Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141421 - Practicum III.Procesos de Mellora de Aula e Centro (Curso Ponte do Grao en Mestre en Educación Primaria (S)) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 12.00
  • Total: 12.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 420.00
  • Total: 420.0

Outros Datos

  • Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega, Filoloxía Francesa e Italiana, Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Filosofía e Antropoloxía Social, Filosofía e Antropoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Historia da Arte, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Experimentais, Lingua Española, Socioloxía, Filoloxía Inglesa e Alemá, Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Filoloxía Francesa, Literatura Española, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Filosofía, Antropoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Música, Didáctica da Lingua e a Literatura , Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica da Matemática, Lingua Española, Socioloxía, Filoloxía Inglesa, Filoloxía Alemá
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ALVAREZ NUÑEZ, QUINTIN.NON
CACHAFEIRO CHAMOSA, LUIS CARLOS.NON
CARBALLO VICENTE, MARIA LUZ.NON
DIAZ DE BUSTAMANTE, JOAQUIN MARIA.NON
GARCIA RUSO, HERMINIA MARIA.NON
GOMEZ NOVOA, Ma DEL CARMEN.NON
Guisande Couñago, María Adelina.NON
JIMENEZ ALEIXANDRE, MARIA PILAR.NON
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN.NON
Marco Lopez, Aurora.NON
POMAR TOJO, CARMEN MARIA.NON
Portela Lopez, Cecilia Maria.NON
Rio Corbacho, Maria Pilar.NON
RODRIGUEZ MAYO, FRANCISCO MANUEL.NON
Taboada Ares, Eva María.NON
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA.NON
Vieitez Lamas, Enrique.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O sentido xeral deste Practicum III é centrarse nos procesos de mellora de aula e centro, participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando sobre a práctica e relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
    Contidos
    Procesos de innovación e mellora na aula
    - Práctica cotiá e innovación e mellora dos procesos de ensinanza-aprendizaxe nas aulas de Educación Primaria.
    - Investigación-acción, diarios e outras estratexias de investigación do profesorado.
    - Dificultades de ensinanza-aprendizaxe de contidos procedementais, actitudinais e conceptuais de diferentes áreas de Educación Primaria, desenvolvemento de competencias básicas e proxectos de mellora.
    - A mellora da convivencia nas aulas de Educación Primaria.

    Procesos de innovación e mellora no centro
    - Proxectos de Mellora do centro e colaboración do profesorado.
    - Participación e liderado en procesos de mellora no centro.
    - Mellora do centro, clima, cultura, compromiso da comunidade educativa, colaboración co territorio e proxectos comunitarios.
    - Condicionantes, problemas e resistencias en procesos de innovación no centro.
    - Calidade e centros de Educación Primaria.

    Proceso de “aprendizaxe da ensinanza”
    - Socialización profesional de futuros profesores e procesos de mellora de aula e centro.
    - As relacións aprendiz-titor, aprendiz-profesorado do centro, aprendiz-alumnado e outros membros da comunidade e do contexto do centro en procesos de innovación e mellora.
    - A influencia da biografía, do coñecemento académico e das experiencias de prácticas, nas teorías persoais, as expectativas sociais e afectivas, na interpretación da realidade observada e nas accións de mellora emprendidas a nivel de aula e centro.
    - Condicionantes, evolución e valoración da experiencia vivida nos centros de Educación Primaria.
    - Proxecto de mellora da competencia docente.

    Bibliografía básica e complementaria
    Básica:
    CABRERIZO, J., RUBIO ROLDÁN, M. J. e CASTILLO, S. (2010). El Prácticum en los Grados de Pedagogía, de Magisterio y de Educación Social. Madrid: Pearson.
    ZABALZA, M. (2006): “El Practicum y la formación del profesorado: balance y propuestas para las nuevas titulaciones”. En ESCUDERO, J.M. e LUIS GÓMEZ, A. (Ed.): La formación del profesorado y la mejora de la educación. Barcelona, Octaedro, pp. 311-334.
    ZABALZA, M. A (2008). Diarios de clase: un instrumento de investigación y desarrollo profesional. Madrid: Narcea.


    Complementaria:
    FUENTES, E. e GONZÁLEZ SANMAMED, M. (2006). “Del alumno a profesor: análisis de las tareas realizadas durante las prácticas escolares”. Revista galego-portuguesa de psicoloxía e educación. Vol. 13, n. 11-12, p. 277-294.
    FUENTES, E.; GONZÁLEZ SANMAMED, M. e RAPOSO, M. (2007). Contribuciones de las materias teórico-prácticas y del practicum al desarrollo de la tarea ‘comprender la enseñanza’. 9º Symposium Internacional sobre el Practicum y las Prácticas en Empresas en la Formación Universitaria. Santiago: USC.
    PORTO UCHA, A. S. (1994): “A innovación na escola. Problemas e posibilidades”, Innovación Educativa, 3, pp. 145-156.
    ZABALZA, M. (Coord.): Actas dos dez Congresos Internacionais sobre o Practicum. Poio (Pontevedra).
    Revistas
    Aula de Innovación Educativa, Cuadernos de Pedagogía, Innovación Educativa, Organización y Gestión Educativa, Revista de Educación, Adaxe, Revista Galega de Educación, Revista Galega do Ensino, entre outras.

    Competencias
    Xerais: Todas. Preferentemente neste Practicum III:
    - Coñecer a organización dos centros de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Analizar o desempeño das funcións de titorización e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singularidades educativas do alumnado. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
    - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e promovelo entre os/as estudantes.
    - Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos seus profesionais nos centros de educación primaria. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
    Específicas: Todas as da disciplina:
    - Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión da mesma.
    - Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima de aula que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
    - Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e en particular o do ensino-aprendizaxe, mediante o dominio das técnicas e estratexias necesarias.
    - Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social.
    - Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
    - Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando sobre a práctica.
    - Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poden establecer nun centro.
    - Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes de 6-12 anos.
    - Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social.

    Básicas (de acordo co Marco Español de Cualificaciones para la Educación Superior (MECES):
    - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
    - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
    - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público, tanto especializado como non especializado.
    - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
    Transversais:
    T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
    T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
    T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
    T.4.- Competencia informacional.

    Metodoloxía da ensinanza
    No desenvolvemento desta disciplina, podemos distinguir entre actividades presenciais no centro universitario que serán coordinadas polo profesor universitario (“supervisor”) e actividades presenciais no centro escolar que serán orientadas polo profesor ou profesora responsable da aula (“titor”).

    Actividades presenciais no centro universitario
    Desenvolveranse en tres fases: fase preparatoria, fase de seguimento e fase de avaliación final. Os agrupamentos do alumnado nestas fases poden ser diversos.

    Actividades nos centros de prácticas
    A fase de estancia nos centros desenvolverase en centros públicos ou privados, seguindo a xornada habitual dun profesor e permanecendo nos mesmos determinados días á semana (outubro-decembro). As actividades durante esta fase centraranse no centro escolar e nos procesos de innovación e mellora na aula ou no propio centro. O alumnado en prácticas ha de coñecer os procesos de innovación e mellora que se desenvolven no centro e participar no mesmo, así como tomar iniciativas detectando aspectos problemáticos da práctica, comprometéndose con propostas de cambio.
    Nas horas de traballo autónomo centrarase na análise e interpretación da realidade da práctica na aula e no centro e na elaboración de propostas de innovación e mellora.
    O titor do centro realiza unha función fundamental, axudando ao alumnado nas actividades citadas. As sesións de supervisión na universidade tamén adquiren un papel moi relevante. Estas actividades son fundamentais para o desenvolvemento das competencias ligadas ao Practicum III, con especial énfase nas tres específicas últimas, á vez que se pretende un maior nivel de elaboración de conclusións en torno ás posibilidades de relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro e profundar no desenvolvemento das demais competencias ligadas ao Practicum.

    Sistema de evaluación
    Realización de tarefas en relación coa aprendizaxe da profesión segundo valoración do titor do centro escolar e/ou do supervisor universitario: 45%
    Avalíanse todas as competencias, con preferencia das xa citadas para esta disciplina, (sobre todo no que se refire a asumir o exercicio da función docente).
    - Informe de avaliación do titor e/ou do centro: 35%
    - Plan de Practicum que contemple o proxecto de actividades a realizar polo alumnado e o proxecto de proposta de mellora ou innovación, que deberá ser entregado ao supervisor universitario o 4 de novembro en horario de titoría e deixarase unha copia ao titor/a do centro: 10%

    Participación nas actividades de preparación, seguimento e entrega do traballo final: 10%
    Avalíanse todas as competencias, con preferencia das xa citadas para esta disciplina.

    Informes escritos e outras producións, segundo valoración do supervisor universitario: 45%
    Avalíanse todas as competencias, con preferencia das xa citadas para esta disciplina, (sobre todo no que se refire a asumir o exercicio da función docente)

    O INFORME (45% de puntuación na avaliación)
    A) Comprende:
    A.1. Introdución referida ao centro: datos xerais do centro, análise de documentos relacionados cos procesos de mellora e innovación. Peso en 5%
    A.2. Participación na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando sobre a práctica. Esta participación pódese recoller a través da elaboración dun diario de prácticas (no que se inclúa información de carácter descritivo e reflexivo sobre a estadía no centro, por exemplo, planificación e desenvolvemento de actividades, análise dos elementos curriculares –obxectivos, contidos, metodoloxía, avaliación-, deseño e utilización de recursos e materiais didácticos, clima, interacción profesor/a-alumnado, organización da clase, etc.). Peso en 15%
    A.3. Proposta de proceso de mellora ou innovación: Peso en 25%
    O/a estudante elaborará unha proposta titorizada polo seu supervisor, que pode estar relacionada cos contidos da carta de presentación remitida aos centros, nos que se identificaban aspectos como: atención a dificultades de aprendizaxe, plan de acción titorial, atención á diversidade, plan de convivencia, programas de inmersión lingüística para alumnado estranxeiro, proxectos de educación medioambiental, emprego de TICs, etc.
     A proposta atenderá, en xeral, aos seguintes puntos:

    Primeira parte.
    Xustificación da proposta de innovación ou da necesidade da proposta de mellora
    Segunda parte. Proposta de acción
    Nome que recibe a proposta.
    Integración na aula ou no centro
    Obxectivos
    Actividades que contempla
    Metodoloxía e técnicas de traballo
    Prazos e calendario
    Recursos e medios necesarios
    Instrumentos de avaliación previstos
    Bibliografía para a proposta
    Conclusións
    A.4. Bibliografía e documentación revisada para a elaboración do Informe ou Memoria
    A.5. Anexos
    B) Aspectos formais do Informe ou Memoria:
    B.1. Impresa en DIN A4 polas 2 caras
    B.2. Portada: datos de identificación (alumno/a, centro, titor/a no centro, curso ou ciclo de Educación Infantil)
    B.3. Índice e paxinación: Introdución referida ao centro; Participación na actividade docente (Diario, se é o caso); Proposta de mellora ou innovación; Bibliografía; Anexos.
    B.4. Extensión: 30-40 páxinas.

    PERIODO DE ESTADIA. Atendendo ao contemplado no artigo 3.5 da "Resolución do 15 de xuño de 2011, pola que se publica a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións", o alumnado que tendo asistido ás sesións expositivas e titorías obrigatorias, desenvolto adecuadamente o seu periodo na institución, e tendo un informe favorable do titor/a da institución, non entregue a memoria na data fixada para a oportunidade de maio nin de xullo, ou esta non se avalíe positivamente, no curso 14-15 non terá que volver a desenvolver o seu practicum na mesma ou noutra institución, manténdose a cualificación correspondente aos apartados 1, 2 e 3, debendo só elaborar a memoria de practicum para ser avaliado/a.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades presenciais
    Actividades en grupo mediano: 20 horas
    Actividades en grupo pequeno ou individuais (inclúe prácticas escolares en centros: 180
    Total: 200 horas

    Actividades de traballo autónomo
    Actividades en grupo mediano: 20 horas
    Actividades en grupo pequeno ou individuais (inclúe prácticas escolares en centros): 80 horas
    Total: 100 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Ter aprobado Practicum I e II e adquirido competencias mínimas en disciplinas que aborden a observación e comprensión da vida de aula, do centro e das tarefas do profesorado, procesos de planificación curricular, organización de ambientes de aula e desenvolvemento de estratexias de intervención en aulas de Educación Primaria, así como aquelas relacionados cos procesos de planificación e organización de centros escolares.