G3141465 - Formación Rítmica e Instrumental (Optativo Mención en Educación Musical) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia da Arte, Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
- Áreas: Música, Didáctica da Expresión Musical
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Dominar a técnica elemental dos diferentes instrumentos escolares para a interpretación e dirección dun repertorio variado de partituras de diferentes estilos e épocas da música.
- Interpretar, a través dun instrumento harmónico, acompañamentos empregando os grados harmónicos de tónica, dominante e subdominante.
- Coñecer os diferentes timbres e características dos instrumentos da orquestra, así como as diferentes familias instrumentais e agrupacións musicais.
- Coñecer e manexar os diferentes elementos e recursos da composición musical, así como os elementos básicos da harmonía tonal e as súas características, utilizándoos como base na composición e instrumentación musical.
- Coñecer e usar as distintas harmonizacións elementais e as pautas pedagóxicas e metodolóxicas para o ensino, a montaxe e a dirección dunha obra musical.
- Experimentar e executar, mediante o movemento e a expresión corporal, elementos rítmicos, melódicos e formais.
- Crear, individualmente ou en grupo, coreografías a partir dunha partitura ou audición.
Contidos- Formación instrumental harmónica. Funcionalidade e enlace dos grados harmónicos (tónica, dominante e subdominante). Metodoloxía da composición e instrumentación.
- Os instrumentos escolares e as súas agrupacións orquestrais: organoloxía e acústica. Interpretación, expresión e improvisación orquestral: A frauta de pico e instrumentos P.A.I. e P.A. D.
- Aplicación das TIC para a formación instrumental e rítmica.
- A expresión corporal: o corpo como instrumento musical. A danza a dramatización e xogos rítmicos e de movemento.
Bibliografía básica e complementariaBachmann, M. (1998). La Rítmica Jaques-Dalcroze : una educación por la música y para la música. Madrid : Pirámide, D.L.
Bennett, R. (1998). Investigando los estilos musicales. Madrid: Akal.
Bennett, R. (1998). Los instrumentos de la orquesta. Madrid: Akal.
Bennett, R. (1998). Forma y diseño. Madrid: Akal.
Bort, A.; Roca, P. e Sorolla, L. (1998) Siringa 2. Método de flauta. Valencia: Tándem.
Chacón, A. e Molina, E. (2005). Musicalización de textos Vol. 1. Madrid:Enclave creativa.
De Pedro, D. (1992). Teoría Completa de la Música, vols 1 e 2. Madrid: Real Musical.
Giráldez, A. (2004). Internet y educación musical. Barcelona: Graó.
Glover, J. (2004). Niños compositores (4 a 14 años). Barcelona: Graó.
Hargreaves, D. (1998). Música y desarrollo psicológico. Barcelona: Graó.
Herrera, E. (1991). Teoría musical y armonía moderna, vol I. Barcelona: Antoni Bosch editor, S. A.
Hindemith, P. (1949). Armonía tradicional. Buenos Aires: Ricordi.
Howard, J. (2000). Aprendiendo a componer. Madrid: Akal.
Molina, E. (1996) Piano complentario: un nuevo modo de acercarse al piano. Madrid: Real Musical.
Ramada, M. (2000). Atlas de percusión. Valencia: Rivera.
Santos, A. e Eguílar, R. (2005). Cuaderno de análisis. Iniciación al análisis musical, vol. 1. Madrid: Enclave creativa.
Sanuy, M. (1969). Orff-Schulwerk: música para niños. vol.1. Madrid: Unión Musical Española.
Schafer, R. (1990). El nuevo paisaje sonoro: un manual para el maestro de música moderno. Buenos Aires: Ricordi.
Schafer, R. (1992). Cuando las palabras cantan. Buenos Aires: Ricordi.
Ulrich, M. (1992). El atlas de la música, vol. 1. Madrid: Alianza.
Wuytack, J. (1991). Musicalia. Brugge: De Garve.
Competencias- Específicas:
E54. Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde as artes.
E55. Coñecer o currículo escolar da educación artística, nos seus aspectos plástico, audiovisual e musical.
E56. Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades musicais e plásticas
dentro e fóra da escola.
E57. Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
- Xerais: G1, G2, G10.
- Básicas: B1, B2, B3, B4.
- Transversais: T1, T2, T3.
As competencias pódense consultar no seguinte enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sxopra/descargas/G3141_G3151_Mestre_Primaria_2010_11.pdf
Metodoloxía da ensinanza Sesións expositivas: onde desenvolveranse contidos conceptuais alternando a exposición con actividades interactivas na realización de exercicios prácticos.
Sesións interactivas: onde desenvolveranse contidos procedimentais a través de actividades progresivas, utilizando todos os recursos didácticos necesarios para unha mellor comprensión dos contidos da materia. Proporanse, ademais, actividades para realizar en pequenos grupos de traballo.
Aula virtual: Utilizarase para a incorporación de materiais en distintos formatos, para o intercambio de reflexións, comentarios e materiais. Os materiais de estudo e práctica musical, así como outros documentos, encontraranse na aula virtual (ler o apartado observacións).
Sistema de evaluaciónI- CONVOCATORIA (MAIO):
1 - Participación (25% da nota final) e prácticas específicas de aula a través de actividades e proxectos obrigatorios en grupo e/ou individuais (25% da nota final). A asistencia tanto nas sesións expositivas como interactivas son obrigatorias. Permítese a ausencia de ata sete sesións (máximo de tres inxustificadas, que penalizaranse co 0,5 puntos cada unha da nota final).
2 - Informes escritos, exposicións e outras producións (20% da nota final).
3 - Probas teórico-prácticas sobre os contidos da materia (30% da nota final).
Nota: Para superar a materia é obrigatorio ter unha cualificación positiva nos tres apartados. No caso de suspender os apartados 2 e 3, conservaranse as cualificacións aprobadas para a seguinte convocatoria dentro do mesmo curso académico. No caso de suspender a parte 1, ler o apartado “recuperación das prácticas específicas”. A participación de aula non é recuperable.
II. CONVOCATORIA (XULLO) E OUTRAS CONVOCATORIAS EXTRAORDINARIAS:
1 - Participación e prácticas específicas de aula a través de proxectos obrigatorios en grupo e/ou individuais (25%) Ler o apartado “recuperación das prácticas específicas”.
2 - Informes escritos, exposicións e outras producións (20%).
3 - Probas teórico-prácticas sobre os contidos da materia (30%).
Nota: Para superar a materia é obrigatorio ter unha cualificación positiva nos tres apartados.
RECUPERACIÓN DAS PRÁCTICAS ESPECÍFICAS:
O alumnado que teña pendente as prácticas específicas deberá realizar un traballo teórico-práctico que será exposto e defendido na convocatoria do exame. As normas e instrucións das actividades a desenvolver solicitaranse persoalmente ao profesorado da materia no horario de titorías. A data para asistir a dita titoría será exposta no taboleiro de anuncios (en fronte da aula nº 4).
ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
O alumnado con exención de docencia poderá examinarse tanto na primeira como na segunda convocatoria, pero cos requisitos da avaliación que sinala a segunda convocatoria.
Tempo de estudo e traballo persoalO traballo persoal debe ser semanal. O tempo de estudo deberá incrementarse según as dificultades personais do alumnado e dos contidos da materia. Recoméndase un mínimo de seis horas semanais para a comprensión e realización dos exercicios e actividades propostas nas clases.
a) - Actividades dentro do horario académico: 38,5h
- Sesións expositivas: 18h
- Sesións interactivas: 18h
- Titorías académicas: 2,5 h
b) - Actividades fóra do horario lectivo: 74h
- Estudo e traballo individual: 61h
- Traballo en grupo: 13h
TOTAL (a+b) = 112,5 h (4,5 créditos ECTS)
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia ás clases.
- Constancia no estudo.
- Tratar de resolver as dúbidas e as dificultades que xurdan dende un primeiro momento nas propias clases ou nas horas de titorías.
- Ser responsables e non esquecer as datas dos traballos ou actividades plantexadas polo profesorado.
- Utilizar os recursos da Facultade (Biblioteca, fonoteca, aulas de informática ...) para a ampliación dos coñecementos.
ObservaciónsDebido á obrigatoriedade de traballar e estar comunicado a través dunha plataforma virtual, recoméndase dispoñer dun ordenador persoal con conexión a Internet. O profesorado da materia será o responsable de dar de alta aos usuarios (tamén o alumnado con exención de docencia) na primeira semana do inicio da actividade lectiva.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na convocatoria correspondente. Un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias salvo que se programase dun xeito coordenado.
Avisos, prazos e outras notificacións, enviaranse a través da aula virtual.
En relación aos traballos persoais ou de grupo teranse en conta as seguintes indicacións de responsabilidade medio ambiental:
- Imprimir a dobre cara en calidade de “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.