G3081322 - Deseño e Implementación de Plans e Programas de Formación (Planificación e Desenvolvemento da Formación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEsta materia responde de maneira directa á competencia de planificación que constitúe un
compoñente sustantivo do perfil profesional dos graduados/as en Pedagoxía. Trátase, por tanto, dunha materia teórico-práctica que pretende os seguintes obxectivos:
- Capacitar aos estudantes para realizar deseños de plans de formación.
- Coñecer as condicións necesarias para poñer en práctica plans e programas de formación.
- Analizar a realidade específica dos deseños e as prácticas curriculares e formativas de institucións/centros de diferentes contextos de intervención pedagóxica.
- Estudar e identificar os diversos enfoques e modelos de planificación da formación.
- Desenvolver e aplicar as diversas operacións e fases que require o deseño dunha proposta formativa.
- Analizar criticamente a estrutura, as dimensións e fases de propostas formativas valorando a súa coherencia interna.
- Orientar e xestionar a planificación, desenvolvemento e avaliación de plans e programas de formación.
ContidosEstrutúranse en torno aos seguintes bloques:
1.- O deseño da formación: enfoques e modelos.
2.- A planificación da formación.
3.- Implementación de plans e accións formativas.
4.- Avaliación de plans e programas de formación.
Bibliografía básica e complementaria BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Casanova, M. A. (2006). Diseño curricular e Innovación educativa. Madrid: La Muralla.
- Casarini, M. (2004). Teoría y diseño curricular. México: Trillas.
- Domínguez, R. y Lamata, R. (coords.) (2003). La construcción de procesos formativos en educación no formal. Madrid: Narcea.
- Estebaranz, A. (coord.) (2000). Construyendo el cambio: perspectivas y propuestas de innovación educativa. Sevilla: Universidad de Sevilla.
- Medina, A. y Salvador, F. (2009). Didáctica General. Madrid: Pearson.
- Medina, A. y Sevillano, M. L. (2010). Diseño, desarrollo e innovación del currículum. Madrid: Universitas.
- Tejada, J. y Giménez, V. (2007). Formación de formadores. Madrid: Thomnson.
- Zabalza, M. A. (2007). Diseño y desarrollo curricular. Madrid: Narcea.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- López Camps, J. (2005). Planificar la formación con calidad. Barcelona: CissPraxis.
- Monclús, A. (dir.) (2000). Formación y empleo: enseñanza y competencias. Granada: Comares.
- Moriña, A. (2008). ¿Cómo hacer que un centro educativo sea inclusivo?: análisis del diseño, desarrollo y resultados de un programa formativo, Revista de Investigación Educativa, 26 (2), 521-538.
- Paredes, J. y Herrán, A. de la (coords.) (2009). La práctica de la innovación educativa. Madrid: Síntesis.
- Tejada, J. e Torre, S. de la (1995). La innovación en los centros educativos de Cataluña, Innovación Educativa, 5, 99-114.
- Zabalza, M. A. y Álvarez, Q. (1985). Introducción a la comunicación didáctica. Santiago de Compostela: Tórculo.
Competenciasa) Competencias da titulación ás que contribúe a materia
5 T Implicarse activamente na toma de decisións.
2.1 E Deseñar plans, programas e accións adaptadas aos distintos niveis do sistema
educativo nas modalidades presenciais, semipresenciais e virtuais.
2.2 E Deseñar medios e recursos educativos adaptados e contextualizados ás necesidades
educativas.
2.3 E Deseñar plans de formación, programas e propostas innovadoras de formación e
desenvolvemento dos profesionais e dos recursos formativos.
5.1 E Asesoramento a persoas e/ou grupos nos procesos educativos e formativos.
6.3 E Deseñar, desenvolver e avaliar programas orientadores de inserción laboral.
b) Competencias específicas da materia
- Posuír unha visión global do que é o deseño curricular: a súa filosofía, os seus enfoques, as súas ferramentas conceptuais e operativas.
- Realizar as operacións precisas para a construción dun plan de formación
axeitado ao contexto e aos suxeitos aos que vaia destinado.
- Saber analizar e valorar proxectos formativos xa deseñados e implementados.
- Saber empregar diversos modelos (tecnolóxico e comunicacional) na análise de
plans e/ou accións formativas reais a través do visionado de gravacións, o estudo de
casos e/ou de incidentes críticos.
- Coñecer e aplicar as bases teóricas e instrumentais da innovación escolar e a
dinamización das institucións de formación.
Metodoloxía da ensinanza Esta materia está concibida como un proceso que combina teoría e práctica.
O desenvolvemento desta materia implica a realización de clases expositivas dirixidas a todo o grupo de alumnos/as nas que se presentará e expoñerán os contidos (20 h. aprox.). Nestas sesións, presentaranse tamén as fontes bibliográficas e documentais necesarias para o estudo autónomo do alumno/a.
Nas sesións interactivas, da materia levaranse a cabo diferentes actividades individuais e/ou grupais cun carácter práctico e aplicado, entre as que destacan: análise de documentos e de experiencias, así como a elaboración de proxectos formativos (20 h. aprox.).
Realizaranse prácticas de campo (fundamentalmente, visitas a centros), as cales serán unhas de carácter obrigatorio e outras voluntarias. O desenvolvemento destas sesións terá lugar fora do horario de clase establecido.
As titorías terán un carácter fundamentalmente personalizado ou en pequenos grupos e realizaranse no horario especificamente dedicado a tal fin polas profesoras da materia.
Entre as actividades de titoría e avaliación investiranse 10 h. de dedicación.
Sistema de evaluaciónTomando como referencia os obxectivos e as competencias do programa, así como a preparación inicial do alumnado, a avaliación terá un carácter procesual e formativo ao longo do semestre.
Para a avaliación final, teranse en conta os seguintes elementos:
1.- Realización dunha proba final sobre os contidos desenvolvidos nas sesións de clase, que representará o 50% da cualificación global. Será imprescindible alcanzar unha nota mínima nesta proba de 2,5 puntos para ter en consideración os outros compoñentes da avaliación.
2..- Realización de traballos prácticos:
2.1.- Deseño dun proxecto formativo en pequeno grupo (5 persoas). Representará un 30% da cualificación. A realización deste traballo requirirá un seguimento deste por parte das profesoras da materia.
2.2.- Actividades prácticas de aula (análise de documentos, estudos de casos..). Representarán un 20% da cualificación.
NOTA: A realización de traballos, de ser o caso, poderá implicar outras materias.
O carácter presencial desta materia implica a asistencia asidua ás sesións de clase, salvo os supostos oficialmente considerados (exención de docencia). Neste suposto, os alumnos/as con exención de docencia realizarán o proxecto formativo e as prácticas de aula de xeito individual.
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizado e entregado en prazo todas as actividades de avaliación especificadas e superar cada unha das partes que constitúen a avaliación da materia.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Os proxectos formativos e prácticas entregadas na convocatoria ordinaria que obtiveran unha calificación positiva manterán dita calificación para a convocatoria de Xullo. Nembargantes, aqueles alumnos/as que non realizasen ditos traballos e/ou obtivesen unha calificación de suspenso nos mesmos, serán avaliados, na convocatoria de Xullo, a partir dunha proba escrita, a cal representará o 100% da avaliación.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades presenciais (50 horas):
- Clases expositivas: 20 horas
- Sesións interactivas: 20 horas
- Titorías e avaliación: 10 horas
Traballo persoal do estudante (100 horas):
- Estudo: 30 horas
- Realización de traballos prácticos: 50 horas
- Titorías e avaliación: 20 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaPara poder acadar os propósitos formativos desta materia é preciso que os estudantes cursasen antes a materia de Didáctica que senta as bases conceptuais precisas para as operacións de deseño e implementación de plans de formación.
ObservaciónsSISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE:
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
ASISTENCIA A CLASE:
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf).
Na mesma, expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.