Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141455 - Inglés: Comprensión e Expresión Escrita (Optativo Mención en Lingua Estranxeira: inglés) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxía Inglesa
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GONZALEZ ALVAREZ, ELSA MARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo principal desta materia é conseguir que o alumno acade o nivel B2.2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas nas destrezas de comprensión e expresión escrita en lingua inglesa (ver http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/Source/Framework_EN.pdf).

    Preténdese tamén que sexa capaz de aplicar os coñecementos adquiridos na súa práctica como docente de lingua inglesa.
    Contidos
    Práctica das destrezas de comprensión e expresión escrita en lingua inglesa.
    Ensino das destrezas de comprensión e expresión escrita en lingua inglesa.
    Os contidos específicos detallaranse na guía docente que se entregará ao comenzo do curso.
    Bibliografía básica e complementaria
    Eastwood, J. 2006. Oxford Practice Grammar (Intermediate) with Kee and CD Rom. Oxford: O.U.P.
    Flynn, K. 2006. Panorama Building Perspective Through Reading. Oxford: O.U.P.
    Hamer, J. (2007). The Practice of English Language Teaching. Harlow: Pearson Education.
    Hashemi, L. & B. Thomas. 2003. Cambridge Grammar for First Certificate. Cambridge: C.U.P.
    Murphy, R. 2004. English Grammar in Use (with Answers and CD Rom). Cambridge: C.U.P.
    Zemach, D. & Islam, C. (2005). Paragraph writing: From sentence to paragraph. Oxford: Oxford University Press.


    Competencias
    Xerais:
    G.1. Capacidade para amosar coñecementos sobre as áreas curriculares da Educación Primaria, as súas relacións, criterios de avaliación, e didáctica do seu ensino e aprendizaxe.
    G.3. Capacidade para abordar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües
    G.11. Capacidade para coñecer, seleccionar e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación

    Específicas:
    E.52. Competencia lingüística: capacidade para expresarse, oralmente e por escrito, nunha lingua estranxeira.
    E.53. Competencia didáctica: capacidade para desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e fomentar as competencias correspondentes nos estudantes

    Básicas:
    B.1. Capacidade para amosar adquisición e comprensión de coñecementos, especialmente relativos á área de estudo.
    B.2. Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos ao eido profesional, cc fin de elaborar argumentos e resolver problemas.
    B.4. Capacidade para transmitir información en eidos especializados e non especializados.

    Transversais:
    T.1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
    Metodoloxía da ensinanza
    As sesións expositivas en gran grupo orientaranse á presentación de novos contidos por parte do profesor, e irán seguidas de práctica controlada e debate por parte dos alumnos. A lectura de documentos e consulta doutras fontes de información xunto co debate, tanto en grupo grande como mediano, contribuirán ao desenvolvemento das competencias relacionadas ca lectura e o comentario crítico de textos.

    As actividades en grupo mediano e pequeno fomentarán odesenvolvemento das competencias referidas á aplicación nas aulas de tecnoloxías de información e comunicación que contribúan á aprendizaxe das destrezas de comprensión e expresión escrita en lingua extranxeira.

    Utilizarase preferentemente o inglés na realización dos distintos tipos de actividades tanto en gran grupo como en grupo pequeno e titorías en grupo reducido ou individualizadas. Con isto pretendese desenvolver a competencia específica ‘Expresarse por escrito en una lengua extranjera’ así como a competencia transversal referida ao dominio dunha lingua extranxeira.

    As titorías plantearanse como sesións de orientación encaminadas á resolución de problemas e supervisión e asesoramento do alumnado para a potenciación do traballo autónomo.
    Sistema de evaluación
    PARTICIPACIÓN NA AULA: 5%
    PROBAS ESPECÍFICAS: 50 %
    INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCCIÓNS: 40 %
    PRESENTACIONES ORAIS: 5%

    Os alumnos con exención de docencia oficial serán avaliados como segue:

    PROBAS ESPECÍFICAS: 60%
    INFORMES ESCRITOS ESCRITOS: 40%

    O sistema de avaliación para as convocatorias extraordinarias será o mesmo que para a ordinaria.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Aproximadamente 74 horas de traballo autónomo para os alumnos que teñan un nivel en lingua inglesa cercano ao recomendado.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recomendase que os estudiantes teñan un nivel B2.1. a comenzo dol curso.
    Recomendase tamén ter aprobada a materia obligatoria ‘ENSINO E APRENDIZAXE DE COMPETENCIAS COMUNICATIVAS: INGLÉS'