G3081321 - Diagnóstico Pedagóxico (Avaliación da Formación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEn relación coas competencias indicadas na Memoria do Grao de Pedagoxía para esta materia, os obxectivos a acadar son os seguintes:
1- Facilitar a comprensión do concepto de diagnóstico pedagóxico.
2- Situar o diagnóstico pedagóxico no marco da investigación avaliativa en educación.
3- Analizar o diagnóstico pedagóxico como proceso.
4- Estudar distintos modelos de diagnóstico.
5- Familiarizar ao/á estudante coas principais técnicas e instrumentos de exploración diagnóstica.
6- Valorar o diagnóstico pedagóxico como un factor de calidade educativa.
7- Desenvolver no alumnado una actitude de responsabilidade e profesionalidade ante a emisión de xuízos valorativos sobre os suxeitos diagnosticandos.
ContidosUNIDADES DE ENSINO-APRENDIZAXE
INTRODUCIÓN: Presentación da guía didáctica da materia
BLOQUE 1: CONCEPTO DE DIAGNÓSTICO PEDAGÓXICO
1.1.- Diagnóstico pedagóxico e calidade educativa.
1.2.- Concepto de diagnóstico pedagóxico.
1.3.- Tipoloxía.
BLOQUE 2.- MODELOS E PROCESOS DE DIAGNÓSTICO
2.1.- Modelos de diagnóstico en escenarios educativos.
2.2.- O diagnóstico como proceso e como produto.
2.3.- O modelo integrador.
BLOQUE 3.- TÉCNICAS E INSTRUMENTOS DE DIAGNÓSTICO
3.1.- Técnicas non estandarizadas
3.2.- Instrumentos estandarizados. Consideracións previas para o seu uso.
BLOQUE 4.- OS INFORMES ESCRITOS
BLOQUE 5.-CASOS PRÁCTICOS DE DIAGNÓSTICO PEDAGÓXICO: exploración de necesidades formativas, análise de variables persoais, situacionais e interactivas, diagnóstico das condicións de aprendizaxe baseado no enfoque de mellora, análise diagnóstica para á toma de decisións e seguimento da formación e orientación, etc.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Calvo, C. (2007). Técnicas e instrumentos de diagnóstico en educación. Archidona, Málaga: Aljibe.
Casado, A. (dir.) (2010). Casos prácticos de diagnóstico pedagógico. Cuenca: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Castilla –La Mancha. Colección Humanidades. Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha.
Jiménez, A. (2003). Diagnóstico en educación. Modelo, técnicas e instrumentos. Salamanca: Amarú.
Suárez, A. (2011). Diagnóstico Pedagógico. Diagnóstico de las competencias en lenguaje verbal escrito y matemáticas en educación primaria. Madrid: La Muralla.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Dueñas, M. L. (2011). Diagnóstico Pedagógico. Madrid: UNED.
Iglesias, M. J. (2012). Aportaciones del Diagnóstico Psicopedagógico a la Orientación Educativa. En L. M. Sobrado e E. Fernández Rey, Orientación Educativa. Madrid: Biblioteca Nueva.
Marín, R. (2006). Diagnóstico pedagógico. Un modelo para la intervención psicopedagógica. Barcelona: Ariel.
Padilla, M. T. (2009). El Diagnóstico en Orientación Profesional. Modalidades e instrumentos. En L. M. Sobrado e A. Cortés, Orientación Profesional. Madrid: Biblioteca Nueva.
Competencias a) Competencias da titulación ás que contribúe a materia
1. Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña a labor profesional dos/as pedagogos/as, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
2. Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
3. Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en entornas presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipas educativas.
4. Involucrarse na resolución de problemas.
5. Implicarse activamente na toma de decisións.
6. Diagnosticar as necesidades educativas de desenvolvemento educativo das persoas e das organizacións.
b) Competencias específicas da materia
1. Situar a finalidade e funcións do diagnóstico dentro da intervención pedagóxica, en relación cos ámbitos ou contextos de actuación.
2. Saber planificar un proceso de diagnóstico axeitado ás diversas idades e situacións, seleccionando as variables que serán obxecto de exploración, explicitando o marco teórico de referencia que sustenta estas variables e escollendo as técnicas e instrumentos máis axeitados segundo os marcos teóricos de referencia.
3. Relacionar as técnicas e instrumentos de recollida de información no diagnóstico cos principais enfoques ou modelos diagnósticos, e examinar criticamente as súas características, sabendo identificar os rumbos culturais que poidan ter os instrumentos e telos en consideración. Asemade, deberán saber aplicar, corrixir e interpretar instrumentos de recollida de información de diversas variables de acordo co marco teórico no que foron xeradas. En definitiva, deberán saber seleccionar as técnicas de recollida de información máis axeitadas segundo os obxectivos e finalidades do diagnóstico.
4. Saber integrar a información procedente de diversas fontes para propor unha síntese diagnóstica e, asemade, planificar e desenvolver estratexias de devolución da información axeitadas a diferentes contextos e audiencias.
5. Saber interpretar criticamente os resultados de procesos diagnósticos realizados por diversos profesionais e realizar a súa réplica se fose necesario.
Metodoloxía da ensinanza Relación actividades/competencias:
- O estudo teórico e a investigación bibliográfica relacionanse coa competencia de “Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas”.
- A resolución de casos prácticos e a elaboración de proxectos simulados vincúlase coas competencias sobre a análise integral de situacións educativas e a aplicación dos coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en entornas presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos
- O estudo de casos permitirá planificar procesos de diagnóstico, especificando as decisións a tomar en cada fase.
En síntese a metodoloxía combinará:
1.-As exposicións realizadas pola profesora dos contidos fundamentais de cada unidade temática, seguidas de debates dirixidos a unha meirande clarificación e axuste terminolóxico e relacional.
2.- As actividades prácticas orientadas ao estudo de casos, á análise de técnicas e instrumentos, e/ou á elaboración de informes de diagnóstico pedagóxico.
3.- A realización de traballos sobre aspectos concretos da disciplina de carácter teórico-práctico (individuais e/ou grupais).
Sistema de evaluaciónA avaliación das aprendizaxes terá fundamentalmente un propósito formativo, baseándose na observación das actividades individuais e/ou grupais realizadas, así como na participación nas clases e titorías.
Na avaliación final teranse en conta as seguintes tarefas cos seus correspondentes porcentaxes:
1.- O desempeño obtido na realización dun exame para todo o alumnado. Consistirá nunha proba escrita sobre a materia impartida seguida dun comentario crítico-reflexivo dun documento e/ou caso práctico (60% da cualificación final). Será necesario acadar, como mínimo, a metade da puntuación máxima no exame para superar a materia.
2.- A realización dun traballo sobre algún aspecto concreto da disciplina. O seu esquema deberá ser acordado previamente coa profesora e supervisado no seu proceso de desenvolvemento. O traballo realizarase en pequeno grupo (3 alumnos/as). A súa data de entrega será a inicios do mes de decembro, sendo imprescindible entregalo no prazo fixado (20% da cualificación final).
3.- Asistencia e participación nas clases e outras actividades complementarias (20% da cualificación final).
Todas as alumnas e alumnos matriculadas/os nesta materia avaliaranse segundo os criterios e actividades sinaladas.
Os traballos individuais e grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente edición da convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que éstas se programasen de forma coordinada.
Tempo de estudo e traballo persoalPresenciais: 46 h
Traballo persoal: 100 h
Avaliación: 4 h.
Tempo total do traballo do/a alumno/a: 46 + 100 + 4 = 150 h.
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia ás clases e a constancia no desenvolvemento do programa son fundamentais para o bo aproveitamento da materia.
Os alumnos repetidores ou non presentados avaliaranse seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.
ObservaciónsASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.
RECOMENDACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
DATOS DE INTERESE:
Profesora: Elena Fernández Rey
Datos de contacto
Despacho Nº 69 ; 2º andar (módulo A)
Tfno:881813696
E-mail: elena.fernandez.rey@usc.es
Para contacto coa profesora por correo electrónico: imporescindible empregar o enderezo electrónico de dominio rai.usc
Horario Titorías: exposto no despacho e na páxina web da Facultade
Datas de exames: no calendario oficial