G3081328 - Tecnoloxía Educativa (Tecnoloxía Educativa) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Didáctica e Organización Escolar
- Áreas: Didáctica e Organización Escolar
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia1. Identificar e valorar as consecuencias educativas dos cambios no acceso, distribución e construción do coñecemento no contexto social, económico e político contemporáneo.
2. Comprender a necesidade das novas alfabetizacións nas propostas educativas.
3. Analizar o rol do pedagogo nas propostas de e-learning nos diferentes niveis de ensino.
4. Construír un marco teórico que posibilite o deseño e avaliación de materiais e programas con diferentes tecnoloxías.
5. Analizar críticamente diferentes propostas de innovación con tecnoloxías en propostas formativas, valorando a súa pertinencia.
Contidos1. Tecnoloxía e educación: Cambios na concepción do coñecemento e nos seus modos de acceso e construción. Implicacións para o ensino. Sociedade da información á sociedade do coñecemento e a educacion; brecha dixital e as novas alfabetizacións.
2. Conectivismo e Teorías de aprendizaxe e ensino. Redes sociais. e entornos personais de aprendizaxe. LMS e PLE semexanzas e diferenzas.
2. Políticas Educativas de integración de tecnoloxías en institucions educativas. Deseño, produción e avaliación de recursos analóxicos e dixitais. Os recursos dixitais na organización educativa. Xestión de escenarios tecnolóxicos para a formación.
3. O rol do pedagogo como asesor de propostas formativas e-learning. A dinamización de foros en liña. As titorías de seguimento do alumno en propostas de formación a distancia. Criterios didácticos para a súa actuación e seguimento. A avaliación en ámbitos de e-learning. Posibilidades e propostas
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
Burbules, N. & Callister, Th. (2001). Riesgos y promesas de las nuevas tecnologías de la información. Barcelona: Granica
De Pablo Pons, J. (2009): Tecnología educativa. La formación del profesorado en la era de Internet. Málaga. Aljibe.
Lankshear, C. (2008): Nuevos alfabetismos: su práctica cotidiana y el aprendizaje en el aula. Madrid: Morata
Maggio, M. (2012). Enriquecer la enseñanza. Los ambientes de alta disposición tecnológica como oportunidad. Buenos Aires: Paidós.
Peirats Chacón, J. & San Martín Alonso, A. (2010). Tecnologías educativas 2.0 didáctica de los contenidos digitales. Madrid: Pearson.
Sancho, J. (2006). Tecnologías para transformar la educación. Barcelona: Akal
Bibliografía complementaria
Area, M. (2005). Nuevas tecnologías, globalización y migraciones: los retos de la institución educativa. Barcelona: Octaedro.
Area, M.; Gros Salvat, B.; Marzal García-Quismondo, M.A. (2008). Alfabetizaciones y tecnologías de la información y la comunicación. Madrid : Síntesis
Dussel, I. Gutiérrez, D. (2006) Educar la mirada. Políticas y pedagogías de la imagen. Buenos Aires: Manantial-Flaxcso
Garrison, D. R., & Anderson, T. (2005). El e-learning en el siglo XXI. Investigación y práctica. Barcelona: Octaedro.
Gewerc Barujel, A. (2008). Hacia una formación inicial el profesorado en el contexto del espacio europeo de educación superior: el e-portafolio. Innovación educativa, 18, 159-158.
Gewerc Barujel, A. (Ed.). (2009). Políticas, prácticas e investigación en tecnología educativa. Barcelona: Octaedro.
Gros, B. (2008). Aprendizajes, conexiones y artefactos. La producción colaborativa del conocimiento. Barcelona: Gedisa
Montero, L. (2007). O valor do envoltorio. Santiago de Compostela: Xerais
Referencias de Internet
Area, M. Gutiérrez, A. y Vidal, F. (2012) Alfabetización digital y competencias informacionales. Ariel. Fundación Telefónica. Fecha de acceso 25-04-2013 de http://www.fundacion.telefonica.com/es/que_hacemos/conocimiento/publicaciones/detalle/161
Dussel, I. & Quevedo, A. (2012) Educación y nuevas tecnologías: los desafíos pedagógicos ante el mundo digital. Foro VI Foro Latinoamericano de Educación EDUCACIÓN Y NUEVAS TECNOLOGÍAS. Fecha de acceso: 12-11-2011 de http://www.virtualeduca.org/ifdve/pdf/ines-dussel.pdf
Marcelo García, C. (2003). Estudio sobre competencias profesionales para e-Learning. Fecha de acceso 13-02-2013 de http://prometeo3.us.es/publico/images/competencias.pdf
Sancho, J., Alonso Cano, C. (2011). Cuatro casos, cuatro historias de uso educativo de las TIC.. Fecha de acceso 15-03-2013 de http://diposit.ub.edu/dspace/bitstream/2445/17122/6/Cuatro%20Casos.%20Cuatro%20historias%20de%20uso%20educativo%20de%20las%20TIC.pdf
Competenciasa) Competencias da titulación ás que contribúe a materia
2.1. Deseñar plans, programas e accións adaptadas aos distintos niveis do sistema educativo, nas modalidades presenciais, semipresenciais e virtuais.
5.3. Asesorar sobre a integración das Tecnoloxías da Información e a Comunicación nos procesos educativos e formativos.
1 T Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos (lingüísticos, materiais e tecnolóxicos).
b) Competencias específicas da materia
1. Fundamentar o analisis e uso de recursos dixitais en diferentes contextos formativos en función das persoas, situacións e ámbitos de intervención, así como avaliar a súa utilización.
2. Deseñar/programar propostas de formación flexible para as novas alfabetizacións
Metodoloxía da ensinanza Traballarase cunha multiplicidade metodolóxica, a partires dunha batería de técnicas, procedementos e recursos. É intención que os estudiantes aprendan a extraer conceptos e feitos pertinentes de diversas fontes para resolver problemas, pensando de modo integrador as súas diferentes dimensións, con autonomía na iniciación no traballo intelectual.
A proposta que realizamos está baseada en dous principios:
• A participación activa dos alumnos en todas as etapas do proceso estimulando el trabajo autónomo e independiente.
• A necesidade dunha estreita relación teoría-práctica
Estes principios concrétanse nos seguintes puntos:
• A combinación das experiencias individuais e grupais
• A combinación de ensino presencial e on-line (utilizando un entorno personal de aprendizaxe: a rede social do grupo de investigación e innovación Stellae da USC).
• A combinación de clases expositivas con traballos de indagación do alumnado.
• A utilización da indagación-investigación como acercamento a construcción do conocemento.
O traballo no contexto da REDE SOCIAL combina as ferramentas de comunicación do entorno virtual co traballo con materiais que a profesora ten elaborado para a aprendizaxe dunha parte dos contidos da asignatura. Os alumnos deberán participar en foros, blogs, microbloging, etc., e realizar traballos previamente asignados e entregados en datas preestablecidas. No entorno Virtual desenvolverase o 30% da materia.
Os alumnos vivirán experiencias con novas tecnoloxías durante todo o desenvolvemento da asignatura. Para elo traballan de maneira permanente en grupos de laboratorio na aula de informática da Facultade de Ciencias da Educación.
Se coordinarán os traballos seguintes coa asignatura Educación Comparada.
1- Comparar indicadores de la sociedad de la información de diferentes países. El análisis dos datos permitirá aplicar categorías teóricas que se traballan no bloque de contido 1
2- El análisis das políticas de integración das Tecnoloxías nas institucions educativas se realizará a través dun país seleccionado tambén na asignatura Educación Comparada.
A asistencia a esas clases considerase requisito fundamental para o seguimento da materia.
Sistema de evaluaciónA avaliación estará presente en forma constante durante todo o proceso, coa participación de alumnos e profesor. Utilizaranse diversas estratexias (cuestionarios, observacións) que permitan a realización de modificacións sobre a marcha do proceso. Realizarase unha avaliación diagnóstico, unha de proceso e a avaliación final.
A calificación final será producto da realización das seguintes actividades:
1- Valorarase a participación do alumno en todas e cada unha das tarefas implicadas no seguimento continuo da asignatura: estudio dos materiais que fundamentan o traballo na aula; análise de diferentes materiais, etc. Tamén a súa participación nas actividades na aula (preguntas e suxerencias) e o seguimento continuo das clases asumindo as tarefas propostas. Tense en conta tamén a participación na rede social
2- A presentación de traballos prácticos propostos en clase e no Entorno Virtual.
3- O alumnado realizará un cartafol electrónico durante su traballo na asignatura, nel marco da REDE SOCIAL do grupo de investigación-innovación STELLAE nel que recopilará os traballos realizados e as reflexions do proceso de aprendizaxe construido.
Tempo de estudo e traballo persoalEnténdese que o alumnado realiza un traballo independente de estudo en paralelo ao desenvolvemento das clases para: busca e lectura de textos recomendados e complementarios; achegas aos foros da materia; realización dos traballos prácticos asignados; elaboración do portafolios de aprendizaxe. O conxunto implicaralle un total de 96 horas de traballo persoal durante o cuadrimestre.
Recomendacións para o estudo da materiaDado o carácter teórico-práctico da materia, recoméndase que o alumno leve os traballos da materia ao día. O que significa que é necesaria a continuidade semanal no estudo.
ObservaciónsPara cualquier dubida o problema solicitase acudir as tutorías.