G3141464 - Linguaxe Musical (Optativo Mención en Educación Musical) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia da Arte, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
- Áreas: Música, Didáctica da Expresión Musical
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia-Coñecer e manexar todos os símbolos gráficos da linguaxe musical coa finalidade de poder desenvolver e comprender os coñecementos teórico-prácticos da música.
- Adquirir a capacidade para unha correcta lecto-escritura musical
- Adquirir a capacidade para una correcta coordinación rítmica no manexo dos instrumentos da escola, na voz e na expresión corporal.
- Adquirir a capacidade para unha correcta emisión melódica e interválica, coa voz como recurso fundamental.
- Utilizar o oído interno para relacionar a audición coa súa representación gráfica e recoñecer patróns rítmicos, melódicos, rítmicos-melódicos, estructuras formais e elementos da expresión da linguaxe musical.
- Desemvolver a creatividade musical a través da potenciación progresiva da improvisación.
Contidos-Elementos da música.
Ruido e son. Calidades do son: altura, timbre, duración e intensidade.
- A notación musical:
Notación de altura e duración. Normas da escritura musical
As Grafías non convencionais.
-O ritmo:
Pulso e acento. A prosodia (ritmo e palabra). Compás binario e ternario, simple e composto, de amalgama e de partes dispares. Cambios na acentuación. A síncope e o contratempo. Grupos artificiais.
-Melodía e harmonía;
Estudo dos intervalos (cualificación e clasificación). Alteracións. Concepto de enharmonía. Escala diatónica (maior e menor). A escala e os seus xéneros. Tonalidade e modalidade (graos tonais e modais). O acorde: principais graos harmónicos e as súas características. Cifrados. O transporte.
- Elementos da expresión da linguaxe musical
Termos do movemento ou o tempo Matices dinámicos. A articulación. O carácter.
- A textura e a forma musical.
A monodia, homofonía, polifonía e heterofonía.
Análise fraseológica. Estructuras formais elementais. Segundo o inicio (anacrúsico, tético y acéfalo) e final (masculino e feminino).
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
- ALSINA, P., El área de educación musical, Ed. Graó, Barcelona, 2010.
- DE PEDRO, D., Teoría completa de la música, vol. 1, Ed. Real musical, Madrid, 1992.
- GROBA, M., Introdución á linguaxe musical, Ed. Galaxia, Vigo, 2006.
Bibliografía complementaria:
- ALFONSO; LAMBERT E ZAMACOIS, Laz Método graduado de solfeo, vols. I-II-III, Ed. Boileau, Barcelona, 1973.
- AMAT, C. e CASANOVA, A. Pentagrama, lenguaje musical, vols. 1 e 2, Ed. Boileau, Barcelona,1998.
- CAÑADA, P. e LÓPEZ, A e MOLINA,E., Cuaderno de audición grado elemental 1. Ed. Enclave creativa, Madrid, 2004.
- CHAILLEY, J. e CHALLAN, H., Teoría completa de la música, vols. 1 e 2, Ed. Alphonse Leduc, París, 1985.
- DE PEDRO., Teoría completa de la música, vol. 2, Ed. Real musical, Madrid, 1990.
- ESCUDERO, M.P., Cánones populares, infantiles y clásicos. Ed. Real Musical, Madrid, 1990.
- ESCUDERO, M. P., Lenguaje musical y didáctica de la expresión musical I, Ed. Real musical, Madrid, 1990.
- HINDEMITH, P., Adiestramiento elemental para músicos. Ed. Ricordi, Buenos Aires, 1946.
- LÓPEZ DE ARENOSA, E., Ritmo y lectura uno, Ed. Real musical, Madrid, 1979.
- ZAMACOIS, J., Teoría de la música, vols. 1 e 2. Ed. Labor, Barcelona, 1974.
Competencias- Específicas
E54. Comprender os principios que contribúen á formación cultural, e personal e social desde as artes.
E55. Coñecer o currículo escolar da educación artística, nos seus aspectos plástico, audiovisual e musical.
E56. Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades musicais e plásticas dentro e fora da escola.
E57. Desenvolver e evaluar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
- Xenerais: G1, G2, G10.
- Básicas: B1,B2,B3,B4.
- Transversales: T1,T2, T3.
As competencias pódense consultar no seguinte enlace:
http://www.usc.é/export/sites/default/gl/servizos/sxopra/descargas/G3141_G3151_Mestre_Primaria_2010_11.pdf
Metodoloxía da ensinanza Series expositivas: onde se desenvolverán contidos conceptuais alternando a exposición con actividades interactivas na realización de exercicios prácticos.
Sesións interactivas: onde se desenvolverán contidos procedimentales a través de actividades progresivas utilizando todos os recursos didácticos necesarios para unha mellor comprensión dos contidos da materia. Ademais propoñeranse actividades para realizar en pequenos grupos de traballo.
Aula virtual: utilizarase para a incorporación de materiais en distintos formatos, para o intercambio de reflexións, comentarios e materiais. Os materiais de estudo e práctica musical, así como outros documentos, atoparanse no aula virtual (ler o apartado observacións)
Sistema de evaluaciónI. Convocatoria (Maio)
1. Participación (25%) da nota final) e prácticas específicas de aula a través de actividades e proxectos obligatorios en grupo e /ou individuais (25% da nota final). A asistencia tanto nas sesións expositivas como interactivas son obligatorias. Permítese a ausencia de ata sete sesións (máximo de tres injustificadas, que se penalizarán con 0,5 puntos cada unha da nota final).
2. Informes escritos, exposicións e outras producións (20% da nota final).
3. Probas teórico-prácticas sobre os contidos da materia (30% da nota final).
Nota: para superar a materia é obligatorio ter unha cualificación positiva nos tres apartados. No caso de suspender os apartados 2 e 3 conservaranse as cualificacións aprobadas para a seguinte convocatoria dentro do mesmo curso académico. No caso de suspender a parte 1 ler o apartado ?recuperación das prácticas específicas?. A participación de aula non é recuperable.
II Convocatoria (Xullo) e outras convocatorias extraordinarias:
1. Prácticas específicas de aula a través de proxectos obligatorios en grupo e/ou individuais (25%) Ler o apartado recuperación das prácticas específicas.
2. Informes escritos, exposicións e outras producións (20% da nota final).
3. Probas teórico prácticas sobre os contidos da materia (30% da nota final).
Nota: para superar a materia é obligatorio ter unha cualificación positiva nos tres apartados.
RECUPERACIÓN DAS PRÁCTICAS ESPECÍFICAS:
O alumnado que teña pendente as prácticas específicas deberá realizar un traballo teórico práctico que será exposto e defendido na convocatoria do exame. As normas e instrucións das actividades a desenvolver solicitaranse personalmente ao profesorado da materia en horario de tutorías. A data para asistir a dita tutoría será exposta no taboleiro de anuncios.
ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA.
O alumnado con exención de docencia poderá examinarse tanto na primeira como na segunda convocatoria pero cos requisitos de avaliación que sinala a segunda convocatoria.
Tempo de estudo e traballo persoalO traballo persoal debe ser semanal. O tempo de estudo deberá incrementarse segundo as dificultades persoais do alumnado e dos contidos da materia. Recoméndase un mínimo de seis horas semanales para a comprensión e realización dos exercicios e actividades propostas nas clases.
a) Actividades dentro do horario académico: 38,5h
- Sesións expositivas: 18 h.
- Sesións interactivas: 18 h.
- Tutorías académicas: 2,5 h.
b) Actividades fose do horario lectivo. 74 h.
-Estudo e traballo individual: 61 h.
- Traballo en grupo: 13 h.
Total: (a+ b)= 112.5 h (4,5 créditos ECTS).
Recomendacións para o estudo da materia-Asistencia a clase.
- Constancia no estudo.
- Tratar de resolver as dúbidas e as dificultades que xurdan desde un primeiro momento nas propias clases ou nas horas de tutorías.
- Ser responsables e non esquecer as datas dos traballos ou actividades suscitadas polo profesorado.
- Utilizar os recursos da propia facultade (biblioteca, fonoteca, aulas de informática, etc.) para a ampliación dos propios coñecementos.
ObservaciónsDebido a que é obligatorio traballar e estar comunicado a través dunha plataforma virtual, recoméndase dispoñer dun ordenador persoal con conexión a internet . O profesorado da materia será o responsable de dar de alta aos usuarios (tamén o alumnado con exención de docencia) na primeira semana do inicio da actividade lectiva.
En relación aos traballos :
Tanto os traballos individuais e/ou grupales deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na convocatoria correspondente. Un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias salvo que se programase de forma coordinada.
Teranse en conta as seguintes indicacións de responsabilidade medioambiental:
- Imprimir a dobre cara en calidade de aforro de tinta.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.