G3081225 - Orientación Educativa (Orientación e Diversidade) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo xeral desta materia é sentar as bases conceptuais e metodolóxicas da orientación educativa, posibilitando que o alumnado adquira aquelas competencias necesarias (coñecementos teórico-prácticos, habilidades e actitudes) que lle permitan deseñar, desenvolver e avaliar procesos de orientación educativa. Neste senso e coa finalidade de favorecer e posibilitar a súa futura actuación profesional neste campo, os obxectivos principais da materia son:
- Coñecer os principios, funcións e ámbitos da orientación educativa.
- Entender as bases fundamentais dos procesos e metodoloxías da orientación educativa.
- Coñecer e diferenciar os principais modelos de intervención orientadora.
- Ser capaces de deseñar, implementar e avaliar programas de orientación en contextos educativos.
- Coñecer e aplicar estratexias e técnicas de acción titorial.
- Acceder ao coñecemento da estrutura organizativa e funcional da orientación educativa e tomar contacto coa realidade profesional da orientación.
Contidos• Marco conceptual, principios e funcións da orientación educativa: historia e evolución da orientación educativa, os principios que fundamentan o concepto de orientación, as funcións da orientación, ámbitos contextuáis da orientación.
• Modelos de intervención orientadora: concepto de modelo, diferentes clasificacións de modelos, principais modelos de intervención: couseling. programas, consulta.
• Áreas e procesos da orientación educativa: a orientación no proceso de ensino-aprendizaxe; a orientación para a diversidade, a orientación para a prevención e o desenvolvemento humano, a orientación profesional no ámbito escolar.
• Organización e funcionamento da orientación: institucionalización da orientación no sistema educativo, organización e funcionamento dos servizos de orientación.
• Estratexias e técnicas de acción titorial: concepto de titoría, tipos e funcións; intervención profesional e desenvolvemento actual no marco educativo.
• Axentes e aspectos profesionais da orientación educativa: os contextos profesionais da orientación, a formación dos profesionais da orientación.
Bibliografía básica e complementariaÁlvarez, M. e Bisquerra, R. (Coord.). (1996). Manual de orientación y tutoría. Barcelona: Praxis.
Álvarez , V.; García, E.; Gil, J.; Martínez, P. e Romero, S. (2002). Diseño y evaluación de programas. Madrid: EOS.
Argüís, R. et al. (2001). La acción tutorial. El alumno toma la palabra. Barcelona: Graó.
Domingo, J. (2006). Los departamentos de orientación en la mejora cualitativa de la educación secundaria. Revista de educación, 339, 97-118.
Gallego, S. e Riart, J. (Coord.). (2006). La tutoría y la orientación en el Siglo XXI: nuevas propuestas. Barcelona: Octaedro.
Galve, J. L. e Ayala, C. (2002). Orientación y acción tutorial. Madrid: CEPE.
Gil, R. (2001). Manual para tutorías y departamentos de orientación: educar la autoestima, aprender a convivir. Barcelona: CissPraxis.
López, N. e Sola, I. (1999). Orientación escolar y tutoría. Granada: Grupo Editorial Universitario.
Menchén, F. (1999). El tutor: dimensión histórica, social y educativa. Madrid: CCS.
Negro Moncayo, A. (2006). La orientación en los centros educativos. Barcelona: Graó.
Rodríguez Espinar, S. (Coord.). (1993). Teoría y práctica de la orientación educativa. Barcelona: PPU.
Sanz Oro, R. (1990). Evaluación de programas en orientación educativa. Madrid: Pirámide.
Sanz Oro, R. (2001). Orientación psicopedagógica y calidad educativa. Madrid: Pirámide.
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
1. Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
2. Promover e desenvolver accións de asesoramento educativo con diferentes persoas e grupos mediante a utilización de medios e recursos adecuados.
3. Promover e desenvolver accións de orientación en distintos contextos formativos, así como de asesoramento, deseño, implementación e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
4. Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
5. Implicarse activamente na toma de decisións.
6. Aplicar e desenvolver estratexias e técnicas de orientación en procesos educativos e formativos.
Competencias específicas da materia:
• Identificar diferentes servizos e programas orientadores.
• Deseñar, desenvolver e avaliar accións orientadoras aplicando estratexias e técnicas adecuadas en procesos educativos e formativos.
• Asesorar aos destinatarios da orientación (persoas e grupos) nos procesos de toma de decisións educativas e formativas.
• Asesorar na realización de proxectos e itinerarios persoais e académicos.
Metodoloxía da ensinanza A configuración dos novos grados destaca a importancia do papel axente e activo do alumnado no proceso de aprendizaxe, así como o rol de facilitador e mediador que asume o profesorado. Neste marco e desde una valorización dos principios de contextualización, participación e actividade, establécense diversos procesos metodolóxico-didácticos que se concretan en:
- Sesións expositivas por parte do profesorado e/ou alumnado naqueles contidos de natureza teórico-conceptual.
- Análise de diversos tipos de materiais e documentos.
- Sesións prácticas en relación cos contidos abordados. Discusións en grupo e posta en común sobre diferentes temas.
- Realización de traballos individuais e en grupo que posibiliten o desenvolvemento teórico-práctico da materia. Titorización grupal. Presentación e discusión na aula.
Sistema de evaluaciónA avaliación terá un carácter integral e continuo abranguendo todas as actividades individuais e colectivas propostas. Neste senso proponse:
- Realización de pequenos traballos e prácticas orientados ao desenvolvemento dos contidos teóricos e prácticos. Terán unha formulación diferenciada segundo a temática que se aborde. O seu peso porcentual será do 30%. Para poder ser avaliadas o/a alumno/a debe ter realizadas como mínimo o 70%. De non ser así non terá superada esta actividade.
- Elaboración, entrega, presentación e discusión dun traballo realizado en grupos. A súa temática será fixada despois dun proceso de exploración e toma de decisións. O seu peso porcentual será do 10%. Para superar esta actividade o/a alumno/a debe acadar como mínimo medio punto.
- Realización dunha proba escrita final nas datas que estableza o calendario oficial da Facultade. Incluirá diferentes tipos de preguntas. O seu peso específico será do 60% da nota final da materia.
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Os/as alumnos/as repetidores ou non presentados avaliaranse seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades presenciais | Módulo de grupo | Horas | Traballo persoal do estudante | Horas
Clases expositivas: presentación, explicación de temas | Aula | 22 | Estudo | 50
Prácticas de seminario: análise de recursos | Seminario | 6 | Selección de recursos | 10
Prácticas de seminario: manexo de programas e instrumentos | Laboratorio | 10 | Elaboración de recursos e programas | 30
Titorías de traballo de curso | Titoría | 7 | | 6
Avaliación | Aula | 5 | | 4
Total de horas presenciais | 50 | Total de horas de traballo persoal | 100
Recomendacións para o estudo da materiaA complexidade conceptual, teórica e aplicada da materia, aconsella un traballo continuado, procurando desde o inicio unha implicación e participación activa nas actividades que se desenvolven e que están dirixidas á avaliación continua.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia".
ObservaciónsASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.