E.69.
E62. Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión desta.
E63. Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima de aula que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
E64. Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e en particular o de ensino-aprendizaxe mediante o dominio das técnicas e estratexias necesarias.
E65. Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
E66. Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando dende a práctica.
E67. Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro.
E68. Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes 6-12 anos.
E69. Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do ámbito social.
Básicas
B.1.- Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo;
B.2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo;
B.3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética;
B.4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado;
B.5.- Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais
T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4.- Competencia informacional
Metodoloxía da ensinanza O sentido xeral deste Practicum II é centrarse nos proxectos e prácticas desenvolvidos no centro escolar e no seu contexto, así como no proceso de aprendizaxe do ensino.
No desenvolvemento desta materia podemos distinguir entre actividades presenciais no centro universitario que serán coordinadas polo profesor universitario ("supervisor") e actividades presenciais no centro escolar que serán orientadas polo profesor ou profesora responsable da aula ("titor").
Actividades presenciais no centro universitario. Desenvólvense en tres fases: fase preparatoria, fase de seguimento e fase de reflexión e avaliación final. Os agrupamentos do alumnado nestas fases poden ser diversos.
Actividades en gran grupo.
Na fase de preparación están destinadas á presentación do programa de prácticas e a adscrición do alumnado aos centros. Tamén poden ter lugar actividades de proxección de documentos audiovisuais e/ou encontros con profesionais en exercicio. Na fase de seguimento este tipo de agrupamento non ten cabida. Na fase de reflexión e avaliación este agrupamento pode utilizarse para a presentación de experiencias por parte do alumnado a todo o grupo.
Actividades en grupo mediano.
A fase de preparación con varias horas de traballo presencial e autónomo abordará a presentación detallada dos contidos en relación co itinerario formativo que os futuros mestres e mestras deberán desenvolver no centro de prácticas. Ofreceranse pautas e exemplos concretos para o desenvolvemento das actividades, seguindo o documento-guía que o alumnado lerá previamente nas súas horas de traballo autónomo. Proporcionaranse instrumentos, orientacións e información detallada para realizar as observacións e outras actividades en torno á vida de aula e tarefas do profesorado. Nesta fase desenvolveranse tanto actividades expositivas coma estudo de casos e incidentes críticos, debate, práctica guiada, etc. nas horas presenciais, acompañadas de actividades de traballo autónomo (lectura e análise de documentos, práctica independente, etc.). As actividades citadas terán un valor importante para o desenvolvemento da competencia E.65 centrada en potenciar que o alumnado sexa capaz de "relacionar teoría e práctica coa realidade da aula" e favorecer a "reflexión sobre a práctica" á que fai referencia a competencia E.66. e afondar en estratexias de recoñecemento de formas de colaboración da escola con diferentes sectores da comunidade educativa e do ámbito do centro (competencia E.69).
Actividades en pequeno grupo e titorías individualizadas. Este agrupamento cobra sentido tanto na fase de seguimento durante a estanza nos centros coma na fase final.
Na fase de seguimento o supervisor universitario realizará o seguimento e apoio en relación co proceso de aprendizaxe do ensino, tanto en sesións de seguimento en titorías individualizadas coma en sesións de seminario en pequeno grupo. Con estas actividades de seguimento preténdese potenciar a actividade reflexiva en torno ao desenvolvemento das competencias anteriores e da competencia E.65 relacionando teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
A fase final e de reflexión integra sesións de apoio para a elaboración da memoria final, discusión desta e a reflexión sobre o proceso de aprender a ensinar e o traballo nas escolas. O supervisor universitario terá aquí un papel fundamental axudando ao proceso de reflexión e concreción do informe final, favorecendo fundamentalmente o desenvolvemento da competencia E.65 e a análise da adquisición das demais competencias, favorecendo a reflexión do futuro profesor en canto ao seu nivel de competencia, lagoas e estratexias de superación destas.
Actividades nos centros de prácticas.
Durante a fase de estanza nos centros desenvolverase en centros públicos ou privados, seguindo a xornada habitual dun profesor e permanecendo nos mesmos 10 semanas. As actividades durante esta fase centraranse na observación e recollida de datos en torno a ao centro escolar (proxectos e prácticas e ao coñecemento das características do seu contexto, así como ás formas de colaboración escola-comunidade-ámbito social, afondando ademais no abordado no Practicum I (coñecemento da vida de aula e as tarefas do profesorado).
O alumnado realizará unha recollida de datos fundamentalmente en torno ao centro escolar e o seu contexto (proxectos e prácticas) a través de diferentes técnicas. Tamén desenvolverá con certo grao de autonomía, baixo a orientación e supervisión do titor, tarefas docentes na aula, ademais de participar na medida do posible nas tarefas organizativas da escola (relacionadas por exemplo co funcionamento de estruturas de coordinación e participación do profesorado, relacións cos pais, desenvolvemento de proxectos institucionais, etc.).
Nas horas de traballo autónomo centrarase na análise e interpretación desa realidade e do seu propio proceso de aprendizaxe e en actividades ligadas á colaboración co titor/a para a realización de tarefas docentes.
O titor do centro realiza unha función fundamental, axudando ao alumnado nas actividades citadas. Estas actividades son fundamentais para o desenvolvemento das competencias ligadas ao Practicum II, sobre todo ao planificar e desenvolver proxectos didácticos co alumnado e coñecer o funcionamento do centro en toda a súa complexidade. Con todo iso apoia o desenvolvemento sobre todo das competencias: E.62, E.63, E.64, E.66, E.68. e E.69.
Sistema de evaluaciónAvaliarase:
Realización de tarefas en relación coa aprendizaxe da profesión segundo a valoración do titor do centro escolar e/ou do supervisor universitario. Avaliaranse todas as competencias: 40% na cualificación
Participación nas actividades de preparación, seguimento e reflexión. Avaliaranse todas as competencias, con preferencia as citadas para esta materia: 10% na cualificación
Informes escritos e outras produccións segundo a valoración do supervisor universitario. Avaliaranse todas as competencias, con preferencia as citadas para esta materia e, especialmente, E.65 e E.66 (actuar e reflexionar dende a práctica; relacionar teoría e práctica) e E.62 (adquisición de coñecemento práctico da aula e da xestión desta): 50% na cualificación
PERIODO DE ESTADIA. Atendendo ao contemplado no artigo 3.5 da "Resolución do 15 de xuño de 2011, pola que se publica a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións", o alumnado que tendo asistido ás sesións expositivas e titorías obrigatorias, desenvolto adecuadamente o seu periodo na institución, e tendo un informe favorable do titor/a da institución, non entregue a memoria na data fixada para a oportunidade de maio nin de xullo, ou esta non se avalíe positivamente, no curso 14-15 non terá que volver a desenvolver o seu practicum na mesma ou noutra institución, manténdose a cualificación correspondente aos apartados 1, 2 e 3, debendo só elaborar a memoria de practicum para ser avaliado/a.
Tempo de estudo e traballo persoalACTIVIDADES PRESENCIAIS: 275 horas
ACTIVIDADES EN GRAN GRUPO (expositivas, coordinación, avaliación en gran grupo...)
- Actividades de planificación, presentación do programa, adscrición do alumnado, debates e coloquios: 5 horas
ACTIVIDADES EN GRUPO MEDIANO (seminario, laboratorio...)
- Actividade expositiva, presentación de plans de traballo, práctica guiada, análise de incidentes críticos, estudo de caso, xogo de roles, debate, análise documentos: 10 horas.
ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (titorías...)
- Actividades de reflexión, supervisión e avaliación individuais, seguimento da actividade nos centros de prácticas, supervisión da memoria ou portafolios da materia: 10 horas
ACTIVIDADES EN CENTROS ESCOLARES
Prácticas supervisadas, observación e recollida de datos, entrevistas de planificación ou seguimento co titor ou titora do centro escolar, análise de documentos do centro e da aula: 250 horas (10 semanas)
ACTIVIDADES DE TRABALLO AUTÓNOMO: 175 horas
-Lectura e análise documentos, preparación presentacións, busca información complementaria, elaboración informes escritos e outras producións, práctica independente: 20 horas
- Elaboración da memoria ou portafolios, análise e reflexión, lecturas e estudo, preparación presentación e defensa da memoria de prácticas: 20 horas
- Lectura e análise documentos, planificación de tarefas docentes, elaboración memoria de prácticas: 135 horas
Recomendacións para o estudo da materiaRECOMENDACIÓNS PREVIAS: Ter aprobado Practicum I e adquirido competencias mínimas relacionadas con materias ligadas máis directamente con procesos de planificación curricular, organización de ambientes de aula e desenvolvemento de estratexias de intervención en aulas de Educación Primaria e atención á diversidade, así como aquelas relacionadas cos procesos de planificación e organización de centros educativos e relacións de estes co seu ámbito.