G3141328 - Música na Educación Primaria (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
- Áreas: Didáctica da Expresión Musical
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia1. Desenvolver unha comprensión da función das artes na educación, de modo específico da música, e da súa contribución ao desenvolvemento de actitudes e hábitos útiles para a vida e para o traballo.
2. Dar a coñecer a natureza da música e as formas nas que a música se pode aprender.
3. Desenvolver habilidades e destrezas musicais básicas que contribúan á comprensión e coñecemento da linguaxe musical.
4. Coñecer o currículo escolar da educación artística no seu aspecto musical, a súa aplicación na educación primaria de xeito seguro e a súa relación con outras áreas, cos obxectivos xerais e as competencias da etapa.
5. Participar en propostas e proxectos musicais que fomenten a participación ao longo da vida en actividades dentro e fóra da escola.
ContidosOs contidos que se traballan nesta materia son os seguintes:
Bloque I – A natureza da música e o seu sentido na escola
• Valor formativo da música. ¿Porqué ensinar música aos nenos? Que achega ao desenvolvemento infantil?
• Fundamentos psicopedagóxicos da educación musical.
• Elementos da música e a súa exploración para un entendemento e desenvolvemento na Educación Primaria.
Bloque II – A música no currículo da Educación Primaria
• Obxectivos, contidos e criterios de avaliación.
• Relación da música con outras áreas curriculares e a súa contribución a desenvolvemento formativo e das competencias básicas.
• A música na atención á diversidade dende unha perspectiva curricular.
• Propostas de educación musical para a Educación Primaria.
Bloque III – Desenvolvemento das habilidades propias da práctica musical
• Educación da voz e do oído
• Educación rítmica-melódica-harmónica-estructural
• Lecto-escritura musical
• Práctica musical
Bibliografía básica e complementariaBásica:
- Alsina, P. (1997). El área de educación musical: propuestas para aplicar en el aula. Barcelona: Graó.
- Gillanders, C. y Candisano Mera, J.A. (2011). Métodos y modelos de educación musical. Música y Educación 8. Madrid: Ed Musicalis, pp. 62-72.
- Pascual Mejía, P. (2002). Didáctica de la música para primaria. Madrid: Prentice Hall.
Complementaria:
- A.A.V.V. (2007). Competencias en educación musical. Eufonía. Didáctica de la música 41. Barcelona: Graó.
- Giráldez, A. (2000). BIVEM. Biblioteca Virtual de Educación Musical. www.bivem.net
- Giráldez, A. (2005). Internet y educación musical. Barcelona: Graó.
- Hargreaves, D.J. (1998). Música y desarrollo psicológico. Barcelona:Graó.
- International society for music education: www.isme.org
- Lines, D.K. (2009). La educación musical para el nuevo milenio. Madrid: Ediciones Morata.
- López de la Calle, M. (2001). La música y su proyección educativa. Investigación e Innovación na Escola Universitaria de Formación del Profesorado, Lugo. USC. pp. 233-246.
- Michels, V. (1989). Atlas de música 1. Madrid: Alianza Editorial.
- Schanwick, K. (1991). Música, pensamiento y educación. Madrid: Morata.
- Sociedad española para la educación musical. SEM-EE. http://sem-ee.creando.net/
- Torres, L. (2010). Las TIC en el aula de educación musical. Sevilla: MAD.
Documentos:
- MEC. LOE, Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo de Educación (BOE, 4 de mayo de 2006).
- MEC. Real Decreto 1513/2006, de 7 de diciembre, por el que se establecen las enseñanzas mínimas de la Educación Primaria (BOE, 8 de diciembre de 2006).
- Xunta de Galicia, Consellería de Educación y Ordenación Universitaria. Decreto 130/2007, de 28 de junio por el que se establece el currículo de Educación Primaria en la Comunidad Autónoma de Galicia (DOGA, 9 de julio de 2007)
CompetenciasAs competencias que o documento oficial da titulación adscribe a esta materia son as seguintes:
G.1 Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
G.5 Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuir á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G.10 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaje autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
E.54 Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social dende as artes.
E.55 Coñecer o currículo escolar da educación artística, nos seus aspectos plástico, audiovisual e musical.
E.56 Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
E.57 Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades musicales plásticas dentro e fóra da escola.
B.3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
T.1 Coñecemento instrumental de linguas extranxeiras.
T.2 Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3 Coñecemento instrumental das tecnologías da información e da comunicación.
Metodoloxía da ensinanza A propia natureza da música e as competencias de diferentes tipo que deben desenvolver os estudantes a través desta materia esixe unha intervención na aula que combine diferentes estratexias. Levásense a cabo actividades de gran grupo orientadas para falar, debater e reflexionar sobre os contdos propiamente teóricos da materia.
Os alumnos lerán previamente, cando sexa necesario, os materiais escritos a traballar.
Os alumnos terán a oportunidade aquí de facer as exposiciones dos seus traballos.
Nas actividades de grupo reducido trabállanse outro tipo de aspectos ou contidos que requiren unha práctica regular e un desenvolvemento continuo ao longo da materia. No campo da música “facer” é un feito imprescindible xa que sen a súa práctica non é posible avanzar na súa comprensión e dominio. En consecuencia o tempo dedicado ás sesiones prácticas será ostensiblemente superior ao destinado ás sesiones teóricas. Do mesmo modo o alumno deberá dedicar unha porcentaxe substancial do traballo persoal ao desenvolvemento das súas propias habilidades musicales.
As sesiones ou prácticas específicas de música se desenvólvense con diversas técnicas de traballo en grupo, o que dará lugar a que o alumno opere en múltiples configuracións espaciais. Con isto trátase de desenvolver no alumno as competencias xerais relacionadas con actitudes e valores.
As actividades en grupo pequeno ou de titorías dirixanse a orientar e supervisar as aprendizaxes musicais e didácticas propostas para esta materia. Así mesmo, poderanse avaliar os procesos de aprendizaxe de forma máis individualizada.
Cando os presupostos do centro o permitan, realizaranse saídas didácticas ao Pazo da Ópera da Coruña para participar nos Concertos Didácticos programados para os alumnos de Educación Primaria da Coruña e ao Centro de Artesanía e Deseño de Lugo cunha visita guiada á exposición de instrumentos musicais do Folclore de Galicia.
Sistema de evaluaciónSeguindo a ficha da materia na Memoria do Grao, a avaliación da materia tomará en consideración os seguintes aspectos:
1. Participación nas actividades da aula (10%).
Neste apartado tomarase en consideración a participación activa nas actividades presenciais, prácticas con música e, de ser o caso, saídas didácticas. Control de asistencia con folla de firmas. É necesario a asistencia ao 80% das clases (máximo de dous inxustificadas, que serán penalizadas con 0,5 puntos cada unha na nota final).
2. Presentacións, informes escritos e/ou outras producións (40%)
3. Proba teórico-práctica (lectura rítmica, lectura de nombre de notas, interpretación cancións, exercicios escritos) - 50%
Para superar a materia é necesario ter unha calificación positiva nos tres apartados. Os alumnos con exención de docencia terán que entregar os mesmos traballos que os alumnos que asisten a nivel presencial, realizar o examen teórico-práctico e un examen escrito sobre os contenidos traballados nas clases expositivas. A calificación deste grupo de alumnos farase sobre o 90% da nota.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Tempo de estudo e traballo persoalSeguindo as instrucións recibidas do Reitorado e a Facultade, a distribución dos 6 ECTS desta materia é a seguinte:
Horas expositivas: 24
Horas interactivas: 24
Horas de titoría: 3
Total horas presenciais: 51
Horas de traballo do estudante: 99
Total horas dedicación á materia: 150
Na guía da materia aparecerán distribuídas estas horas nas diferentes actividades a desenvolver durante o curso.
Recomendacións para o estudo da materiaA proposta docente que se presenta constrúese, de xeito esencial, dende a práctica na aula. Para poder alcanzar os obxectivos de aprendizaje propostos nesta materia é fundamental a asistencia ás sesiones permitindo ademais entender e asimilar a teoría dun xeito sinxeilo e efectivo.
Observacións• Para o desenvolvemento da actividade docente desta materia farase uso do Campus Virtual da USC.
• A materia contará cunha Guía Docente na que os estudantes poderán encontrar orientacións para o desenvolvemento de cada un dos bloques e temas encomendados.
• Segundo a normativa da USC sobre presencialidade, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase. Nos casos cosiderados na normativa do Centro, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia debendo informar ó docente desta situación a misma semana en que se solicite co fin de concretar o seu plan de traballo e a avaliación da materia.
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”.
• En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimr a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.