G3081223 - Historia da Educación (Educación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
- Áreas: Teoría e Historia da Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA) Cognitivos
• Presentar unha visión significativa e global sobre o pensamento pedagóxico e as prácticas sociais de educación ao longo da historia occidental, situándoas no espazo e no tempo, permitindo o establecemento de interrelacións.
• Favorecer o coñecemento da conceptualización histórica e, en particular, dos conceptos básicos e da terminología máis usual neste campo do saber (distinguindo, así, contidos fácticos e conceptuais, ideas pedagóxicas e prácticas de educación).
• Promover o coñecemento e a explicación crítica das realidades presentes e das ideas "de sentido común" da educación (estado, fenómenos, valores, preocupacións), mediante a análise crítica, comprensiva e interpretativa da xénese histórica, da configuración e da evolución dos fenómenos e do pensamento educativo.
• Recoñecer a dimensión histórica das prácticas sociais relacionadas coa educación, aprendendo a distinguir continuidades e cambios nos ritmos de desenvolvemento, observando "os presentes" do pasado, coa cautela de que o pasado que se enuncia tamén depende do presente que o selecciona e focaliza.
• Promover a comprensión da evolución do pensamento pedagóxico en relación coa plasmación histórica das sociedades, da ciencia, da cultura e do pensamento filosófico, en particular.
• Favorecer o coñecemento e a iniciación ás cuestións epistemolóxicas e historiográficas, así como o das fontes documentais e bibliográficas.
O Programa privilexia algúns momentos (recorta e "problematiza" concretadamente), e utiliza diversas escalas espacio-temporais, en función das finalidades da materia, do escenario de estudio, do limitado cronograma de que se dispón, e doutros factores vinculados ao estado de coñecementos do alumnado, motivación de estudo histórico, e posibilidade de uso de recursos de aprendizaxe. O Programa é consciente da existencia de diverxencias entre as actividades de investigación histórico-educativa e o actual estado de coñecementos, por unha parte, e o que pode ser presentado nun pequeno curso docente de Historia da Educación, por outra.
ContidosIII. CONTIDOS PROGRAMÁTICOS
1. INTRODUCCIÓN
1.1. A Historia da Educación/da Pedagoxía como disciplina científica e a súa configuración académica. Relevancia da Hª Educación como saber. Problemas diversificados, modos e enfoques: epistemología, historiografía e procesos didácticos. Fontes, recursos e bibliografía.
2. A EDUCACIÓN ANTIGA E CLÁSICA
2.1. A educación en Grecia: as concepcións de Homero e Hesiodo, os sofistas, Sócrates, Platón e Aristóteles. A educación no período helenístico. O estoicismo. Diversas "paideias".
2.2. A educación en Roma: a influencia helenística, Cicerón e os grandes educadores Séneca e Quintiliano; a organización da ensinanza en Roma e a educación no período imperial.
3. A EDUCACIÓN NA CRISTIANDADE ANTIGA E NO MEDIEVO
3.1. O neoplatonismo, a patrística (San Xerome, Santo Agostiño,…), a educación cristiá, e o ensino alto-medieval: educadores, procesos e institucións educativas ( as escolas monásticas, o Renacemento Carolinxio)
3.2. A educación no periodo baixo medieval (séculos XII-XV). As escolas catedralicias. A recuperación da herdanza clásica. A presenza da cultura islámica. A escolástica. Os Estudios Xerais (Universidades). Outras institucións e realidades formativas.
4. O HUMANISMO E A EDUCACIÓN NA EUROPA MODERNA (SÉCULOS XVI-XVII)
4.1. O humanismo: Vergerio, Guarino de Verona, Vittorino da Feltre, G. Pico della Mirandola.
4.2. A educación renacentista e o humanismo cristiano. Erasmo de Roterdam, Luís Vives, Rabelais, Montaigne.
4.3. Civilización cristiana e Reformas relixiosas: educación luterana vs. educación católica (San Ignacio de Loiola e os colexios de xesuitas; as Congregacións relixiosas masculinas e femininas).
4.4. O realismo pedagóxico: Amós Comenio e a reforma escolar.
4.5. Revolución científica, pensamento filosófico e novos planteamentos educativos e curriculares: racionalismo e empirismo. Entre Descartes e John Locke.
5. O SÉCULO DA ILUSTRACIÓN
5.1. Novos procesos e institucións. As Academias. A formación técnica. Reformas universitarias. Escolarización e alfabetización
5.2. Jean Jacques Rousseau e o Emilio (1762): unha revolución no pensamento pedagóxico.
5.3. Educación e Ilustración na Península Ibérica: Feijoo, Verney, Sarmiento, Jovellanos.
5.4. A Revolución Francesa e as orixes da educación pública contemporánea.
6. A EDUCACIÓN NO SÉCULO XIX
6.1. As elaboracións pedagóxicas decimonónicas: Pestalozzi, Herbart, Froebel.
6.2. Xénese e desenvolvemento dos sistemas educativos nacionais en Europa.
6.3. Positivismo, ciencia e socioloxía na historia da educación: Spencer, Durkheim.
6.4. A Institución Libre de Enseñanza e o pensamento pedagóxico de Giner de los Ríos.
6.5. Democracia e educación popular en América: Th. Mann, Domingo F. Sarmiento e José P. Varela.
7. A EDUCACIÓN NO SÉCULO XX
7.1. O movemento internacional da Educación Nova e a elaboración da “pedagoxía científica”. O pragmatismo de J. Dewey. A pedagoxía experimental: Binet. Montessori, Decroly, Claparede e Piaget.
7.2. Comunismo e educación: Blonsky, Makarenko. A. Gramsci e a reforma democrática da educación.
7.3. A educación en España e outros países europeos: políticas, problemas e retos; Ferrer, Cossío, Luzuriaga.
7.4. Reformas sociais e renovación pedagóxica: C. Freinet e a pedagoxía da Escola Popular. Políticas democráticas de educación.
7.5. Sociedades tecnolóxicas, neo-liberalismo e crise nos modelos de educación pública. A internacionalización da educación.
7.6. A educación na España democrática. A educación do franquismo contestada. A renovación pedagóxica. A reforma política da educación en España.
Bibliografía básica e complementariaBásica:
ABBAGNANO, N. e VISALBERGHI, A.(1976): Historia de la Pedagogía. México: FCE.
BOWEN, J. (1976-1985): Historia de la educación occidental. Barcelona: Herder, 3 vols.
COSTA RICO, A.(2004): Historia da educación e da cultura en Galicia (Séculos IV-XX). Vigo: Xerais.
Complementaria:
AGAZZI, Al.(1966): Historia de la Filosofía y la pedagogía. Alcoy: Marfil,, 3 vols.
CAPITÁN DÍAZ, A.(1984): Historia del pensamiento pedagógico en Europa.Madrid: Dykinson, 2 vols.
CORTS GINER, Mª I. et alii (2004): Historia de la Educación. Fundamentos y práctica investigadora. Sevilla: Edición Digital@tres.
COSTA RICO, A. (Ed.)(2010). Luis Bello.Viaje por las escuelas de Galicia. Vigo: Nigratrea.
CHIORDA, F. et alii (1983): Diccionario de términos históricos y afines. Madrid: Istmo.
DELGADO, B (Dir.) (1992-1994): Historia de la educación en España y América. Madrid: SM-Morata, 3 vols.
ESCOLANO BENITO, A. (2002). La educación en la España contemporánea. Madrid: Biblioteca Nueva.
ESTEBAN, L. y LÓPEZ MARTÍN, R.(1994): Historia de la enseñanza y de la escuela. Valencia: Tirant lo Blanch.
KINDER, A., HILGEMANN, W. (2000): Atlas histórico mundial. Madrid: Istmo, Madrid, 2 vols.
JIMÉNEZ LANDI, A. (1973): La ILE. Los orígenes. Madrid: Taurus.
LARROYO, F.(1973): Historia general de la pedagogía. México: Porrúa.
LOZANO, C. (1982): Antología de textos pedagógicos. Barcelona: PPV.
LUZURIAGA, L. (1964): Historia de la educación pública. Buenos Aires: Losada.
NEGRÍN FAJARDO, O. ( Dir.) (2004): Historia de la educación en España. Autores. Textos y documentos. Madrid:UNED.
PUELLES BENITEZ, M. de (1986): Ideología y educación en la España contemporánea. Barcelona: Labor.
REDONDO GARCIA, E. ( Dir.) (2001): Introducción a la historia de la educación. Barcelona: Ariel.
RUIZ BERRIO, J. (Dir.) (1996): La educación en los tiempos modernos. Textos y documentos. Madrid: Actas.
RUÍZ BERRIO, J. (Dir.)(1996): La educación en España. Textos y documentos. Madrid: Actas.
SANCHEZ SARTO, L. (Dir) (1936). Diccionario de pedagogía. Barcelona: Labor, 2 vols.
TIANA FERRER et alii(2002): Historia de la Educación (Edad contemporánea). Madrid:UNED.
VILAR, P. (1980):Iniciación al vocabulario del análisis histórico. Barcelona: Crítica.
www.sc.ehu.es/sfwsedhe (Sociedade Española de Historia da Educación)
www.institucional.us.es/paginasephe (Sociedad Española del Patrimonio Histórico-Educativo)
Hai que sinalar a existencia de prestixiosas revistas de Hª da Educación (Paedagógica Histórica, History of Education, Historia de la Educación. Revista Interuniversitaria, Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación). Paga a pena tomar como referencia virtual de apertura a Páxina Web da "Sociedad Española de Historia de la Educación", que abre a porta a numerosísimos recursos na rede. De modo édito entregarase naaula un amplo documento de referencias e outros detalles de programación.
CompetenciasA) RELACIONADAS COA TITULACIÓN
Informar criticamente e contribuír a construir un coñecemento de alcance interpretativo en relación coa xénese histórica das formulacións teóricas, prácticas, metodoloxías e ámbitos de intervención pedagóxica, que no presente se formulan e operan no campo pedagóxico.
B) ESPECÍFICAS DA DISCIPLINA:
• Promover a adquisición destrezas cognitivas, expresivas e comunicativas relacionadas co exercicio da análise e da explicación histórica, e coa elaboración de sínteses correctamente organizadas.
• Recoñecer a dimensión histórica da educación actual, con múltiples raices no pasado, podendo elaborar a xenealoxía de tales realidades, a fin do logro da máis adecuada comprensión explicativa e dunha competencia histórica xenealóxica en relación cos fenómenos educativos.
• Promover a capacitación para a iniciativa persoal e a realización de procesos de aprendizaxe autónoma neste campo de estudo.
• Aprender a relacionar a multiplicidade dos fenómenos educativos cos seus contextos estructurais e cos modelos e teorias filosóficas, pedagóxicas e de educación hexemónicos ou alternativos, distinguindo procesos, permanencias e cambios, inferindo oportunas conclusións.
• Favorecer o desenvolvemento de actitudes positivas cara a presente materia e en relación con outras materias pedagóxicas.
Metodoloxía da ensinanza Os contidos de aprendizaxe e estudo serán abordados a través dunha gama de variadas actividades. Procurarase a realización de actuacións didácticas diversificadas:
• Exposicións sistemáticas por parte do profesor para ofrecer a información sobre as cuestións fundamentais a abordar en relación con cada un dos temas principais e coas oportunas interrelacións entre eles, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos implicados.
Exercicios de búsqueda documental édita ou virtual
• Comentarios e debates de aula.
• Lectura e comentario de texto.
• Realización dun traballo monográfico.
• Orientación titorial, para aquelas circunstancias ou actividades que así o aconsellan.
• Estudo autónomo
• Posibles visitas de estudo e uso de TIC e medios audiovisuais.
Sistema de evaluaciónA avaliación global dos estudantes estará baseada nas cualificacións que obteñan nas probas individuais e grupais que de forma obrigatoria deberán realizar. As actividades avaliables terán como modalidades:
a) INFORMES DE GRUPO, segundo indicacións que o docente sinale;
b) realización individual de puntuais COMENTARIOS ESCRITOS e de FICHAS DE LECTURA e de comentario de libros sobre a materia (dará indicacións o profesor);
c) realización dunha MONOGRAFÍA (de desexábel realización grupal por parte dun máximo de tres compoñentes, con calificación solidaria, do que se darán indicacións), e
d) EXAME FINAL.
Os resultados da avaliación final global configuraranse a partir da suma ponderada das puntuacións que se acaden en todas as actividades tanto obrigatorias como suxeridas.
Os criterios de valoración serán os seguintes:
A) A realización de pequenos traballos e prácticas, como as sinaladas nos anteriores apartados a) e b) alcanzará un peso porcentual do 40% na calificación final global, debendo cada alumno ter realizadas o 70% destas actividades.
B) A realización, entrega e presentación da Monografía alcanzará un peso porcentual do 20% do total da calificación global, debendo cada alumno/a obter como mínimo un punto para superar esta actividade.
C) A realización dunha proba escrita final, que pode incluír diferentes modalidades de cuestións examinadas. O seu peso específico será do 40% da nota final da materia.
En todos os casos, os exercicios realizados deben ser entregados en tempo e forma por escrito ao docente da materia.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais, e indicar as fontes documentais utilizadas para a súa elaboración. Calquera traballo copiado suporá o suspenso na materia e o adiamento da avaliación do alumno ou da alumna á seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
No curso 2013-14 as Fichas de lectura realizaranse, unha sobre o libro de Costa Rico (Ed.) (2010): Luis Bello, Viaje por las escuelas de Galicia. Vigo: Nigratrea, e a outra sobre un libro a escolla entre Mc Court, F. (2008): El profesor. Madrid: Maeva Ediciciones, e Aldecoa, J. R. (1990): Historia de una maestra.Madrid: Anagrama.
Tempo de estudo e traballo persoalA lectura e o estudo detido e concentrado, que deberán preceder e suceder aos tempos de aula, para o dominio dos contidos que integren o temario, son actividades fundamentais. Tres horas lectivas (gran grupo, grupo interactivo) semanais deben supoñer, cando menos, catro horas e media de estudo e de realización de lecturas e outras actividades en relación coa historia da educación ao longo de cada semana.
Recomendacións para o estudo da materiaPara un adecuado seguimento da materia e a súa comprensión estímase de suma importancia a asistencia regular e participativa ás sesións de clase, o que implica así mesmo participar nas tarefas complementarias a realizar fóra da aula, sendo a lectura, o estudo e a elaboración de traballos escritos as actividades máis relevantes. A lectura e o estudo detido e concentrado, que deberán preceder e suceder aos tempos de aula, para o dominio dos contidos que integren o temario, son actividades fundamentais.
Son moi convenientes :
• O uso de dicionarios da lingua e de carácter conceptual (histórico e filosófico)
• A disponibilidade de cronograma xeral das distintas épocas históricas
• A realización de fichas persoais, ou de cadros sinópticos, claves de agrupación de cuestións, ou tamén de mapas conceptuais (con interconexión de ideas).
• Para estudar un tema pódense considerar os seguintes pasos: unha lectura primeira e global que permite identificar as ideas fundamentais e o sentido xeral do conxunto, unha nova lectura (suliñando, indagando e esquematizando), atención á comprensión do conxunto e á súa interrelación con outras informacións e coñecementos previos, a memorización do suliñado, a elaboración dun esquema definitivo e o repaso do aprendido.
• E o cultivo oral e escrito da língua galega, particularmente no caso de ser galega ou galego. O seu esquecemento, desconsideración ou menosprezo nas actividades da túa formación é barbárie, pois favorece a súa desaparición.
Observacións1. É obrigatoria a entrega cumprimentada da ficha de identificación persoal no inicio do curso. É obrigada a asistencia a um mínimo do 80% das sesións de clase.
2. Non se admitirán traballos dos que o profesor non teña constancia da súa realización cos criterios que se sinalen. Deberán ser entregados nos prazos establecidos.
3. Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia por parte dos alumnos poderáselle comunicar ao profesor para a súa oportuna e adecuada consideración.
4. Os traballos escritos presentaranse en lingua galega por parte de todos aqueles que a tivesen estudado na súa formación básica oficialmente recoñecida.
5. No decurso das actividades académicas de aula, facilitaranse orientacións puntuais que complementen ou maticen ás que aquí se sinalan, podéndose tomar en consideración as suxestións e aportacións do alumnado para unha mellor organización dos procesos didácticos. Así, daranse por parte do profesor indicacións metodolóxicas para a realización dos traballos escritos a ser avaliados.
6. Por responsabilidade medioambiental evitarase na presentación de traballos escritos a incorporación e entrega de elemenos prescindibles, como carpetiñas e outros envoltorios externos innecesarios, follas en branco, ou o uso de tipografías de impresión con notábel cosumo de tinta. Os traballos serán entregados mediante copia de papel e non se admitirá o envío electrónico ao correo profesional do docente:
.