Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3081108 - Psicoloxía do Desenvolvemento (Psicoloxía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
  • Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Guisande Couñago, María Adelina.SI
RIVAS TORRES, ROSA Ma.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos que nos propoñemos logran atender tanto á adquisición de coñecementos básicos sobre a disciplina, coma á práctica de destrezas relacionadas cos devanditos coñecementos e a adquisición de certas disposicións valorativas. Consideramos prioritario que os alumnos/as cheguen a:

    1. Coñecer o obxecto de estudo da disciplina, a súa definición e método.
    2. Coñecer os procesos de cambio intra e interpersoais que teñen lugar ao longo do ciclo vital.
    3. Reflexionar sobre a aplicabilidade dos coñecementos sobre os procesos evolutivos en prol de optimizar o desenvolvemento.
    4. Aprender a analizar con sentido crí­tico e a sintetizar a literatura científica relevante para a disciplina.
    5. Adquirir inquietudes éticas en relación ás implicacións dos coñecementos adquiridos, con miras ao exercicio profesional.

    Contidos
    A materia Psicoloxía do Desenvolvemento aborda o estudio da Psicoloxía do Desenvolvemento que é a rama da Psicoloxía que describe, explica, intervén e optimiza os procesos de cambio psicolóxico que os seres humanos experimentan ao longo da súa vida. Axuda a coñecer os cambios psicolóxicos, as diferenzas individuais, sociais e culturais producidos nos seres humanos.

    Os descritores da materia, segundo constan na Memoria do Tí­tulo de Grao en Pedagoxí­a, concrétanse nos seguintes contidos:

    Bloque I: Introdución ao estudio do Desenvolvemento Humano.
    Tema 1. Desenvolvemento Humano: Delimitación conceptual, aproximación histórica e metodolóxica.

    Bloque II: Desenvolvemento psicolóxico na infancia e na nenez.
    Tema 2: Desenvolvemento físico e psicomotor.
    Tema 3: Desenvolvemento cognitivo e da linguaxe
    3.1. Desenvolvemento dos procesos cognitivos.
    3.2. Desenvolvemento intelectual.
    3.3. Desenvolvemento da linguaxe.
    Tema 4: Desenvolvemento socio-emocional.

    Bloque III: Desenvolvemento psicolóxico na adolescencia.
    Tema 5: Desenvolvemento físico, cognitivo e socio-emocional.

    Bloque IV: Desenvolvemento psicolóxico na adultez e na vellez.
    Tema 6: Desenvolvemento físico, cognitivo e socio-emocional.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    - Craig, G. J. e Baucum, D. (2009). Desarrollo psicológico. México: Pearson Educación.
    - Feldman, R. S. (2007). Desarrollo psicológico a través de la vida. México: Pearson Educación.
    - Papalia, D. E., Feldman, R. D. e Martorell, G. (2012). Desarrollo Humano. Madrid: McGraw-Hill.

    Bibliografía complementaria

    - Berger, K.S. (2006). Psicología del desarrollo: Infancia y adolescencia. Madrid: Médica Panamericana.
    - Carretero, M., Palacios, J. e Marchesi, A. (Comps.) (1998). Psicología evolutiva: Vol 3. Adolescencia, madurez y senectud (3ª ed.). Madrid: Alianza.
    - Palacios, J., Marchesi, A. e Coll, C. (Comps.) (2001). Desarrollo psicológico y educación: Vol. 1 Psicología evolutiva (2ª ed.). Madrid: Alianza.
    - Santrock, J. W. (2006). Psicología del desarrollo. El ciclo vital. Madrid: McGraw-Hill.
    - Schaie, K. W. e Willis, S. L. (2003). Psicología de la edad adulta y la vejez. Madrid: Pearson.
    - Shaffer, D.R. e Kipp, K. (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia. Madrid: Thomson.
    - Triadó, C. e Villar, F. (2006) Psicología de la vejez. Madrid: Alianza editorial.

    Webgrafia
    - http://www.ite.educacion.es/
    - http://www.profes.net/
    - http://www.educared.net


    Competencias
    COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
    1. 1G. Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar criticamente a natureza das teorí­as, metodoloxí­as e ámbitos de intervención da Pedagoxí­a.
    2. 2G. Ter capacidade para analizar as realidades educativas, lingüísticas e culturais nas que se desempeña a labor profesional dos pedagogos.
    3. 4G. Promover e desenvolver accións educativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así­ como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
    4. 1T. Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos lingüísticos, materias e tecnolóxicos.
    5. 2T. Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
    6. 3T Desenvolver unha actitude autocrí­tica, así­ como de reflexión, análise e sí­ntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.

    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
    1. Coñecer as pautas normativas e a cronoloxía do desenvolvemento psicolóxico nas súas diferentes facetas ao longo do ciclo vital.
    2. Coñecer os factores que inciden no desenvolvemento psicolóxico, nos seus aspectos normativos e diferenciais.
    3. Utilizar os coñecementos adquiridos sobre o desenvolvemento para o análise do comportamento dos individuos de diferentes idades en diferentes contextos.
    4. Desenvolver unha actitude favorábel cara a optimización das condicións nas que se produce o desenvolvemento psicolóxico.

    Metodoloxía da ensinanza
    A proposta metodolóxica a empregar pretende conxugar o formato de clase expositiva coas metodoloxí­as activas e participativas, así como o traballo autónomo e a autoaprendizaxe. As actividades presenciais co grupo de clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, dar unha visión global dos contidos e relacionar coñecementos para facilitar a significatividade das aprendizaxes, polo que a exposición se acompañará, cando sexa pertinente, de organizadores previos, definicións, cadros sinópticos, esquemas, etc. O apoio de material visual e recursos en rede empregaranse para clarexar os contidos tratados e servir de referencia e punto de partida para os traballos e actividades de carácter grupal.

    Co traballo en seminarios preténdese profundizar en aspectos concretos das clases teóricas; as actividades a realizar incluirán a lectura e comentario de documentos, respostas a preguntas, análise de situacións prácticas, visionado de vídeos, estudo de casos, debates e realización de traballos. Con eles, preténdese que o alumnado aprenda a manexar diferentes fontes de información, propicie a transferencia da teorí­a á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construír significados compartidos axudado da labor mediadora do docente. A concreción das tarefas requiridas e os materiais necesarios serán presentados ó alumnado nas correspondentes sesións de clase.
    Nas sesións interactivas realizaranse diferentes actividades de carácter práctico que se especificarán na Guía docente de cada un dos temas. Os resultados do traballo, habitualmente realizado en grupo, deberán ser defendidos, nalgúns casos, oralmente ante os compañeiros e posteriormente debatidos.

    Para cada uns dos temas proporcionaranse as diapositivas empregadas nas exposicións, ao que se lle poderá engadir materiais de estudio especificamente para cada tema tratado (lecturas obrigatorias...). A totalidade do material das clases expositivas e interactivas será obxecto de estudio básico para os exames da materia e estará a vosa disposición no campus virtual da USC.

    As titorí­as individuais e ou de grupo, a demanda do alumnado, servirán para aclarar ou comentar aspectos do traballo realizado nas clases expositivas e interactivas. Faranse nos horarios sinalados e no despacho do profesorado.

    Sistema de evaluación
    A calificación global do estudiante na materia procederá:
    -Un 60% da cualificación dos resultados das diferentes probas (exames) sobre os contidos dos temas tratados nas clases expositivas e interactivas e nas lecturas obrigatorias. É preceptivo ter aprobado estes exames para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da asignatura.
    -O outro 40% da cualificación do traballo realizado nas sesións interactivas. É preceptivo ter aprobados tódolos traballos realizados nas sesións interactivas para sumar a cualificación obtida nas probas (exames).
    Os criterios de avaliación destas actividades de seminario poderán variar para cada unha delas. Entre os aspectos xerais que se considerarán están, ademais da ASISTENCIA OBRIGATORIA e participación nas clases interactivas, a propia calidade dos contidos, o grao de axuste ás directrices dadas, a competencia expositiva, a orixinalidade e as achegas crí­ticas, e a evidencia de traballo en grupo e non a suma de respostas individuais.

    Os estudantes que non superen as probas (exame parcial e examen oficial: 27/05/2014, 12 h, Aula 6-7, Módulo A) pero teñan aprobadas as actividades realizadas nas sesións interactivas poderán presentarse ao exame oficial do 10/07/2014 (12h. Aula 10-11, Módulo A) sen necesidade de facer traballos ou probas adicionais. Os estudantes que non teñan superada algunha das actividades realizadas nas sesións interactivas pero si os exames, na data oficial do 10/07/2014 poderán avaliarse unicamente daquelas actividades-procedementos non superados.

    Para poder ser avaliado na materia, o estudante deberá ter participado, realizado e presentado, ao menos, un 80% das actividades requiridas nas sesións interactivas. A non realización do exame ou das actividades propostas nas sesións interactivas conlevará unha cualificación de NON PRESENTADO (Atención! corre convocatoria). Cando non se supere, xa sexa o exame xa sexan as actividades propostas nas sesións interactivas, a calificación que figurará en actas será a de SUSPENSO co valor numérico máis próxima ao 5 obtido nun ou noutro apartado de avaliación.

    Os estudantes que non asistan ás sesións interactivas por riba dun 80% NON poderán aprobar a materia na convocatoria do 27/05/2014. En sucesivas convocatorias (10/07/2014) poderán facelo realizando, ademais dunha proba teórico-conceptual, outra de corte práctico-aplicado que avaliará as competencias procedimentais.

    Nos casos que se contemplan na normativa da facultade, os estudantes que teñan solicitada e concedida a exención de docencia deberán presentar ao profesor a devandita certificación ao principio de curso e realizarán esta proba práctico-aplicada en tódalas convocatorias ás que concorran. Nos devanditos casos, o alumnado debe porse en contacto co profesorado para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e superación da materia.

    Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE:

    Estudo: 39 hs.

    Elaboración de traballos: 30 hs.

    Lecturas: 27 hs.

    Total horas: 96
    Recomendacións para o estudo da materia
    1. Implicación activa na dinámica de clase.
    2. Realización puntual dos traballos obrigatorios.
    3. Seguimento continuado da materia.
    4. Integración da información manexada nas distintas actividades presenciais e non presenciais.
    5. Busca de claridade e organización dos coñecementos obtidos na materia.


    Observacións
    Ao comezo da materia, facilitarase aos/as alumnos/as unha guia docente na que se pormenorizarán os aspectos máis xerais do programa.

    PROFESORADO
    - NOME: Rosa María Rivas Torres
    DESPACHO: nº 38. Módulo A. Facultade de Psicoloxía
    CORREO ELECTRÓNICO: rosa.rivas@usc.es
    TELÉFONO: 881813743
    HORARIO DE TITORÍAS: 2º Semestre: Martes de 12 a 14:30h, e Xoves de 12 a 14:30h e de 16 a 17h. Tamén se pode facer uso do sistema de titorías virtuais a través do correo electrónico.
    - NOME: María Adelina Guisande Couñago
    DESPACHO: nº 44. Módulo A. Facultade de Psicoloxía
    CORREO ELECTRÓNICO: mariaadelina.guisande@usc.es
    TELÉFONO: 881813919
    HORARIO DE TITORÍAS: 2º Semestre: Luns de 10 a 13h e Martes de 10 a 13h. Tamén se pode facer uso do sistema de titorías virtuais a través do correo electrónico.

    HORARIOS
    Os horarios específicos aprobados pola Xunta de Facultade están dispoñíbeis na páxina web ou no taboleiro correspondente da Facultade en función de cada grupo.
    HORARIO DE CLASES EXPOSITIVAS: Aula 2-3, xoves de 9 a 10:30h.
    HORARIO DE CLASES INTERACTIVAS: Xoves, Grupo CLIS_01 (A-F) Aula 2-3 de 10:30 a 12 h; e Venres Grupo CLIS_02 (G-P) Aula 6-7 de 10:30 a 12 h e Grupo CLIS_03 (Q-Z) Aula 4 de 12:30 a 14 h.

    ASISTENCIA A CLASE
    O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
    (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
    Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente más participativa. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.


    RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
    - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
    - Imprimir a dúas caras en calidade de aforro de tinta.
    - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.