G3081326 - Educación Comparada (Políticas Educativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
- Áreas: Teoría e Historia da Educación
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEn sintonía cas competencias, co temario que se propón e co plan de traballo que se suxire, formúlanse de maneira xeral e específica os seguintes obxectivos.
O obxectivo xeral que se persigue con esta disciplina é dar ó alumno nocións fundamentais sobre a comparación educativa, en xeral, e sobre os sistemas educativos, en particular.
Cun nivel maior de concreción podemos sinalar os seguintes obxectivos específicos:
* Adquisición e dominio básico de elementos terminolóxicos e conceptuais da Educación Comparada en relación co entendemento e interpretación dos problemas do campo disciplinar.
* Análise teórica comprensiva da organización dos sistemas educativos coa finalidade de entender e comprender as metodoloxías e técnicas de traballo en investigación ata a actualidade.
* Coñecemento e interpretación das implicacións da Política e da Lexislación educativas na construción e desenvolvemento dos sistema educativos.
* Potenciar o desenvolvemento das capacidades de reflexión e síntese, a nivel individual e colectivo, sobre os sistemas educativos, dende unha perspectiva internacional.
ContidosConforme ás competencias, aos obxectivos sinalados e ao establecido na ficha da materia no plan de estudos os principais contidos se configuran nos bloques temáticos seguintes:
PARTE TEÓRICA
1.- Tema Introdutorio: Educación, Política e Sistemas Educativos.
2.- Evolución dos estudos comparados da educación.
3.- Natureza e finalidades da Educación Comparada.
4.- Metodoloxía da Educación Comparada.
5.- Organismo e Institucións Internacionais da Educación.
PARTE PRÁCTICA.
6.- Estrutura de Sistemas Educativos.
Bibliografía básica e complementariaa) BÁSICA:
FERRER, F. (2002): La Educación Comparada actual. Barcelona, Ariel.
GARCIA GARRIDO, J.L. (1991): Fundamentos de Educación Comparada. Madrid, Dykinson.
PEDRO, F. (1987): Los precursores españoles de la educación comparada. Madrid, M.E.C.
REVENTOS, F. (1990): Metodología comparativa y pedagogía comparada. Barcelona, Boixareu.
VEXLIARD, A. (1970): Pedagogía Comparada: métodos y problemas. Buenos Aires, Kapelusz.
b) COMPLEMENTARIA
AA.VV. (1998): Planificación, financiación y evaluación de los sistemas educativos iberoamericanos. Barcelona, Pomares-Corredor
ALTBACH, P.G. e KELLY, G.P. (1990): Nuevos enfoques en educación comparada. Madrid, Mondadori.
D’HAINAUT, L. (1988): Los sistemas educativos: análisis y regulaciones. Madrid, Narcea.
EURYDICE (1999): Glosario Europeo sobre Educación. Exámenes, certificados y títulos. Madrid, Eurydice.
EURYDICE (2001): Glosario Europeo sobre Educación. Instituciones Educativas. Madrid, Eurydice.
EURYDICE (2002): Glosario Europeo sobre Educación. Profesorado. Madrid, Eurydice.
EURYDICE (2003): Glosario Europeo sobre Educación. Personal encargado de la gestión, seguimiento, evaluación y supervisión. Madrid, Eurydice.
EURYDICE (2003): La red europea de información en la educación. Madrid, Eurydice.
EURYDICE (2009): Glosario Europeo sobre Educación. Órganos de decisión, asesoramiento, gestión y supervisión en la edudación superior. Madrid, Ministerio de Educación.
EURYDICE (2009): La integración escolar del alumnado emigrante en Europa. Madrid, Eurydice.
EURYDICE (2010): Las cifras claves de la educación en la Unión Europea 2009. Bruselas, Comisión Europea.
EURYDICE (2011): Diferencias de género en los resultados educativos: medidas adoptadas y situación actual en Europa. Madrid, Eurydice.
FERRER, F. (1990): Educación Comparada: Fundamentos teóricos, metodología y modelos. Barcelona, P.P.U.
FERRER, F. (Coord.)(2004): Convergencias de la Educación Secundaria Inferior en la Unión Europea. Madrid, CIDE-MEC.
GARCIA, J.L. (2005): Sistemas educativos de hoy. Madrid, Ediciones Académicas.
GARCIA, J.L. y otros (2001): Génesis, estructuras y tendencias de los sistemas educativos iberoamericanos. Madrid, OEI.
GARCIA, J.L.; García, M.J. y Gavari, E. (2012): La Educación Comparada en tiempos de globalización. Madrid, UNED.
HANS, N. (1953): Educación Comparada. Buenos Aires, Nova.
LLORENT BEDMAR, V. y otros (2000): La educación obligatoria en Iberoamérica. Madrid, OEI.
MARQUEZ, A.D. (1972): Educación comparada: Teoría y Metodología. Buenos Aires, El Ateneo.
MARTÍNEZ, M.J. (2003): Educación Comparada, nuevos retos. Renovados desafíos. Madrid. La Muralla.
MARTÍNEZ, M.J. (ed.) (2009): Educación Internacional. Valencia: Tirant Lo Blanc.
MOEHLMAN, A.H. (1963): Sistemas de educación comparados. Buenos Aires, Troquel.
NEAVE, G. (2001): Educación superior: historia y política. Estudios comparados sobre la universidad contemporánea. Barcelona, Gedisa.
O.C.D.E. (1997): Análisis del panorama educativo. Madrid, OCDE.
O.C.D.E. (2009): El Informe PISA 2009. París, OCDE.
PRATS, J. y RAVENTOS, F. (dirs.) (2005): Los sistemas educativos europeos ¿Crisis o transformación? Barcelona, Fundación “la Caixa”.
RODRÍGUEZ, A. e COSTA, A (2010): “Educación Comparada”. En J.A. Caride e F. Trillo (dirs.): Dicionario galego de Pedagoxía. (219-220). Vigo, Xunta de Galicia e Editorial Galaxia.
ROSSELLÓ, Pedro (2007): La teoría de las corrientes educativas, y otros ensayos. Edición de Julio Ruiz Berrio, Madrid, Ed. Biblioteca Nueva / Ministerio de Educación y Ciencia (Serie Clásicos de la Educación nº 20).
RUIZ BERRIO, J. (coord.) (1985): Diccionario de Ciencias de la Educación: Educación Comparada. Madrid, Anaya.
SCHRIEWER, J. y PEDRO, F. (eds.)(1993): Manual de educación comparada: Teorías, investigaciones, perspectivas. Barcelona, P.P.U.
TOURIÑAN, J.M. y RODRIGUEZ, A. (1993): Conocimiento de la Educación, decisiones pedagógicas y decisiones de política educativa. Teoría de la Educación, Revista Interuniversitaria. 5, 33-58.
UNESCO (2009): Superar las desigualdades: Por qué es importante la gobernanza. París, UNESCO.
UNESCO y OEA (2011): Panorama Educativo 2010. Desafíos pendientes. UNESCO.
VALDERRAMA, F. (1991): Historia de la UNESCO. París, Ediciones UNESCO.
VELLOSO, A. y PEDRO, F. (1991): Manual de educación comparada: Conceptos básicos. Barcelona, P.P.U.
http://eacea.ec.europa.eu/education/eurydice/notfound.php (páxina da rede europea de información educativa).
http://www.educacion.es/cide/jsp/plantillaAncho.jsp?id=eurydice (páxina da delegación de EURYDICE en España).
www.bancomundial.org (páxina do Banco Mundial na que se fai referencia a estatísticas educativas).
www.campus-oei.org/quipu (páxina da Organización de Estados Iberoamericanos na que se recollen a maioría dos sistemas educativos dos países Americanos).
www.educacion.es (páxina do Ministerio de Educación)
www.ibe.unesco.org (páxina da Oficina Internacional de Educación).
www.oecd.org (páxina da OCDE, Organización para el Desenvolvemento e a Cooperación Económica).
www.sc.ehu.es/seec (páxina da Sociedade Española de Educación Comparada).
www.un.org (páxina da O.N.U.).
www.unesco.org o www.unesco.org/education (páxina de la UNESCO onde aparece información e datos sobre a educación en diferentes partes do mundo). http://stats.uis.unesco.org/unesco/ReportFolders/ReportFolders.aspx (Datos estatísticos da Unesco)
www.unicef.org/spanish (páxina da UNICEF).
CompetenciasAs competencias que debe desenvolver o alumno nesta materia, aparecen na correspondente ficha elaborada para a aprobación da implantación da titulación na Universidade de Santiago de Compostela e ás que se adecúan os contidos e o plan de traballo, son as seguintes:
a) Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
1G. Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar criticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Pedagoxía.
2G. Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña a labor profesional dos/as pedagogos/as, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
3G. Coñecer, comprender e analizar de xeito integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
1.4E. Comprender os procesos de ensinanza-aprendizaxe e a súa incidencia na formación integral das persoas.
b) Competencias específicas da materia:
1.- Comprender e interpretar os problemas do campo disciplinar que se concretan nos conceptos do coñecemento comparado da educación, do coñecemento dos sistemas educativos e das políticas educativas.
2.- Saber utilizar no seu contexto os conceptos mais utilizados da materia.
3.- Adquirir as destrezas básicas interpretativas do coñecemento comparado da educación e o dominio da evolución deste coñecemento a través do estudo.
4.-.Desenvolvemento de destrezas básicas de investigación, fundamentalmente de tipo comparativo.
Metodoloxía da ensinanza - O plan de estudios no que se inxire a materia corresponde ó nivel universitario. Os alumnos cursaron no sistema formal os niveis de ensino primario e secundario; por conseguinte, cabe dicir que o alumno do ensino universitario posúe as destrezas intelectuais necesarias para entender mensaxes verbais ou escritos de elaboración intelectual complexa. A materia ten unha linguaxe técnica que require estudio detallado.
- En toda disciplina as actividades poden ser diversas. En todo caso, a nosa opinión persoal é que as actividades de grupo grande (clases expositivas) deben corresponderse coa presentación de información, mentres que a actividade en grupo pequeno (clases interactivas) e a orientación individualizada (titorías obrigatorias) dirixiranse, fundamentalmente, ó reforzo das aprendizaxes e ó descubrimento do sentido persoal do tema explicado.
- A actividade a realizar polos alumnos será de tres tipos: A primeira, centrarase no estudio, dos temas da parte teórica do temario do programa, que serán explicados na clase polo profesor. A segunda, na realización dun traballo individual ou en grupo (máximo tres alumnos) sobre a parte práctica do temario do programa. A terceira, nas prácticas de clase que se corresponden cas actividades a desenvolver, fundamentalmente, nas clases interactivas.
- A consulta de índices de diversos libros que tratan o mesmo tema, as lecturas complementarias orientadas, a dedicación dun tempo específico á identificación dos campos semánticos, son os reforzadores das exposicións na clase.
- Os contidos que conforman a parte teórica desta materia serán elaborados e presentados basicamente, aínda que non exclusivamente, nas clases expositivas. O profesor centrará a súa exposición, preferentemente, nos aspectos nucleares de cada unidade didáctica, procurando ofrecer de maneira condensada a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e relacionándoos cos demais do programa a fin de lograr unha integración dos módulos de contido e dos aspectos estruturais que conforman o corpus cognitivo da materia.
- Os alumnos pola súa banda, coa oportuna orientación do profesor nas clases interactivas, afondarán en cuestións concretas que non foran abordadas máis que dun xeito moi xenérico na clase expositiva e que sexan susceptibles de tratamento de estudo recorrendo aos soportes documentais e bibliográficos pertinentes.
- Óptase por un proceso metodolóxico que teña en conta os principios de participación, actividade e aprendizaxe experiencial, primando o desenvolvemento da capacidade comprensiva e a adquisición de competencias.
- Polo tanto, a actividade a realizar polos alumnos é, fundamentalmente, de tres tipos: A primeira, centrarase no estudio, dos temas da parte teórica do temario do programa, que serán explicados, fundamentalmente, nas clases expositivas, pero tamén nas clases interactivas. A segunda, na realización dun traballo monográfico comparativo entre o sistema educativo do Estado Español e doutro Estado, que pode ser individual ou en grupo (máximo tres alumnos). A terceira, na realización das prácticas de aula que se propoñan e desenvolvan nas clase interactivas.
- O anterior require unha asistencia regular e unha participación directa nas actividades teóricas e prácticas que se programen, executando as tarefas recomendadas en cada caso coa finalidade de alcanzar as competencias e os obxectivos marcados. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias sobre as que se sustentará a dinámica do grupo nas sesións expositivas, nas interactivas e nas titorías. Sendo así, a participación require o estudo, que como tarefa persoal ha de preceder e suceder ó traballo na aula, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario da materia, por medio dos cales se poderán acadar os obxectivos formulados, o que se fará patente a través das oportunas probas de control. A asistencia regular implica ter o 80% das asistencias (clases expositivas, interactivas e titorías obrigatorias) ao longo do cuadrimestre.
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase.pdf). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa.”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.
- Monográfico: Elaboración dun traballo monográfico que consistirá na comparación da estructura do Sistema Educativo Español co doutro Estado, a elección do país deberá contar co visto bo do profesor. O profesor facilitará as orientacións bibliográficas oportunas e supervisará a execución do traballo en cada unha das súas etapas. A monografía, como xa apuntamos poderá ser elaborada individualmente ou en grupo (non maior de tres alumnos). Debendo entregarse na data sinalada no seu momento. Este traballo deberá ser exposto no grupo da clase interactiva correspondente.
- Finalmente, cada alumno individualmente e/ou cada grupo de traballo (composto obrigatoriamente por 3 membros) terán que realizar de maneira obrigatoria e por escrito sínteses críticas das actividades que se realicen nas clases interactivas.
Sistema de evaluación- A valoración da aprendizaxe enténdese como un proceso a través do que se trata de comprobar o nivel de logro das competencias e dos obxectivos marcados. Neste sentido, en correspondencia coas actividades programadas e co plan de traballo proposto, e en harmonía coas competencias, os obxectivos, os contidos, e a metodoloxía consignados e cos recursos dispoñibles, a avaliación dos estudantes estará baseada nas cualificacións que obteñan nas contribucións escritas que realicen, na súa asistencia, participación e calidade das achegas nas sesións de clases expositivas e interactivas que se programen.
- Haberá unha proba que deberá facilitar a identificación do nivel de logro dos obxectivos relacionados, principalmente, coa primeira parte do programa. Esta proba terá un valor mínimo do 50% na nota final, pero é necesario tela superada (acadar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10) para aprobar a materia, pero superar esta proba non implica aprobar a materia. Coa intención de axustar o temario aprendido ó temario explicado nun tempo concreto, as preguntas da proba centraranse nos aspectos máis comúns das aprendizaxes realizadas polos alumnos nos obxectivos básicos da materia.
- O traballo (monográfico) a facer por todos os alumnos matriculados na materia terá un valor máximo na nota final do 30%, sempre que se teña unha puntuación superior a 5 puntos dun máximo de 10. Este traballo deberá entregarse nun día que se fixará o inicio das actividades docentes. Como o traballo ten que ser exposto na clase polo alumno ou grupo de alumnos que o realizaran, a temática deberá ter o visto bo do profesor (como xa se apuntou) para evitar repeticións ou reiteracións. A puntuación do traballo dependerá do informe a entregar (2/3 da puntuación do traballo) e da exposición a realizar (1/3 da puntuación do traballo). En ningún caso se aceptarán traballos dos que o profesor non teña constancia por escrito da súa realización. As datas de entrega dos traballos serán establecidas de mutuo acordo entre os alumnos e o profesor.
- As prácticas de aula terán un valor máximo do 20% na cualificación final, sempre que se teña unha puntuación superior de 5 puntos dun máximo de 10. A nota das prácticas será a media das puntuacións das prácticas entregadas que poderán ser individuais e/ou en grupo, e da asistencia e participación activa nas clases.
- Para superar a materia é necesario ter aprobado tanto a parte práctica (traballo e prácticas de aula) como a parte teórica (exame). Isto débese a que en cada unha destas partes adquírense destrezas, habilidades, actitudes e coñecementos diferentes aínda que complementarios.
a) Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas.
b) Os traballos individuais ou en grupo dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
c) A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
- Os alumnos e alumnas con exención de docencia deberán axustarse á normativa aprobada na Facultade (ver páxina web do centro) e aos seguintes criterios específicos da materia:
a) Elaborar un monográfico nas mesmas condicións que o alumnado de avaliación continua.
b) Facer un traballo similar ás prácticas de aula que terán que entregar o día do exame.
c) Realizar o día do exame unha proba específica de Exención de Docencia, que estará composta polo mesmo exame que o resto do alumnado e dunha ou varias cuestións referidas ao traballo de prácticas.
- Todos os alumnos teñen dereito a revisar o exame, o traballo e as prácticas de clase co profesor.
- Este programa será válido para as convocatorias de xuño e xullo de 2014.
Tempo de estudo e traballo persoalPartindo que o estudio debe ser continuo o tempo que o alumno débelle dedicar serían ao redor dunhas 60 horas ao longo do cuadrimestre.
A realización do traballo e das prácticas de clase podería equivaler a unhas 40 horas.
Esta dedicación ao estudo e o traballo haberá que engadirlle as 50 horas correspondentes á asistencia as clases expositivas, as clases interactivas e as titorías obrigatorias, así como ás horas dedicadas as probas de avaliación.
Recomendacións para o estudo da materiaTodos os alumnos deberán entregarlle ó profesor unha ficha de identificación persoal, debidamente cumprimentada. Os alumnos ademais de entregala ficha, constituirán os grupos o que notificarán ó profesor por escrito, no prazo establecido especificamente. Cada grupo poderá informar ó profesor para o desenvolvemento e seguimento dos traballos, nos horarios de despacho e nos tempos de actividade práctica na clase.
Os elementos que configuran o estudio desta disciplina, non poden ser tratados como se estiveran illados, independentemente das estruturas -humanas, físicas ou sociais- de que forman parte, senón dun xeito integrado. A Educación Comparada debe ter en conta as cuestións que pertencen os ámbitos político, administrativo, económico, sociolóxico e legal, xa que a educación do conxunto dos cidadáns ten lugar en contextos específicos caracterizados por trazos políticos, económicos, culturais e valores sociais condicionantes e relacionados entre si.
Ás achegas da presente disciplina deberanse sumar as propias ofrecidas por outras materias impartidas nos semestres anteriores como: “Políticas socioeducativas e dereitos humanos”; “Teoría da Educación”; “Economía da Educación”; “Antropoloxía da Educación”; “Educación e Sociedade en Galicia”; “Socioloxía da Educación”, “Historia da Educación”, “Política e Lexislación Educativas”, “Pedagoxía Social”, “Pedagoxía Intercultural” e “Educación ambiental e Cultura da Sustentabilidade”.
O que se persigue nesta materia, é que o alumno saiba interpretar ó final de curso a realidade educativa nas súas dimensións fundamentais e a organización dos sistemas educativos dende unha perspectiva internacional; que desenvolva a razón e o sentido crítico ó estuda a actividade escolar e outros procesos educativos; que saiba intervir pedagoxicamente sobre esa realidade e ter claro cal é o seu papel como pedagogo no emprego do coñecemento comparado da educación.
A materia ten unha linguaxe propia que ten que ser dominada. A consulta de índices de diversos libros que tratan o mesmo tema, as lecturas complementarias orientadas, a dedicación dun tempo específico á identificación dos campos semánticos, son os reforzadores do traballo diario.
A búsqueda, guiada polo profesor, de datos sobre os indicadores a analizar no informe e nas prácticas de clase que teñen que realizar os alumnos, individualmente ou en grupo.
ObservaciónsNo curso das primeiras sesións da actividade académica daranse precisións operativas complementarias. Así mesmo estableceranse os prazos e as datas para a entrega do traballo monográfico e as prácticas.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Santiago de Compostela, xuño de 2013