Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141422 - Ensino e Aprendizaxe de Competencias Comunicativas:Lingua e Literatura Castellanas (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Lingua Española
  • Áreas: Literatura Española, Didáctica da Lingua e a Literatura , Lingua Española
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
DIAZ GARCIA, MARIA TERESA.NON
LOPEZ SANDEZ, MARIA.SI
PEREZ-ABADIN BARRO, MARIA SOLEDAD.NON
SANCHEZ RODRIGUEZ, MARIA HELENA.NON
SANCHEZ RODRIGUEZ, MARIA HELENA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01 (J-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02 (A-I)OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo CLIS_01 (J-P)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (Q-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03 (A-I)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Poñer ao alcance dos estudantes os medios bibliográficos máis actualizados que lles permitan afrontar e resolver todas aquelas dúbidas que se lles formulen no uso diario da lingua castelá ou española.
    - Conseguir que o estudante sexa capaz de identificar e corrixir as desviacións gramaticais e léxicas máis frecuentes no uso común do español estándar.
    - Ofrecer aos alumnos os instrumentos apropiados para que coñezan a metodoloxía funcionalista na análise lingüística —especialmente na análise sintáctica— e a leven á práctica.
    - Procurar que os estudantes comprendan e valoren a importancia que, como lingua de cultura e como vehículo de relacións socioeconómicas internacionais, acadou no mundo actual a lingua española, insire moitas veces en contextos bilingües ou en situacións de contacto de linguas.
    - Coñecer o currículo da área de lingua e literatura española.
    - Reflexionar sobre a rendibilidade das diferentes competencias comunicativas no deseño e valoración de actividades.
    - Coñecer métodos, técnicas, xogos e exercicios de didáctica da lingua oral.
    - Coñecer as principais correntes de metodoloxía lecto-escritora existentes na actualidade e a súa aplicación na aula de Educación Primaria, así como os métodos e técnicas máis eficaces e actuais para a progresión lectora e para o perfeccionamento lector.
    - Coñecer a metodoloxía do comentario de textos e a súa aplicación na aula de Educación Primaria.
    - Coñecer textos líricos, narrativos e dramáticos para a didáctica na Educación Primaria.
    - Coñecer os instrumentos creativos do texto literario para converter os alumnos de Educación Primaria en lectores creativos.
    - Saber utilizar a prensa na escola como material didáctico e como medio de información, orientación, formación, distracción e diversión; coñecer o proceso técnico e creativo da prensa na escola.
    Contidos
    BLOQUE I. LINGUA ESPAÑOLA

    1. A lingua española na sociedade. A lingua estándar como referente da docencia.

    2. A comunicación oral. Características específicas.

    3. A comunicación escrita. Características específicas.

    4. Estratexias para a corrección, adecuación e textualización.

    BLOQUE II. LITERATURA ESPAÑOLA

    1. Panorama histórico da literatura en lingua castelá.

    2. Autores e textos representativos da literatura en lingua castelá.

    3. Comentario literario de textos en prosa.

    4. Comentario literario de textos poéticos.

    BLOQUE III. DIDÁCTICA DA LINGUA E A LITERATURA

    1. O currículo da área da lingua e literatura españolas en Educación Primaria. Fixación de obxectivos e secuenciación de contidos. Criterios de avaliación.

    2. Destrezas comunicativas. Comprensión oral e escrita. Expresión oral e escrita. Interacción oral e escrita.
    – A lingua oral do alumno. Competencia lingüística. Compoñentes da linguaxe. Competencia comunicativa. Variedades na aula. Recursos e materiais. Avaliación das aprendizaxes.
    – A lingua escrita do alumno. Enfoques metodolóxicos de lectoescritura. Modelos do proceso de composición escrita. Recursos e materiais. Avaliación das aprendizaxes.

    3. A literatura na aula. Competencia literaria. Promoción da lectura. Didáctica do texto narrativo, dramático e lírico. Os obradoiros literarios.

    Bibliografía básica e complementaria
    BLOQUE I. LINGUA ESPAÑOLA
    CARRATALÁ, F.: Manual de ortografía española. Acentuación, léxico y ortografía, Madrid, Castalia, 1997.
    GÓMEZ TORREGO, L.: Nuevo manual de español correcto, Madrid, Arco/Libros, 2 vols., 2002-03.
    REAL ACADEMIA ESPAÑOLA: Diccionario de la lengua española, Madrid, Espasa-Calpe, 2001.
    REAL ACADEMIA ESPAÑOLA: Diccionario panhispánico de dudas, Madrid, Santillana, 2005.
    REAL ACADEMIA ESPAÑOLA: Nueva gramática básica de la lengua española, Madrid, Espasa, 2011.
    REAL ACADEMIA ESPAÑOLA: Nueva gramática de la lengua española. Manual, Madrid, Espasa, 2010.
    REAL ACADEMIA ESPAÑOLA: Ortografía de la lengua española, Madrid, Espasa, 2010.
    ROJO, G. & T. JIMÉNEZ JULIÁ: Fundamentos del análisis sintáctico funcional, Santiago de Compostela, Univ. de Santiago de Compostela, 1989.
    SECO, M.: Diccionario de dudas y dificultades de la lengua española, Madrid, Espasa-Calpe, 10.ª ed. revisada y puesta al día, 1998.

    BLOQUE II. LITERATURA ESPAÑOLA
    BRAVO VILLASANTE, C. (1988): Historia y antología de la literatura infantil universal. Valladolid: Miñón.
    CABO ASEGUINOLAZA, F., (2001): Infancia y modernidad literaria. Madrid: Biblioteca Nueva.
    ESTÉBANEZ CALDERÓN, D. (1996): Diccionario de términos literarios. Madrid: Alianza.
    GÓMEZ YEBRA, A. (1988): El niño pícaro literario en los siglos de oro. Barcelona: Anthropos.
    LÁZARO CARRETER, F. & E. CORREA CALDERÓN (2001): Cómo se comenta un texto literario. Madrid: Cátedra.
    PEDRAZA JIMÉNEZ, F. & M. RODRÍGUEZ-CÁCERES (1997): Las épocas de la literatura española. Barcelona: Ariel.
    PEDRAZA JIMÉNEZ, F. & M. RODRÍGUEZ-CÁCERES (2001): Historia esencial de la literatura española. Madrid: EDAF.

    BLOQUE III. DIDÁCTICA DA LINGUA E A LITERATURA
    CASSANY, D. (2011): Construir la escritura. Barcelona: Paidós.
    CASSANY, D. (2012): En línea: leer y escribir en la red. Barcelona: Anagrama.
    COLOMER, T. (1999): Introducción a la literatura infantil y juvenil. Madrid: Síntesis.
    ESCAMILLA GONZÁLEZ, A. (2009): Las competencias en la programación de aula. Infantil y primaria (3-12 años). Barcelona: Graó.
    FERNÁNDEZ LÓPEZ, I. (2009): ¿Cómo hablan los niños? El desarrollo del componente fonológico en el lenguaje infantil. Madrid: Arco Libros.
    GALERA NOGUERA, F. (2003): Didáctica de la lengua y la literatura para Educación Primaria, coord. por Antonio Mendoza Fillola. Madrid: Pearson Educación.
    GONZÁLEZ PIÑEIRO, M., C. GUILLÉN DÍAZ & J. M. VEZ JEREMÍAS (2010): Didáctica de las lenguas modernas. Competencia plurilingüe e intercultural. Madrid: Sintesis.
    INSTITUTO CERVANTES (2012): El libro del español correcto: claves para hablar y escribir bien en español. Madrid: Aguilar.
    LÓPEZ HORTAS, P. & L. CALDERÓN SOTO (2004): Gramática y ortografía para Primaria. Madrid: Santillana.
    MARTÍN VEGAS, R. A. (2009): Manual de didáctica de la lengua y la literatura. Madrid: Síntesis.
    MENDOZA FILLOLA, A. (2004): La educación literaria. Bases para la formación de la competencia lecto-literaria lectora. Málaga: Aljibe.
    MENDOZA FILLOLA, A. et al. (1996): Didáctica de la lengua para la Enseñanza Primaria y Secundaria. Madrid: Akal.
    PÉREZ ESTEVE, P. & F. ZAYAS (2007): Competencia en comunicación lingüística. Madrid: Alianza Editorial.
    SÁNCHEZ LOBATO, J. & I. SANTOS GARGALLO (2004): Vademécum para la formación de profesores. Enseñar español como segunda lengua (L2)/lengua extranjera (LE). Madrid: SGEL.
    SÁNCHEZ MIGUEL, E. (2010): La lectura en el aula: qué se hace, qué se debe hacer y qué se puede hacer. Barcelona: Graó.

    Competencias
    XERAIS
    G.1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
    G.2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente coma en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
    G.3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
    G.4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
    G5. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
    G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.

    ESPECÍFICAS
    E45. Adquirir formación literaria e coñecer a literatura infantil.
    E46. Coñecer o currículo escolar das linguas e a literatura.
    E47. Falar, ler e escribir correcta e axeitadamente nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
    E48. Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino.
    E49. Fomentar a lectura e animar a escribir.
    E53. Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.

    BÁSICAS
    B.1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e que se adoita encontrar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
    B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.
    B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.

    TRANSVERSAIS
    T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
    T4. Competencia informacional.

    Metodoloxía da ensinanza
    1. SESIÓNS EXPOSITIVAS
    Nas clases expositivas de gran grupo trataranse os contidos que supoñan unha maior dificultade de comprensión. Partirase dos conceptos máis básicos e universais, fundamento do contido da materia. Atenderanse, ademais, as dificultades iniciais de aprendizaxe. Este apoiarase inicialmente na exposición do profesor, reforzándoo coas correspondentes actividades prácticas relacionadas con estes contidos.

    2. SESIÓNS INTERACTIVAS
    As clases interactivas de grupo reducido consistirán no emprego de recursos de aprendizaxe como o debate, o estudo de casos, etc., de modo que supoñan unha considerable participación activa do alumnado e do grupo. Así, buscarase favorecer o desenvolvemento de competencias do tipo análise / síntese, pensamento crítico, comunicativas, etc., ademais das propias do módulo e da materia.

    3. TITORÍAS DOCENTES PROGRAMADAS
    O alumnado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido co obxecto de orientar a súa aprendizaxe e o traballo persoal complementario para o desenvolvemento das competencias atribuídas á materia.

    4. ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
    No traballo persoal do alumnado prestarase especial atención á lectura, comentario, e debate de documentos, así como á exposición dos seus traballos, para potenciar as súas capacidades comunicativas (especialmente falar en público), a aprendizaxe autónoma e o traballo cooperativo.

    5. ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
    Na avaliación atenderase fundamentalmente ao grao de consecución das competencias traballadas nas sesións expositivas, nas interactivas e nas titoriais.
    Sistema de evaluación
    De acordo coa ficha da materia, a observación da participación na aula suporá un 10% da cualificación; as probas específicas (exame), un 50%; e os traballos de tipo práctico, orais e escritos, o 40% da cualificación. A natureza dos traballos prácticos adaptarase a cada un dos bloques de contido.
    Cadro resumo:


    Observación da participación na aula 10%
    Probas específicas (exame) 50%
    Traballos prácticos (orais e escritos) 40%

    O peso da cualificación distribuirase entre os tres bloques, correspondendo por tanto un tercio da cualificación global ao bloque de contidos didácticos, outro tercio ao de contidos lingüísticos e outro aos literarios. A nota final resultará de obter a media aritmética da cualificación dos tres bloques.
    Cando a avaliación se faga a través dun exame final, corresponderá igualmente a cada un dos tres bloques de contido un tercio da cualificación.


    CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:
    1. AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON EXENCIÓN PARCIAL DE ASISTENCIA E ACTIVIDADES PRESENCIAIS (DISPENSA).
    Este alumnado deberá poñerse en contacto coas profesoras da materia nos quince primeiros días de clase do primeiro semestre para concretar o plan de traballo e o sistema de avaliación.



    OUTRAS CONSIDERACIÓNS DE INTERESE:
    Á parte das indicacións específicas sobre avaliación que se indiquen oportunamente, son criterios principais para avaliar o rendemento académico do alumnado:
    1. A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos e incorporalos á formación do futuro docente de Educación Primaria.
    2. O coñecemento e dominio dos principais conceptos, teorías e métodos da materia e a capacidade para relacionalos coa didáctica, a lingua e a literatura castelá.
    3. A habilidade para integralos no saber do alumnado, futuro docente de Educación Primaria.
    4. A competencia para saber aplicar os coñecementos aprendidos na resolución de casos prácticos.
    5. A calidade da actividade preparatoria autónoma que inclúe, ademais do contido, a presentación pulcra e ordenada das actividades e a súa entrega nos prazos indicados.
    6. A competencia lingüística oral e escrita, manifestada na propiedade e corrección expresivas.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Como consta na Memoria da titulación, nesta materia está previsto que o alumnado dedique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula e 99 a traballo autónomo e preparatorio. Sobre o traballo do alumnado, á parte das orientacións que o profesorado vaia dando a coñecer, véxase o seguinte apartado deste programa ("Recomendacións para o estudo da materia").

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías.
    - Atender as orientacións específicas do profesorado da materia en canto a temporalización, realización de informes, manexo de fontes e recursos, metodoloxía de traballo...
    - Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación fixada. Non deixar a preparación da materia para final de curso.
    - Ter a man fontes para preparar o traballo de aprendizaxe nesta materia (especialmente algún dicionario ou léxico de lingüística e ensino de linguas) e consultalas tanto para aprender coma para afianzar conceptos.
    - Esforzarse por mellorar a competencia lingüística oral e escrita. Poñer atención ao discurso e expresarse con propiedade e de forma clara.
    Observacións
    O alumnado que necesite dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta para estes efectos aqueles casos que fosen valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/es/servizos/sepiu/integracion.html.

    RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.