G3081325 - Organización de Centros Educativos (Organización e Dirección de Institucións Educativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
- Áreas: Didáctica e Organización Escolar
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaObxectivos da materia
1.- Conseguir un coñecemento crítico e un manexo axeitado dos conceptos, principios, teorías e bibliografía básica no eido curricular da Organización Educativa.
2.- Coñecer a estrutura organizativa básica do noso Sistema Educativo, con especial atención a aprobación do proxecto de Lei Orgánica para a Mellora da Calidade da Educación (LOMCE) considerando esta como un contexto xeral que vai condicionar o funcionamento das Institucións Educativas.
3.- Lograr unha sensibilización sobre a transcendencia da dimensión organizativa da Escola e, xa que logo, unha actitude de apertura e interese diante da temática da Organización Educativa, reflectida na existencia dunha dinámica activa de traballo persoal e de participación nas diversas actividades da clase.
4.- Tomar conciencia da importancia que tanto a organización axeitada dos elementos estruturais como a atención ás relacións interpersoais, á comunicación e aos fenómenos de grupo teñen para o funcionamento racional e eficaz dos Centros.
5.- Ser capaz de comprender a complexidade organizativa da Institución Escolar e de analizar criticamente o papel dos distintos factores materiais, persoais e funcionais que interveñen na súa Organización, así como das súas posibles interrelacións cara á obtención dunha Escola máis efectiva.
ContidosI.- INTRODUCIÓN: O CENTRO ESCOLAR COMO ORGANIZACIÓN NO MARCO DO SISTEMA EDUCATIVO
1.- Características da sociedade actual e a súa incidencia sobre o sistema educativo. Concepto de organización. O centro educativo como organización: características básicas. Estrutura e ordenación do Sistema Educativo e das institucións escolares: a LOMCE. Os Elementos formais e funcionais para a xestión dos centros escolares.
2.- Clasificación das diversas teorías da organización. Enfoques organizativos dentro do Paradigma Positivista: as Teorías Clásicas e os Modelos Humanistas. Principais modelos Organizativos no Paradigma Interpretativo e Crítico: Os Modelos Interpretativo-simbólicos e os Modelos Políticos.
II.- A ORGANIZACIÓN DAS INSTITUCIÓNS EDUCATIVAS
A) A DIMENSIÓN RELACIONAL: A ESCOLA COMO LUGAR DE INTERACCIÓN DE GRUPOS HUMANOS
3.- As relacións interpersoais e a comunicación nos Centros Escolares: principios e características básicas. Tipos e funcións da comunicación
4.-O Clima e a Cultura Escolar. O conflito nos Centros Educativos.
5.- A participación na Institución Escolar. As relacións Escolas-Familia dende a Pedagoxía Sistémica
B.- A DIMENSION ESTRUTURAL-MATERIAL
6.-Espazo e arquitectura nos centros educativos. A organización e distribución do tempo escolar.
7.- A Función Directiva nas Institucións Educativas
III.- A INNOVACIÓN E O CAMBIO DO CENTRO ESCOLAR
8.- O cambio dende as diferentes Tªs da Organización. Mellora, Reforma e innovación. O centro como unidade básica do cambio.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica e complementaria
Bibliografía básica
- ANTÚNEZ, S. e GAIRIN, J., La Organización Escolar. Práctica y fundamentos, Graó, Barna.
- BATANAZ, L., Organizaciones Escolares. Servicio publicaciones Universdidad Córdoba, 1998.
- CORONEL, J. M., Organizaciones Escolares. Nuevas propuestas de análisis e investigación, Univ. de Huelva, 1998.
- DOMÍNGUEZ, G. e MESANZA, J., Manual de Organización de Instituciones Educativas, Madrid, Esc. Españ., 1996.
- GAIRÍN, J e DARDER, P. (comp.), Organización y Gestión de Centros educativos, Barna, Praxis, 1994.
- GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M. T. Organización y Gestión de Centros Escolares. Person/Prentice-Hall, Madrid, 2003
- MARTÍN-MORENO, Q., Organización de Centros Educativos en una perspectiva de cambio, Sanz y Torres, Madrid, 1996.
- MARTÍN-MORENO, Q., Organización y Dirección de centros educativos innovadores. Mcgraw-Hill, Madrid, 2006.
- MORENO, J. M. (Dir.) Organización y gestión de centros educativos. Madrid, UNED, 2004.
- SANTOS GUERRA, M. A. (Coord.) Escuelas para al democracia. Cultura, organización y dirección de centros escolares. Madrid, Wolters Kluwer, 2009
- SANTOS GUERRA, M. A., La luz del prisma, Archidona, Aljibe, 1997.
Bibliografía complementaria
- ÁLVAREZ FERNÁNDEZ, M. et al., El Proyecto Educativo de la Institución Escolar, Barna, Graó. 2000.
- ÁLVAREZ, Q., La Comunicación Relacional y la interacción profesor–alumno, GEU, Granada, 1999.
- ANTÚNEZ, S., El Proyecto Educativo de Centro, Graó, Barcelona, 1998.
- ANTÚNEZ, S., La Acción directiva en las Instituciones Escolares, ICE–Horsori, Barna, 2000.
- ANTÚNEZ, S. et al., Dinámicas colaborativas en el trabajo del profesorado. Graó, Barna, 2002.
- BALL, S. J., La micropolítica de la escuela, Paidós, Madrid, 1989.
- BELTRÁN, F. e SAN MARTÍN, A., Diseñar la coherencia escolar. Bases para el PEC, Morata, Madrid, 2000.
- BOLIVAR, A., Cómo mejorar los centros educativos, Síntesis, Madrid, 2002.
- BOLMAN, L. e DEAL, T., Modern Approaches to Understanding and Managing Organizations, 9ª edición, San Francisco, Jossey–Bass, 1989.
- BUSH T., Theories of Educational Management, Paul Chapman, Londres, 1995.
- CANO, E., Organización, calidad y diversidad. La Muralla, Madrid, 2003.
- CARBONELL. J., La aventura de innovar: el cambio en la escuela, Morata, Madrid, 2001.
- CHIAVENATO, I., Introducción a la Teoría General de la Administración, 4ª edición, Santafé de Bogotá, Mc Graw–Hill, 1995.
- DOMENECH, J. e VIÑAS, J., La organización del espacio y del tiempo en el centro educativo, Graó, Barna, 1997.
- FERNANDEZ DÍAZ, M. J. et al. La dirección escolar ante los retos del siglo XXI.Madrid, Síntesis, 2002
- FERNÁNDEZ ENGUITA, M.,La Escuela a examen. Pirámide, Madrid, 1993.
- FRANKE-GRIKSCH, M., Eres uno de nosotros. Miradas y soluciones sistémicas pra docentes, alumnos y padres. Alma Lepik, B. Aires, 2004
- GONZÁLEZ, M. T. e NIETO, J. M., Modelos Teóricos en Organización Escolar, D M, Murcia, 1998.
- HARGREAVES, A. et al. Aprender a cambiar. Octaedro, Barna, 2001.
CompetenciasCompetencias
1) Saber delimitar as características organizativas básicas das institucións escolares e do noso sistema educativo.
2) Identificar a composición e funcións dos órganos unipersoais e colexiados de goberno nos centros educativos.
3) Saber analizar criticamente un texto lexislativo e/ou organizativo.
4) Aplicar os conceptos das principais teorías organizativas para a análise crítica da organización e o funcionamento das institucións escolares.
5) Coñecer técnicas e instrumentos para a análise da comunicación, o clima e a cultura dun centro.
6) Discriminar as posibles causas dos conflitos nos centros e coñecer algunha técnica de mediación/intervención sobre eles.
7) Saber diagnosticar a situación dos espazos dun centro e elaborar propostas de mellora destes.
8) Ser capaces de identificar e aplicar diferentes propostas para a innovación e o cambio educativo.
Metodoloxía da ensinanza Metodoloxía da ensinanza
Combinaranse diversas modalidades de traballo docente-discente:
- A exposición dalgúns temas do programa ou partes destes polo profesor.
- A presentación de documentos fotocopiados para realizar unha análise-valoración en pequenos grupos e finalizar cun debate de todo o grupo-clase.
- Fomentarase a realización de coloquios e debates en todas as actividades que o permitan.
- O profesor formulará preguntas, problemas ou dilemas relacionados con determinadas cuestións do programa que terán que responder os grupos de traballo.
- Realización de exercicios e actividades prácticas grupais.
- Presentación e/ou ilustración dalgúns temas a través da utilización de material audiovisual.
- Lectura-análise crítica, por parte dos alumnos, do proxecto da LOMCE en pequenos grupos coa correspondente posta en común de toda a clase. Esta valoración entregarase ao profesor.
A intención de facer a clase máis dinámica, amena e interesante, así como de favorecer o desenvolvemento dunha aprendizaxe máis significativa nos/as alumnos/as, lévanos a propoñer un gran número de actividades variadas que, con carácter voluntario, permiten atender á diversidade de intereses e motivación existentes:
- A participación nun programa de visitas a diversas Institucións Educativas e Culturais do contorno, como unha vía para o coñecemento práctico da problemática organizativa de Centros de diversos niveis e tipos. As visitas realizaranse no contorno da cidade de Santiago, agás unha saída fóra ao Centro Experimental de Innovación Pedagóxica e Integración de O Pelouro, en Caldelas de Tui (Pontevedra) Ao asistir ás visitas, os/as alumnos/as realizarán uns informes onde se especificarán os datos básicos da institución e se fará unha valoración crítica da visita. Posteriormente, na aula, un grupo encargarase de expoñer as características básicas da institución e establecerase un debate sobre a situación desta que permita conectar o observado cos conceptos presentados na materia. Establecendo así, dun xeito máis directo e efectivo, a aplicabilidade destas nocións para a análise crítica da realidade.
- Realización de traballos teóricos sobre diversos temas relacionados co temario da materia ou complementarios a esta. Os alumnos interesados neles poden pedirlle ao profesor as pautas para a súa realización e establecer con este os momentos para realizar o seu seguimento.
- Traballos de investigación na práctica, coa análise do funcionamento de determinados aspectos dos Centros Educativos. Así, posibilítase unha mellor integración entre os conceptos teóricos manexados e a práctica organizativa real, xunto cunha iniciación ás destrezas profesionais e de investigación propias deste eido disciplinar. Os alumnos que estean interesados na súa realización poderán solicitarlle ao profesor un listado destes, así como as pautas básica para o seu desenvolvemento. O tema que se vai investigar, así como as diferentes fases que se van seguir e as técnicas e procedementos que se van utilizar para facelo, estableceranse de acordo co profesor.
- A realización dun traballo de análise e reflexión individual, en profundidade, sobre a propia Historia Educativa nas sucesivas etapas e niveis. O profesor ofreceralle aos alumnos interesados na súa realización as pautas básicas para o seu desenvolvemento.
- A lectura e recensión crítica individual dalgúns libros relacionados coa temática da materia, escollidos entre a lista dos sinalados polo profesor.
- A organización, dirección e comentario, en pequenos grupos (4/5 persoas), dunha técnica para a análise de diversas dimensións e factores organizativos, aplicándoa para toda a clase.
- Realización dun informe individual no que se recolla unha reflexión e elaboración persoal dos coñecementos adquridos durante o curso. O profesor entregará as pautas para levalo a cabo.
Sistema de evaluaciónSistema de avaliación da aprendizaxe
A cualificación final será o resultado de diferentes tipos de actividades:
1) A realización dun exame sobre o temario da materia. Este será con material e incluirá preguntas que combinen a necesidade dun bo coñecemento da materia cunha reflexión persoal crítica, por parte dos/as alumnos/as, sobre a temática estudada. A súa data será a que figura no taboleiro oficial da facultade.
2) Os traballos en grupo realizados sobre a valoración crítica do proxecto da LOMCE.
3) A participación e achegas nas clases, visitas, prácticas, debates, etc.
4) A realización das diversas actividades voluntarias propostas no programa. O prazo máximo de entrega de todos estes traballos, será o 20 de decembro do 2013, agás a Historia Escolar que poderá entregarse hasta o 13 de xaneiro do 2014 .
Cómpre subliñar que unha avaliación final positiva require tanto a realización do exame como da valoración crítica do proxecto da LOMCE. Todas as restantes actividades serán de carácter voluntario e poderán axudar a mellorar a cualificación do/a alumno/a.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades docentes presenciais:
- Clases expositivas: presentación e explicación contidos: 22.30 horas
- Clases interactivas: 21 horas
- Titorías: 4.30 horas
- Avaliación: 2 horas
Traballo persoal d alumno/a:
- Estudo: 60 horas
- Elaboración de traballos e realización de actividades da materia: 40 horas
- Lecturas: 15 horas
Total horas presenciais: 50
Total horas de trabalo persoal do alumno/a: 165
Recomendacións para o estudo da materiaRecomendacións para o estudo da materia
Recoméndaselles aos/ás alumnos/as estudar a materia dun xeito crítico e reflexivo, procurando establecer relacións entre os contidos dos diversos temas. Ademais de ver a aplicabilidade que os diversos principios, técnicas e conceptos estudados teñen para a realidade da vida organizativa e a dinámica cotiá dos centros educativos, contrastando e tendo sempre moi presentes as vivencias e experiencias da súa propia Historia Escolar.
Asemade, recoméndaselles que, de acordo cos seus intereses e posibilidades particulares, tamén realicen algunhas das actividades voluntarias que se propoñen no programa. Esta considérase unha vía moi útil para lograr unha aprendizaxe máis rica, eficaz e integral da materia, abrindo a posibilidade de desenvolver un traballo máis motivador e significativo, xa que a gran cantidade de actividades ofertadas facilita unha maior adecuación aos intereses e motivacións específicas de cada alumno/a.
ObservaciónsEste programa é unha proposta flexible que pode ser modificada na medida en que as circunstancias concretas da súa posta en práctica o requiran.
Os/as alumnos/as poderán valorar o seu desenvolvemento, tanto ao longo de curso, como a través do informe final de avaliación das aprendizaxes realizadas na materia. Esas informacións utilizaránse para procurar a súa progresiva mellora e adaptación ás necesidades formativas existentes no ámbito do Organización de Centros Educativos.