Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3081102 - Metodoloxía de Investigación en Ciencias Sociais e da Educación (Investigación Educativa) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
PORTO CASTRO, ANA MARIA.SI
RODRIGUEZ BURGOS, MARIA SANDRA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01 (A-D)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02 (E-Me)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03 (Mi-Re)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_04 (Ri-Z)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo xeral desta materia é porporcionar as e os alumnas e alumnos as nocións fundamentais sobre a metodoloxía de investigación en ciencias sociais e da educación.

    Cun nivel maior de concreción podemos sinalar os seguintes obxectivos específicos:

    •Coñecer os fundamentos básicos da ciencia e do coñecemento científico.
    •Coñecer os fundamentos e principais características dos paradigmas de investigación educativa.
    •Identificar as distintas fases do proceso de investigación educativa.
    •Coñecer os fundamentos da investigación cuantitativa e cualitativa.
    •Diferenciar as principais características das distintas modalidades de investigación educativa.
    •Coñecer as principais técnicas de análise descriptiva de datos .
    •Ser capaz de analizar e/ou deseñar investigacións educativas.
    Contidos
    Conforme aos obxectivos sinalados, os principais contidos desta materia son os seguintes:

    1. O coñecemento científico.
    2. Perspectivas epistemolóxicas e metodolóxicas en investigación educativa.
    3. Fases do proceso de investigación educativa.
    4. Análise descriptivo de datos en educación.
    5. Deontoloxía da investigación educativa.
    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFIA BÁSICA


    Albert, Mª J. (2006). La Investigación Educativa. Claves teóricas. Madrid: McGrawHill.

    Bisquerra, R. (2004) (Coord.). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla.

    Corbetta, P. (2003). Metodología y técnicas de investigación social. Madrid: McGrawHill.

    Etxeberría, J. y Tejedor, F.J. (2005). Análisis descriptivo de datos en educación. Madrid: La Muralla.

    Tójar Hurtado, J.C. (2006). Investigación cualitativa. Comprender y actuar. Madrid: La Muralla.


    BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA

    Cardona, Mª C.(2002). Introducción a los métodos de investigación en educación. Madrid: EOS.

    Cohen, L. , Manion, L., y Morrison, K. (2011). Research métodos in education. London: Routledge.

    Colás, P. y Buendia, L. (1998). Investigación educativa (3ªed.). Sevilla: Alfar.

    Gil Flores, J. (1994). Análisis de datos cualitativos. Aplicaciones a la investigación educativa.Barcelona:PPU.

    Goetz, J. e LeCompte, M. (1988). Etnografía y diseño cualitativo en la investigación educativa. Madrid: Morata.

    Hammersley, M. e Atkinson, P. (1994). Etnografía: Métodos de investigación. Barcelona: Paidós.

    Latorre, A., Del Rincón, D. e Arnal, J. (2003). Bases metodológicas de la investigación educativa (1ª ed.). Barcelona: Experiencias.

    McMillan, J.H. e Shumacher, S. (2005). Investigación educativa. Madrid: Pearson.

    Montero, J.M. (2007). Problemas resueltos de estadística descriptiva para ciencias sociales (6ª ed.). Madrid: Thomson.

    Mures Quintana, J. e outros (2003). Estadística descriptiva. Madrid: Pearson Prentice Hall.

    Pérez Juste, R. y otros (2009). Estadística aplicada a la educación. Madrid: Pearson Educación.

    Pérez Serrano, G. (1994). Investigación cualitativa. Retos e interrogantes. Madrid: La Muralla.

    Rodríguez Gómez, G., Gil Flores, J. e García Jiménez, E. (1996). Metodología de la investigación cualitativa. Málaga: Aljibe.

    Ruíz-Maya Pérez, L. (1991). Metodología estadística para el análisis de datos cualitativos. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.

    Simons, H. (2011). El estudio de casos: teoría y práctica. Madrid: Morata.

    PÁXINAS WEB DE INTERÉS

    http://www.uv.es/aidipe/
    http://www.uv.es/RELIEVE/
    http://www.mecd.gob.es/cniie




    Competencias
    A materia Metodoloxía de investigación en ciencias sociais e da educación constitúe unha das múltiples materias que engrosan a oferta de materias obrigatorias e comúns dos alumnos que realizan o primeiro curso correspondente ao Grao de Pedagoxía na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

    Esta materia consta dun total de 6 créditos (ECTS) e trata o estudo das bases fundamentais da investigación educativa.

    O programa que aquí se recolle concíbese, nos seus distintos compoñentes, como unha proposta abertal, deseñada con fins orientativos e referenciais e, en consecuencia, discutible, contrastable e revisable co grupo clase.

    En sintonía co temario que se propón e co plan de traballo que se suxire, formúlanse de xeito xeral as seguintes competencias:


    a) Competencias da titulación ás que contribue a materia

    - Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar críticamente a naturaleza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da pedagoxía.

    - Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos linguísticos, materiais e tecnológicos.

    - Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisiones.

    - Comprender os aspectos teórico-conceptuales, históricos, comparados, metodolóxicos e pedagóxicos e das prácticas que en ela se promueven.

    - Valorar e axustar a súa práctica profesional ás exigencias e compromisos deontolóxicos.


    b) Competencias específicas da materia

    - Coñecer a terminología básica da investigación en educación.

    - Coñecer os principais enfoques epistemolóxicos e metodolóxicos en investigación en educación, valorando as súas potencialidades e limitacións.

    - Coñecer o proceso de investigación educativa e identificar as distintas fases e elementos.

    - Realizar análises descriptivos de datos educativos.


    Metodoloxía da ensinanza
    Os contidos que conforman o temario desta materia serán elaborados e presentados de xeito expositivo no grupo clase por parte da profesora. Nas clases expositivas trataránse os aspectos nucleares de cada tema, procurando ofrecer de xeito condensado a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos implicados coa fin de lograr unha integración dos contidos e dos aspectos estruturais que conforman a materia. Nas sesións interativas empregaránse diferentes estratexias metodolóxicas que permitirán as/os alumnas/os aplicar os coñecementos a situacións concretas e adquirir as competencias da materia.

    O alumnado pola súa banda, coa oportuna orientación da profesora, afondará nas cuestións concretas traballadas dun xeito xenérico e que son tratadas e estudadas facendo uso dos soportes documentais e bibliográficos pertinentes.

    Óptase por un proceso metodolóxico que teña en conta os principios de participación, actividade e aprendizaxe experiencial, primando o desenvolvemento da capacidade comprensiva e a adquisición de competencias.

    O longo do cuadrimestre realizaranse, entre outras, as seguintes actividades formativas:

    a) Asistencia regular e participación directa nas actividades programadas, executando as tarefas recomendadas en cada caso coa finalidade de acadar as competencias sinaladas.

    A USC é unha Universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.

    b) En relación o estudo e asistencia e participación nas actividades de aula, cada alumna/o individualmente e/ou en grupo realizará actividades prácticas e responderá as cuestións que se formulen, resaltando os aspectos máis importantes para acadar as competencias sinaladas.

    Durante os tempos reservados ás titorías, a profesora orientará as/os alumnas/os, ben individualmente ou ben en pequenos grupos, para unha correcta execución das actividades do curso, un eficaz aproveitamento das sesións presenciais e interactivas e un reforzo xeral do proceso de ensino-aprendizaxe.

    Para o desenvolvemento da materia o alumnado fará uso do entorno virtual da USC no que terá a súa disposición toda a documentación necesaria.



    Sistema de evaluación
    A avaliación será formativa de carácter continuo e final. A formativa estará baseada no esforzo e progresión na aprendizaxe da/do estudante durante o cuadrimestre, utilizando como referencia o traballo individual e de grupo realizado.

    A avaliación final consistirá nunha proba teórico-práctica a realizar rematado o cuadrimestre e abarcará a totalidade dos coñecementos e competencias adquiridos pola/o estudante na materia.

    En correspondencia coas actividades programadas e con plan de traballo proposto, e coas competencias, obxetivos, contidos, e metodoloxía e recursos, a avaliación das/os estudantes estará baseada nas cualificacións obtidas nas seguintes dimensións:

    - Proba de avaliación final que terá un peso máximo do 60% na nota final.
    - Actividades de carácter grupal que terán un peso máximo do 10% na nota final.
    - Actividades de carácter individual que terán un peso máximo do 30% na nota final.

    Para obter unha valoración positiva na materia será preciso acadar unha puntuación mínima de 3 puntos na proba de avaliación final e ter realizadas e entregadas en plazo todas as actividades de avaliación de carácter individual e grupal que se especifiquen; a puntuación de estas actividades se sumará á puntuación obtida na proba de avaliación final.

    Os traballos individuais e grupais das/os estudantes deberán ser orixinais. Cualquer traballo copiado supondrá o suspenso da materia na corrrespondente convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.

    As/os alumnas/os repetidores o non presentados serán avaliadas/os seguindo os criterios establecidos en cada curso académico.

    O alumnado con exención de docencia seguirá os mesmos criterios de avaliación que as/os demáis alumnas e alumnos.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Total horas presenciais (clases expositivas, clases interactivas de laboratorio, seminario, titorias, avaliación): 50 horas.
    Total horas traballo persoal (lecturas, elaboración e análise de informes, estudo): 100 horas.
    Observacións
    Nas primeiras sesións de clase, atendendo ó calendario do semestre, establecéranse as datas limite para a recollida de actividades individuais e de grupo.