Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3081327 - Técnicas de Educación e Formación en Grupo (Planificación e Desenvolvemento da Formación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
  • Áreas: Didáctica e Organización Escolar
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
VAZQUEZ ALEMAN, MARIA DEL CARMEN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Dominar os coñecementos básicos sobre o funcionamento dos grupos en xeral e saber
    aplicalos en contextos educativos e de formación.
    - Coñecer as técnicas e instrumentos necesarios para identificar a dinámica dun grupo e os
    factores que inciden no seu funcionamento.
    - Saber discriminar as posibles causas dos conflitos nos grupos e dominar algunha técnica
    de intervención/mediación que axuden a superalos.
    - Saber aplicar as técnicas de traballo e de dinamización de grupos ao desenvolvemento de metodoloxías didácticas innovadoras.
    - Desenvolver actitudes necesarias para a dirección e participación en grupo: respecto e tolerancia ante os demais, desinhibición, capacidade de observación, empatía, flexibilidade, capacidade de colaboración, comunicación eficaz, etc.


    Contidos
    - Os grupos en contextos pedagóxicos.
    - Bases conceptuais e orientacións teóricas en Dinámica de Grupos.
    - Compoñentes básicos dos procesos grupales: o contexto; a comunicación verbal e non
    verbal; as normas, a cohesión e cooperación; estrutura e liderado.
    - Técnicas de traballo en grupo.
    - A dinámica de grupos aplicada aos procesos educativos e de formación. Técnicas específicas
    de dinamización de grupos en diversos contextos educativos e formativos: exercicios grupales, roleplaying;simulacións, etc.
    - O traballo en grupo como elemento básico da metodoloxía didáctica. O proceso grupal na
    elaboración de proxectos e nos métodos orientados á resolución de problemas e toma de decisións.
    - Técnicas para a avaliación do traballo en grupo: observación de grupos, técnicas
    sociométricas, técnicas de análise transaccional. A autoevaluación da participación no grupo: diarios e autoinformes.


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    - CANTO ORTIZ, J. M. (2000): Dinámica de grupos. Aspectos técnicos, ámbitos de intervención y fundamentos teóricos. Málaga: Aljibe.
    - FRANCIA, A. e MATA, J. (1996): Dinámica y técnicas de grupo. Madrid: CCS.
    - NUÑEZ, T. e LOSCERTALES, F. (1997): El grupo y su eficacia. Técnicas al servicio de la dirección y coordinación de grupos. Barcelona: EUB.
    Bibliografía complementaria:
    - ANTONS, K. (1978): Práctica de la dinámica de grupos. Barcelona: Herder.
    - ASOCIACIÓN PARA LA FORMACION SOCIAL. (1974): Dinámica de grupos para educadores, 2 vol. Madrid: SM.
    - CORNELIUS, H. e FAIRE, S. (1995): Tú ganas, yo gano. Cómo resolver conflictos creativamente y desfrutar con las soluciones. Madrid: Gaia.
    - FRITZEN,S.J. (1997): La ventada de JOHARI. Ejercicios de dinámica de grupo, de relaciones humanas y de sensibilización. Santander: Sal Terrae.
    - FRITZEN, S. J. (1988): 70 ejercicios prácticos de Dinámica de Grupos. Santander: Sal Terrae.
    - FUENTES,P. e outros. (2000): Técnicas de trabajo en grupo. Una alternativa en educación. Madrid: Pirámide.
    - GIBB, J. R. (1989): Manual de Dinámica de Grupos. Buenos Aires: Humanitas.
    - GIL RODRÍGUEZ, F. e GARCÍA SAIZ, M. (1993): Grupos en las organizaciones. Madrid: EUDEMA.
    - HERNÁNDEZ PINZÓN, F. J. (1977): La comunicación interpersonal: Ejercicios educativos. Madrid: ICCE.
    - HOSTIE, R. (1986): Técnicas de dinámica de grupos. Madrid: ICCE.
    - LOBATO, C. (1984): Animación de grupos. Aptitud y técnica. Madrid: CCS.
    - MORALEDA, M. (1978): Sociodiagnóstico del aula. Madrid: Marova.
    - LOPEZ-YARTO ELIZALDE, L. (1998): Dinámica de grupos cincuenta años después. Bilbao: Desclée de Brouwer.
    - OPI, J. M. ( 2001): Las claves del comportamiento humano. Conocerse y conocer a los demás. Barcelona: Amat.
    - PALLARES, M. (1982): Técnicas de grupo para educadores. Madrid: ICCE.
    - PEREZ DE VILLAR RUIZ, J. M. e TORRES MEDINA, C. (2006): Dinámica de Grupos en Formación de Formadores: Casos prácticos. Barcelona: Herder.
    - SCHUTZENBERGER, A. A. (1974): Diccionario de técnicas de grupo. Salamanca: Sígueme.
    - SHAW, M. E. (1986): Dinámica de grupo. Psicología de la conducta de los pequeños grupos. Barcelona: Herder.
    - SIMON, P. e ALBERT, L. (1979): Las relaciones interpersonales. Barcelona: Herder.
    - TEJADA FERNÁNDEZ, J. (1997): Grupo y educación. Técnicas de trabajo y análisis. Barcelona: Librería Universitaria.
    - TRECHERA, J. L. (2003): Trabajar en equipo: Talento y talante. Técnicas de dinámica de grupos. Bilbao: Desclée de Brouwer.
    - VARIOS. (1997): Técnicas de trabajo individual y de grupo en el aula. Madrid: Pirámide.




    Competencias
    Competencias da Titulación ás que contribúe a materia:
    - Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos lingüísticos, materiais e tecnolóxicos.
    - Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
    - Involucrarse na resolución de problemas e implicarse activamente na toma de decisións.
    - Implicarse activamente na toma de decisións.
    - Desenvolver estratexias e aplicar técnicas para promover a participación e a dinamización de grupos en diferentes contextos educativos.
    - Deseñar medios e recursos educativos adaptados e contextualizados ás necesidades
    educativas.

    Metodoloxía da ensinanza
    Parte do traballo que han de levar a cabo os graduados en Pedagoxía é participar en grupos interdisciplinares e, no seu caso, organizar e dirixir grupos de suxeitos implicados en procesos educativos ou de formación. Trátase, xa que logo, dun ámbito de coñecementos e competencias que debe integrar o teórico (teoría do funcionamento dos grupos e dos factores que afectan á súa eficacia formativa) e a experiencia práctica e vivenciada (vivir en primeira persoa como funcionan os grupos, que tipo de conflitos xorden e como resolvelos, baixo que condicións funcionan ben os grupos, etc.). De aí, a organización da materia nun dobre compoñente teórico-práctico e unha forte presenza do compoñente reflexivo para analizar, a través dos informes e autoinformes, o funcionamento dos grupos e a súa propia participación nos mesmos.
    As clases expositivas complementadas co estudo persoal dos alumnos, axudará a que os/as estudantes adquiran os conceptos básicos da materia, que lles permitirá un coñecemento do funcionamento dos grupos, das súas características e procesos fundamentais.
    As clases de laboratorio baseadas na realización e participación en diversos exercicios e técnicas de dinámica de grupos, constitúen a parte nuclear desta materia e permiten atender un gran número de competencias tanto transversais como específicas. A participación nestas técnicas permite tamén atender ao desenvolvemento das competencias específicas da materia.
    As tutorías de traballo de curso, ofrecen unha oportunidade para que o profesor poida orientar,
    estruturar e realizar un seguimento dos diferentes traballos que desenvolven os alumnos/as e dos problemas e dificultades que van atopando durante o proceso da súa elaboración, para axudar a resolvelos.
    A elaboración de traballos teóricos e de investigación na práctica así como a elaboración de informes, permitirá a ampliación e profundización dos conceptos básicos da materia e o
    contraste destes coa praxe, posibilitando unha mellor comprensión da dinámica de grupos.
    Concretarase na Guía Didáctica.
    Sistema de evaluación
    A avaliación será o resultado dunha avaliación continua a través do seguimento do traballo levado a cabo polos/as alumnos/as nos diversos ámbitos:
    A) participación e achegas nas clases prácticas de laboratorio, debates,
    etc., (20%),
    B) actividades desenvolvidas individualmente ou en grupo, (35%),
    C) traballo persoal e/ou achegas libres (10%),
    D) realización dun exame sobre o temario da materia, como avaliación
    global do proceso de aprendizaxe do alumno (35%).
    Na avaliación final terase en consideración:
    - A participación nas sesións presenciais (expositivas e interactivas).
    - Acudir ás sesións de Titoría obrigatorias que se marcarán ao inicio do cuadrimestre.
    Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todalas actividades de avaliación especificadas.
    Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquer traballo copiado supondrá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
    A efectos evaluativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordenada.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    ACTIVIDADES PRESENCIAIS (50 horas):
    - Clases expositivas: presentación, explicación de temas (14 horas)
    - Prácticas de Seminario: exercicios e técnicas de Dinámica de Grupos (30 horas)
    - Tutorias de traballo de curso (4 horas)
    - Avaliación (2 horas)
    TRABALLO PERSOAL DOS ESTUDANTES (100 horas):
    - Estudo (30 horas)
    - Traballos teóricos e de investigación na práctica e elaboración de informes (50 horas)
    - Deseño e aplicación de técnicas (12 horas)
    - Comentario e análise de casos (8 horas)



    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase aos alumnos e alumnas que cursen esta materia realizar unha lectura atenta, reflexiva e crítica dos textos suxeridos polo profesorado, para poder manexarse de forma precisa nos conceptos propios da materia e as súas aplicacións prácticas, procurando establecer relacións entre os contidos dos diversos temas e vendo a aplicabilidade que os diversos principios, técnicas e conceptos estudados teñen para a realidade da vida e para a dinámica educativa e de formación. Tamén é conveniente que as alumnas e alumnos participen activamente nas tarefas propostas no aula. Suxírese a utilización da tutoría para clarificar as dúbidas e para recibir orientacións, apoio e directrices que faciliten a aprendizaxe da materia e a realización das actividades propostas. O traballo constante durante o curso e o estudo persoal constituirán unha base fundamental no proceso de aprendizaxe.








    Observacións
    A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, as alumnas e alumnos poderán solicitar a exención oficial de docencia.
    Nestes casos, os estudantes deben poñerse en contacto co profesorado para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e a superación da materia.