G3141447 - Educación Ambiental e a súa Didáctica (Optativas Xerais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Experimentais
- Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica da Matemática
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo central é que o alumnado adquira un marco referencial teórico-práctico que lle permita deseñar e desenvolver estratexias didácticas axeitadas para o ensino da Educación Ambiental na Educación Infantil e Primaria en Galicia.
Os estudantes serán capaces de construír unha conceptualización básica da Educación Ambiental e dos seus obxectivos básicos, tendo en conta a idea e principios de sustentabilidade como unha cuestión fundamental; e de aplicar a metodoloxía de resolución de problemas a problemas ambientais concretos e próximos. Asemade, coñecerán a realidade e dificultades acerca da integración da Educación Ambiental no ensino básico e deberán estar capacitados para deseñar e promover estratexias didácticas cara a devandita integración.
ContidosParte expositiva:
Tema 1.- Introdución a Educación Ambiental
1.1.- A Educación Ambiental: a súa orixe e breve revisión histórica
1.2.- Conceptualización básica da Educación Ambiental: funcións e obxectivos
Tema 2.- Desenvolvemento da Educación Ambiental en Ed. Infantil e Primaria
2.2.- A Educación Ambiental e o seu desenvolvemento práctico: revisión de aspectos metodolóxicos
2.2.- Cara a unha pedagoxía baseada nun modelo de proposta e resolución dos problemas ambientais
Tema 3.- A Educación Ambiental hoxe: revisión de aspectos concretos
3.1.- A alfabetización ecolóxica
3.2.- O funcionamento dos ecosistemas: a terra como ecosistema.
3.3.- Os problemas Ambientais. Problemas Sociais.
3.4.- O Desenvolvemento sustentable: conceptualización e principios
3.5.- A investigación educativa en educación ambiental
Tema 4.- A INTEGRACIÓN CURRICULAR DA Ed. AMBIENTAL EN Ed. INFANTIL E PRIMARIA
4.1.- A Transversalidade e a Educación Ambiental como dimensión transversal no currículo
4.2.- Articulación da Educación Ambiental cos obxectivos curriculares. Orientacións metodolóxicas
4.3.- Análise e deseño de proxectos e actividades de Educación Ambiental
Parte interactiva
Prácticas de Campo
Prácticas de Laboratorio
Deseño e implementación de actividades de E.A.
Bibliografía básica e complementariaCENEAM. LIBRO BLANCO DE LA EDUCACIÓN AMBIENTAL EN ESPAÑA: http://www.magrama.gob.es/es/ceneam/recursos/documentos/libro_blanco.aspx
DE HEREDIA, A. H. P., MANZANAL, R. F., CASTERA, P. F., ALBERO, C. M., MOURIÑO, F. L., SUÁREZ, P. Á., Y GONZÁLEZ, C. G. 2004. Educación ambiental: Propuestas para trabajar en la escuela. Graó. Barcelona
DELIBES, M. y DELIBES, M. 2005. La Tierra Herida. Destino. Madrid.
ESCUTIA, M., & ACEDO, M. E. 2009. El huerto escolar ecológico (Vol. 259). Graó. Barcelona
FREIRE, H. 2011. Educar en verde: Ideas para acercar a niños y niñas a la naturaleza. Graó. Barcelona
HART, R. A. 2011. La participación de los niños en el desarrollo sostenible, Ed. UNICEF- PAU educación, Barcelona.
LÓPEZ, R. Y GARCÍA J.A. 2004. A axenda 21 escolar galega [coordina, Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, Consellería de Medio Ambiente, Santiago de Compostela
MURGA, M.A. 2006. (coord.), Desarrollo local y Agenda XXI, Pearson Hall, Madrid,
NOVO M. 1995. La Educación Ambiental. Bases éticas, conceptuales y metodológicas. Universitas.
NOVO, M. 2009. El desarrollo sostenible. Editorial Universitas.
PARDO DÍAZ, A. 1995. La Educación Ambiental como proyecto. ICE Universidad de Barcelona/Horsori.
PEACOCK, A. T. 2006. Alfabetización ecológica en educación primaria . Ediciones Morata. Madrid.
PÉREZ, D. G., PEÑA, A. V., FERRER, L. T., VILALLONGA, R. M. P., NEGRE, J. S., CODINACH, T. F. VENTURA, C. C. 2006. La sostenibilidad, un compromiso de la escuela. Graó.
Bibliografía complementaria:
BERMEJO, R. 2005. La Gran transición hacia la sostenibilidad: principios y estrategias de economía sostenible. Catarata, D.L. Madrid
CALVO, S., Y PÉREZ, J. G. 2007. Espejismo de la Educación Ambiental . Ediciones Morata. Madrid.
CARIDE, J. A. e MEIRA, P. A. 2001. Educación ambiental y desarrollo humano. Ariel Educación.
CASTRO, RICARDO DE (coord.) 2005. Más que palabras: comunicación ambiental para una sociedad sostenible, GEA, Valladolid
FERNÁNDEZ, M. 2005. (coord) Planificación do territorio, urbanismo e educación ambiental, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico USC, Santiago de Compostela,
GARCÍA DÍAZ, J. E. 2004. Educación ambiental, constructivismo y complejidad: una propuesta integradora, Diada, Sevilla
GARCÍA, C. e GUTIÉRREZ, X. 2000. A Paisaxe: caderno de educación ambiental para o estudo e a interpretación da paisaxe, Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente.
GARCÍA, J. e NANDO, J. 2000. Estrategias didácticas en Educación Ambiental. Aljibe. Málaga.
GIORDAN, A. e SOUCHON, CH. 1995. La Educación Ambiental: guía práctica. Diada. Sevilla.
GUTIÉRREZ, J. 1995. La Educación Ambiental. Fundamentos teóricos, propuestas de transversalidad y orientaciones curriculares, La Muralla. Madrid.
HERAS HERNÁNDEZ, F. 2003. Entretantos : guía práctica para dinamizar procesos participativos sobre problemas ambientales y sostenibilidad / Francisco Heras Hernández Gestión y Estudios Ambientales, D.L. Valladolid
KRAMER, F. 2002. Manual práctico de educación ambiental: técnicas de simulación, juegos y otros métodos educativos. Catarata. Madrid.
KRAMER, F. 2003. Educación ambiental para el desarrollo sostenible. Los libros de la catarata. Madrid.
LÓPEZ RODRÍGUEZ, R. 2003, Educación Ambiental y su Didáctica, Ed. Servicio de Publicaciones de la Excma. Diputación Provincial de Lugo, Lugo.
LÓPEZ RODRIGUEZ, R.; GARCÍA GANDOY, J.A. 2004. A Axenda 21 Escolar Galega; Ed. Consellería de Medio Ambente da Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
LÓPEZ RODRIGUE
CompetenciasCOMPETENCIAS QUE OS ESTUDANTES DEBEN ADQUIRIR:
Competencias Xerais do Título de Mestre en Educación Infantil:
G.1.- Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil.
G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G.4.- Fomentar a convivencia no aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G.7.- Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular, da televisión na primeira infancia.
G10.- Actuar como orientador de pais e nais en relación coa educación familiar no período 0-6 e dominar habilidades sociais no trato e relación coa familia de cada estudante e co conxunto das familias.
G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.
G12.- Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan os colexios de educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
Competencias Xerais do Título de Mestre en Educación Primaria:
G1.- Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
G2.- Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G4.- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G7.- Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
G10.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
G11.- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
G12.- Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan os colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
Competencias Específicas:
1.- Identificar e comprender o impacto da actividade humana no ambiente; e coñecer e valorar a importancia da Educación Ambiental para avanzar cara a modelos sustentables.
2.- Coñecer os contidos básicos que faría falta ensinar en relación coa educación ambiental en educación Infantil e comprender a súa singularidade epistemolóxica e a súa especificidade didáctica
3.- Construír unha conceptualización básica da Educación Ambiental, tendo en conta a idea e principios de sustentabilidade
4.- Detectar ou formular problemas ambientais reais ou simulados, e afrontar a súa abordaxe desde propostas metodolóxicas dunha resolución dos mesmos compatible coa sustentabilidade
5.- Deseñar propostas didácticas de educación ambiental que permitan a súa integración curricular de maneira transversal na educación Infantil, tendo en conta as dificultades existentes
6.- Ser capaces de localizar, analizar e sintetizar información relevante tanto ao redor de problemáticas ambientais, como acerca de información teórica, metodolóxica e de boas prácticas, relacionada con Educación Ambiental; e de expor resultados e conclusións.
Competencias Básicas:
B.1.- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B.2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B.3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B.4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B.5.- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
Competencias transversales USC:
T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Metodoloxía da ensinanza Metodoloxía de ensinanza
A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e no seu protagonismo na aprendizaxe, intentando que o profesorado desenvolva basicamente o papel de mediador e guía no proceso de comunicación, interacción e creación de significados, estratexias, destrezas e actitudes na aula.
As clases expositivas consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia por parte do profesorado; de modo que a explicación do profesorado convértese nun elemento importante que se integra no proceso de construción de coñecementos dos estudantes.
As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada fundamentalmente na resolución de problemas, o desenvolvemento de experiencias de laboratorio e no contorno, e o estudo de casos. As actividades realizaranse preferentemente en pequenos grupos, como estratexia intermedia cara á comunicación co grupo de clase.
Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polo profesorado tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas sesión se atenderá aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación con as súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa materia.
Na medida do posible usarase a aula virtual como ferramenta de comunicación.
Ao pretender unha metodoloxía participativa é indispensable a asistencia habitual a clase.
Sistema de evaluaciónSistema de avaliación da aprendizaxe
Na avaliación terase en conta:
Parte 1:
a. Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula, no laboratorio, ou nas saídas de campo.
b. Elaboración e presentación de informes ou traballos escritos que poidan ser requiridos polo profesorado ao longo do curso (individualmente ou en pequenos grupos), que comprendan reflexións sobre os contidos abordados nas sesións expositivas (poñendo de manifesto o aprendido) así como sobre as actividades realizadas nas sesións interactivas.
Parte 2:
c. Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes expositiva e interactiva.
A contribución de cada un dos apartados á cualificación final será:
- Apartado a: 15%
- Apartado b: 25%
- Apartado c: 60%
Para superar a materia será necesaria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais.
Os traballos individuais ou de grupo deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado poderá supoñer o suspenso na materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser usado para varias materias, salvo programarse de maneira coordinada.
O alumnado repetidor e con exención de docencia a cualificación obtida na proba final constituirá o 100% da cualificación final.
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
Esta é unha materia de 4,5 ECTS (112,5 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva de 18 horas expositivas, 18 horas interactivas ou de laboratorio, e 3 horas de titorías.
Considérase que as 73,5 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado do seguinte xeito:
- Estudo autónomo, lecturas recomendadas e actividades en biblioteca ou similares, preparación de debates. e Preparación de probas: 26 horas
- Lecturas sobre a parte práctica, programación de traballos prácticos, escritura de traballos e conclusións, e preparación de presentacións orais: 33,5 horas.
- Preparación individual de probas escritas e de presentacións orais, revisións de probas de avaliación, e orientación e seguimento de traballos prácticos: 14 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaRecomendacións para o estudo da materia
A metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso, supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, recoméndase a asistencia a clase e a participación activa nas actividades propostas.
A análise da problemática de aprendizaxe, así como a análise e a actualización dos contidos científicos, implican a busca de información nas fontes correspondentes e a súa atenta lectura.