G3081229 - Pedagoxía Intercultural (Pedagoxía Social) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
- Áreas: Teoría e Historia da Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Comprender o fenómeno da interculturalidade no mundo actual, delimitando axeitadamente esquemas conceptuais e metodoloxías de estudo.
- Xustificar a necesidade dun enfoque intercultural na educación, cara á intervención pedagóxica que permita acadar actitudes e destrezas de natureza intercultural.
- Coñecer e valorar os principais temas que debe abordar un proxecto de educación intercultural dentro e fóra do sistema educativo, prestando especial atención ao desenvolvemento de competencias interculturais.
- Estudar estratexias de intervención pedagóxica a prol da interculturalidade, procurando o deseño de novas técnicas en función de suxeitos e contextos.
Contidos1.- Concepto e Modelos de Educación Intercultural.
1.1.- Orixe e evolución. O concepto de cultura.
1.2.- Do Multiculturalismo ao Interculturalismo.
1.3.- Modelos Interpretativos da Educación Intercultural.
1.4.- Perspectivas de análise do fenómeno multi/intercultural.
1.5.- Posibilidade dunha Teoría da Educación Intercultural.
1.6.- Globalización e competencias interculturais.
2.- O Progreso da Educación Intercultural na Sociedade Civil.
2.1.- A educación diante do racismo, a xenofobia e a inmigración. Unha visión no escenario europeo.
2.2.- Pedagoxía e xestión da diversidade cultural
2.3.- Educación e Inmigración. Políticas públicas no Estado Español.
2.4. Familia e desenvolvemento educativo intercultural
3.- A dimensión estratéxica da Educación Intercultural
3.1.- Tolerancia e educación.
3.2.- Intervención Pedagóxica e mellora da tolerancia.
3.3.- Interacción entre iguais e diversidade cultural.
3.4.- A aprendizaxe cooperativa como vía de educación intercultural.
3.5.- Outras técnicas e estratexias de educación para a tolerancia.
4.- Curriculum intercultural e Formación do Profesorado.
4.1.- Notas introdutorias: necesidade dun novo discurso curricular.
4.2.- Multi/Interculturalismo e prácticas escolares.
4.3.- Curriculum común e visión multi/intercultural.
4.4.- Proxectos interculturais nos centros educativos. A Formación do Profesorado.
5.- Interculturalidade, Innovación e Mellora Social.
5.1.- Formación de actitudes desde un modelo de educación intercultural.
5.2.- Diversidade e convivencia en contextos xerais
e específicos: a intervención pedagóxica.
5.3.- Interculturalidade e innovación educativa.
5.4.- Interculturalidade, reforma e innovación. Análise comparada.
5.5.- A mediación intercultural e a pedagoxía
Bibliografía básica e complementariaAbdallah-Pretceille, M.(2001): La educación intercultural, Idea Books, Barcelona.
Aguado, Mª T. (2003): Pedagogía intercultural, McGraw-Hill, Madrid.
Álvarez, J. L. e Batanaz, L. (eds.) (2007): Educación intercultural e inmigración. De la teoría a la práctica, Biblioteca Nueva, Madrid.
Bartolomé, M. (coord.)(2002): Identidad y ciudadanía. Un reto a la educación intercultural, Narcea, Madrid.
Besalú, X. (2002): Diversidad cultural y educación, Síntesis, Madrid.
Carbonell, J.; Simó, N.; e Tort, A. (2005): Magrebíes en las aulas. Municipio, escuela e inmigración, Octaedro, Barcelona.
Coelho, E. (2006): Enseñar y aprender en escuelas multiculturales. Una aproximación integrada, ICE/UB-Horsori, Barcelona.
Cots, J.M. et al. (2010) Plurilingüismo e interculturalidad en la escuela, Horsori, Barcelona.
Díaz-Aguado, Mª J. (2003): Educación intercultural y aprendizaje cooperativo, Pirámide, Madrid.
Díaz-Aguado, Mª J. (2006): Del acoso escolar a la cooperación en las aulas, Pearson Educación, Madrid.
Essomba, M.A. (2006): Liderar escuelas interculturales e inclusivas, Graó, Barcelona.
Essomba, M.A. (2008): La gestión de la diversidad cultural en la escuela, Graó, Barcelona
Fernández Enguita, M. (1996): Escuela y etnicidad. El caso del pueblo gitano, CIDE, Madrid.
Jiménez, R. (2004): Inmigración, interculturalidad y curriculum. La educación en una sociedad multicultural, Publicaciones del MCEP, Sevilla.
Jordán, J.A. (2001): Educación intercultural. Un desafío de nuestro tiempo, UOC, Barcelona.
Lorenzo, M. & Santos Rego, M. A. (2012) Pensando el aprendizaje cooperativo en clave intercultural e interreligiosa. La acción de los profesores, en Álvarez, J.L. & Essomba, M.A. (coords.) Dioses en las aulas. Educación y diálogo interreligioso, Barcelona, Graó, 299-321.
Malgesini, G. e Giménez, C. (2000): Guía de conceptos sobre migraciones, racismo e interculturalidad, Comunidad de Madrid-Los Libros de la Catarata, Madrid.
Martos, J.J. et al. (eds.)(2011) Diálogos interculturales: lenguas, literatura y sociedad, Barcelona, Anthropos.
Pantoja, A. e Campoy, T.J. (eds.)(2006) Programas de intervención en educación intercultural, Grupo Editorial Universitario, Granada.
Ruiz Román, C. (2002): Educación intercultural. Una perspectiva crítica de la cultura, Octaedro, Barcelona.
Sales, A. & García, R. (1997): Programas de educación intercultural, Desclée de Brouwer, Bilbao.
San Román, T. (1994): Entre la marginación y el racismo. Reflexiones sobre la vida de los gitanos, Alianza Universidad, Madrid.
Santos Rego, M.A.(1990): “Estructuras de aprendizaje y métodos cooperativos en educación”, Revista Española de Pedagogía, 185, 53-78.
Santos Rego, M.A. (ed.) (1994): Teoría y práctica de la educación intercultural, PPU, Barcelona.
Santos Rego, M.A. (2000): A pedagoxía dos valores en Galicia, Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
Santos Rego, M.A. (dir.)(2012) Inmigración y administración local. La cuestión socioeducativa, A Coruña: Netbiblo.
Santos Rego, M.A. (ed.)(2013) Cosmopolitismo y Educación, Valencia: Brief.
Santos Rego, M. A. & Lorenzo, M. (2009) Educación para a cidadanía e os profesores, Vigo: Xerais.
Santos Rego, M.A. & Lorenzo, M. (2012) Estudios de pedagogía intercultural, Barcelona: Octaedro.
Competencias- Análise e resolución de problemas sociais vinculados á diversidade cultural.
- Habilidades na busca e xestión da información sobre educación e diversidade cultural.
- Deseño e avaliación de programas educativos de natureza intercultural.
- Dominio de técnicas de aprendizaxe cooperativa para a xestión da diversidade cultural en contextos de formación.
- Identificación e análise de competencias interculturais para unha sociedade do coñecemento.
Metodoloxía da ensinanza Desde unha base expositiva centrada na presentación e explicación dos eixos temáticos, a metodoloxía derivará nun plan de acción participativo e cooperativo, con prácticas de aula ou seminarios relacionados cos distintos temas. Os traballos, individuais e grupais, poderán adaptarse segundo intereses coincidentes cos da materia e mesmo coas posibilidades de mellor implicación na análise dunha cuestión suxerente.
Os grupos deberán ter, como mínimo tres alumnos, e cinco como máximo. A presentación e defensa dos traballos diante do grupo-clase será obxecto de valoración específica, e incluirá algún tipo de soporte tecnolóxico (Video, Power-Point, Páxinas Web, ...). Quenes participen en experiencias de aprendizaxe-servizo, caso de ser factible a súa realización, estarán exentas/os, das clases interactivas, pero exporán ou avaliarán a experiencia diante dos seus compañeiros/as.
Sistema de evaluaciónÉ claro que o proceso de avaliación debe ser contínuo. Debe abranguer tamén tódalas dimensións que se implican nun proceso de aprendizaxe dirixido ao fornecemento de actitudes positivas e un razoable dominio da materia, sempre tendo en conta os resortes metodolóxicos xa expostos.
A tales efectos, cómpre expresar con claridade unha serie de criterios. Concretamente, teranse en conta os seguintes aspectos:
1. Recensión de dous libros segundo a programación de aula que se acorde. As recensións serán feitas na aula logo da lectura previa dos libros.
2. Realización dunha Proba Final consistente na resposta a preguntas breves, a modo de “proba obxectiva”, que poderá ser complementada con análises temáticas. Na proba non se penalizarán os erros. Establécese un mínimo de Acertos en función do número de preguntas (exemplo: sobre 30 precisaríanse 21 Acertos para acadar a suficiencia). Para conseguir unha cualificación de “Sobresaínte” ou “Matrícula” é necesario amosar bo nivel nas praticas (sesións interactivas), nas Recensións e mesmo na elaboración e presentación do Portfolio da Materia.
3. A participación activa e o traballo en equipo serán considerados a efectos avaliativos. Nembargantes, para superar a asignatura será imprescindible ter acadada unha valoración suficiente na proba final, e ter demostrado unha contribución efectiva no traballo cooperativo.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras Presenciais:
Teóricas: 25
Prácticas: 25
Horas Non Presenciais:8
Traballo en Equipo: 12
Busca e análise de información: 12
Estudar para exame final: 35
Horas de avaliación: 1.5
Total volume de traballo: 118.5 horas
Recomendacións para o estudo da materia- Lectura dalgún libro de enfoque xeral sobre educación e pedagoxía intercultural.
- Fixarse no sentido e significado dos termos e conceptos principais (asimilación, aculturación, aprendizaxe cooperativa, inclusión, integración, interculturalidade, multiculturalismo, etc.).
- Atender ás semellanzas e diferenzas entre os distintos modelos de análise sobre a multi/interculturalidade.
- Explicar a pertinencia das técnicas de intervención pedagóxica en distintas situacións.
- Buscar deseños curriculares de orientación intercultural.
- Fixar indicadores para a avaliación de programas educativos interculturais.
- Explorar a demanda de competencias interculturais no desenvolvemento educativo e no mundo do traballo.
- Coñecer técnicas de aprendizaxe cooperativa especialmente axeitadas para o desenvolvemento dunha pedagoxía intercultural.
- É moi recomendable a asistencia e participación na clase.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.
Os alumnos repetidores ou non presentados avaliaranse seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.
ObservaciónsÉ obrigatorio entregar unha ficha debidamente cuberta durante as duas primeiras semanas de clase.
Os alumnos repetidores ou non presentados avaliaranse seguindo as pautas e criterios establecidos neste programa.
Páxinas web de interese:
Grupo de Investigación ESCULCA da USC (www.usc.es/esculca)
International Association for Intercultural Education (www.iaie.org)
National Association for Multicultural Education (www.necme.org)(www.nameorg.org)
AFS Intercultura:info-spain—afs.org (www.afs-intercultura.org)
European Federation of Intercultural Learning: http://efil.Cine e interculturalidad:edualter.org/material/intcine/org
CNICE:www.cnice.mecd.es/recursos2/atencion_diversidad/03_03.htm
http://www.ateiamerica.com/pages/vid6_1info-htm
http://eumc.eu.int/eumc/index.php
www.solidaridadgalicia.org
www.mec.es/educa/intercultural/index.htlm
www.fbofill.org
www.sosracismo.org
www.fundacionatman.org
www.ciss.es/foro-educacion/
www.intercultural.nl
http://www.crit.uji.es/
http://online.culturegrams.com