G3141454 - Literatura, Lectura e Creatividade (Optativas Xerais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega, Didáctica Lingua e Literatura e das Ciencias Sociais
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Didáctica da Lingua e a Literatura
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1. Xerais
a. Que as alumnas e alumnos, futuros docentes de Educación Primaria, adquiran coñecementos e ferramentas para potenciar a competencia literaria e a creatividade no desenvolvemento da súas carreiras coma ensinantes.
b. Que o alumnado coñeza as características fundamentais dos xéneros literarios, para poder traballar con eles dunha maneira efectiva e eficiente.
c. Que a alumna e o alumno se inicien no coñecemento da literatura infantoxuvenil como punto de partida para desenvolver a animación á lectura na aula de Primaria.
d. Que o alumnado adquira a destreza axeitada para producir textos literarios cunha corrección formal e ortográfica adecuada e precisa.
2. Coñecementos
a. Recoñecer a importancia da educación literaria na Educación Primaria e estar ao corrente das diferentes metodoloxías que posibilitan a súa potenciación.
b. Coñecer criterios de selección de libros infantís e xuvenís que amosen un coñecemento axeitado deste campo literario.
c. Saber os diferentes tipos de lectura que existen e poder recoñecer as súas funcionalidades axeitadamente para implementalas na aula de Primaria.
d. Coñecer os referentes fundamentais do pulo pola creatividade e as súas técnicas máis senlleiras co obxectivo de poder desenvolvelas.
3. Procedementos
a. Empregar axeitadamente os diferentes recursos e estratexias para implementar unha efectiva animación á lectura, en que a relación da literatura con outras artes deben ter un papel preminente.
b. Analizar e avaliar libros infantoxuvenís conforme ás súas diferentes funcionalidades e potencialidades, tendo en conta as idades potenciais ás que se dirixen.
c. Ser quen de producir textos literarios baseados nas técnicas de creatividade expostas na clase.
d. Aplicar técnicas didácticas para o desenvolvemento de proxectos de fomento da lectura e da creatividade literaria na aula de Educación Primaria.
4. Actitudes
a. Recoñecer o texto literario como realización plena da lingua e a importancia da recepción e produción textual para o desenvolvemento da competencia literaria e lingüística no contexto da competencia comunicativa.
b. Ser consciente da relevancia da creatividade na aula para fomentar os sentimentos artísticos, a autonomía persoal e a autoestima do alumnado de Primaria.
c. Pór en valor a literatura infantil como manifestación literaria de calidade, que constitúe un instrumento fundamental para a instauración da competencia literaria nas primeiras idades.
d. Valorar os obradoiros literarios como unha ferramenta efectiva para achegar aos nenos e nenas á arte e para axudar a solventar posibles problemas de adquisición da lectoescritura.
Contidos1. A educación literaria na educación primaria: sentido e importancia
1.1. O fomento da competencia literaria
1.2. A abordaxe da literatura nos libros de texto
1.3. Criterios de selección de obras infantoxuvenís
2. O traballo na aula cos xéneros literarios: propostas e metodoloxía
2.1. A narrativa. A interarstiticidade a partir do relato
2.2. A lírica. A música como posibilidade de achegamento á poesía
2.3. O teatro. As potencialidades do texto dramático e do texto espectacular
2.4. Os xéneros híbridos: a banda deseñada e o álbum ilustrado
3. A promoción da lectura e da creatividade: unha tarefa docente
3.1. A dinamización da lectura dende as bibliotecas escolares
3.2. A lectura como produción do sentido
3.3. A lectura como proceso creativo
4. Os obradoiros literarios
4.1. Técnicas e recursos para o fomento da creatividade nas aulas
4.2. Produción de textos escritos de tipoloxía diversa
Bibliografía básica e complementariaBORDA CRESPO, I. (2002). Literatura Infantil y Juvenil. Teoría y didáctica, Granada: GEU.
BRAVO VILLASANTE, C.(1988). Historia y Antología de la Literatura Infantil Universal, Valladolid: Miñón.
CALVINO, Í. (1992). ¿Por qué leer los clásicos?, Barcelona: Tusquets.
CASTÁN, G. (2002). Las Bibliotecas Escolares: soñar, pensar, hacer, Sevilla: Díada.
CAZÓN CERVIÑO, R. (1999). La palabra sorprendida: técnicas creativas de escritura. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago.
CERRILLO, P., LARRAÑAGA, E. & YUBERO, S. (2002). Libros, lectores y mediadores. La formación de los hábitos lectores como proceso de aprendizaje, Cuenca: UCLM.
COLOMER, T. (1999). Introducción a la literatura infantil y juvenil, Madrid: Síntesis.
COLOMER, T. (1998). La formación del lector literario: narrativa infantil y juvenil actual, Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
DELMIRO COTO, B. (2002). La escritura creativa en las aulas: en torno a los talleres literarios. Barcelona: Graó.
GARCÍA PADRINO, J. (2003). Formas y colores: la ilustración infantil en España. Cuenca: UCLM.
GARRALÓN, A. (2001). Historia portátil de la literatura infantil, Madrid: Anaya..
LLORENS, R. F. [ed.] (2000). Literatura infantil en la escuela, Alicante: UA-CAM.
LLUCH,G. (2003). Análisis de narrativas infantiles y juveniles, Cuenca: UCLM.
MENDOZA FILLOLA, A. (2004). La educación literaria. Bases para la formación de la competencia lecto-literaria lectora, Málaga: Aljibe.
MENDOZA FILLOLA, A. (2001). El intertexto lector. El espacio de
encuentro de las aportaciones del texto con las del lector, Cuenca: UCLM.
MOTOS TERUEL, T. (1999). Juegos creativos del lenguaje, Santiago: Universidade de Santiago.
RODARI, G. (2000). Ejercicios de Fantasía, Barcelona: Ediciones del Bronce.
RODARI, G. (2003). La escuela de la fantasía, Madrid: Popular.
RODARI, G. (1989). Gramática de la fantasía, Madrid: Aliorna.
RODRÍGUEZ ALMODÓVAR, A. (1989). Los cuentos populares o la tentativa de un texto infinito, Murcia: SPUM..
RUEDA GUERRERO, R. (1998). Bibliotecas escolares: guía para el profesorado de educación primaria, Madrid: Narcea.
SÁNCHEZ CORRAL, L. (1995). Literatura infantil y lenguaje literario, Barcelona: Paidós.
TABERNERO SALA, R. (2005). Nuevas y viejas formas de contar, Zaragoza: UZ.
TEJERINA, I. (1994). Dramatización y teatro infantil, Madrid: Siglo Veintiuno.
VVAA (2002). Siete llaves para valorar las historias infantiles, Madrid: FGSR.
CompetenciasXerais
G.3.- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e os dereitos humanos.
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G.8.- Mantener unha relación crítica e autónoma respecto aos saberes, valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G.10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes
Específicas
E.45.- Coñecer a tradición oral e o folclore.
E47. Falar, ler e escribir correcta e axeitadamente nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
E.48.-Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino.
E.49.-Fomentar a lectura e animar a escribir.
E.50.-Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e á escritura.
Básicas
B.2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Transversais
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
Metodoloxía da ensinanza Nas clases expositivas trataranse contidos, conceptos e técnicas básicas relacionadas coa materia atendendo ás posíbeisdificultades iniciais na aprendizaxe. Esta fundamentaranse na exposición do profesor e será implementada polas correspondentes actividades prácticas de xeito que se facilite o desenvolvemento das competencias previstas.
As clases interactivas de grupo reducido consistirán no emprego de recursos de aprendizaxe como o debate, tras a presentación de diferentes lecturas, as prácticas de escrita creativa en diferentes xéneros, e o deseño de diferentes proxectos de potenciación da creatividade nas aulas, que permitirán ao alumnado, dun xeito pragmático, aprender a materializar os contidos desta materia como futuro docente. Deste xeito, favorecerase o desenvolvemento das competencias sinaladas, así como tamén a iniciativa persoal e a capacidade crítica das e dos estudantes.
O alumnado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido, con obxecto de orientar a súa aprendizaxe e traballo persoal. Non se admitirá a entrega de ningún estudo ou traballo que non fose orientado e dirixido polo profesor. Será fundamental que a presentación do traballo responda aos parámetros e esixencias dun estudo universitario ou traballo de investigación.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación estará baseado nos seguintes tres elementos (A, B, C):
A. PARTICIPACIÓN NA AULA
- Peso na cualificación: 20%
- Instrumentos de avaliación: control de asistencia e observación da actitude do alumnado na aula e da súa participación nas actividades propostas.
- Orientacións para a avaliación: avaliarase positivamente a asistencia, a actitude e a boa disposición e a participación e colaboración nas actividades. Será preciso asistir como mínimo ao 80% das sesións expositivas e interactivas. O alumnado que teña 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais) non será cualificado neste apartado A.
B. PROBAS ESPECÍFICAS
- Peso na cualificación: 50%
- Instrumento de avaliación: exame escrito.
- Orientacións para a avaliación: será obriga para todo o alumnado matriculado realizar un exame final na data fixada pola secretaría da Facultade.
C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS
- Peso na cualificación: 30%
- Instrumentos de avaliación: producións creativas individuais e grupais.
- Orientacións para a avaliación: cada alumno deberá presentar diferentes producións creativas que serán especificadas no seu momento polo profesor. Non se aceptarán traballos que non foran dirixidos polo profesor.
CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:
1.CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA. Para obter a cualificación de aprobado, o alumnado deberá cumprir dúas condicións:
a.Obter como mínimo a metade da cualificación máxima no exame final (2'5 puntos de 5)
b.Acadar unha puntuación mínima de 5 puntos como resultado da suma das puntuacións obtidas nos elementos A, B, C.
2.AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON EXENCIÓN PARCIAL DE ASISTENCIA E ACTIVIDADES PRESENCIAIS (DISPENSA). Este alumnado deberá poñerse en contacto co profesor da materia nos quince primeiros días de clase do segundo semestre para concretar o plan de traballo e o sistema de avaliación que se aplicará a dito alumnado.
3.AVALIACIÓN DO ALUMNADO CUNHA ASISTENCIA ENTRE O 50% E O 80% ÁS ACTIVIDADES PRESENCIAIS. Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados B, C, porque, para puntuar no A, cómpre unha asistencia mínima do 80%. Este alumnado poderá presentar a produción escrita realizada nas sesións presenciais e as presentacións orais na aula nas datas e prazos establecidos..
4.ALUMNADO QUE SÓ ASISTE A MENOS DO 50%. Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados B e C. Dada a natureza da materia, unha asistencia tan limitada inflúe na puntuación final do apartado C que, como se dixo antes, é avaliado en función dos traballos escritos que o alumnado realiza nas sesións presenciais para o que deberá estar ao tanto da marcha da materia a fin do cumprimento das datas e prazos establecidos.
5.ALUMNADO QUE NON SUPERE A MATERIA NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE (PERÍODO ORDINARIO). Os estudantes que non superen a materia no mes de maio teñen unha segunda oportunidade no mes de xullo. Os instrumentos de avaliación desta segunda oportunidade serán dous:
a.Presentación de traballos, actividades, prácticas e demais producións escritas realizadas ao longo do curso.
b.Exame escrito sobre os contidos das sesións expositivas e interactivas.
6.ALUMNADO REPETIDOR. Deberá poñerse en contacto co profesor da materia necesariamente nos quince primeiros días do semestre correspondente (o segundo) para concretar o plan de traballo ao que deberá aterse e o sistema de avaliación ao que se someterá.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS DE INTERESE:
Á parte das indicacións específicas sobre avaliación, son criterios a ter en conta para avaliar o rendemento académico do alumnado:
1.- A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos.
2.-A participación activa nas clases e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais.
3.- A calidade dos traballos que, xa aparte dunha correcta organización e presentación textual, deberán aterse na súa entrega aos prazos sinalados.
4.- A competencia lingüística oral e escrita, manifestada na propiedade e corrección expresivas, a coherencia cohesión e adecuación propias dun discurso académico.
Tempo de estudo e traballo persoalComo consta na Memoria da Titulación, está previsto que nesta materia o alumnado dedique un total de 112’5 horas, das que 38,5 corresponden a traballo presencial na aula e 74 a traballo autónomo e preparatorio.
Recomendacións para o estudo da materiaAconséllase:
- A asistencia ás clases e titorías e cumprimento do ritmo de traballo programado acorde coa avaliación continua.
-A lectura demorada e pausada non só dos textos co que se traballe na aula, senón tamén de todo tipo de obras literarias, que axudarán a que o alumnado mellore a súa expresión escrita e potencie a súa creatividade, dous dos obxectivos fundamentais desta materia.
- Respectar as datas e prazos de entrega das prácticas, actividades e estudo ou informar con antelación suficiente e xustificar a dificultade que impedise a entrega puntual dos traballos.
- Ter en conta a Resolución da USC do 15 de xuño de 2011 (DOGA 21 de xullo) que estabelece que “a realización fraudulenta dalgún exercicio, proba ou estudo implicará cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesíbeis ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citar aos autores e fontes”.
- E dado que a USC é unha Universidade presencial, é necesariamente obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase. Insistimos en que o alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas, dispensa concedida pola Xunta de Facultade (art. 126.3 dos Estatutos da USC, 2004), deberá estar ao tanto do desenvolvemento da materia no curso e manter, desde o comezo deste, contacto e comunicación co profesor así como asistir ás titorías. O profesor poderá estabelecer un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas do alumno, mais sempre que se respecten e se garantan para todo o alumnado desta disciplina os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades.