G3141453 - Titoría e Orientación Educativa (Optativas Xerais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEn relación coas competencias indicadas no programa da materia, os obxetivos que se pretenden acadar son:
- Coñecer as bases conceptuais e teóricas da orientación e a titoría.
- Coñecer o modelo organizativo da orientación na Comunidade Autónoma Galega.
- Saber analizar e seleccionar programas de intervención orientadora e titorial axeitados para Educación Infantil e Primaria.
- Ser capaz de identificar necesidades orientadoras e titoriais na aula.
- Ser capaz de planificar accións orientadoras e de titoría tendo en conta os contextos educativos e os destinatarios.
- Valorar a acción orientadora e titorial como función docente.
ContidosBLOQUES TEMÁTICOS
1. CONCEPTUALIZACIÓN E FUNDAMENTACIÓN DA ORIENTACIÓN E DA TITORÍA
1.1.- Conceptos básicos.
1.2.- Fundamentos e modelos da Orientación en Educación.
1.3.- O modelo organizativo da Orientación na Comunidade Autónoma Galega
1.4.- Principios e modalidades de titoría educativa.
1.5.- Bases lexislativas e normativas da acción orientadora e titorial en Educación Infantil e Primaria.
2. A INTERVENCIÓN ORIENTADORA E TITORIAL
2.1.- Diagnóstico de necesidades orientadoras e titoriais.
2.2.- Deseño, desenvolvemento e avaliación de programas orientadores en Centros de educación infantil e primaria.
2.3.- Estratexias e técnicas de acción orientadora e titorial en Educación Infantil e Primaria.
2.4.- Destinatarios da atención orientadora e titorial: alumnado, familias e profesorado.
2.5.- Plans e programas orientadores e de acción titorial en Educación Infantil e Primaria.
2.5.1.- Plan de Acción Titorial.
2.5.2.- Plan de Convivencia Escolar.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Ocampo, C. (2012). Tutoría Educativa en los diversos niveles y escenarios pedagógicos. En Sobrado, L., Fernández, e. y Rodicio, Mª.L. (Coords.). Orientación Educativa. Nuevas perspectivas. Madrid. Biblioteca Nueva. (Págs. 217-244).
López, N. y Sola, T. (2007). La acción tutorial. En N. López y T. Sola, Orientación Escolar y tutoría para las diferentes etapas de la educación. Grupo Editorial Universitario. (Págs. 170-218).
Cano, R. (2013). Orientación y Tutoría con el alumnado y las familias. Madrid. Biblioteca Nueva.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
AA. VV. (2004). Orientación Escolar e Acción Titorial en Galicia. Informe sobre o estado e a situación do sistema educativo en Galicia. Santiago de Compostela: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
Monge Crespo, C. (2009). Tutoría y Orientación Educativa. Nuevas competencias. Madrid. Wolters Kluwer.
López, N. y Sola, T. (2007). Orientación Escolar y Tutoría para las diferentes etapas de la Educación. Grupo Editorial Universitario.
WEBGRAFÍA
www.edu.xunta.es/web/taxonomy/term/411
CompetenciasEntre as competencias xerais e específicas que se recollen na Orde ECI/3857/2007 e que o alumnado deberá desenvolver nesta materia están as que se indican a continuación.
Competencias xerais:
G.4.Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G.5. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflictos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G.7. Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do ámbito social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
Competencias específicas:
E.1. Orientar ás familias.
E.2. Realizar a acción titorial.
Entre as competencias básicas establecidas no Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES) esta materia axudará a desenvolver as seguintes:
B.1. Que os/as estudantes demostrasen poseer e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2. Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
E das competencias transversais fixadas pola USC nas "Liñas xerais para a implantación dos estudos de grao e posgrao", aprobadas polo pleno do Consello Galego de Universidades en reunión de 05/11/2007, esta materia axudará a desenvolver:
T.2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía de ensinanza combinará:
1.-As exposicións realizadas polas profesoras dos contidos fundamentais de cada unidade temática, seguidas de debates dirixidos a unha meirande clarificación e axuste terminolóxico e relacional.
2.- As actividades prácticas orientadas ao estudo de supostos prácticos, á análise de plans e programas de orientación e titoría en Educación Infantil e Primaria e a planificación de actividades de orientación e titoría para contextos educativos determinados.
3.- O coñecemento e análise de experiencias profesionais de orientadores/as e/ou titores de Educación Infantil e/ou Primaria.
Sistema de evaluaciónA avaliación das aprendizaxes terá fundamentalmente un propósito formativo, baseándose na observación das actividades individuais e/ou grupais realizadas, así como na participación nas clases e titorías.
Na avaliación final teranse en conta as seguintes tarefas cos seus correspondentes porcentaxes:
1.- O desempeño obtido na realización dun exame para todo o alumnado. Consistirá nunha proba escrita sobre a materia impartida, que incluirá un suposto práctico (50% da cualificación final). Será necesario acadar, como mínimo, a metade da puntuación máxima no exame para superar a materia.
2.- A realización dun traballo de desenvolvemento dunha proposta de acción titorial para un ciclo concreto de Educación Infantil ou Primaria. O seu esquema deberá ser acordado previamente coas profesoras e supervisado no seu proceso de desenvolvemento mediante titorías obrigatorias. O traballo realizarase en pequeno grupo (3 alumnos/as). A súa data de entrega fixarase na primeira semana de clase, sendo imprescindible entregalo no prazo fixado (30% da cualificación final).
3.- A asistencia e participación nas clases e outras actividades complementarias (20% da cualificación final).
Todas as alumnas e alumnos matriculadas/os nesta materia avaliaranse segundo os criterios e actividades sinaladas.
Os traballos individuais e grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente edición da convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que éstas se programasen de forma coordinada.
Tempo de estudo e traballo persoalAproximadamente a distribución do tempo de estudo e traballo persoal nesta materia é a seguinte:
ACTIVIDADES PRESENCIAIS (38,5 horas)
- Actividades presenciais (gran grupo-sesións expositivas e avaliación): 18 horas
- Actividades presenciais (mediano grupo-sesións interactivas de seminario): 18 horas
- Actividades presenciais (pequeno grupo-titorías de seguimento): 2,5 horas
ACTIVIDADES DE TRABALLO AUTÓNOMO (74 horas)
- Estudo, lectura de documentos, preparación, proba escrita: 25 horas
- Actividades en mediano grupo (lectura de documentos, preparación de presentacións, elaboración de instrumentos...): 36 horas
- Actividades en pequeno grupo (debates, lecturas...): 13 horas
ObservaciónsASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.
Observacións sobre a utilización responsable de recursos e a responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
DATOS DE INTERESE:
Profesora: Elena Fernández Rey (coordinadora)
Tfno: 881813696
E-mail: elena.fernandez.rey@usc.es
Profesora: Ana I. Couce Santalla
Tfno.: 881813823
E-mail: ana.couce@usc.es
Para contacto coas profesoras por correo electrónico: imprescindible utilizar o enderezo electrónico de dominio rai.usc
Horarios Titorías: expostos nos despachoe e na páxina web da Facultade
Datas de exames: no calendario oficial