G3081101 - Antropoloxía da Educación (Socioloxía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
- Áreas: Teoría e Historia da Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEstudar Antropoloxía da Educación implica hoxe mergullarse nun dominio do saber humano e social que responde ás notas de pluralidade e diversidade. Xa non hai exclusividade teórica na educación, e tampouco no saber antropolóxico. Así pois, do que se trata aquí é de ir tomando conciencia dos supostos antropolóxicos que acompañan o noso traballo como pedagogos e educadores sociais, tendo en conta que na educación cómpre pensar nos contextos histórico e cultural que a inflúen. Todo coñecemento, en definitiva, ten que considerarse en relación cun contexto. Vivimos tempos, ademais, nos que é obrigado examinar os novos interrogantes educativos derivados dunha antropoloxía que xa non conta cun sistema seguro de referencias (atrás teñen quedado as antropoloxías normativas). Xa que logo, algunhas metas e obxectivos desta materia teñen que ver coas posibilidades e límites da educación e da formación, sobre todo en tempos de sobreproducción, e co descubrimento de novas dimensións diante de vellos problemas, que deberían levarnos a marcar puntos críticos para o pensamento educativo e a acción pedagóxica.
ContidosTema 1. Antropoloxía da educación: da orixe e do desenvolvemento
Tema 2. A educabilidade do ser humano. Proceso educativo e antropoxénese.
Tema 3. O saber antropolóxico-cultural na educación (¿para qué a etnografía na educación en xeral e na escola en particular?)
Tema 4. Os procesos culturais e as dinámicas educativas (enculturación e aculturación)
Tema 5. A Antropoloxía da Educación en perspectiva multicultural e intercultural (identidades e globalización)
Tema 6. O enfoque sistémico na adquisición e desenvolvemento cultural
Tema 7. Antropoloxía, ecoloxía e desenvolvemento educativo do medio rural e urbano
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA E COMPLEMENTARIA
BARLEY, N. (2005) El antropólogo inocente, Anagrama: Barcelona.
BARRIO, J.Mª (1998) Elementos de antropología pedagógica, Madrid: Rialp.
BOUCHÉ, H. et al. (2002) Antropología de la educación, Madrid: Síntesis.
BURKE, P. (2011) Hibridismo cultural, Madrid: Akal.
CARRITHERS, M. (1995) ¿Por qué los humanos tenemos culturas?, Madrid: Alianza Editorial.
CEBOLLA, H. & LARIOS, Mª J. (2009) Inmigración y educación, Madrid: Centro de Estudios Políticos y Constitucionales.
DIENELT, K. (1980) Antropología pedagógica, Madrid: Aguilar.
ESTEVE, J. M. (2003) La tercera revolución educativa. La educación en la sociedad del conocimiento, Barcelona: Paidós.
FERMOSO, P. (1982) Teoría de la educación. Una interpretación antropológica, Barcelona: CEAC.
GERVILLA, E. (1993) Posmodernidad y educación. Valores y cultura de los jóvenes, Madrid: Dykinson.
HARRIS, Marvin: (1987) El materialismo cultural, Madrid: Alianza Editorial.
- (1993) Jefes, cabecillas y abusones, Madrid: Alianza Editorial
- (1998) Bueno para comer, Madrid: Alianza Editorial
- (1998) Antropología cultural, Madrid: Alianza Editorial.
JOCILES, Mª I. & FRANZÉ, A. (2008) ¿Es la escuela el problema? Perspectivas socio-antropológicas de etnografía y educación, Madrid: Trotta.
LEVI - STRAUS, C. (1968) Antropología estructural, Buenos Aires: Eudeba.
LISÓN, C. (ed.)(2005) Antropología. Horizontes educativos, Universidad de Granada: Granada.
MEAD, M., (1972) Educación y cultura, Buenos Aires: Paidós.
PARÍS, C. (1994): El animal cultural: Biología y cultura en la realidad humana, Barcelona: Crítica.
PÉREZ, P. M. (2007) El brillante aprendiz. Antropología de la educación, Barcelona: Ariel.
RODRÍGUEZ NEIRA, T. (1999) La cultura contra la escuela, Barcelona: Ariel.
SANTOS REGO, M. A. (1997) Análise pedagóxica da emigración galega en Europa. Perspectivas no marco da Unión, Santiago de Compostela: Teófilo Edicións.
SANTOS REGO, M. A. (2000) Pedagoxía dos valores en Galicia, Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
SANTOS REGO, M. A. (ed.) (2006) Estudios sobre flujos migratorios en perspectiva educativa y cultural, Granada: Grupo Editorial Universitario.
SANTOS REGO, M. A. (2008). Las familias inmigrantes en la escuela. ¿Cómo avanzar en su integración desde una perspectiva socioeducativa? En J. García Roca y J. Lacomba (eds.) La inmigración en la sociedad española, Barcelona, Edicións Bellaterra, 483-505.
SANTOS REGO, M. A. (dir.) (2012) Inmigración y administración local. La gestión socioeducativa, A Coruña: Netbiblo.
SANTOS REGO, m.a. (ed.) (2013) Cosmopolitismo y Educación. Aprender y trabajar en un mundo sin fronteras, Valencia: Brief.
SANTOS REGO, M. A. e LORENZO MOLEDO, M. (2003) Inmigración e acción educativa en Galicia, Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
SANTOS REGO, M. A. e LORENZO MOLEDO, M. (2012) Estudios de Pedagogía Intercultural, Barcelona: Octaedro.
SANTOS REGO, M. A. e TOURIÑÁN, J. M. (2004) Familia, educación y sociedad civil, Santiago de Compostela: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Santiago de Compostela.
VELASCO, H. M. et al. (1999) Lecturas de antropología para educadores, Madrid: Trotta.
VIEIRA, R. (2011) Educaçao e diversidade cultural. Notas de Antropologia da Educaçao, Porto: Eds. Afrontamento & Instituto Politécnico de Leiría.
WULF, C. (2004) Antropología de la educación, Barcelona: Idea Books.
CompetenciasA materia que nos ocupa precisa do soporte epistemolóxico da ‘Antropoloxía Social’. Este é un pilar no que podemos apoiarnos para unha mellor comprensión da materia. Do mesmo xeito, deberíamos ir advertindo a relación inequívoca desta disciplina coa “Pedagoxía Intercultural” á que proporciona bases teóricas e metodolóxicas para un maior e mellor dimensionamento estratéxico do seu papel efectivo na renovación do discurso e das prácticas pedagóxicas nun mundo no que a xestión da diversidade cultural tense convertido en pedra de toque importante das políticas públicas.
De xeito máis concreto, as alumnas e alumnos desta materia deberán adquirir competencias relacionadas coa busca e xestión eficaz de información sobre os temas clave da antropoloxía da educación, salientando problemas e dimensións comprensivas da actual realidade cultural nos planos local, nacional e transnacional.
Metodoloxía da ensinanza Desde unha base expositiva centrada na presentación e explicación dos eixos temáticos, a metodoloxía derivará nun plan de acción participativo e cooperativo, con prácticas de aula ou seminarios relacionados cos distintos temas. Os traballos, individuais e grupais, poderán adaptarse segundo intereses coincidentes cos da materia e mesmo coas posibilidades de mellor implicación na análise dunha cuestión suxerente.
Os grupos deberán ter, como mínimo tres alumnos, e cinco como máximo. A presentación e defensa dos traballos diante do grupo-clase será obxecto de valoración específica, e incluirá algún tipo de soporte tecnolóxico (Video, Power-Point, Páxinas Web, ...).
Sistema de evaluaciónÉ claro que o proceso de avaliación debe ser contínuo. Debe abranguer tamén tódalas dimensións que se implican nun proceso de aprendizaxe dirixido ao fornecemento de actitudes positivas e un razoable dominio da materia, sempre tendo en conta os resortes metodolóxicos xa expostos.
A tales efectos, cómpre expresar con claridade unha serie de criterios. Concretamente, teranse en conta os seguintes aspectos:
1. Recensión de dous libros segundo a programación de aula que se acorde.
2. Realización dunha Proba Final consistente na resposta a preguntas breves, a modo de “proba obxectiva”, que, no seu caso, podería ser complementada con análises temáticas. Na proba non se penalizarán os erros. Establécese un mínimo de Acertos en función do número de preguntas (exemplo: sobre 30 precisaríanse 21 Acertos para acadar a suficiencia ou o aprobado). Para conseguir unha cualificación de “Sobresaínte” ou “Matrícula” é necesario amosar disposición participativa e bo nivel nas Recensións, nas práticas (sesións interactivas), e mesmo na elaboración e presentación do Portfolio da Materia.
3. A participación activa e o traballo en equipo serán considerados a efectos avaliativos. Nembargantes, para superar a asignatura será imprescindible ter acadada unha valoración suficiente na proba final, e ter demostrado unha contribución efectiva no traballo cooperativo.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras Presenciais:
Teóricas: 25
Prácticas: 25
Horas Non Presenciais:8
Traballo en Equipo: 12
Busca e análise de información: 12
Estudar para exame final: 35
Horas de avaliación: 1.5
Total volume de traballo: 118.5 horas
Recomendacións para o estudo da materiaA primeira atinxe á recomendable asistencia ás clases, a fin de garantir a mellor xestión posible da aprendizaxe e da implicación nas tarefas presentes neste programa, e mesmo as que se acorden en función de necesidades e preferencias. A segunda ten que ver coa lectura dalgún libro clásico no ámbito da antropoloxía cultural. E a terceira non pode esquecer a importancia de cumprir os prazos que se establezan nas actividades individuais e grupais.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.
ObservaciónsÉ obrigatorio entregar unha ficha debidamente cuberta durante as duas primeiras semanas de clase.
Os alumnos repetidores ou non presentados avaliaranse seguindo os criterios contemplados neste Programa.