G3081329 - Prácticum en Pedagoxía I. Deseño de Proxectos Educativos (Prácticum) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 12.00
- Total: 12.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 186.00
- Total: 186.0
Outros Datos
- Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica e Organización Escolar, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Socioloxía
- Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación, Psicoloxía Social, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Socioloxía
- Centro: Facultade de Ciencias da Educación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1) Desenvolver habilidades comunicativas e de traballo grupal.
2) Coñecer e aplicar técnicas de observación do contexto profesional.
3) Analizar necesidades e demandas formativas e laborais en contextos experienciais.
4) Deseñar propostas de intervención axustadas ás necesidades e demandas das institucións e da poboación destinataria.
5) Elaborar e redactar informes, memorias técnicas e propostas de intervención.
Contidos1) Mellora das relacións interpersoais e desenvolvemento de habilidades de comunicación interpersoal.
2) Observación da situación contextual e das dinámicas de traballo institucional.
3) Análise e identificación de necesidades.
4) Selección de técnicas e recursos adaptadas ás necesidades do contexto e ás demandas das persoas destinatarias.
5) Deseño de programas, accións ou actividades no contexto de prácticas.
6) Actitude responsable no uso das técnicas e recursos institucionais.
7) Elaboración e redacción de memoria técnica sobre o traballo desenvolvido.
Bibliografía básica e complementariaÁlvarez Rojo, V. (coord.) (2002). Diseño y evaluación de programas. Madrid: EOS.
Expósito, J. y Olmedo, E. (2006). La evaluación de programas. Teoría, investigación y práctica. Granada: Grupo Editorial Universitario.
Froufe, S. y Sánchez Castaño, M. A. (1994). Planificación e intervención socioeducativa. Salamanca: Amarú Ediciones.
Gavari, E. (Coord.) (2007). Estrategias para la intervención educativa: Practicum. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces.
A bibliografía ampliarase e concretarase durante o desenvolvemento da materia.
Competencias1) Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en ámbitos presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
2) Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
3) Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
4) Demostrar profesionalidade integrando teoría e práctica.
5) Deseñar plans de formación, programas e propostas innovadoras de formación e desenvolvemento dos profesionais e dos recursos formativos.
6) Deseñar, desenvolver e avaliar programas orientadores de inserción laboral.
7) Diagnosticar as necesidades educativas de desenvolvemento educativo das persoas e das organizacións.
Metodoloxía da ensinanza Esta materia centrarase fundamentalmente na observación e análise da realidade social e institucional e no deseño de intervencións educativas específicas como resposta ás necesidades concretas detectadas nun contexto real.
A realización do Prácticum I a nivel metodolóxico supoñerá catro fases: 1ª de accións preparatorias; 2ª de intervención práctica; 3ª de elaboración da memoria e a proposta de intervención e 4ª de avaliación. As diversas fases do practicum e as accións que se desenvolverán nestas serán explicadas en detalle tanto na presentación da materia coma durante o curso por cada un dos/as profesores/as encargados/as de supervisar o alumnado en prácticas.
Sistema de evaluaciónA avaliación será continua ao longo do curso e teranse en conta, principalmente, os seguintes elementos:
- Asistencia e participación nas sesións presenciais e nas titorías cos supervisores/as que se fixen previamente.
- Realización e entrega en prazo dos traballos que se consideren obrigatorios.
- Cumprimento de prazos e procedementos en todas as fases do proceso de realización do Practicum.
- Valoración dos titores/as das institucións nas que o alumnado desenvolve a súa estancia de prácticas.
PERIODO DE ESTADIA. Atendendo ao contemplado no artigo 3.5 da "Resolución do 15 de xuño de 2011, pola que se publica a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións", o alumnado que tendo asistido ás sesións expositivas e titorías obrigatorias, desenvolto adecuadamente o seu periodo na institución, e tendo un informe favorable do titor/a da institución, non entregue a memoria na data fixada para a oportunidade de maio nin de xullo, ou esta non se avalíe positivamente, no curso 14-15 non terá que volver a desenvolver o seu practicum na mesma ou noutra institución, manténdose a cualificación correspondente aos apartados 1, 2 e 3, debendo só elaborar a memoria de practicum para ser avaliado/a.
Tempo de estudo e traballo persoalA proporción de tempo estimado de dedicación do/a estudante é:
Actividades presenciais (50 horas).
Presentación do programa, deseño de proxectos, titorías de curso, avaliación.
Traballo persoal do/a estudante (250 horas).
Estudo, lectura, documentación, prácticas institucionais, elaboración da memoria e o proxecto de intervención, autoavaliación e valoración final do Practicum.
Recomendacións para o estudo da materiaRequisito previo: Para que o alumnado poida cursar o Practicum I é requisito ter superado a materia de “Contextos Educativos”.
ObservaciónsÉ obrigatorio realizar a estancia de Practicum no período establecido no calendario aprobado pola Xunta de Facultade ou pola Comisión Permanente.