Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3081106 - Economía da Educación (Economía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
  • Áreas: Teoría e Historia da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Gutiérrez Moar, Mª del Carmen.NON
OLVEIRA OLVEIRA, MARIA ESTHER.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo xeral que se persigue con esta disciplina é darlle ó alumno as nocións fundamentais sobre a economía da educación.
    Cun nivel maior de concreción podemos sinalar os seguintes obxectivos específicos:
    • Adquisición e dominio básico de elementos terminolóxicos e conceptuais da economía da educación.
    • Emprego da linguaxe específica da disciplina.
    • Estudio dos coñecementos consolidados no ámbito da materia.
    • Familiarización coas estratexias de investigación máis usuais na disciplina.
    • Potenciar o desenvolvemento das capacidades de reflexión e síntese, a nivel individual e colectivo, ante o modelo político legal no ámbito educativo.

    Contidos
    Conforme ós obxectivos sinalados, os principais contidos que configuran os bloques temáticos desta materia son os seguintes:
    I. Análisis e estudo do vocabulario económico e da economía da educación. O concepto de economía da educación. Clasificación da economía da educación. Contidos da economía da educación. Finalidades da educación e do desenvolvemento económico. Funcións da economía da educación. Historia da economía da educación en España. Metodoloxía heurística da Economía da Educación.
    II. Planificación da educación: o enfoque clásico e o enfoque democrático. Concepto de planificación. Fases da planificación educativa. Modelos teóricos da planificación educativa.
    III. Custo e financiación da educación. Concepto e tipos de custo. A financiación de carácter pública e privada. Fontes de financiación. A financiación sectorial da educación.
    IV. Modelos de economía da educación. Modelo de crecemento e desenvolvemento. Modelo productivista. Modelo de desenvolvemento humano.
    V. Modos de financiación e gastos na ensinanza superior. A actividade financeira das universidades. Transformación de taxas académicas en prezos públicos. Outros ingresos das universidades.
    VI. O plan estratéxico da USC. Como se elabora o plan estratéxico. Proceso de elaboración do plan estratéxico da USC.

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFIA BÁSICA
    FERMOSO, P. (1997): Manual de Economía de la Educación. Madrid, Narcea.
    GERAINT, J. (1995): Economía de la educación. Madrid, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
    MORENO BECERRA, J.L. (1998): Economía de la educación. Madrid, Pirámide.
    OROVAL ESTEVE, E. ; e ORIOL ESCARDÍBUL, J. (1998): Economía de la educación. Madrid, Ediciones Encuentro.
    SAN SEGUNDO, Mª. J. (2001): Economía de la educación. Madrid, Síntesis.

    BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
    ASOCIACIÓN DE LA ECONOMÍA DE LA EDUCACIÓN (2001): X Jornadas de la Asociación de la Economía de la Educación. Murcia, Universidad de Murcia, Servicio publicaciones
    CALERO, J. (2003): La educación superior en España: financiación y acceso. Revista de Educación. (330), 205-216.
    CARNOY, M. (2005): Economía de la educación. Barcelona, UOC.
    DELORS, J. (Dir)(1996): La educación encierra un tesoro. Madrid, Santillana/UNESCO.
    ESTEBARANZ GARCÍA, A. (dir) (2001): Planificación y construcción del cambio en educación secundaria. Sevilla, Mergablum.
    GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M. J.; PÉREZ ZABALETA, A. (2004): Introducción a la economía. Madrid: Pearson Educación.
    INSTITUTO NACIONAL DE EMPLEO (2000): Impacto de políticas activas de empelo en los universitario. Instituto Nacional de Empelo. Madrid.
    JOHNES, G. (1995): Economía de la educación. Capital humano, rendimiento educativo y
    LAVILLE, J.L. ; NYSSENS, M. e SAJARDO MORENO, A. (2002): Economía social y servicios sociales. Los servicios sociales entre las asociaciones, el Estado y el mercado: los servicios de ayudas a las personas mayores. Narcea, Valencia.
    MEC (2003) La integración del Sistema Universitario Español en el Espacio Europeo de Enseñanza Superior. Documento marco del Ministerio de Educación Cultura y Deportes, de febrero.
    OROVAL ESTEVE, E. (Ed.) (1995): Planificación, evaluación y financiación de sistemas educativos. Madrid, Civitas/AEDE.
    OROVAL PLANAS, E. e TORRES SOLÉ, T. (2003): Financiación de la formación: inicial, ocupacional y contínua. Revista de Educación. (330), 171-186.
    SALAS VELASCO, M. (2008): Economía de la educación. Aspectos teóricos y actividades prácticas. Madrid, Pearson Educación.
    VILLARROYA, A. (2003): La financiación pública de la enseñanza privada no universitaria en España. Revista de Educación. (330), 205-216.

    WEBGRAFÍA
     http://www.usc.es
     http://www.mec.es
     http://www.xunta.es
     http://www.eumed.net/cursecon/manual.htm

    Competencias
    a) Competencias da titulación ás que contribúe a materia
    1. Coñecer o mundo educativo e laboral.
    2. Ter capacidade para analizar las realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional os pedagogos, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
    3. Promover e desenvolver accións educativas e socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das instancias que interveñan.
    4. Organizar e xestionar institucións, servizos, medios e recursos educativos e formativos.
    5. Coordinar intervencións educativas con outros profesionais.
    b) Competencias específicas da materia:
    1. Que os alumnos/as entendan a linguaxe básica do coñecemento económico.
    2. Que o estudantado sexa capaz de analizar comprensivamente os modelos económicos aplicados á educación.
    3. Que sexan capaces de aplicar os modelos económicos á xestión e planificación de programas, centros e servizos educativos.
    4. Que desenvolvan capacidades e sexan conscientes da importancia que no campo educativo ten o traballo en grupos interdisciplinares

    Metodoloxía da ensinanza
    Os contidos que conforman o temario desta materia serán elaborados e presentados de maneira expositiva ao grupo de clase pola profesora e os alumnos. A profesora centrará nas clases expositivas os aspectos nucleares de cada unidade didáctica, procurando ofrecer de maneira condensada a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e imbricándose cos demais do programa a fin de lograr unha integración dos módulos de contido e dos aspectos estruturais que conforman o corpus cognitivo da materia.
    Os alumnos pola súa banda, coa oportuna orientación das profesoras nas clases interactivas, afondarán en cuestións concretas que non foran abordadas máis que dun xeito moi xenérico na clase expositiva e que sexan susceptibles de tratamento de estudo recorrendo aos soportes documentais e bibliográficos pertinentes.
    Óptase por un proceso metodolóxico que teña en conta os principios de participación, actividade e aprendizaxe experiencial, primando o desenvolvemento da capacidade comprensiva e a adquisición de competencias.
    OBRIGATORIAS
    a) Asistencia regular e participación directa nas actividades teóricas e prácticas que se programen, executando as tarefas recomendadas en cada caso coa finalidade de alcanzar as competencias 1a, 2a, 3a, así como as 1b, 2b e 3 b. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias sobre as que se sustentará a dinámica grupal nas sesións expositivas, interactivas e titoriais. Sendo así, a participación require o estudo, que como tarefa persoal a de preceder e suceder ó traballo na aula, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario da materia, por medio dos cales se poderán acadar os obxectivos formulados, o que se fará patente a través das oportunas probas de control. Ser alumno asistente implica ter o 80% das asistencias ao longo do cuadrimestre.
    A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.

    b) Canda o estudio e a asistencia e participación nas actividades de aula, cada alumno individualmente e cada equipo de traballo terán que realizar de maneira obrigatoria e por escrito sínteses críticas dos documentos que se entreguen na aula e responder ás preguntas que se formulen, resaltando os aspectos máis importantes para lograr as competencias 4a , 5a e 4b.

    c) Monográficos
    Elaboración de breves traballos monográficos acerca dalgún epígrafe do temario ou dalgún problema específico con el relacionado, que en calquera caso deberán comunicarllo ás profesoras. Estas poderán facilitar as orientacións bibliográficas oportunas e supervisarán a execución do traballo en cada unha das súas etapas. As monografías serán executadas en grupos reducidos. Tras a súa conclusión expoñeranse nas datas indicadas nas sesións de clase interactiva. Trala súa conclusión entregaranse na data sinalada no seu momento.

    d) Curso de experto
    Deseñarase un modelo de curso de experto atendendo a toda a súa programación e custo.


    Sistema de evaluación
    Concédeselle moita importancia ó desenvolvemento de bos hábitos de traballo e estudio, á utilización correcta do vocabulario e linguaxe pedagóxicas, á participación activa nos debates de clase, ó traballo feito a conciencia, á capacidade investigadora e creativa dos alumnos e alumnas ó estudar os procesos educativos da escola e da sociedade, á reflexión que produce o seu estudio, á análise do seu papel como futuro pedagogo. Todas estas consideracións primarán sobre outras na avaliación final.
    En correspondencia coas actividades programadas e co plan de traballo proposto, e en harmonía coas competencias, os obxectivos, os contidos, e a metodoloxía consignados e cos recursos dispoñibles, a avaliación dos estudantes estará baseada nas cualificacións que obteñan nas contribucións escritas que realicen, na súa asistencia, participación e calidade das aportacións nas sesións de clases expositivas e Interactivas que se programen.
    Haberá unha proba que terá un valor máximo do 50% na nota final, pero é necesario superala (alcanzar unha puntuación igual ou superior ao 5 sobre 10) para aprobar a materia, pero superar esta proba non implica aprobar a materia. As prácticas de aula terán un valor máximo do 10% na cualificación final, sempre que se teña unha puntuación superior de 5 puntos dun máximo de 10. A nota das prácticas será a media das puntuacións das prácticas entregadas que serán individuais e en grupo. O traballo monográfico e o curso de experto terán un valor máximo do 40% respectivamente na cualificación final. A realización de lecturas obrigatorias suporá ata un 5%, como máximo, da nota final da disciplina. A participación activa nas clases suporá ata un 5%, como máximo, da nota final da disciplina. Sempre que a asistencia este por encima do 80% das sesións.

    a) Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas.
    b) Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na correspondente convocatoria.
    c) A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    -Actividades presenciais. Clases expositivas, presentación e explicación de temas na aula: 22 horas.
    Traballo persoal do alumnado, estudo: 60 horas.
    -Actividades presenciais. Prácticas de Seminario-Laboratorio, comentarios de textos:15 horas.
    -Traballo persoal do alumnado. Estudo e elaboración de informes: 40 horas.
    -Actividades presenciais. Prácticas de Seminario-Laboratorio: comentario de material audiovisual. Sen determinar.
    - Traballo persoal do alumnado. Visualización e elaboración de informes. Sen determinar.
    -Actividades presenciais. Titorías de traballo de curso: 11 horas.
    - Avaliación na aula: 2 horas.
    TOTAL DE HORAS PRESENCIAIS: 50.
    TOTAL DE HORAS DE TRABALLO PERSOAL: 100

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para un adecuado seguimento e comprensión da materia estímase de suma importancia a concorrencia regular e a participación individual e grupal nas sesións de clase expositiva e interactiva que se programen, debendo executar os estudantes as tarefas encomendadas en cada caso. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias e recapituladoras sobre as cales se sustentará a dinámica de traballo. Sendo así, a participación require o estudo, que como tarefa persoal ha de preceder e suceder ao labor na clase, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario, por medio dos cales se poderán atinxir os obxectivos formulados e adquirir as competencias previstas, o que se fará patente a través dos correspondentes exercicios e das oportunas probas de control.
    Será indispensable manter comunicacións periódicas regulares co responsable docente da materia nos horarios de titorías estipulados, para recibir as orientacións oportunas e formularlle as dúbidas que se poidan suscitar no proceso de estudo e de iniciación ás tarefas investigadoras.

    Observacións
    Nas primeiras sesións de clase atendendo a calendarización de realización e entrega de traballos por semestre establecéranse as datas limite para a recollida de:
    - traballos monográficos
    - lecturas

    ASISTENCIA A CLASE
    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
    (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
    Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.

    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
    -Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    -Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    -Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    -Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    -Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.