Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3081323 - Avaliación de Programas (Avaliación da Formación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ TILVE, Ma DOLORES.NON
NOGUEIRA PEREZ, MIGUEL ANGEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01 (A-Domínguez A)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02 (Domínguez B-Pad)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03 (Pae-Z)OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01 (A-González Pa)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02 (González Pe-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos desta materia teñen que ver coa formación nas competencias vinculadas á avaliación de programas. Para iso pretende que os/as estudantes:
    a) Tomen contacto coas ideas e enfoques básicos que caracterizan na actualidade os procesos de avaliación de programas.
    b) Coñezan os fundamentos teóricos e os procedementos prácticos que se empregan para avaliar programas.
    c) Entren en contacto con algúns sistemas específicos que se estean empregando na actualidade na avaliación de programas.
    d) Coñezan e utilicen a terminoloxía e as fontes de información útiles e válidas para mellor fundamentar este ámbito profesional.
    Contidos
    Bloques temáticos:
    1.- Marco conceptual da avaliación de programas educativos.
    2.- Avaliación de programas: modelos explicativos e dimensións a avaliar.
    3.- A calidade na educación: concepto, modelos de xestión e avaliación.
    4.- Metodoloxía e técnicas para a avaliación de programas educativos.
    Bibliografía básica e complementaria
    -Ainscow, M.; Hopkins, D.; Soutworth, G. y West, M. (2001). Hacia escuelas eficaces para todos. Madrid: Narcea.
    -Angulo Rasco, F. (1992). El caballo de Troya: Calidad de enseñanza y tecnocracia. Cuadernos de Pedagogía, 206, 62-67.
    -Brighouse, T. y Woos, D. (2001). Cómo mejorar los centros docentes. Madrid: La Muralla.
    -Cano, E. (1998). Evaluación de la calidad educativa. Madrid: La Muralla.
    -Casanova, M. A. (1997). Manual de evaluación educativa. Madrid: La Muralla.
    -De Miguel Díaz, M. (1997). La evaluación de los centros educativos. Una aproximación a un enfoque sistémico. Revista de Investigación Educativa, 15 (82), 145-178.
    -Escudero Muñoz, J. M. (1999). De la calidad total y otras calidades. Cuadernos de Pedagogía, 285,77-85.
    -Escudero, J. M., González, M. T. e Del Cerro, J. (1998). Evaluación de Programas, Centros y Profesores. Murcia: ICE-Diego Marín.
    -Fernández Sierra y Santos Guerra, M. A. (1.992). Evaluación cualitativa de programas para la salud. Málaga: Algibe.
    -Fernández Tilve, M. D. (2000). Las modalidades de formación del profesorado en ejercicio: Análisis de la realidad gallega. Granada: Grupo Editorial Universitario.
    -Fernández-Ballesteros, R. (ed.) (1996). Evaluación de Programas. Barcelona: Síntesis.
    -House, E. (1997). Evaluación, ética y poder. Madrid: Morata.
    -Intxausti K, y otros (2.001). Nuestro viaje a la calidad. Guipúzcoa: Iceberg-Taldeka.
    -Luján Castro, J. y Puente Azcuita, J. (1996). Evaluación de centros docentes. Madrid: MEC.
    -Malpica, F. (2012). 8 ideas clave: Calidad de la práctica educativa: referentes, indicadores y condiciones para mejorar la enseñanza-aprendizaje. Barcelona: Graó.
    -Mateo, J (2004). La Evaluación, concepto y principios generales. La Evaluación de programas. En L. M. Sobrado (ed.), Orientación y evaluación de competencias profesionales. Barcelona, Estel.
    -McDonald, B. (1993). La evaluación y el control de la educación. En Gimeno J. Sacristán, J. y A. Pérez Gómez, La enseñanza: su teoría y su práctica (pp. 467-478). Madrid: Akal.
    -Pérez Juste, R (1999). Hacia una educación de calidad. Madrid: Narcea.
    -Pérez Juste, R. (2006). Evaluación de programas educativos. Madrid: La Muralla.
    -Rodicio, Mª L. (2012). Diseño y evaluación de programas en orientación educativa. En L. M. Sobrado, E. Fernández Rey y Mª L. Rodicio (coords.), Orientación Educativa. Nuevas perspectivas. Madrid: Biblioteca Nueva.
    -Santos Guerra, M. A. (1993). La evaluación: un proceso de diálogo, comprensión y mejora. Granada: Aljibe.
    -Santos Guerra, M. A. (1998). Evaluar es comprender. Buenos Aires: Magisterio del Río de la Plata.
    -Sanz Oro, R. (1995). Evaluación de programas de orientación. Madrid: Pirámide educativa
    -Sobrado, L. M. (2008). Avaliación da calidade e innovación dos centros educativos. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade.
    -Sobrado, L. M. y Ocampo, C. (2000). Evaluación psicopedagógica y orientación educativa. Barcelona: Estel.
    Competencias
    Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
    2G. Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e
    lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos/as pedagogos/as, tanto en termos
    diagnósticos como prospectivos.
    3G. Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos,
    sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás
    mesmas.
    4G. Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en contornas presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
    6G. Promover e desenvolver accións de orientación laboral en distintos contextos formativos, así como no asesoramento, deseño, implementación e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
    7G. Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais
    que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
    1.5E. Identificar problemas educativos e indagar sobre eles para posibilitar propostas de mellora na
    práctica educativa.
    3.4E. Desenvolver modelos e procesos de xestión de calidade da educación e a formación.
    4.3E. Realizar estudos prospectivos e avaliativos sobre características, necesidades e demandas
    pedagóxicas.

    Competencias específicas da materia:
    -Identificar problemas educativos e indagar sobre eles para posibilitar propostas de mellora na
    práctica educativa.
    -Desenvolver modelos e procesos de xestión de calidade da educación.
    -Coordinar intervencións educativas con outros profesionais, que posibiliten unha participación
    apropiada en situacións comunicativas específicas.
    -Avaliar e deseñar plans, programas, proxectos en diferentes contextos.
    -Realizar estudos prospectivos e avaliativos sobre características, necesidades e demandas
    educativas.
    Metodoloxía da ensinanza
    O traballo ao longo do curso desenvolverase artellando diversas opcións metodolóxicas:
    1. Método expositivo, para a transmisión de coñecementos.
    2. Estudio de Casos, mediante a análise de prácticas reais ou simuladas de avaliación.
    3. Aprendizaxe orientado a proxectos, para aplicar o coñecemento á comprensión e solución de problemas.
    4. Aprendizaxe cooperativo, potenciando o traballo en grupo.

    Na materia farase uso da aula virtual a modo de repositorio de materiais de aprendizaxe, así como para a realización dalgunha actividade didáctica.
    Sistema de evaluación
    Na avaliación terase en consideración tres aspectos básicos:
    1) A participación dos/das estudantes no traballo desenvolvido na aula ao longo do curso.
    2) A realización dun traballo individual e/ou de grupo.
    3) Os resultados logrados nos exames, de ser o caso.
    4) Dossier de traballo na aula.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades presenciais:
    Clases expositivas: 20 horas
    Prácticas de seminario: 9 horas
    Prácticas de laboratorio: 11 horas
    Titorías de traballo de curso: 5 horas
    Avaliación: 5 horas

    Traballo persoal do/da estudante: 100 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    -Pola natureza da metodoloxía de ensino e do modelo de avaliación proposto, debe quedar claro que a capacidade de recordar a información non é suficiente, polo contrario imponse a súa comprensión, é dicir, reconstruír o seu sentido mediante a personalización do coñecemento.

    -Realizar as lecturas ou procura de información establecidas para cada sesión e levar a elaboración dos traballos ao día é moi conveniente.
    Observacións
    TRABALLOS DA MATERIA
    É obrigatoria a entrega de todos os traballos ao marxe da posibilidade de ir ao exame.

    ASISTENCIA A CLASE
    Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf). Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia. Calquera situación xustificativa dunha posible ausencia, debe ser comunicada ao principio do semestre ao profesorado encargado da materia.

    RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
    En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
    -Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
    -Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernalos.
    -Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
    -Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
    -Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.