Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3141463 - Educación Vocal e Auditiva (Optativo Mención en Educación Musical) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia da Arte, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
  • Áreas: Música, Didáctica da Expresión Musical
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
MOREIRA ARINCON, REMIGIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Empregar correctamente a voz humana, “un instrumento barato”.
    - A formación do oido, familiaridade cos intervalos.
    - Conseguir a capacidade para lograr unha audición consciente e diferenciada.
    - Coñecer os fenómenos referentes á produción, transmisión e emisión do son.

    Contidos
    - Saúde e hixiene vocal.
    - A voz humana calidades, clasificación, extensión.
    - Técnicas de respiración.
    - Impostación e articulación do son.
    - Expresión musical: movemento, intensidade, matiz, acentuación.
    - Elementos de entoación. Estudo dos intervalos.
    - As funcións tonais.
    - Simultaneidade sonora: os acordes básicos e a súa diferenciación auditiva.

    Bibliografía básica e complementaria
    Biografía básica:
    Alsina, Pep. El área de educación musical. Barcelona: Graó, 2010.
    Bustos, Inés. La voz. la técnica de la expresión. Barcelona: Paidotribo, 2003.
    Kühn, Clemens. La formación musical del oído. Traducido por Luis Romano Haces. Barcelona: Labor, 1989.
    Bibliografía complementaria.
    Akoschky, Judith., Pep Alsina, Maravillas Díaz, Andrea Giráldez. La música en la escuela infantil (0-6). Barcelona: Graó, 2009.
    Borragán, Alfonso., e José A. Del Barrio del campo, José N. Gutiérrez Fernández. El juego vocal para prevenir los problemas de la voz. Málaga: Ediciones Aljibe, 1999.
    Cortazar, Mª. Isabel., e Balbino Rojo. La voz en la docencia. Conocer y cuidar nuestra herramienta de trabajo. Barcelona: Graó, 2007.
    De Bardo, Ludmilla. La salud por la nariz. Traducido por Emma Soler Cacimaño. Barcelona: Ibis, 1996.
    Escolá, Francisco. Educación de la respiración, pedagotécnia para el rendimiento físico y la fonación. Barcelona: Inde Publicaciones, 1989.
    Farhi, Donna. El gran libro de la respiración. Traducido por Delia Mateovich. Barcelona: Roobinbook S. L. , 1998.
    Gustems, Josep., e Elgström, Edmon. Guía práctica para la dirección de grupos vocales e instumentales.Barcelona: Graó, 2008.
    Lodes, Hiltrud. Aprende a respirar, la guía más eficaz para vivir a pleno pulmón. Traducido por Marcos Sarmiento. Barcelona: Los libros de integral, 1990.
    MacCallion, M. el libro de la voz. Traducido por Michael Dixon y Carmen Vañó. Barcelona: Urano, 1998.
    Maisel, Edward. La técnica Alexander. Traducido por Mª de los Ángeles Garoz Moreno. Barcelona: Paidós, 1995.
    Payne, Rosemari. Técnicas de relajación, guía práctica para el profesional de la salud. Traducido por Noelia Jiménez. Barcelona: Paidotribo, 2009.
    Prater, R.J., y Swift R. W. Manual de Terapéutica de la voz. Traducido por Jorge Perelló Gilberga. Barcelona: Salvat Editores, 1986.
    Rivas, Rosa María., e María José Fiuza Asorey. La voz y las disfonías disfuncionales. Prevención y tratamiento. Madrid: Pirámide, 2002.
    Suárez, Ángel., e Juan Manuel Moreno, Mª Elena García-Baamonde. Educar y reeducar el habla con cuentos. Madrid: Editorial CCS, 2006.
    Torreiglesias, M., e Ramiro Calle. Relajación para saber vivir. Barcelona: RBA, 1999.
    Zemach-Bersin, David Kaethe., e Mark Reese. Ejercicios de Relajación. Traducido por Mª de los Ángeles Garoz Moreno. Barcelona: Paidós, 1996.


    Competencias
    - Específicas
    E54. Comprender os principios que contribúen á formación cultural, e personal e social desde as artes.
    E55. Coñecer o currículo escolar da educación artística, nos seus aspectos plástico, audiovisual e musical.
    E56. Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades musicais e plásticas dentro e fora da escola.
    E57. Desenvolver e evaluar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
    - Xenerais: G1, G2, G10.
    - Básicas: B1,B2,B3,B4.
    - Transversales: T1,T2, T3.
    As competencias pódense consultar no seguinte enlace:
    http://www.usc.é/export/sites/default/gl/servizos/sxopra/descargas/G3141_G3151_Mestre_Primaria_2010_11.pdf

    Metodoloxía da ensinanza
    Series expositivas: onde se desenvolverán contidos conceptuais alternando a exposición con actividades interactivas na realización de exercicios prácticos.
    Sesións interactivas: onde se desenvolverán contidos procedimentales a través de actividades progresivas utilizando todos os recursos didácticos necesarios para unha mellor comprensión dos contidos da materia. Ademais propoñeranse actividades para realizar en pequenos grupos de traballo.
    Aula virtual: utilizarase para a incorporación de materiais en distintos formatos, para o intercambio de reflexións, comentarios e materiais. Os materiais de estudo e práctica musical, así como outros documentos, atoparanse no aula virtual (ler o apartado observacións)

    Sistema de evaluación
    I. Convocatoria (Maio)
    1. Participación (25%) da nota final) e prácticas específicas de aula a través de actividades e proxectos obligatorios en grupo e /ou individuais (25% da nota final). A asistencia tanto nas sesións expositivas como interactivas son obligatorias. Permítese a ausencia de ata sete sesións (máximo de tres injustificadas, que se penalizarán con 0,5 puntos cada unha da nota final).
    2. Informes escritos, exposicións e outras producións (20% da nota final).
    3. Probas teórico-prácticas sobre os contidos da materia (30% da nota final).
    Nota: para superar a materia é obligatorio ter unha cualificación positiva nos tres apartados. No caso de suspender os apartados 2 e 3 conservaranse as cualificacións aprobadas para a seguinte convocatoria dentro do mesmo curso académico. No caso de suspender a parte 1 ler ó apartado recuperación das prácticas específicas?. A participación de aula non é recuperable.
    II Convocatoria (Xullo) e outras convocatorias extraordinarias:
    1. Prácticas específicas de aula a través de proxectos obligatorios en grupo e/ou individuais (25%) Ler o apartado recuperación das prácticas específicas.
    2. Informes escritos, exposicións e outras producións (20% da nota final).
    3. Probas teórico prácticas sobre os contidos da materia (30% da nota final).
    Nota: para superar a materia é obligatorio ter unha cualificación positiva nos tres apartados.
    RECUPERACIÓN DAS PRÁCTICAS ESPECÍFICAS:
    O alumnado que teña pendente as prácticas específicas deberá realizar un traballo teórico práctico que será exposto e defendido na convocatoria do exame. As normas e instrucións das actividades a desenvolver solicitaranse personalmente ao profesorado da materia en horario de tutorías. A data para asistir a dita tutoría será exposta no taboleiro de anuncios.
    ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA.
    O alumnado con exención de docencia poderá examinarse tanto na primeira como e a segunda convocatoria pero cos requisitos de avaliación que sinala a segunda convocatoria.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O traballo persoal debe ser semanal. O tempo de estudo deberá incrementarse segundo as dificultades persoais do alumnado e dos contidos da materia. Recoméndase un mínimo de seis horas semanales para a comprensión e realización dos exercicios e actividades propostas nas clases.
    a) Actividades dentro do horario académico: 38,5h
    - Sesións expositivas: 18 h.
    - Sesións interactivas: 18 h.
    - Tutorías académicas: 2,5 h.
    b) Actividades fose do horario lectivo. 74 h.
    -Estudo e traballo individual: 61 h.
    - Traballo en grupo: 13 h.
    Total: (a b)= 112.5 h (4,5 créditos ECTS)

    Recomendacións para o estudo da materia
    -Asistencia a clase
    - Constancia no estudo
    - Tratar de resolver as dúbidas e as dificultades que xurdan desde un primeiro momento nas propias clases ou nas horas de tutorías.
    - Ser responsables e non esquecer as datas dos traballos ou actividades suscitadas polo profesorado.
    - Utilizar os recursos da propia facultade (biblioteca, fonoteca, aulas de informática, etc.) para a ampliación dos propios coñecementos.

    Observacións
    Debido a que é obligatorio traballar e estar comunicado a través dunha plataforma virtual, recoméndase dispoñer dun ordenador persoal con conexión a internet . O profesorado da materia será o responsable de dar de alta aos usuarios (tamén o alumnado con exención de docencia) na primeira semana do inicio da actividade lectiva.
    En relación aos traballos :
    Tanto os traballos individuais e/ou grupales deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na convocatoria correspondente. Un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias salvo que se programase de forma coordinada.
    Teranse en conta as seguintes indicacións de responsabilidade medioambiental:
    - Imprimir a dobre cara en calidade de aforro de tinta.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.