Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3081222 - Educación Especial (Orientación e Diversidade) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ALBERTE CASTIÑEIRAS, JOSE RAMON.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01 (A-Fon)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02 (Foñ-Pe)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03 (Pi-Z)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01 (A-Martínez F)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (Martínez G-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A materia pretende adecuarse aos cambios sociais, escolares e profesionais que se produciron nos últimos anos e, nos que estamos inmersos dende a USC, en consonancia co iniciado tamén noutros países da Unión Europea. Deste modo o ámbito curricular ao que imos facer referencia na materia non só pretende ter en conta a actividade educativa que se pode seguir no caso dos alumnos afectos de necesidades educativas específicas (n.e.e.), senón tamén o campo de actuación profesional dos mesmos pedagogos.
    Partindo da situación actual, o ámbito da Educación Especial debe ser percibida como un campo extenso, que abrangue o estudo das diferentes necesidades que poden presentar os alumnos de acordo á súa propia discapacidade e, tendo en conta o seu contexto particular. Por este motivo entendemos que a resposta que debe achegarse a nivel profesional debe propiciar a consecución dunha axeitada inclusión ou no seu caso a busca da integración.
    Tendo en conta o anterior propóñense os seguintes obxectivos:
    - Dominar e utilizar conceptualmente os diferentes termos referidos ás n.e.e.
    - Ser capaz de identificar os diferentes termos referidos ás n.e.e.
    - Coñecer as diferentes técnicas ou tratamento pedagóxico que se pode seguir cos alumnos con n.e.e.
    - Ser capaz de iniciarse na realización dunha investigación que aproxime a situacións concretas relativas a persoas afectas dalgunha discapacidade.

    Contidos
    1. O ámbito das discapacidades: aspectos conceptuais e desenvolvemento lexislativo.
    2. A integración do alumno/a con discapacidade cognitivo-intelectual: ámbitos de intervención e, adaptacións pertinentes.
    3. A práctica da escolarización dos alumnos con Síndrome de Down.
    4. O alumno/a con discapacidade motora: asesoramento e intervención educativa.
    5. O alumno/a afecto de plurideficiencia: asesoramento pedagóxico e integración.
    6. O alumno/a con discapacidade visual: características, necesidades específicas e intervención.
    7. O alumno con discapacidade auditiva: educación e sistemas de comunicación.
    8. O alumno autista: necesidades específicas e asesoramento pedagóxico.
    9. O alumno afecto de sobredotación intelectual: necesidades educativas e estratexias de integración.

    Bibliografía básica e complementaria
    AINSCOW, M. (2001). Desarrollo de escuelas inclusivas. Madrid. Narcea
    ARANDA, R. (2002). Educación especial. Madrid. Prentice Hall
    ARCO, J.L & FERNÁNDEZ, A. (2004). Necesidades educativas especiales. Manual de evaluación e intervención psicológica. Madrid. Mc Graw Hill
    ARNAIZ, P. (2003). Educación inclusiva: una escuela para todos. Archidona. Ediciones Aljibe
    BAUTISTA, R..1993). Necesidades educativas especiales. Archidona. Ediciones Aljibe
    BUENO, M. & TORO, S. (1994). Deficiencia visual. Aspectos psicoevolutivos y educativos. Archidona. Ediciones Aljibe.
    GALLARDO, M.V & SALVADOR, M.L. (1994). Discapacidad motórica. Aspectos psicoevolutivos y educativos. Archidona. Ediciones Aljibe
    GARRIDO, J.& SANTANA, R. (1993). Adaptaciones curriculares. Madrid. CEPE
    HANKO, G. (1993). Las necesidades educativas especiales en las aulas ordinarias. Profesores de apoyo. Madrid. Paidós.
    JIMENEZ, C. (2010). Diagnóstico y educación de los más capaces. Madrid. UNED/Pearson
    LOU, M.A & LÓPEZ, N. (2001). Bases psicopedagógicas de la educación especial. Madrid. Pirámide.
    MOLINA, S. (1994). Deficiencia mental. Aspectos psicoevolutivos y educativos. Archidona. Ediciones Aljibe
    PAULA, I. (2003). Educación Especial. técnicas de intervención. Madrid. Mc Graw Hill
    PÉREZ. I. P. (2003). Educación especial: Técnicas de intervención. Madrid. Mc Graw Hill.
    VEGA, A (2003). La educación social ante la discapacidad. Archidona. Ediciones Aljibe


    Competencias
    1. Coñecer as diferenzas relativas aos alumnos con necesidades educativas específicas.
    2. Coñecer o tipo de necesidades que se poden xerar dende unha determinada discapacidade.
    3. Elaborar e/ou apoiar a resposta educativa ás necesidades educativas especiais.
    4. Coñecer as diferentes innovacións que propician a normalización.


    Metodoloxía da ensinanza
    1. Por parte do profesor iranse expoñendo os aspectos conceptuais básicos e fundamentais referidos a cada un dos temas.
    2. O profesor indicará aos alumnos aquelas posibles fontes onde encontrar un axeitado complemento ao ámbito do que abrangue a materia.
    3. O alumno deberá complementar, oportunamente, os diferentes contidos expostos polo profesor na aula mediante a lectura e reflexión dos textos que indique.
    4. A nivel individual ou en grupo (baixo a oportuna supervisión) os alumnos poderán efectuar unha aproximación teórica e práctica a un caso concreto relativo ao contido da materia.
    5. Preténdese que o alumno chegue a visualizar e, comentar, casos que aproximen á realidade da atención de persoas afectas de discapacidades.

    Sistema de evaluación
    1. Basearase na superación dunha proba escrita sobre ámbitos conceptuais referidos á materia e, que se abordaron ao longo do desenvolvemento da época docente. Puntuación: 70%
    2. Dado que se trata dunha universidade presencial, o profesor terá en conta a mesma asistencia e participación do alumno nas diferentes clases. Puntuación: 10%
    3. A mesma realización, a nivel individual ou en grupo (3 alumnos máximo), dun traballo cunha extensión mínima de 15 folios (DIN A-4) a dobre espazo e por unha soa cara, e que debe contar con dúas partes. A primeira, teórica, significará unha aproximación conceptual á cuestión motivo de estudo. A segunda centrarase na abordaxe, basicamente, dun caso relativo á educación especial que leve unha intervención. Segundo a dispoñibilidade temporal poderase chegar a expoñer e debater na clase. Valorarase a precisión conceptual, a amplitude e a dificultade do ámbito traballado, o uso bibliográfico actualizado, a súa vinculación cunha situación real e o uso, no seu caso, de soporte audiovisual.
    Data de entrega: 1ª semana de novembro 2013. Puntuación:20%

    Observacións:
    Para aprobar a materia é imprescindible ter alcanzado polo menos 5 puntos dun total de 7 no exame.

    Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Cualquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumnado ou alumna na seguinte convocatoria.

    A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.

    Os alumnos repetidores ou non presentados avaliaránse seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    1. De estudo: 50 H
    2. De visualización de material e elaboración de informes: 26 H
    3. De estudo e elaboración de informes: 8 H
    4. De realización e presentación do traballo: 16 H
    Total de horas de traballo persoal: 100 H

    Recomendacións para o estudo da materia
    A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.
    Observacións
    O Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf). Na mesma expónense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha "mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa ". Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.