G3081110 - Documentación e Información Educativa (Educación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1. Desenvolver habilidades para buscar, obter, procesar e interpretar información (oral, impresa, audiovisual, dixital e multimedia) referidas aos cometidos profesionais do pedagogo:
2. Coñecer as principais medios tecnolóxicos da documentación cientifica en educación.
2. Ser capaces de elaborar, sistematizar e transmitir información relevante as persoas e colectivos cos que traballa.
4. Identificar os principais recursos para a xestión de información e manexar as bases de datos de datos especializadas formulando procuras documentais coas linguaxes de indización
5. Ter criterios para enxuizar a información e os recursos e servizos de teledocumentación disponibles
6. Familiarizarse co manexo de fontes básicas de investigación utilizando distintos medios e TIC.
7. Desenvolver habilidades instrumentais cos recursos de acceso a información baseadas nas TIC.
ContidosDocumentación e información no ámbito social e educativo: tipos de documentos e fontes documentais; centros e medios de documentación social e educativa.
Documentación e información científica: servizos e tipos de documentos; linguaxes de indización e thesaurus. Rss; Metabuscadores; Curación de contidos; marcadores sociais
A aplicación das TIC á documentación científica: mellora nos procesos de procura e tratamento da información en rede.
Bases de datos socioeducativas (lexislativas, de investigación, etc).
Tecnoloxías e servizos para a procura e xestión documental.
Dereitos de autor. Documentos abertos. Copyright y Copyleft
Tipos de informes: estrutura e linguaxe.
Normas standard para a elaboración de bibliografías no ámbito social e educativo.
Xestores bibliográficos.
Táboas e gráficos: tipoloxía, uso e interpretación.
Bibliografía básica e complementariaAmat Noguera, N.: La documentación y sus tecnologías, Madrid, Pirámide, 1995.
Campal García, F.: (coord.).”Dossier: Practicando ALFIN”, Educación y biblioteca, nº 156, 2006, pp. 49-142. Disponible en http://eprints.rclis.org/archive/00010964/
Campal García, F.: “ALFIN de la A a la Z”, Educación y biblioteca, nº 156, 2006, pp. 49-55. Disponible en http://eprints.rclis.org/archive/00009098/
Cordón García, J.A. et al.: Manual de búsqueda documental y práctica bibliográfica, Madrid : Pirámide, 1999.
Mochón Bezares, , G. y Sorli Rojo, A.: Tesauro de biblioteconomía y documentación, Madrid : Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 2002.
Gómez Hernández, J.A., Calderon, A., y Magán, J.A (Coords.) (2008): Brecha digital y nuevas alfabetizaciones: El papel de las bibliotecas, Madrid: Biblioteca de la Universidad Complutense de Madrid. Disponible en : http://www.ucm.es/BUCM/biblioteca/0Libro.pdf
Rodríguez Campos, I. (2006): Técnicas de investigación documental, Sevilla, MAD.
Romanos de Tiratel, S. (2000): Guía de fuentes de información especializadas: humanidades y ciencias sociales, Buenos Aires, Grebyd.
Biblioguía para trabajo de fin de grado de la Universidad de Extremadura. Consultado 06-05-2013 de http://biblioguias.unex.es/content.php?pid=325274
Biblioguia para trabajo fin de grado de la Universidad de Sevilla. Consultado 06-06-2013 de http://bib.us.es/aprendizaje_investigacion/formacion/tfg/index-ides-idweb.html
CompetenciasCompetencias xenéricas do grado:
Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamientos e infraestructuras, etc.
Competencias específicas da asignatura
1. Dominar as categorías conceptuais básicas e a terminoloxía máis usual do ámbito da documentación social e educativa, coñecendo distintos tipos de fontes, centros e medios de documentación socioeducativa.
2. Buscar, obter e interpretar información lograda a través de distintos medios tecnolóxicos referida aos cometidos profesionais do pedagogo/a, valorando con actitude crítica tanto a información obtida como os recursos e servizos de documentación dispoñibles.
3. Coñecer e valorar distintos tipos de informes no ámbito social e educativo, a súa estrutura, linguaxe e medio de divulgación.
4. Elaborar correctamente bibliografías seguindo normas estandars.
5. Interpretar táboas e gráficos.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía utilizada diríxese á adquisición das competencias descritas, favorecendo que o estudante adopte unha actitude crítica ante as distintas fontes e documentos. Terá un carácter fundamentalmente práctico. Levaranse a cabo actividades, tanto individuais como grupais, que o posibiliten: procuras guiadas utilizando distintas TIC, servizos e bases de datos, análises de informes técnicos e de investigación, interpretación de gráficas, elaboración de bibliografías, visitas a centros de documentación, elaboración de informes atendendo a obxectivos previamente definidos, etc.
O estudante, pola súa banda, tutelado polo profesorado, poderá afondar en cuestións concretas que non fosen abordadas máis que dun modo xenérico e sucinto na exposición docente no marco do aula e que sexan susceptibles de tratamento e estudo recorrendo aos soportes documentais e bibliográficos de fácil acceso.
Durante os tempos reservados a titorías, o profesorado orientará aos estudantes, ben individualmente ou ben en pequenos grupos, para unha correcta execución dos traballos do curso, un eficaz aprovechamiento das sesións presenciales e un reforzo xeneral do proceso de ensino-aprendizaxe. Todo iso estará apoiado nunha contorna virtual que permite a continuidade en todo o proceso de aprendizaxe (guía, materiais, entrega de informes, espazos de debate, espazos de colaboración, etc.).
Nesta asignatura propoñeranse actividades relacionadas coa información e os recursos tecnolóxicos adecuados aos contextos profesionais reflectidos nos obxectivos. Ademais, de forma interdisciplinar se coordinará con outras asignaturas para o desenvolvemento de traballos conxuntos ou actividades nas que se poñan en xogo as competencias desenvolvidas nesta asignatura.
A sesións terán metodoloxías distintas e agrupamentos diferentes cunhas horas presenciais:
Clases expositivas: presentación, explicación de temas (21 h.)
Clases interactivas de laboratorio: análise e comentarios de informes, uso de TIC e de fontes documentais, bases de datos, procuras (20 h.)
Visitas: (5)h.
Titorías: titoría en pequeno grupo (3h.)
Avaliación: (2h.)
A USC é unha Universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obligatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia teórica (expositiva).
Sistema de evaluaciónA avaliación terá un dobre carácter, formativo -continuo ao longo do semestre- e sumativo. Na avaliación do estudante teranse en conta as distintas actividades grupais e individuais realizadas: resultados de procuras, valoración de documentación, elaboración de informes, etc.
A avaliación continua baséase na entrega de traballos específicos relacionados coas sesións interactivas e un informe final que recolla todas as tarefas realizadas e supervisadas. O peso específico é dun 60% da cualificación global. A entrega de tarefas estará organizada segundo unha axenda previa.
Esta información completarase co resultado dunha proba individual de carácter teórico-práctico que se realizará ao finalizar o semestre para valorar o grado de adquisición das competencias da materia. O peso específico é dun 40% da cualificación global.
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas na axenda.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da asignatura e a avaliación do estudante na convocatoria correspondente.
A efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias asignaturas, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
Tempo de estudo e traballo persoalA aprendizaxe na asignatura apóiase en tres requisitos indispensables:
- participación activa nas sesións e actividades de aula,
- traballo individual, en parellas e/ou en grupo para realizar as prácticas
- estudo individual e continuado ao longo do semestre.
Dedicación mínima para a participación activa nas clases
A unión teoría e práctica nas sesións de clase esixe un esforzo de revisión e traballo sobre os materiais da sesión expositiva para realizar a tarefa e as actividades das prácticas interactivas. Esta estratexia tamén esixe que nas sesións prácticas se traballe sobre os materiais adecuados que achegue cada estudante.
Dedicación mínima fóra da aula para a realización das prácticas
Nas sesións interactivas o estudante iniciará actividades que nalgúns casos completará con dedicación fóra do horario presencial e, para iso, ten á súa disposición o espazo en rede que lle permite traballar desde calquera ordenador e un apoio continuo. Cada práctica requiere diferentes tarefas e niveis de dedicación fora do aula tanto individual como en grupo. As horas de clase destinadas á orientación e desenvolvemento co apoio dos profesores deben complementarse cunha dedicación semanal (lectura documental, experimentación coas TIC, procura de materiais, negociación de grupo, revisión conxunta).
Dedicación mínima fóra do aula para o estudo individual
Os ritmos e posibilidades de cada estudante son diversos. Considérase necesaria para a comprensión e fixación dos contidos abordados na materia unha dedicación semanal (revisión-construción de apuntes, lectura dos mesmos e de materiais complementarios, elaboración de informes)
A proporción de tempo dedicación do estudante é:
Clases expositivas: 21h.
Prácticas de laboratorio: 34h.
Visitas: 10h.
Titorías: 20h.
Avaliación:15h.
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia regular ás sesións de clase que asegura ao estudante a orientación na súa formación por parte do profesorado e a guía necesaria para abordar as actividades.
- Seguimiento e dedicación en todas as prácticas xa sexan individuais e/ou de grupo. Velar pola calidade dos informes finais que cada grupo entrega.
- Colaboración e participación equilibrada no equipo de traballo. Planificación adecuada das tarefas de grupo (distribución de tempos, esforzos e dialogo constante co profesorado)
- Uso adecuado das titorías ao longo do semestre (revisión e seguimiento de prácticas, apoio ao estudo individual)
ObservaciónsRecomendacións previas
Recoméndase un certo dominio (a nivel de usuario) de coñecementos de informática, fundamentalmente orientados ao procesamento de textos, navegación por Internet, etc.