Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141451 - Historia, Patrimonio e Educación en Galicia (Optativas Xerais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
  • Áreas: Antropoloxía Social, Didáctica das Ciencias Sociais
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
MARIÑO FERRO, JOSE RAMON.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer e analizar o patrimonio do noso país.

    -Recoñecer os distintos aspectos ou ámbitos do noso patrimonio: natural, histórico, artístico, etnográfico, literario, da imaxe..

    -Valorar o patrimonio do noso país.

    -Ser conscientes da importancia deses coñecementos e valores na educación primaria.

    - Ser conscientes de que o patrimonio é unha construción social.

    Contidos
    1 Análise do patrimonio: Concepto de patrimonio. O patrimonio como construción social. Patrimonio e identidade

    2 O patrimonio natural

    3. O patrimonio histórico-artístico.

    4. Santiago e o Camiño de Santiago

    5. Patrimonio literario.

    6. Patrimonio etnográfico.

    7. Patrimonio e imaxe: fotografía e cine.

    8. Patrimonio, museos e escola

    Bibliografía básica e complementaria
    AZEVEDO FIHLO, Leodegário de
    1995 As cantigas de Pero Meogo, Laiovento, 155 pp.
    BERNÁRDEZ, Carlos L.
    2011 Breve historia da arte galega, Vigo, Nigratrea, 120 pp.
    BERNÁRDEZ, Carlos L. e MARIÑO FERRO, X. R.
    2002 Romanceiro en lingua galega, Vigo, Xerais, 415 pp.
    2004 Bestiario en pedra, animais fabulosos na arte medieval galega, Vigo, Nigratrea, 249 pp.
    BREA, Mercedes (Coord.) 1996 Lírica profana galego-portuguesa, Santiago, Xunta de Galicia, 2 vols.
    CALAF MASACHS, Roser
    2009 Didáctica del patrimonio, Gijón, Trea, 356 pp.
    CARBALLO ARCEO, Xulio
    2005 Guía de los castros de Galicia, Vigo, Nigratrea, 169 pp.
    COMA QUINTANA, L.
    2010 Ciudad educadora y patrimonio, Gijón, Trea, 316 pp.
    GONZÁLEZ REBOREDO, X. M. e MARIÑO FERRO, X. R.
    2010 Dicionario de etnografía e antropoloxía de Galiza, Vigo, Nigratrea, 499 pp.
    MARIÑO FERRO, X. R.
    2000 Antropoloxía de Galicia, Vigo, Xerais, 518 pp.
    2004 Cuentos maravillosos, Barcelona, Ronsel, 378 pp.
    2008 Leyendas, mitos y creencias de Galicia, Vigo, Ellago, 153 pp.
    2010 Leyendas y milagros del Camino de Santiago, Vigo, Ellago, 210 pp.
    2010 Los amores del ciervo, Salamanca, Diputación, 222 pp.
    PRATS, Llorenc 1997 Antropología y patrimonio, Barcelona, Ariel, 171 pp.
    VV. AA. 1995 Galicia. Arte, A Coruña, Hércules Ediciones, 8 vols.
    QUEROL, María Ángeles
    2010 Manual de gestión del patrimonio cultural, Madrid, Akal, 541 pp.
    ROSALÍA DE CASTRO
    2013 Cantares gallegos, Vigo, Xerais, 466 PP.
    SANTAMARÍA PLO, Tomás
    2010 La ruta jacobea, patrimonio natural de Europa

    Competencias
    -Saber recoñecer nos elementos da cultura cales son parte do noso patrimonio.

    -Ser capaces de elaborar un plan de recuperación de determinados elementos do patrimonio.

    -Ser capaces de transmitir na escola aos alumnos de primaria a importancia do patrimonio.

    -Ser capaces de incluír esa valoración do patrimonio no curriculum de primaria, non como contido
    propio.

    -Elaborar unha guía didáctica para os alumnos de primaria sobre o patrimonio do concello onde está a escola.

    Metodoloxía da ensinanza
    A actividade repartirase entre o alumnado e o profesor. Coa finalidade de conseguir este reparto da actividade significativa, as clases estruturaranse desde o comezo do curso, como un escenario de intercambio semántico e de creación semiótica mediada que implica diferentes enfoques:

    -Clases expositivas.
    - Enfoque orientado á acción, de modo que o alumnado realice tarefas significativas.
    -O profesor non será o protagonista central. O seu papel consistirá en mediar, guiar, motivar, negociar e facer suxestións no ensino-aprendizaxe.
    -Aprendizaxe significativa.
    -Os alumnos e alumnas desenvolverán diversas modalidades de traballo, en función das diferentes situacións do proceso de ensino e aprendizaxe.
    -Elaboración ou, no seu caso, complementación por parte do alumnado de cada un dos temas, seguindo criterios de participación ou asimilación activa e empregando, segundo os casos, os procedementos que correspondan entre os que a continuación se detallan: Redaccións, debates na aula, comentarios de textos, lecturas etc.

    Sistema de evaluación
    Utilizaranse diferentes tipos de avaliación e distintos instrumentos
    • Asistencia e participación: 2 puntos.
    • Traballo escrito sobre o patrimonio nun concello galego, preferentemente onde reside o alumno: 8 puntos.
    • Non haberá exame como tal da materia pero no traballo valorarase que se teñan en conta os aspectos teóricos expostos nas clases.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten un total de 40 horas de clases presenciais, distribuídas en clases expositivas co grupo clase, actividades de grupo en seminarios, estudos de casos, guías e orientación de traballos e titorías, ademais da realización dunha proba exame de 2 horas.

    Estímase que o alumnado deberá dedicar unhas 99 horas o seu traballo autónomo para poder superar a materia. Delas, aproximadamente 35 estarán centradas en tarefas de estudo, preparación de materiais, busca de información e análise de documentos; en torno a 45 dedicaranse ás lecturas e elaboración de traballos, esquemas, mapas conceptuais, busca de información complementaria ou preparación de presentacións orais e unhas 19 para o traballo de lecturas recomendadas, a aprendizaxe autónoma, a resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos.

    A USC é unha universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clases. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar e exención oficial de docencia. Neses casos, o traballo valerá 10 puntos.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Non se indican requisitos previos. Non é tan importante a cantidade de coñecementos como a aptitude cara o noso riquísimo patrimonio cultural.