Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141441 - Educación en Contextos Rurais (Optativas Xerais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
  • Áreas: Teoría e Historia da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
IGLESIAS DA CUNHA, MARIA LUCIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Esta materia pretende encetar nos plans de estudo desta Facultade un espazo de coñecemento, reflexión e valorización do mundo rural en sentido explícito, con especial atención ao caso do rural galego, apostando por ofrecer unha formación inicial en materia de educación no rural para os futuros mestres e mestras galegas.

    Conceptuais (saber):
    - Coñecer os referentes identificadores fundamentais da educación, nun senso amplo, que se desenvolve en contextos rurais, hoxe de complexa definición, nos seus elementos máis destacados (didáctica, organización escolar, familias, conexión co medio, intercambio interxeracional, patrimonio lingüístico e cultural, innovación social).
    - Coñecer as respostas pedagóxicas e organizativas que en Galiza e noutros contextos se lles deu historicamente e se lles está a dar ás necesidades educativas das zonas rurais.
    - Coñecer os distintos tipos de escolas presentes en contextos rurais, e as diversas institucións, entidades e movementos que traballan nos nosos días polo medio rural galego.
    - Coñecer iniciativas innovadoras a prol da dinamización sociocultural rural e difundir experiencias educativas singulares e boas prácticas pedagóxicas realizadas en escolas rurais.

    Procedimentais (saber facer):
    - Saber analizar diversas políticas de desenvolvemento rural, as mudanzas históricas e problemáticas que afectan ao noso medio rural, e a súa sustentabilidade en termos socioeconómicos, ambientais, culturais e educativos.
    - Reflexionar e argumentar sobre a transcendencia do feito educacional e da función docente no contorno rural, con especial atención ao caso galego, e sobre a promoción de liñas de traballo colaborativo (comunidades de aprendizaxe, traballo e formación en rede).
    - Saber identificar os valores sociais e pedagóxicos positivos das escolas rurais (por exemplo, os grupos multinivel, ou a participación das familias), e saber aplicalos mesmo en contextos escolares non estritamente rurais.
    - Saber elaborar e presentar traballos académicos, tanto na cuestión de forma como na de contido, tanto oralmente como por escrito.

    Actitudinais (saber ser):
    - Tomar conciencia da necesidade de que a educación debe sempre adaptarse ás persoas e ao medio, e con máis razón nos contornos rurais, poñendo en valor o desenvolvemento autocentrado e o empoderamento.
    - Apreciar a contribución da escola rural ao desenvolvemento dos habitats rurais medio (contra do despoboamento), á potenciación da cultura popular, e ao reequilibrio territorial.
    - Comprometerse eticamente coa educación no rural, co servizo social que esixe e coa dignidade das persoas coas que profesionalmente as mestras e mestres rurais se relacionan (nenas e nenos, familiares, todo o persoal da escola, representantes institucionais, diversos axentes da comunidade).
    - Recoñecer, sendo que tamén é función da educación asegurar o presente e o futuro dos nosos sinais de identidade, que a escola rural pode ter un papel fundamental na defensa da lingua e cultura propia, fronte ás ameazas provenientes da globalización dos mercados e da homoxeneización cultural e o pensamento único.
    - Valorar o considerable papel social que cumpren as diferentes manifestacións educativas non formais e informais: a educación dos avós/avoas, os xogos populares, os quefaceres agropecuarios, o lecer comunitario coa veciñanza, etc.
    - Apostar por unha educación democrática baseada na equidade e no respecto aos dereitos humanos, que axude a conformar os valores dunha cidadanía activa e crítica, comprometida co presente pero tamén co futuro, na defensa das liberdades públicas, do estado do benestar, da sustentabilidade ambiental, e dos sinais propios de identidade cultural.

    Contidos
    Tema 1. Caracterización dos contextos rurais; o caso galego. Permanencias, crises e cambios.
    Tema 2. Contextos rurais e educación. Prácticas sociais e prácticas escolares.
    Tema 3. Historia recente da educación rural en Galiza.
    Tema 4. Lexislación e modelos de organización da escola rural.
    Tema 5. Metodoloxías didácticas ao servizo da escola rural; organización do tempo e do espazo; currículo por competencias; grupos multinivel; comunidades de aprendizaxe; método de proxectos; contacto co medio social e natural; intercambios; TIC.
    Tema 6. Experiencias pedagóxicas innovadoras e boas prácticas en contextos rurais.
    Tema 7. O papel da mestra ou mestre rural; dinamización comunitaria; traballo en rede; formación continua; desenvolvemento profesional adaptado.
    Tema 9. Entidades e colectivos a prol do desenvolvemento social, cultural e educativo rural en Galiza.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    Boix, Roser (coord., 2004): La escuela rural: funcionamiento y necesidades. Madrid: CissPraxis.
    Bustos, Antonio (2011): La escuela rural. Barcelona: Mágina-Octaedro.
    Costa Rico, Antón (2007): “A escola que mudou: Dinámicas, innovacións e experiencias na educación en Galicia (1961-2000)”. Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación, nº 11, pp. 7-36.
    Mesa galega de educación no rural (2006): A educación no rural en Galiza. Sada: Eds. do Castro.
    Seminario Educación Infantil Nova Escola Galega (1992): Outras aulas, outras escolas. Vigo: Xerais.
    Simón Fernández, X. Prado Orbán, X. (eds) (2006): Cultura tradicional e desenvolvemento rural. Vigo: Universidade de Vigo.

    Bibliografía complementaria:
    AA.VV. (2008): “Monográfico: a vida nas aldeas”. Arraianos, VII, 158 páxs.
    Boix, Roser (1995): Estrategias y recursos didácticos en la escuela rural. Barcelona: Graó.
    Bustos, Antonio (2007): “Enseñar en la escuela rural: aprendiendo a hacerlo. Evolución de la identidad profesional en las aulas multigrado”. Profesorado. Revista de currículum y formación del profesorado, 11, 3, 26 páxs. http://www.ugr.es/~recfpro/rev113COL5.pdf
    Caride, José Antonio e Trillo, Felipe (dirs., 2010): Dicionario galego de Pedagoxía. Vigo: Xunta de Galicia-Galaxia.
    Caride, José Antonio (1994): “A educación no medio rural”, en Consello Escolar de Galicia; Informe sobre a situación e estado do sistema educación en Galicia. Curso 1992-93. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, pp. 340-347.
    Costa Rico, Antón (2009): “La escuela rural como escenario educativo de la conquista de la igualdad”, en Santos Rego, M. A. (ed.): Políticas educativas y compromiso social. El progreso de la equidad y de la igualdad. Barcelona: Octaedro, pp. 157-168.
    Costa Rico (Ed.) (2010): Luis Bello, Viaje por las escuelas de Galicia. Vigo: Nigratrea.
    Dapía, María Dolores e Cid, Xosé Manuel (coords., 2000): 25 anos de pedagoxía Freinet en Galicia: da escola rural á educación social. Actas das Xornadas sobre os 25 anos de Freinet en Galicia. Vigo: Universidade de Vigo.
    De la Fuente, Manuel (2009): Maestra rural y cambio social. Un estudio sobre el papel de la maestra en la transformación histórica, política y social. Santander: Consejería de Educación de Cantabria.
    Ferradás, Lois (2004): Medrando na comunidade. A contribución de Preescolar na Casa á educación infantil en Galicia. Lugo: Fundación Preescolar na Casa.
    Fidalgo, José Antonio (1988): Antropología de una parroquia rural. Ourense: Caixa Rural de Ourense.
    Gradaílle Pernas, R. (2004): Educación e socialización da muller na Galicia rural. Sada: O Castro.
    López González, Francisco Javier (coord., 2011): O rural galego a debate. Unha visión dende o Foro Rural Galego. Lugo: Foro Rural Galego.
    Morán, Carmen e Rouco, Javier Francisco (1998): “La educación infantil en el medio rural: ni completa ni rural”. Aula de Innovación Educativa, 77, 37-42.
    Neira, Xosé (2011): Memorias dun neno labrego. Vigo: Galaxia [ed. or., 1961].
    Paz, Sara e Armesto, Celia (coords., 1999): Preescolar na casa. Educación infantil familiar: unha utopía realizable. Lugo: Cáritas Lugo.
    Prado, Santiago (2007): Novas minorías nas institucións educativas. O alumnado con procedencia rural na Terra de Melide. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
    Reimóndez, María (2012): En vías de extinción. Vigo: Xerais.
    Seminario Educación Infantil Nova Escola Galega (1992): Outras aulas, outras escolas. Vigo: Xerais.
    Suárez, Mercedes (2004): “O camiño de ida e volta á escola: crónicas autobiográficas da escola rural galega”. Innovación educativa, 14, 357-367.
    Zabalza, M. (Dir.): (1998): A educación infantil en Galicia (de 3 a 6 anos). Informes. Santiago: Consello escolar de Galicia/ Xunta de Galicia.
    Revista Galega de Educación, Monográfico sobre Educación no Rural; nº 3 (1986).

    PUBLICACIONES PERIÓDICAS e series editoriais:
    Revista Galega de Educación, Revista Galega do Ensino, Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación, Gran Enciclopedia Gallega, Gran Enciclopedia Galega, Cuadernos de Pedagogía, Aula de Innovación Educativa.

    www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
    www.patrimoniogalego.net
    http://www.memoriadagaliza.com/pmdga.php
    www.nova-escola-galega.org
    www.usc.es/snl
    www.culturagalega.org
    www.editoresgalegos.org
    www.mrp.cat.


    Competencias
    De acordo cos obxectivos sinalados, e de acordo coas competencias xerais e básicas da Titulación, as competencias específicas da Materia, pretenden que o alumnado:

    - Saiba analizar a práctica docente e as condicións institucionais que a enmarcan.
    - Aprenda a valorar o trascendente papel social que cumpren as distintas manifestacións educativas nos contornos rurais.
    - Recoñeza e discrimine criticamente as diferentes posibilidades organizativas e didácticas da acción escolar no medio rural.
    - Saiba identificar estratexias didácticas adecuadas ao traballo con grupos de aula multinivel.
    - Incorpore destrezas comunicativas e colaborativas favorables á acción colaborativa escolar e social con apertura á tarefas e proxectos innovadores de desenvolvemento e innovación nos contornos rurais.
    - Madure actitudes e valores favorables ao compromiso ético e ao exercicio da responsabilidade social cara a construción dunha sociedade xusta e democrática.

    Metodoloxía da ensinanza
    Nas sesións de clase haberá oportunidade de relatar e valorar experiencias de vida e de memoria colectiva e familiar, examinar algún documental sobre o medio rural con atención ao educativo, descubrir experiencias pedagóxicas e iniciativas innovadoras, coñecer referentes persoais comprometidos co medio rural, presentar materiais didácticos e debater sobre libros ou artigos relevantes, coa intención de que o alumnado adquira unha visión holística e multidimensional sobre o papel que en tal contexto cumpre a educación e o rol que o mestre/mestra queiran xogar, e sobre a necesidade da dinamización sociocultural rural.
    O alumnado desenvolverá traballo autónomo de lectura e reflexión sobre textos básicos e ou complementarios sobre educación en contextos rurais e diversas actividasdes de indagación, para a súa comunicación na aula, segundo indicacións que se sinalarán no inicio lectivo das actividades docentes.

    Sistema de evaluación
    As actividades avaliables serán as seguintes:

    a) informes de grupo;
    b) realización individual de puntuais comentarios escritos e de Fichas de lectura sobre a materia;
    c) Exame final.

    Os criterios de valoración serán os seguintes:
    1) A realización de pequenos traballos e prácticas nas sesións interactivas, como as sinaladas nos anteriores apartados alcanzará un peso porcentual do 40% na calificación final global.
    2) A realización, entrega e presentación dos Informes de elaboración grupal alcanzará un peso porcentual do 20% do total da calificación global.
    3) A realización dunha proba escrita final terá un peso específico do 40% da nota final da materia.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    113 horas totais (38,25 presenciais e 74,75 de traballo autónomo), que se reparten do seguinte xeito:
    - Actividades expositivas en grupo grande: 18 horas presenciais e 25 de traballo autónomo.
    - Actividades interactivas en grupo mediano: 18 horas presenciais e 36 de traballo autónomo.
    - Actividades titoriais en grupo pequeno: 2,25 horas presenciais e 13,75 de traballo autónomo.



    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia continuada ás aulas e participación activa nelas.

    - Realización do conxunto dos traballos e actividades programadas.


    No que cómpre aos traballos que elabore o alumnado, estes deberán respectar as seguintes condicións:

    1. Normas de estilo e formato: ver www.usc.es/gl/servizos/snl/asesoramento/index.html, especialmente os apartados “Corrección de textos”, “Recursos” e “Criterios lingüísticos”.

    2. Aforro enerxético: cada traballo escrito será presentado con folios tamaño DIN A4, grampados (ou encadernados en espiral se o documento contén máis de 50 follas); non incluirá follas en branco no interior nin plásticos ou outros envoltorios innecesarios no exterior; na impresión utilícese calidade “aforro de tinta” ou“borrador”; sempre que sexa posible, empréguese papel escrito polas dúas caras, e mellor, reciclado; evítese abusar das negriñas, das maiúsculas, das cores, e de anexos que non teñan relación cos temas desenvolvidos.

    Observacións
    O Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).

    Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilitar unha "mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa".

    Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.