G3141423 - Ensino e Aprendizaxe do Coñecemento do Medio (Didáctico-Disciplinar) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais, Didáctica das Ciencias Experimentais
- Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica das Ciencias Experimentais
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaD. ........................., Días .........., de HH:MM a HH:MM no despacho ....... do departamento de ....................
O alumnado deberá adquirir os coñecementos relacionados coa fundamentación do ensino e aprendizaxe do coñecemento do medio natural, social e cultural, propio da etapa de Educación Primaria, necesarios para:
1. Comprender os conceptos, teorías e principios que lles permitan dispoñer de marcos interpretativos para a aprendizaxe-ensinanza da Área de Coñecemento do medio natural, social e cultural.
2. Analizar e valorar a estrutura curricular da Área de Coñecemento do medio natural, social e cultural.
3. Elaborar propostas de ensinanza fundadas nas teorías anteriores utilizando adecuadamente diferentes recursos didácticos propios da Área
4. Buscar información e elaborar e presentar de forma oral e escrita informes sobre diferentes contidos propios da Área de Coñecemento do Medio
5. Analizar e valorar manuais escolares e materiais didácticos da Área de Coñecemento do Medio
ContidosTEMA 1.- O Coñecemento do Medio natural, Social e Cultural na Educación Primaria
1.1.- Concepto de Medio. Evolución e perspectiva actual.
1.2.- A área de Coñecemento de Medio na educación Primaria
TEMA 2.- O coñecemento científico e as implicacións didácticas
2.1.- A ciencia hoxe: análise das relacións Ciencia-Tecnoloxía-Sociedade
2.2.- O desenvolvemento sostible como meta
TEMA 3.- Recursos educativos e propostas de ensino-aprendizaxe
3.1.- Os recursos educativos na Área de Coñecemento do Medio
3.2.- Deseño, desenvolvemento e avaliación de propostas de ensinanza
Bibliografía básica e complementariaa) Coñecemento do Medio Natural
Askasibar, I. e outros (2006) La sostenibilidad, un compromiso de la escuela. Barcelona: Graó
Carmen, L. del (1996) El análisis y secuenciación de contenidos educativos. ICE- Barcelona: Horsori
Charpak, G. (2006) Manos a la obra: Las Ciencias en la Escuela Primaria. Madrid: Siglo XXI
Díez, F. (Coord.) (2004) Perspectivas para las ciencias en la educación primaria. Madrid: MEC
Harlen, W. (1999) Enseñanza y Aprendizaje de las Ciencias. Madrid: MEC-Morata
Martí, J. (2012) Aprender ciencias en la educación primaria. Barcelona: Graó
Membiela, P. (Ed.) (2001) Enseñanza de las ciencias desde la perspectiva Ciencia- Tecnología- Sociedad. Madrid: Narcea
Pujol, R. M. (2003) Didáctica de las Ciencias en la Educación Primaria. Madrid: Síntesis
Rosaleny Soria, A. (Coord.) (2008) El desarrollo del pensamiento científico-técnico en Educación Primaria. Madrid: MEC
Sanmartí, N. (2007). Evaluar para aprender. Barcelona: Graó
Tann C. (1990) Diseño y desarrollo de unidades didácticas en la Escuela Primaria. Madrid: Morata/MEC
Xunta de Galicia (2007). Currículo da Educación Primaria. DOG, 9 xullo 2007.
Revistas: ALAMBIQUE, AULA de Innovación Educativa, Boletín ENCIGA
b) Coñecemento do Medio Social e Cultural
Bibliografia básica:
- Pagés, J., Santiesteban, A. (2011): Didáctica del Conocimiento del Medio Social y Cultural en la Educación Primaria. Madrid: Síntesis
- Trepat, C., Comes, P. (1998) El tiempo y el espacio en la didáctica de las ciencias sociales. Barcelona: Graó
- Murphy, J. (2011). Más de 100 ideas para enseñar historia. Primaria y secundaria. Barcelona: Graó
Bibliografía complementaria:
- AA.VV. (2002) La Geografía y la Historia, elementos del Medio. Madrid:MEC
- Bale, J. (1999). Didáctica de la geografía en la escuela primaria. Madrid: MEC/Morata
- Benejam, P. e outros (2002): Las ciencias sociales: concepciones y procedimientos. Barcelona: Graó
- Boira, J. e outros (1994): Espacio subjetivo y geografía. Valencia: Nau Llibres
- Cooper, H. (2002): Didáctica de la historia en la educación infantil y primaria. Madrid: Morata.
- Domínguez, Mª C. (Coord.) (2004) Didáctica de Ciencias Sociales para Primaria. Madrid, Prentice Hall.
- Feliú, M.; Hernánxez, F. X. (2011) 12 ideas clave. Enseñar y aprender historia. Barcelona, Graó.
- Hernández Cardona, F. X. (2002). Didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia. Barcelona: Graó.
- Herrero Fabregat, C. (1995): Geografía y educación. Sugerencias educativas, Huerga y Fierro, Madrid
- Prats, J. (Coord.) (2010) Materiales y recursos para enseñar historia, geografía y otras ciencias sociales. Barcelona, Graó.
- Souto, X. M. (1998) Didáctica de la Geografía. Problemas sociales y conocimiento del medio. Barcelona, Ediciones del Serbal
Revistas:
- Íber. Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia. Barcelona: Graó
- Aula de Innovación Educativa. Barcelona: Graó
CompetenciasXerais:
G1.- Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
G2.- Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G4.- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conforman os valores da formación cidadá.
G7.- Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
G9.- Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sostible.
G10.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes.
G11.- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Específicas:
E26/E32.- Coñecer o currículo escolar das ciencias experimentais e sociais.
E29.- Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sostible.
E30/E37.- Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes.
Básicas:
B1.- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5.- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
Transversais:
T1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4.- Competencia informacional.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e no seu protagonismo na aprendizaxe, intentando que o profesorado desenvolva basicamente o papel de mediador e guía no proceso de comunicación, interacción e creación de significados, estratexias, destrezas e actitudes na aula.
As actividades presenciais en grupo expositivo (24 horas) consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia por parte do profesorado, de modo que esta explicación se converta nun elemento importante cara á súa integración no proceso de construción de coñecementos por parte dos estudantes, que deberán empregar 35 horas de estudo autónomo para dominar os fundamentos da materia.
As actividades en grupo interactivo, como estratexia intermedia cara á comunicación co grupo de clase (24 horas), procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada fundamentalmente na resolución de problemas, o desenvolvemento de experiencias de laboratorio e no contorno, e o estudo de casos. Estas actividades requirirán 45 horas de traballo persoal do alumnado, coa fin de propiciar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que desenvolva a capacidade de expoñer publicamente os resultados do traballo realizado.
Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas, saídas ao campo …) serán orientadas polo profesorado, tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas sesións atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa materia.
Na medida do posible utilizarase o campus virtual da USC como ferramenta de comunicación.
Ao pretender unha metodoloxía participativa é indispensable a asistencia habitual a clase.
Sistema de evaluaciónNa avaliación terase en conta:
Parte 1:
a. Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula, no laboratorio e na saída de campo, incluíndo presentacións orais.
b. Elaboración dun portfolio e/ou outros traballos que comprendan unha reflexión didáctica sobre as actividades realizadas nas sesións interactivas.
Parte 2:
c. Proba escrita (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes expositiva e interactiva
A contribución de cada un dos apartados á cualificación final será:
- Apartado a: 15%
- Apartado b: 35%
- Apartado c: 50%
Para superar a materia será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 80% das clases, así como superar as partes 1 e 2, anteriormente citadas. A cualificación final será o resultado da media aritmética das cualificación obtidas nas partes do Medio Natural e Socio-cultural
Na convocatoria de maio e necesario obter, como mínimo, un 40% (4 sobre 10) na Parte 2 (apartado c) para que se lle poda sumar a puntuación de interactividade, Parte 1 (apartados a, b).
A cualificación acadada terase en conta nas seguintes avaliacións.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo plaxiado poderá supoñer o suspenso na materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser usado para varias materias, salvo programarse de maneira coordinada.
O alumnado repetidor e con exención de docencia deberá falar cos docentes en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre no primeiro caso e na mesma semana da solicitude da exención no segundo, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia.
Tempo de estudo e traballo persoalEsta é unha materia de 6 ECTS (150 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva presencial de 24 horas expositivas, 24 horas interactivas ou de laboratorio, e 3 horas de titorías.
Considérase que as 99 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado do seguinte xeito:
- Estudo autónomo, lecturas recomendadas e actividades en biblioteca ou similares, preparación de debates e preparación de probas: 35 horas
- Lecturas sobre a parte práctica, programación de traballos prácticos, escritura de traballos e conclusións, e preparación de presentacións orais: 45 horas.
- Preparación individual de probas escritas e de presentacións orais, revisións de probas de avaliación, e orientación e seguimento de traballos prácticos: 19 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaA metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, recoméndase a asistencia a clase e a participación activa nas actividades propostas.
A análise da problemática de aprendizaxe, así como a análise e a actualización dos contidos científicos, implican a busca de información nas fontes correspondentes e a súa atenta lectura.