G3081224 - Investigación Educativa (Investigación Educativa) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1. Lograr a adquisición do vocabulario técnico da materia.
2. Acadar a capacidade básica de planificación e valoración dunha investigación educativa.
3. Diferenciar os criterios de uso de distintos métodos, e de elección de probas estatísticas.
4. Coñecer a codificación, análise e interpretación de datos por medios informáticos.
5. Aplicar os coñecementos metodolóxicos a situacións prácticas de investigación educativa.
ContidosDESCRITORES: investigación educativa, metodoloxía, métodos, deseño, correlación, contraste de hipóteses, técnica estatística, análise informática de datos
1. Avances e perspectivas actuais da investigación na educación
2. Os deseños na investigación educativa
3. Análisis, interpretación, estadística, e inferencia.
3. Probas estadísticas: comparativas, e de relación: criterios para sua elección.
5. Probas paramétricas e non paramétricas para un, dous e tres ou máis grupos..
6. Análise de datos cualitativos en educación.
7. Informes de investigación en educación, elaboración, interpretación e valoración.
8. Aplicación do SPSS o análisis de datos en investigación educativa.
Bibliografía básica e complementariaBISQUERRA, F. (1989). Introducción conceptual al análisis multivariable: un
enfoque informático con los paquetes. SPSS-X, BMDP, LISREL, Y SPAD. 2 tomos).
Barcelona: PPU.
BUENDÍA, L; COLÁS, P; HERNÁNDEZ, F. (1997). Métodos de investigación en
Psicopedagogía. Madrid: McGraw Hill.
CAJIDE, J. (1992). Investigación cualitativa: tradiciones y perspectivas contemporáneas.
Bordón 44 (4), 357-373.
CAJIDE, J. (1992). Potencia de las pruebas estadísticas y conceptos relacionados: un
análisis me diante el SPSSX. Bordón, 44(2), 223-232.
CAJIDE, J; PORTO, A. y MARTÍNEZ, E. (2004). Metodología en la investigación
educativa actual. En L. Buendía; D.González y T. Pozo, (Cords.).Temas fundamentales de investigación educativa.(PP.109-140). Madrid: Muralla.
DOWNIE, N.M. y HEATH, R.W. (1979). Métodos estadísticos aplicados. Madrid:Castillo.
DENZIN, N. K. & LINCOLN Y. S. (2000) (Eds). Handbook of qualitative research.
London: Sage.
GORDO LÓPEZ, A. J. & SERRANO PASCUAL, A. Estrategias y prácticas cualitativas de investigación social. Madrid: Pearson.
JOHSON, R. B. & CHRISTENSEN, L. B. (2000). Educational research: quantitative
and qualitative approach. Boston: Allyn and Bacon.
PÉREZ SERRANO, G. (1994). Investigación cualitativa. Retos e interrogantes.
Tomos I y II. Madrid: La Muralla.
SIEGEL, S. (1976) Estadística no paramétrica. Trillas: México.
TASHAKKORI, A. & TEDDILE, CH. (Eds.)(2003). Mixed methods. London: Sage.
PEREZ JUSTE, R. y otros(2009). Estadística aplicada a la educación. Madrid:Pearson.
Competencias-Coñecer a terminoloxía científica propia da investigación educativa.
-Coñecer os métodos e técnicas da investigación educativa.
-Capacitar para aplicar técnicas cuantitativas e cualitativas na investigación educativa.
-Capacitar para analizar datos educativos con apoio de aplicacións informáticas.
-Capacitar para extraer conclusións dos datos analizados
Metodoloxía da ensinanza - Exposicións do profesor do contido xeral dos temas apoiando a súa presentación con transparencias, proxeccións de solucións informáticas a problemas e discusión e análise destas solucións cos alumnos.
- Análise de investigacións en grupos de 3 ou 4 alumnos nas que se empreguen distintos métodos ou técnicas estatísticas.
- Análise de datos na aula de informática con especial énfase na codificación de variables, elección de probas estatísticas e interpretación de resultados.
As actividades de traballo autónomo inclúen a lectura de materiais tanto básicos como complementarios de interese especial para a adquisición das competencias propias da asignatura. A elaboración do informe e a realización de exercicios prácticos están orientados o uso das técnicas presentadas e o analise de datos educativos con apoio de aplicacións informáticas.
Sistema de evaluaciónRealizaranse dous tipos de avaliación, unha formativa de caracter continuo e outra final. A avaliación formativa basaráse no esforzo progresivo no aprendizaxe mostrado polo estudiante o longo do trimestre. Utilizando como referencia o informe das prácticas e as actividades de avaliación formativa.
A avaliación final consistirá nun proba teórico-práctica e realizárase unha vez que conclúa o cuatrimestre e que abarcará a totalidade dos coñecementos e competencias acadados polo estudiante na materia. O exames constarán de: a) preguntas curtas, b) resolución de problemas e c) interpretación de saídas de ordenador.
En todas as probas teranse en conta aspectos teóricos e prácticos da materia.
A cualificación final será a nota acadada nas avaliacións formativa e final nestes criterios:
- Preguntas curtas: 2 puntos.
- Resolución de problemas: 4 puntos.
- Interpretación de saídas de ordenador: 4 puntos.
Tempo de estudo e traballo persoalA tempo estimado para acadar un coñecemento da materia será de 150 horas.
- Horas presenciais (teóricas e prácticas): 50.
- Horas de traballo persoal: 100.
- Horas de avaliación: 2.
- Tempo estimado total: 152 horas.
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia ás clases parara lograr acadar unha perspectiva global dos contidos teóricos da materia.
- Asistencia ás prácticas para coñecer a aplicación dos contidos teóricos.
- Traballo do alumno dun xeito progresivo para acadar a comprensión da materia.
Traballos voluntarios:
1. Deseño breve entre 8 e 10 páxinas dun proxecto de investigación.
2. Análise dunha investigación xa feita.
3. Análise de saídas de ordenador e a súa interpretación.
ObservaciónsObservacións:
-Sistema de avaliación da aprendizaxe
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
-ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.