Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141448 - Educación Emocional (Optativas Xerais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica e Organización Escolar
  • Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica e Organización Escolar
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
POMAR TOJO, CARMEN MARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O1. Entender a importancia das emocións no desenvolvemento psicoeducativo.
    O2. Desenvolver habilidades para entender, regular e xestionar as emocións dos demais.
    O3. Desenvolver capacidades para entender, regular e xestionar as emocións nun/a mesmo/a.
    O4. Deseñar e desenvolver pautas educativas que favorezan a expresión emocional e o manexo positivo das emocións.
    Contidos
    1. Marco conceptual das emocións: Os sentires básicos, emocións, sentimentos, sensacións e estados de ánimo. O desenvolvemento emocional na primeira infancia. Socializacion emocional: o papel da familia, a escola e os iguais no desenvolvemento emocional.
    2. A intelixencia emocional: Modelos e definicións
    3. A integración da Educación emocional no sistema educativo. Contidos e procedementos na educación emocional. Autoconciencia -autocoñecemento, Autorregulación - autocontrol, Automotivación, Empatía e Destreza social
    4. Programas de educación emocional dirixidos a Educación Infantil e Primaria en España e outros países
    5. O desenvolvemento emocional do profesorado. Identidade profesional e benestar emocional dos docentes.
    Bibliografía básica e complementaria
    Acosta, A. (dir.) (2008). Educación emocional y convivencia en el aula. Madrid: MEC
    Alvarez, M. (2011). Diseño y evaluación de programas de educación emocional. Las Rozas (Madrid): Wolters Kluwer
    Baena, G. (2005). Como desarrollar la inteligencia emocional: guía para padres y maestros. Madrid: Trillas
    Bisquerra, R. (2010). Educación emocional en la práctica. Barcelona: ICE Horsori
    Bisquerra, R. (coord.) (2011). Educación emocional: propuestas para educadores y familias. Bilbao: Desclée de Brower
    Camara, S. (2012). Actividades para el desarrollo de la inteligencia emocional en los niños. Barcelona: Parramón
    Fernández, J. (coord..) (2007) Guía para la convivencia en el aula. Las Rozas (Madrid): Wolters Kluwer
    Hué, C. (2008). Bienestar docente y pensamiento emocional. Las Rozas (Madrid): Wolters Kluwer
    Lantieri, L. (2009). Inteligencia emocional infantil y juvenil. Madrid: Aguilar
    López, E. (2011). Educar las emociones en la infancia: reflexión y propuestas prácticas. Las Rozas (Madrid): Wolters Kluwer
    López, L. (2007). Relajación en el aula: recursos para la educación emocional. Las Rozas (Madrid): Wolters Kluwer
    Martínez, J. A. (2010). Relación de la inteligencia emocional con otras variables personales del alumnado y con los logros académicos. La Laguna: Universidad de la Laguna
    Renom, A. (coord..) (2008). Educación emocional: programas para la educación primaria (6-12 años). Las Rozas (Madrid): Wolters Kluwer
    Rodríguez, M. A. (2008). Inteligencia emocional y social en el aula. Valencia: Brief

    Competencias
    Competencias Xerais
    G.2. Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, dende unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
    G.4.- Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
    G.5.- Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia
    (Competencias Xerais Infantil)
    G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
    G5. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
    Competencias Específicas
    E20. Mostrar habilidades sociais para entender ás familias e facerse entender por elas. período 6-12.
    E22. Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade
    Competencias Específicas Complementarias
    EC12: Conciencia emocional: desenvolver a capacidade para tomar conciencia das propias emocións e das emocións dos demais, incluíndo a habilidade para captar o clima emocional dun contexto determinado.
    EC13: Regulación emocional: desenvolver a Capacidade para manexar as emocións de forma apropiada tomando conciencia da relación entre emoción, cognición e comportamento e desenvolvendo estratexias de afrontamento e autoxeración de emocións positivas.
    EC14: Autonomía emocional: desenvolver a capacidade de autoxestión persoal, autoestima, actitude positiva ante a vida, responsabilidade, capacidade para analizar criticamente as normas sociais, a capacidade para buscar axuda e recursos, así como a autoeficacia emocional.
    EC15: Competencia social: desenvolver a capacidade para manter boas relacións con outras persoas adquirindo habilidades sociais, de respecto,
    actitudes pro-sociais, asertividad, e desenvolvendo a capacidade para unha comunicación efectiva.
    EC16: Competencias para a vida e o benestar: desenvolver a capacidade para adoptar comportamentos apropiados e responsables que permitan aos futuros docentes afrontar satisfactoriamente os desafíos diarios da vida na aula así como as situacións excepcionais que poidan xurdir favorecendo así o xurdimento de experiencias de satisfacción e benestar persoal e profesional.
    EC17: Competencia didáctica: ser capaz de deseñar un programa de educación emocional integrado no currículo de Educación Infantil ou Primaria e desenvolver as destrezas e habilidades necesarias para a súa axeitada implementación.
    Competencias Básicas
    B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma
    profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e
    defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo;
    B.3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentrode a súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
    B.4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.

    Metodoloxía da ensinanza
    Proponse o desenvolvemento dunha metodoloxía activa e eminentemente práctica. Tanto as clases expositivas coma as prácticas de seminario pretenden situar o alumnado nun contexto específico do seu desenvolvemento profesional que ten como obxectivo unha formación no ámbito da diversidade cognitiva.
    As actividades de aula facilitarán ao alumnado o coñecemento e a comprensión das características da minusvalidez intelectual e das altas capacidades, a partir do cal será capaz de avaliar, analizar e identificar as dificultades e as repercusións que o seu desenvolvemento excepcional ten sobre o proceso de ensino-aprendizaxe, así como as barreiras ás que se enfronta durante o devandito proceso. O estudo documental, visualización e análise de material audiovisual, estudo de casos, análise de diferentes programas ou modelos de intervención educativa, axudaranlle a comprender as características diferenciais deste tipo de alumnado, así como a deseñar, planificar e avaliar a resposta educativa máis axeitada e poñer en práctica recursos educativos e programas específicos de intervención.
    Sistema de evaluación
    A cualificación global do estudante na materia procederá:
    -Un 50% da cualificación dos resultados dunha proba (exame) sobre os contidos tratados na materia. É preceptivo ter aprobado este exame para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da materia.
    -O outro 50% da cualificación do traballo realizado nas sesións interactivas. É preceptivo ter aprobados todos os traballos realizados nas sesións interactivas para sumar a cualificación obtida na proba (exame). Os estudantes que non superen a proba pero teñan aprobadas as actividades realizadas nas sesións interactivas poderán presentarse á convocatoria de Xullo facendo unicamente o exame. Os estudantes que non teñan superada algunha das actividades realizadas nas sesións interactivas pero si o exame, en Xullo serán avaliados unicamente daquelas actividades non superadas a través dunha proba práctica. Nas sesións interactivas realízanse diferentes actividades de carácter eminentemente práctico e grupal. Os resultados do traballo en grupo deberá ser defendido oralmente ante os compañeiros e posteriormente debatidos. Os criterios de avaliación destes traballos poderán variar para cada un deles, considerándose aspectos xerais da avaliación a calidade dos contidos do traballo, a calidade expositiva, a participación do grupo, o grao de axusta ás directrices e as achegas críticas. Para poder ser avaliado na materia, o estudante deberá ter participado, realizado e presentado, polo menos, un 80% dos traballos requiridos para as sesións interactivas.
    A non realización do exame ou das actividades propostas nas sesións interactivas levará consigo unha cualificación de "non presentado". Cando non se supere xa sexa o exame xa sexa as actividades propostas nas sesións interactivas, a cualificación que figurará en actas será de "suspenso" co valor numérico máis próximo ao 5 obtido nun ou outro apartado de avaliación.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten en torno a 35 horas de clases presenciais, distribuídas en clases expositivas, actividades en grupo mediano en seminarios, titorías, actividades de avaliación formativa e exame.
    Estímase que o alumnado deberá dedicará 90 de traballo persoal para poder superar a materia, incluíndo 15 horas de lectura de materiais, 35 horas de elaboración de informes e traballos, e 40 horas de estudo.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Se recomienda que el alumnado haya cursado y superado las materias de Psicología del desarrollo 0-3 y 3-6.
    Observacións
    ASISTENCIA A CLASE
    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
    (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
    Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia. Nestes casos, o alumnado debe poñerse en contacto co profesorado para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e superación da materia.

    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
    Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.

    O alumnado vinculado a un programa interuniversitario dispoñerá das convocatorias de exame que teña establecidas a universidade de destino. O réxime de estudos e convocatorias será o da universidade de destino, pero pódense presentar á oportunidade de Xullo ou á convocatoria de Setembro da USC daquelas materias recollidas no compromiso de estudos ou acordo académico que non superasen na universidade de destino, sempre que teñan unha materia equivalente na súa titulación, e que lle permita a guía docente. Deberán comunicarllo ao coordinador e este informará os profesores responsables das materias (DOGA, 28 de Maio de 2012). Non obstante, para aprobar a materia de Psicoloxía da Educación, polas súas particularidades, deberán realizar unha serie de tarefas que suplirán ás tarefas interactivas e prácticas que o alumnado ordinario necesita para superar a materia, esixíndolles a estes o 80% de tarefas entregadas e aprobadas.