Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Educación  »  Información da Materia

G3081421 - Prácticum en Pedagoxía II. Perspectiva Profesional en Pedagoxía (Prácticum) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 18.00
  • Total: 18.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 159.00
  • Total: 159.0

Outros Datos

  • Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica e Organización Escolar, Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Socioloxía
  • Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación, Psicoloxía Social, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Socioloxía
  • Centro: Facultade de Ciencias da Educación
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN.NON
COUCE SANTALLA, ANA ISABEL.NON
GODAS OTERO, AGUSTIN.NON
Guisande Couñago, María Adelina.NON
PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA.SI
RADL PHILIPP, RITA MARIA.NON
VAZQUEZ ALEMAN, MARIA DEL CARMEN.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Se proxectan na adquisición polo alumnado das competencias xerais e específicas correspondentes a esta materia, e especialmente no desenvolvemento de capacidades para:

    O deseño, implementación e aplicación de proxectos/programas de intervención educativa.

    A avaliación de procesos de intervención e de recursos pedagóxicos.

    A elaboración de informes técnicos.

    O traballo en colaboración con outros profesionais.


    Contidos
    1. Implementación de propostas de intervención

    2. Avaliación sobre procesos, accións e resultados conseguidos

    3. Seguimento e valoración da proposta de intervención

    4. Actitude para adptarse ós cambios e as novas situacións profesionais

    5. Elaboración e redacción de diarios, informes e memorias técnicas

    6. Xestión e coordinación de proxectos e programas segundo diferentes contextos profesionais

    7. Construción da identidade profesional

    8. Reelaboración das funcións e tarefas a realizar na práctica profesional baseándose na experiencia

    Bibliografía básica e complementaria
    Álvarez Gonzáles, M. (2001). Diseño y evaluación de programas de educación emocional. Barcelona: CISSPRAXIS

    Álvarez Rojo, V. (coord.) (2002). Diseño y evaluación de programas. Madrid: EOS.

    Expósito, J. y Olmedo, E. (2006). La evaluación de programas. Teoría, investigación y práctica. Granada: Grupo Editorial Universitario.

    Froufe, S. y Sánchez Castaño, M. A. (1994). Planificación e intervención socioeducativa. Salamanca: Amarú Ediciones.

    Merino, J. (2003). Programas de animación sociocultural: tres instrumentos para su diseño y evaluación. Madrid: Narcea

    Gavari, E. (Coord.) (2007). Estrategias para la intervención educativa: Practicum. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces.

    A bibliografía ampliarase e concretarase durante o desenvolvemento da materia.


    Competencias
    COMPETENCIAS

    8.G. Estar en condicións de tomar decisións relativas á mellora da súa formación e da práctica profesional, con pleno respecto ós principios deontolóxicos ós que se remite a Pedagoxía, tendo como soporte os valores cívicos e os dereitos humans.

    3T. Desenvolver unha actitude autocrítica e de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.

    7T. Amosar profesionalidade integrando teoría e práctica.

    3.5E. Coordinar intervencións educativas con outros profesionais.

    4.1E. Avaliar plans, programas, proxectos, procesos de ensinanza-aprendizaxe e medios e recursos educativos e formativos.

    6.3E. Deseñar, desenvolver e avaliar programas orientadores de inserción laboral.

    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS

    . Elaborar e interpretar informes técnicos, de investigación e avaliación sobre accións, procesos e resultados formativos e laborais.

    .Coñecer e aplicar técnicas de avaliación de accións formativas.

    . Desenvolver unha actitude favorable para adaptarse ós cambios derivados de situacións profesionais.

    .Elaborar e redactar diarios e memorias técnicas.

    .Construir a identidade e rol profesional do Pedagogo/a.


    Metodoloxía da ensinanza
    Esta materia se centra básicamente no deseño e implementación de procesos de intervención educativa específicos, adaptados ás características de contextos diversificados.
    As actividades prácticas contribuirán á elaboración e interpretación de informes técnicos, á avaliación sobre accións, procesos e resultados socioeducativos e laborais, así como ó desenvolvemento dunha actitude favorable para adptarse ós cambios derivados de situacións profesionais; este coñecemento reforzarase nas clases expositivas, nas prácticas de seminario e nas actividades de lectura e documentación realizadas polo alumnado.

    Sistema de evaluación
    A avaliación terá carácter contínuo e formativo. Na avaliación final tomaranse en consideración os seguintes criterios:

    -Participación nas sesións presenciais e na titoría.
    -Implementación do proxecto e elaboración dun diario.
    -Valoración polos titores/as das institucións nas que o alumno desenvolve o Practicum II.
    -Cumplimento de plazos e procedementos en toda-las fases do proceso de realización do Practicum II.

    PERIODO DE ESTADIA. Atendendo ao contemplado no artigo 3.5 da "Resolución do 15 de xuño de 2011, pola que se publica a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións", o alumnado que tendo asistido ás sesións expositivas e titorías obrigatorias, desenvolto adecuadamente o seu periodo na institución, e tendo un informe favorable do titor/a da institución, non entregue a memoria na data fixada para a oportunidade de maio nin de xullo, ou esta non se avalíe positivamente, no curso 14-15 non terá que volver a desenvolver o seu practicum na mesma ou noutra institución, manténdose a cualificación correspondente aos apartados 1, 2 e 3, debendo só elaborar a memoria de practicum para ser avaliado/a.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A proporción de tempo estimado de dedicación do/a estudante é:

    a)Actividades presenciais: 50 horas: Clases expositivas, presentación, prácticas de seminario, diario, memoria, tutorías, avaliación.
    b)Traballo personal: 400 horas: Prácticas na institución, prácticas de laboratorio, elaboración do diario. Seguimento, dúas titorias obrigatorias, memoria, autoavaliación, valoración do prácticum.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para que o alumno/a poida cursar esta materia é requisito ter superado o Practicum I e ademais, ter aprobado un mínimo de 120 créditos teóricos.


    Observacións
    É obrigatorio realizar a estancia de Prácticum II no periodo establecido no calendario aprobado pola Xunta de Facultade ou pola Comisión Permanente.