Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3081103 - Psicoloxía Social da Educación (Psicoloxía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
  • Áreas: Psicoloxía Social
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GODAS OTERO, AGUSTIN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01 (A-García B)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (García C-P)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03 (R-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A Psicoloxía Social da Educación intenta desenvolver distintos coñecementos que, desde unha psicosocioloxía, explican e describen facetas do comportamento grupal e das situacións onde este se manifesta.
    Docencia, investigación e alcance profesional conforman este proxecto coas peculiaridades nas que normalmente discorre o traballo universitario:

    - Comprensión do alcance disciplinar da Psicosocioloxía no contexto da Educación;

    - adquisición e dominio dos coñecementos teórico/metodolóxicos necesarios para aplicar a Psicosocioloxía aos eidos da educación;

    - utilización e comprensión das bases metodolóxicas de tal xeito que posibiliten a súa aplicación ás realidades obxecto de estudo;

    - análise das aplicacións cientificamente constatadas e contrastadas, adaptándoas ás propias da educación.

    Con independencia do comentado anteriormente, a liña de pensamento que guía todo o planeamento disciplinar, discorre pola expectativa de que sexa coñecido o xeito do feito psicolóxico, do feito psicosocial e da Psicosocioloxía aplicada. Saber por qué e cómo olla a realidade a Psicoloxía Social e os/as seus profesionais pasa por ser o principal cometido.

    Contidos
    A estruturación temática desta materia, no que atinxe á Psicoloxía Social da Educación abarca os seguintes contidos:

    Contidos teóricos:
    Bloque I: Conceptualización da materia
    -Tendencias na psicoloxía social da educación.
    Bloque II: Procesos psicosociais
    -Percepción de persoas e atribución causal.
    Bloque III: Atitudes
    -Atitudes e relacións interpersoais.
    -Estereotipos, prexuizos e discriminación.
    -Agresividade.
    Bloque IV: Comportamento grupal
    -O grupo e a súa dinâmica.
    -O liderazgo nos grupos.

    Contidos prácticos:
    -Pertenza grupal.
    -Influencia normativa.
    -A investigación psicosocial.
    -Interacción social.
    -Teoría da atribución.
    -Prexuizos.
    -Influencia dos demais.
    -O individuo no grupo.
    -As primeiras impresións.
    -Agresión.
    -Estructura dos grupos.
    -Atitudes.
    -Análise de textos.
    Bibliografía básica e complementaria
    LECTURAS OBRIGATORIAS E OBXECTO DE AVALIACIÓN

    -Marín, S.M.; Grau, G.R. e Yubero, J.S. (2002). Procesos psicosociales en los contextos educativos. Pirámide Madrid.
    -De Diego, V.R. e Chico, R.M. (2003). Prácticas de psicologia social. Pirámide. Madrid

    REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS E LECTURAS DE COMPLEMENTO

    Textos de Psicoloxía:

    -Rogers, C. (1982). Psicología social de la enseñanza. Visor. Madrid.
    - Mayor, J. (1986). Sociología y psicología social de la educación. Anaya. Madrid.
    -Rogers, C. e Kutnick, P. (1992). Psicologia social de la escuela primaria. Paidós. Barcelona.
    -Fernández, B.P. e Melero, Z.M.A. (1995). La interacción social en contextos educativos. Siglo XXI. Madrid.
    -Páez, D.; Fernández, I.; Ubillos, S. e Zubieta, E. (2003). Psicologia social, cultura y educación. Pearson.
    Prentice-Hall. Madrid.
    -Baron, A.R. e Byrne, D. (2005). Psicologia social. Pearson. Prentice-Hall. Madrid.
    -Morales, D.F.; Huici, C.C.; Gómez, J.A. e Gaviria, S.E. (2008). Método, teoria e investigación em psicología
    social. Pearson. Prentice-Hall, Madrid
    -Morales, D.F. e Olza, M. (1996). Psicologia social y trabajo social. McGraw-Hill, Madrid.
    -Gil, R.F. y Alcocer de la Hera, M.C. (2004). Técnicas grupales en contextos organizacionales. Pirámide,
    Madrid.
    -Marín, S.M. e Garrido, T.M. (2003). El grupo desde la perspectiva psicosocial. Pirámide, Madrid.
    -Wilson, L.G. (2007). Grupos en contexto. Liderazgo y participación en grupos pequeños. McGraw-Hill, Madrid.

    Competencias
    - Coñecer os principios do comportamento em situación de interacción social.

    - Comprender a importância destes princípios no traballo com persoas e grupos..

    - Capacidade para ler e comprender información científica procedente do eido da psicoloxía
    social..

    Metodoloxía da ensinanza
    En correspondencia cos obxectivos xerais e coas temáticas teórica e práctica, o proceso que haberá que desenvolver pasa pola discusión do programa e das iniciativas suxeridas para a súa aplicación; pola exposición das liñas de traballo que poden ser promovidas desde os contidos teóricos e as clases prácticas. Finalmente, a análise das experiencias aplicadas nos respectivos eidos de intervención.

    Para o desenvolvemento de cada módulo –teórico, práctico e aplicado– entregaranse oportunamente os datos contextuais e materiais de traballo previamente especificados.


    As actividades de aprendizaxe comprenden os seguintes procesos:

    1. Lectura e análise das bases teóricas que delimitan o contido da materia.
    2. Elaboración de informes sobre as distintas prácticas realizadas –que intentarán informar o alumnado da procedencia do coñecemento psicosocial e da tecnoloxía máis recorrida–. Os contidos e datas de entrega serán oportunamente especificados. Finalmente, contemplarase a realización dun traballo sobre contidos teóricos.

    Sistema de evaluación
    A participación nas lecturas e clases prácticas será seguida e titorizada polo profesor/a e conformará a cualificación final individual.

    Como criterio obxectivo de avaliación, establécese a realización dun exercicio escrito sobre a temática explicada no desenvolvemento da materia e que terá como base as lecturas obrigatorias da mesma.

    A calificación final do alumno/a será ponderada de la siguiente manera:

    . 60% del cómputo para o examen
    . 30% del cómputo para os informes e asistencia ás prácticas
    . 10% del cómputo para os traballos teóricos

    Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as acitividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas cos criterios de avaliación e asistencia.

    Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso na matéria e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatória.

    A efectos avaliativos, um mesmo traballo non pode ser utilizado por varias matérias, agás nas actividades programadas de xeito coordinado.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais:

    Teóricas: As correspondentes á docencia expositiva e interactiva
    Prácticas: As correspondentes á titorización presencial en grupos reducidos.


    Horas non presenciais:

    Semana: 1 hora de teoría

    Preparación do exame: 15 horas

    A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obligatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exerción oficial de docência.

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Será de moita axuda resumir os distintos temas teóricos, subliñando os principais contidos referidos aos procesos psicosociais.

    - Intentar, sempre que sexa posible, exemplificar coas propias experiencias aqueles procesos psicolóxicos implicados nas sesións teóricas.

    - Preparar as avaliacións tendo en conta os resumos dos principais contidos teórico-prácticos.

    - A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.

    -Os alumnos/as repetidores ou non presentados avaliaranse seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.
    Observacións
    ASISTENCIA A CLASE
    Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.

    RECOMENDACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.