Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3081228 - Contextos Educativos (Organización e Dirección de Institucións Educativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
IGLESIAS DA CUNHA, MARIA LUCIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Coñocer as características fundamentais dos ámbitos profesionais da Pedagoxía.

    - Desenvolver habilidades de investigación, documentación e coñecemento da realidade.

    - Elaborar e redactar informes e memorias técnicas.

    - Adquirir compromiso profesional e actuar de acordo cos principios deontolóxicos da profesión.

    Contidos
    - Ámbitos profesionais da Pedagoxía, funcións e rol profesional.

    - Características fundamentais das contornas socioeducativas e laborais de intervención da Pedagoxía.

    - Habilidades de investigación, documentación e coñecemento da realidade.

    - Elaboración e redacción de memorias técnicas sobre o traballo desenvolto.

    Bibliografía básica e complementaria
    Especificarase no desenvolvemento da materia.
    Competencias
    Competencias da Titulación ás que contribúe a materia:

    - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos/as pedagogos/as, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.

    - Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e
    materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.

    - Desenvolver unha actitud autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos
    coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.

    - Demostrar profesionalidade integrando teoría e práctica.

    - Coñecer o mundo educativo e laboral.

    - Comprender os referentes teóricos, históricos, culturais, políticos, ambientais e legais que conforman as situacións e os programas educativos.

    Metodoloxía da ensinanza
    As actividades presenciais xunto co estudo e elaboración de informes contribúen a que o
    alumnado coñeza as características fundamentais dos escenarios profesionais da Pedagoxía.

    As actividades de documentación e investigación permítenlle reflexionar sobre os ámbitos de
    especialización, así como unha aproximación ao coñecemento da realidade profesional.

    As actividades vinculadas á avaliación do alumnado buscan o desenvolvemento da competencia de elaboración e redacción de informes e memorias técnicas, a través do traballo final que o alumno/a ten que presentar.

    Poderán programarse saídas a contextos profesionais en relación con outras materias da Titulación e do semestre.

    Por último, destacar que todas as actividades propostas favorecen a adquisición do compromiso profesional e a actuación de acordo cos principios deontolóxicos.

    Sistema de evaluación
    A avaliación será continua ao longo do curso. Na avaliación final teránse en consideración os seguintes elementos:

    - Participación nas sesións presenciais (expositivas e interactivas)..

    - Realización dos informes que se soliciten.


    Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas.

    Os traballos individuais ou grupais do estudantado deberán ser orixinais. Cualquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.

    A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    ACTIVIDADES PRESENCIAIS (50 horas)

    - Clases expositivas: presentación, memoria (24 horas)

    - Clases interactivas (24 horas)

    - Titorías obrigatorias (2 horas)


    TRABALLO PERSOAL DA/DO ESTUDANTE (100 horas)

    - Estudo e elaboración de Informes (70 horas)

    - Análise, documentación e investigación sobre ámbitos de profesionalización (30 horas)


    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase ter coñecementos de documentación e información educativa.
    Observacións
    O Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).

    Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilitar unha "mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa".

    Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.