Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141450 - Identidade de Xénero e Educación (Optativas Xerais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Socioloxía
  • Áreas: Socioloxía
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    A materia “Identidade de Xénero e Educación” ten como obxectivo fundamental contribuír á formación de mestres e mestras de Educación Infantil e Primaria capacitándolles para promover actitudes e implementar proxectos e prácticas coeducativas de cara á igualdade entre xéneros. Nesta materia as e os futuros mestras e mestres serán introducidas/os nun tema de primeira orde, isto é, as relacións de xénero e os procesos de construción das identidades de xénero. Profundarase nos aspectos básicos dos procesos e mecanismos que interveñen na construción das identidades feminina e masculina e no seu significado para a socialización e educación humana.

    Obxectivos específicos:

    Conceptuais (saber):
    -Coñecer, analizar e valorar os aspectos básicos dos procesos e mecanismos que interveñen na constitución da identidade feminina e masculina

    - Coñecer, analizar e valorar, desde unha perspectiva pedagóxico-crítica con respecto aos procesos primarios e secundarios da socialización e educación humana, as diferenzas en función do xénero

    Procedimentales (saber facer):
    -Poder desenvolver e emprender no campo educativo-escolar accións de cara á transformación das condicións sociais e socializadoras existentes desde unha perspectiva crítica do xénero e das mulleres

    -Crear activamente condicións educativo-socializadoras igualitarias en función do xénero.

    Actitudinais (saber ser):

    -Adquirir sensibilidade e compromiso como futuros/as mestres/as coa igualdade de xénero

    Contidos
    1. Debate sexo-xénero, aspectos históricos do coñecemento do xénero e das mulleres

    1.1.- Obxecto e concepto de Identidade de Xénero e Educación
    1.2.- Os constructos conceptuais Sexo-Xénero
    1.3.- "Women´s Studies" e "Socioloxía do Xénero": Aspectos históricos
    1.4.- Androcentrismo e Patriarcado

    2.Teorías máis relevantes acerca dos procesos de construción das identidades de xénero

    2.1.- A teoría Psicoanalítica
    2.2.-Teorías Sociais e explicacións psicolóxico-sociais
    2.3.- Enfoques teórico-feministas:
    2.3.1.- As Teorías da "Igualdade"
    2.3.2.- As Teorías da "Diferenza"
    2.3.3.- O Postmodernismo e a Teoría da Deconstrucción

    3. A constitución social das identidades de xénero e a educación e socialización humana

    3.1.- Roles de xénero e socialización en función do xénero
    3.2.- A construción e transmisión dos estereotipos de xénero
    -Material didáctico
    -Literatura infantil
    -Medios de comunicación; publicidade, cinema, televisión, prensa...

    4.Instancias e procesos diversos de socialización e violencia contra as mulleres

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica
    García Marín, J. e Gómez Vázquez, Mª B. (Eds.) (2013). Diálogos en la cultura de la paridad. Reflexiones sobre feminismo, socialización y poder. Santiago de Compostela: Servicio de Publicacións da USC.
    Izquierdo, Mª J. (1998): El malestar en la desigualdad. Madrid: Instituto de la Mujer y ed. Cátedra.
    Puigvert, L. e García Lastra, M (Coords.) (2010). Monográfico Género y educación. En RASE Volumen 3, núm. 3.
    Radl Philipp,R. (2001). Cuestiones Actuales de Sociología del Género. Madrid: CIS-Univ. Santiago.
    Subirats, M. (2010). ¿Coeducación o escuela segregada? Un viejo y persistente debate (Pp. 143-158). En RASE vol. 3, núm. 1.

    Bibliografía complementaria

    Arnot, M. (2009). Coeducando para una ciudadanía en igualdad. Madrid: Morata.
    Beauvoir, S. (2005). El segundo sexo. Cátedra. (Original publicado en 1949)
    Calvo Charro, M. (2005). Los niños con los niños y las niñas con las niñas. Córdoba: Almuzara.
    Castaño Collado, C. (2008). La segunda brecha digital. Madrid: Cátedra.
    Castells, M. e Subirats, M. (2007). Mujeres y hombres ¿un amor imposible?. Madrid: Alianza Ed.
    Cerviño M.J. (et. al.) (2006). Experiencias de relación en la escuela : prevenir la violencia contra niñas y mujeres. Madrid : Instituto de la Mujer
    Davis, B. (1994). Sapos y culebras y cuentos feministas. Los niños de preescolar y el género. Madrid: Cátedra/Universitat de Valéncia/Instituto de la Mujer. (Original publicado en 1989)
    Durán, Mª Á. (2000). Si Aristóteles levantara la cabeza. Madrid: Cátedra.
    Flax, J. (1995). Psicoanálisis y feminismo. Pensamientos fragmentarios. Madrid: Cátedra.
    Freud, S. (1972 y 1974). Obras Completas (Tomos V y VII). Madrid: Biblioteca Nueva.
    Friedan, B. (2009). La mística de la feminidad. Madrid: Cátedra. (Original publicado en 1963)
    Irigaray, L. (1992). Yo, Tú, Nosotras. Madrid: Cátedra.
    Loma C. (2004). Los chicos tambien lloran. Identidades masculinas, igualdad entre los sexos y coeducación. Barcelona: Paidós.
    Moreno, E. (Coord.) (2013). La urdimbre sexista : violencia de género en la escuela primaria. Málaga : Ediciones Aljibe.
    Rincón, A. (Coord.) (2005). Congreso Internacional Sare 2005: “Niñas son, mujeres serán”. Vitoria-Gasteiz: EMAKUNDE/Instituto Vasco de la Mujer.
    Rodríguez Martínez, C. (2004). La ausencia de las mujeres en los contenidos escolares. Barcelona: Paidos.
    Rodríguez Menéndez, Mª C. e Peña Calvo, J.V. (2005). Identidad de género y contexto escolar:una revisión de modelos (Pp. 165-194). En REIS, 112.
    Schiebinger, L. (2004). ¿Tiene sexo la mente?. Madrid: Cátedra.
    Subirats, M. e Tomé, A. (2007). Balones fuera. Reconstruir los espacios desde la coeducación. Barcelona: Octaedro.
    Tubert, S. (Coord.) (2011). Del sexo al género. Madrid: Cátedra.

    Webgrafía.

    RASE. Revista electrónica de la Asociación de Sociología de la Educación (ASE): http://www.ase.es/rase
    ASE. Asociación de Sociología de la Educación: http://www.ase.es/
    CIS. Centro de Investigaciones Sociológicas: http://www.cis.es/
    Mujeres en Red. El Periódico Feminista: http://www.mujeresenred.net/
    Pensamiento crítico (Mujeres, feminismo):
    http://www.pensamientocritico.org/0mujeresfem.htm
    Instituto de la mujer: http://www.inmujer.es/
    CIFEX. Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero(USC): http://www.usc.es/gl/institutos/cifex/
    OIX. Oficina de Igualdade de Xénero (USC): http://www.usc.es/oix
    Cine y educación: http://www.uhu.es/cine.educacion/cineyeducacion.

    Competencias
    Competencias e resultados de aprendizaxe que o/a estudante debe adquirir:

    Xerais:

    G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
    G5. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
    G8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
    Básicas:
    B.1.- Que o estudiantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo;
    B.3.- Que o estudiantado teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética;
    B.4.- Que o estudiantado poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado;

    Transversais:
    T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.

    Específicas:

    EC34 -Analizar e comprender os aspectos básicos dos procesos e mecanismos que interveñen na constitución da identidade feminina e masculina
    EC35 -Analizar e comprender, desde unha perspectiva pedagóxico-crítica con respecto aos procesos primarios e secundarios da socialización e educación humana, as diferenzas en función do xénero
    EC36 -Poder desenvolver e emprender no campo educativo-escolar accións de cara á transformación das condicións sociais e socializadoras existentes desde unha perspectiva crítica do xénero e das mulleres
    EC37 -Crear activamente condicións educativo-socializadoras igualitarias en función do xénero.

    Metodoloxía da ensinanza
    Proponse unha metodoloxía activa que fomente a participación do alumnado na construción do seu propio coñecemento acerca dos temas propostos. Para iso, a profesora realizará a presentación dos temas achegando as explicacións que considere convenientes para orientar ao alumnado cara aos centros de interese que conveña profundar desde o punto de vista documental, bibliográfico ou titorial.

    ACTIVIDADES PRESENCIAIS
    Actividades en gran grupo. As actividades formativas en gran grupo incidirán sobre todo na parte teórica da materia e estarán dirixidas á adquisición de coñecementos básicos cun peso relevante de actividades expositivas por parte da profesora e, eventualmente, presentacións e exposicións orais por parte dos diferentes grupos de alumnos/as.

    Actividades en grupo mediano.Nas actividades de grupo medio será o propio alumnado, con axuda da profesora, quen realizará diferentes actividades de aplicación dos contidos teóricos. Trátase de actividades que favorecen a docencia interactiva, cun peso a miúdo importante do traballo en equipo, favorecendo a cooperación e o intercambio de experiencias. As actividades presenciais que se desenvolvan nesta modalidade de agrupamento requirirán, como é lóxico, unha elevada porcentaxe de horas de traballo autónomo por parte do alumnado, tanto individual como no seo do equipo de traballo no que se integre.

    Actividades en pequeno grupo ou individuais
    As actividades en pequeno grupo e as titorías estarán dirixidas a orientar ao alumnado de forma máis personalizada, realizar o seguimento do proceso de traballo autónomo, tanto individual como de grupo de traballo, e resolver dúbidas tanto das aprendizaxes relacionadas coa materia como relativas a procedementos de traballo e técnicas máis relacionadas coas competencias básicas e transversais.

    ACTIVIDADES DE TRABALLO AUTÓNOMO

    As actividades de traballo autónomo por parte do alumnado estarán dirixidas ao estudo e asimilación dos contidos o que suporá a realización das lecturas obrigatorias e recomendadas pola profesora así como a realización das actividades prácticas que se deseñen (proxectos, exercicios, análises de contido, etc.) e que implicarán a elaboración de informes, presentacións visuais, exposicións orais, etc.

    En calquera caso, farase especial fincapé en que o alumnado, utilizando distintos procedementos, chegue a realizar de forma autónoma unha elaboración e síntese da información que lle permita ir construíndo un coñecemento sólido e ben argumentado.

    Sistema de evaluación
    Valorarase o rendemento e as aprendizaxes adquiridas a través dunha combinación equilibrada entre actividades de avaliación formativa e de avaliación final. A primeira debe valorar o esforzo e o progreso na aprendizaxe e incentivar unha dedicación continuada á materia ao longo do cuadrimestre. A segunda permitirá valorar globalmente os resultados da aprendizaxe.


    Criterios de avaliación:
    Participación na aula: 15%
    Probas específicas: 40%
    Informes escritos e outras producións: 30%
    Presentacións orais: 15%

    O alumnado que teña exención de docencia deberá informar da súa situación á docente. O proceso e baremos de avaliación serán os mesmos que para o resto do alumnado, coa particularidade de que poderán seguir de forma autónoma as prácticas da materia, traballos e exposicións. Para a valoración da apartado "Participación na aula", o alumnado con exención de docencia deberá realizar as actividades de seguimento indicadas pola docente, consistentes na realización de dous informes cunha breve reflexión e análise das tarefas, prácticas e traballos que están a desenvolver así como dos seus avances no estudo dos materiais teóricos da materia (as datas de entrega estableceranse co alumnado nas tutorías).



    Normativa da facultade sobre avaliación:

    Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas así como superar cada unha delas.
    Os traballos individuais ou grupales dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
    A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    O seguinte cadro reflicte a distribución do 4,5 ECTS desta materia segundo as instrucións recibidas do Reitorado e a Facultade:


    Horas expositivas: 18
    Horas interactivas: 18
    Horas de tutoría: 2.5
    Total horas presenciais: 38.5


    Estímase que o alumnado deberá dedicar unhas 74 horas de traballo autónomo para poder superar a materia.

    Total horas dedicación á materia: 112.5

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Desenvolver unha actitude crítica e reflexiva ao redor da materia.

    - Utilizar as tutorías para clarificar as dúbidas

    Observacións
    Asistencia a clase
    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao EEES
    (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
    Na mesma exponse os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia.

    Responsabilidade ambiental
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
    -Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    -Sempre que sexa posible empregar grapas en lugar de encanutillados.
    -Imprimir as dúas caras en calidade aforro de tinta.
    -Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    -Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.